Verónica Boquete

Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987[2], é unha futbolista galega. Foi a capitá da selección española na súa primeira aparición na Copa do Mundo de Fútbol Feminino en 2015 e tamén representou a selección de Galicia.

Dende febreiro de 2015 é embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino.[3]

Verónica Boquete
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
4f3c0a7359db2-Verónica Boquete, Praza Pública, 2012
Verónica Boquete no 2012.
Información persoal
Nome completo Verónica Boquete Giadáns
Nacemento 9 de abril de 1987 (32 anos)
  Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Altura 1,60 m.[1]
Posición Dianteira
Centrocampista[1]
Información de club
Club actual Beijing BG Phoenix F. C.
Carreira xuvenil
2001–2005 Xuventú Aguiño
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2008 Prainsa Zaragoza 83 (40)
2008–2010 RCD Espanyol 53 (30)
2010 Buffalo Flash 9 (9)
2010 Chicago Red Stars 3 (1)
2010-2011 RCD Espanyol 26 (41)
2011-2012 Energy Voronezh 5 (1)
2011 Philadelphia Independence 13 (5)
2012-2014 Tyresö FF 21 (7)
2014 Portland Thorns 15 (4)
2014-2015 FFC Frankfurt 21 (7)
2015-2016 FC Bayern Munich 9 (0)
2016-2018 Paris Saint-Germain 31 (8)
2018-act. Beijing BG Phoenix F. C.
Selección nacional
2004-2006 España sub-19 23 (10)
2005- España 56 (38)
2007- Galicia 3

Traxectoria

Como xogadora internacional, ten disputado partidos en dúas ligas anuais, a española e a estadounidense. Na Liga Española milita dende 2008 no RCD Espanyol de Barcelona, co que acadou dous campionatos de Copa en 2009 e 2010, e do que foi máxima goleadora. En 2010 disputou a liga de verán nos Estados Unidos, no Buffalo Bulls. En 2011 fichou para competir na liga de verán co Philadelphia Independence[4] tras xogar en Rusia; tamén pasou pola liga de Suecia, acadando a final da Champions League nas filas do Tyresö, e volveu aos Estados Unidos co Portland antes de fichar para o fútbol alemán polo FFC Frankfurt, co que gañou a Champions League 2015 nunha final disputada no berlinés Friedrich-Ludwig-Jahn-Sportpark contra o PSG francés. No verán de 2015 fichou polo Bayern, equipo co que foi campioa de Liga. Do Bayern pasou ó Paris Saint-Germain no 2016, equipo no que xogou ata o ano 2018, no que fichou polo Beijing BG Phoenix equipo da liga chinesa de fútbol feminino.

Equipos

Tempada Equipo País
2001-2005 Xuventú Aguiño Galicia Galicia
2005-2008 Prainsa Zaragoza España España
2008-2010 RCD Espanyol Cataluña Cataluña
2010 Buffalo Flash Flag of the United States.svg Estados Unidos
2010 Chicago Red Stars Flag of the United States.svg Estados Unidos
2010-2011 RCD Espanyol Cataluña Cataluña
2011-2012 Energy Voronezh Flag of Russia.svg Rusia
2011 Philadelphia Independence Flag of the United States.svg Estados Unidos
2012-2014 Tyresö FF Flag of Sweden.svg Suecia
2014 Portland Thorns Flag of the United States.svg Estados Unidos
2014-2015 FFC Frankfurt Flag of Germany.svg Alemaña
2015-2016 FC Bayern Munich Alemaña
2016-2018 Paris Saint-Germain Francia
2018-act. Beijing BG Phoenix China

Palmarés

2014-03-29 Ty09 Verónica Boquete 4450
Xogando co Tyresö FF en 2014.
  • Finalista da Women's Professional Soccer en 2011 co Philadelphia Independence.
  • Finalista da Superliga Española en 2010 e 2011 co RCD Espanyol.
  • Campioa da W-League en 2010 co Buffalo Flash.
  • Campioa da Copa da Raíña de Fútbol en 2009 e 2010 co RCD Espanyol.
  • Campioa do Campionato Europeo Feminino Sub-19 da UEFA en 2004 coa Selección feminina de fútbol de España.
  • Catro veces campioa do Campionato de Galicia de fútbol feminino co Xuventú Aguiño.
  • Dúas veces campioa da Copa de Galicia de fútbol feminino co Xuventú Aguiño.
  • Tres veces Campioa do Campionato de Aragón de fútbol feminino (2005, 2006 e 2007) co Prainsa Zaragoza.
  • Campioa da Copa de Cataluña de fútbol feminino en 2008 co RCD Espanyol.
  • Campioa da Liga de Campións da UEFA feminina no 2015 co FFC Frankfurt.[5]
  • Campioa da Bundesliga no 2016 co FC Bayern Munich.

Recoñecementos

UEFA Women's Champions League Final Berlin 2015 15
Co trofeo da Liga de Campioas Feminina da UEFA de 2015.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Perfil de Verónica Boquete na páxina da Copa Mundial Feminina da FIFA Canadá 2015". FIFA.com. Consultado o 18 de xuño de 2015.
  2. 2,0 2,1 "Premio Gallegos del Año para la futbolista Verónica Boquete". www.elcorreogallego.es. 31 de decembro de 2011. Consultado o 26 de febreiro de 2019.
  3. "Presentadas las embajadoras de fútbol femenino". UEFA.com. Consultado o 2 de febreiro de 2015.
  4. Boquete: «En Estados Unidos el fútbol es más de mujeres que aquí», La Voz de Galicia, 21/1/2011.
  5. "Verónica Boquete gaña a Champions League". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2015. Consultado o 05 de xuño de 2015.
  6. Vero Boquete aspira agora a ser mellor futbolista do ano, nova en Praza Pública
  7. "Carlos Fernández-Nóvoa, Verónica Boquete, Pepe Domingo Castaño, Vaca Films e a Rede Galega contra a Trata, galardoados coa Medalla Castelao 2015". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2015. Consultado o 05 de xuño de 2015.
  8. Unanimidade para dedicar a Verónica Boquete o estadio compostelán de San Lázaro, nova en Praza Pública

Véxase tamén

Bibliografía

  • David Menayo. Vero Boquete, la princesa del deporte rey. Madrid. p. 178. ISBN 978-84-938064-9-1.

Ligazóns externas

9 de abril

O 9 de abril é o 99º día do ano do calendario gregoriano e o 100º nos anos bisestos. Quedan 266 días para finalizar o ano.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Estadio Vero Boquete de San Lázaro

O Estadio Municipal Vero Boquete de San Lázaro, coñecido ata 2018 como Estadio Multiusos de San Lázaro, é un estadio situado no barrio de San Lázaro, na cidade de Santiago de Compostela. Nel caben 13.000 persoas, e as súas dimensións son 105 x 68 metros. Leva o nome da futbolista compostelá Vero Boquete.Na actualidade é o feudo local do SD Compostela. Nas súas instalacións teñen a súas sedes a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o departamento de Deportes do Concello de Santiago, a Delegación local de Fútbol, a Federación Galega de Baloncesto, a Federación galega de Caza, a Escudería Compostela, o Comité local de árbitros de Fútbol e o Moto Club Compostela.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Florentino Cacheda

Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Selección feminina de fútbol de Galicia

A selección feminina de fútbol de Galicia é o equipo de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol que representa a Galicia. Non está afiliado á FIFA nin á UEFA polo cal só pode xogar partidos amigábeis. O seu último partido disputado foi contra a selección de Cataluña o 22 de decembro de 2016.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.