Verín

Verín é un concello da provincia de Ourense en Galicia, pertencente á comarca de Verín, da que é capital. Cunha poboación de 13 817 persoas segundo o padrón municipal de 2018, é a segunda vila da provincia en poboación, despois de Ourense.

Coordenadas: 41°56′27″N 7°26′9″O / 41.94083, -7.43583

Verín
Escudo de Verín
Casa do Concello de Verín
Casa consistorial.
Situacion Verín
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Verín
Poboación13.817 hab. (2018)
Área94,1 km²
Densidade146,83 hab./km²
Entidades de poboación15 parroquias
Capital do concelloVerín
Política (2019[2])
AlcaldeGerardo Seoane Fidalgo (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 5
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 8
Eleccións municipais en Verín
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes58,76%
Na rede
Verin.es

Xeografía

O concello, de 93,9 km², abrangue 15 parroquias. Limita ao norte co concello de Castrelo do Val, ao leste co concello de Vilardevós, ao sur con Chaves (Portugal), ao oeste co concello de Oímbra e ao noroeste co concello de Monterrei.

Este concello está situado no cuadrante sudoriental da provincia de Ourense, lindando polo sur coa fronteira portuguesa. Dista 72 km de Ourense, 170 km de Vigo e 25 km de Chaves. A vila, localizada no corazón da fértil comarca do Val de Monterrei, xurdiu ao pé dunha importante fortaleza medieval e constitúe un dos principais e máis prósperos núcleos urbanos da provincia.

Situado na depresión de Verín, o relevo deste municipio mostra dous sectores diferentes: un formado polo val do río Támega e o outro polos relevos montañosos que o circundan ao oeste, onde a altitude chega aos 940 metros no Alto de Valdeagua. Tamén atravesa o municipio unha falla denominada Creba dá Corga, pola que flúen moitos mananciais de augas minerais.

A rede hidrográfica organízase en torno ao río Támega, cos seus afluentes Abedes, Búbal, Rego Novo e Rego dous Gondulfes. Este río pertence á conca do Douro.

As superficies forestais están formadas por árbores de ribeira, piñeiros e por matogueiras. As terras de cultivo son de gran fertilidade e sitúanse na zona do val, onde abundan as viñas, que proporcionan o famoso viño de Monterrei. As condicións climáticas, que favorecen a calidade do viño, caracterízanse pola súa suavidade térmica no inverno, a calor estival e as escasas precipitacións.

Demografía

Censo total 13 817 (2018)
Menores de 15 anos 1.777 (12.86 %)
Entre 15 e 64 anos 8.559 (61.95 %)
Maiores de 65 anos 3.481 (25.19 %)

Instituto Nacional de Estadística

Evolución da poboación de Verín   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4968 6814 8841 10 051 13 585 14 391 14 633 14 707 14 760 14 652 14 107 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

<div class="transborder" style="position:absolute;width:100px;line-height:0; <div class="transborder" style="position:absolute;width:100px;line-height:0; <div class="transborder" style="position:absolute;width:100px;line-height:0; <div class="transborder" style="position:absolute;width:100px;line-height:0;

Circle frame.svg

Distribución da poboación activa.[4]      Servizos (61,31%)     Sector primario (4,6%)     Industria (16,97%)     Construción (17,09%)

Historia

Nas terras do concello quedaron restos de poboamento neolítico e castrexo, ademais de restos romanos, polo paso das vías XVII e XVIII do Itinerario de Antonino.[5]

En 1868, coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864, perdeu a parroquia de Lamadarcos, que foi anexada a Portugal.[6][7]

Cultura

Casadelescudo
Casa do Escudo ou do Asistente [8]

Patrimonio

Festas e celebracións

As celebracións de máis sona son as do Entroido, das que destaca a súa vestimenta tradicional e as súas máscaras típicas, os cigarróns.

O 15 de agosto celébranse as festas patronais na honra de Santa María. Outras festas a destacar son as de San Lázaro, que inclúen unha feira gastronómica, e que teñen lugar no mes de marzo ou abril. Por outra parte, os días 3, 11 e 23 de cada mes celébrase a feira na Praza da Alameda de Verín. Cabe destacar finalmente os maios e as Xornadas do Folclore, o 15 de agosto.

Na literatura popular

  • Do outro lado do río/ ouvín cantare e vin:/ eran os meus amores/ que ían para Verín [15].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Verín.
Verín dende o Castelo de Monterrei
Verín dende o Castelo de Monterrei 

Lugares de Verín

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Verín vexa: Lugares de Verín.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 12 de xuño de 2019.
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. "Verín". Diccionario enciclopédico galego universal 59. pp. 41–42.
  5. "Verín". Enciclopedia Galega Universal 16. pp. 326–329.
  6. Madoz, Pascual (1847). Lama de Arcos (Sta. Maria de). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) X (Madrid). p. 48.
  7. García Mañá, Luís Manuel (xullo/decembro 2001). "Couto Mixto, unha república esquecida". IGADI. Consultado o 4-6-2016.
  8. 8,0 8,1 Casa do Escudo ou do Asistente en Turgalicia.
  9. Igrexa de Santa María a Maior en Turgalicia.
  10. Casa dos Acevedo en Turgalicia.
  11. Igrexa da Mercede en Turgalicia.
  12. Capela de San Lázaro en Turgalicia.
  13. Santuario dos Remedios en Turgalicia.
  14. Fonte do Sapo en Turgalicia.
  15. Xaquín Lorenzo Fernández (1973), Cantigueiro popular da Limia Baixa, 72. No orixinal: vín.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Cabreiroá, Verín

San Salvador de Cabreiroá é unha parroquia do concello de Verín na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 152 habitantes, deles 69 eran homes e 83 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. A parroquia está organizada nunha soa aldea.

A parroquia está atravesada pola autovía A-52, que une Vigo e Ourense con Benavente e a A-6.

Castrelo do Val

Castrelo do Val é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2015 tiña 1079 habitantes (1263 en 2003).|O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é castrelexo.

Comarca de Verín

A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. A cal pertencen os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Entroido

O entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos.

O entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Estación de Castrelo do Val-Verín

Castrelo do Val-Verín, chamado tamén Campobecerros, é un apeadoiro de Adif, situado en Campobecerros, no concello de Castrelo do Val, provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Laza

Laza é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 1.287 habitantes (1.826 en 2003).

Lista de concellos de Ourense

Lista dos 92 concellos da provincia de Ourense:

Fonte: IGE

Luis Rodríguez Vaz

Luis Rodríguez Vaz, nado en Verín o 7 de febreiro de 1942, é un adestrador de fútbol galego.

Monterrei

Monterrei é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.809 habitantes (3.246 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é monterreiés, montederrense ou montederreguense.

N-525

A N-525 é unha estrada nacional que comeza en Benavente e remata en Santiago de Compostela, atravesando no seu percorrido poboacións como Pobra de Seabra, Verín, Xinzo de Limia, Ourense e Lalín entre outras.

O Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras en Galicia. No ano 2014 tiña 13 899 habitantes segundo o INE (13 800 no 2006, 13 700 no 2005, 13 518 no 2004, 13 507 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barquense ou valdeorrés.

É o terceiro concello máis poboado da provincia tras Ourense e Verín, e é a capital da comarca. Sitúase no extremo nordeste da provincia, a 112 km da capital pola estrada N-120. Localizado no val do río Sil, rodeado por montañas.

Oímbra

Oímbra é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2020 habitantes (1991 en 2003).

Riós

Riós (ocasionalmente O Riós) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 1 684 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é orriolense.

Roberto Verino

Manuel Roberto Mariño Fernández, nado en Verín o 3 de maio de 1945, é un deseñador de moda galego, máis coñecido como Roberto Verino.

Tamaguelos, Verín

Santa María de Tamaguelos é unha parroquia do concello de Verín na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 223 habitantes, deles 105 eran homes e 118 eran mulleres, o que supón un incremento de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Vilardevós

Vilardevós é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2024 habitantes (2693 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilarexo ou vilarense .

Xesús Taboada Chivite

Xesús Taboada Chivite, nado en Verín o 22 de setembro de 1907 e finado en Verín o 27 de novembro 1976, foi un arqueólogo, historiador, etnógrafo e ensinante galego.

Xinzo de Limia

Xinzo de Limia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 10.043 habitantes (9.999 no 2006, 9.930 no 2005, 9.869 no 2004, 9.821 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «limiao», «limego» ou «límico».

Está situado a 45 km de Ourense e 30 de Verín.

Xosé García Barbón

Xosé Manuel García-Barbón Sola, nado en Verín o 30 de marzo de 1831 e finado en Vigo o 7 de marzo de 1909, foi un prominente empresario e mecenas do seu tempo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.