Venres

O venres ou sexta feira[1] é o quinto día da semana. O termo "venres" vén do latín Veneris (dies) ou día de Venus, deusa romana do amor, e o termo "sexta feira" procede do latín eclesiástico sexta feria (ou feria sexta).

Nomes noutras linguas

Word for Friday in European Languages
Venres nas distintas linguas de Europa.
Lingua Nome Significado
Alemán Freitag O día de Frøya
Búlgaro Петък/Petak O quinto día da semana
Catalán Divendres Día de Venus
Checo Pátek O quinto día da semana
Chinés Tradicional 星期五/Xīng Qī Wu Cinco da semana
Español Viernes Día de Venus
Éuscaro Ostiral Campo de Urtzi
Francés Vendredi Día de Venus
Holandés Vrijdag Día de Frig
Inglés Friday Día de Frig
Irlandés Dé aHoine O segundo xaxún da semana
Islandés Föstudagur Día de xaxún
Italiano Venerdì Día de Venus
Noruegués Fredag Día de Frøya
Quechua Ch'ashka P'unchay Día da estrela
Portugués Sexta-feira Sexto día
Romanés Vineri Día de Venus
Ruso Пятницу/Pyatnitsa Quinto día
Xaponés 金曜日/Kinyoubi Día do ouro

Notas

  1. "Dicionario-Portada - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2016-10-21.

Véxase tamén

Outros artigos

20 minutos

20 minutos é un xornal de información xeral e distribución gratuíta con edicións locais en 14 cidades españolas, que se publica de luns a venres.

Publícase baixo unha licenza de Creative Commons que permite a calquera libremente copiar, distribuír, amosar, facer traballos derivativos e facer uso comercial dos seus contidos, con algunhas condicións. Adicionalmente, o xornal pode ser descargado do seu sitio web.

A semana na cultura popular galega

Como acontece noutras culturas, en Galicia tamén estivo presente a vella preocupación supersticiosa polos días faustos e infaustos, felices e infelices. A seguir recóllense crenzas, refráns e cantigas que recollen a pegada da semana na cultura popular galega.

Belfast

Belfast (en irlandés: Béal Feirste) é unha cidade irlandesa, capital de Irlanda do Norte e da provincia do Ulster, a súa maior cidade e a segunda da illa de Irlanda. A súa poboación en 2001 era de 276.459 habitantes e de 579.554 na área metropolitana. A cidade está situada na foz do río Lagan entre montañas.

Belfast sufriu o peor do Conflito de Irlanda do Norte porén desde o Acordo do Venres Santo de 1998 produciuse unha maior modernización da cidade. Ten dous aeroportos, o Aeroporto George Best e o Aeroporto Internacional de Belfast. A Universidade Queens de Belfast fundada en 1845 é a maior da cidade e na Universidade do Ulster, fundada en 1984, pódense cursar belas artes, deseño e arquitectura.

Calendario gregoriano

O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea utilizado en Europa, as súas antigas colonias e en boa parte do resto do mundo. Recibe este nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, e substituíu en 1582 ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a. C.

Calendario hebreo

O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.

A forma "moderna" é o chamado calendario lunisolar, semellante ao calendario chinés, que mide os meses segundo os ciclos lunares e os anos tendo en conta os ciclos solares, distinto do calendario islámico puramente lunar e do calendario gregoriano case enteiramente solar. Pola diferenza de 11 días entre doce meses lunares e un ano solar, o calendario repítese nun ciclo de 19 anos de 235 meses lunares, cun mes lunar extra cada dous ou tres anos, cun total de sete veces cada dezanove anos. Como o calendario hebreo foi desenvolvido na zona sur-leste do Mar Mediterráneo, as referencias ás estacións reflicten os tempos e o clima do hemisferio norte.

Calendario persa

O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo.

Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.

O calendario persa ten seis meses con 31 días e os seis meses seguintes con 30 días, excepto o último con 29 ou 30 días segundo sexa bisesto ou non. O ano comeza en Novruz que coincide co 21 de marzo do Calendario gregoriano.

O primeiro de xaneiro de 2000 do calendario gregoriano é o 11 de Dej de 1378 do calendario persa.

Diario Oficial de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) é o diario oficial da Comunidade Autónoma de Galicia, onde se divulgan con carácter oficial as normas xurídicas e outros actos da administración e do goberno galego para que produzan os efectos xurídicos correspondentes.

Gran Premio de Fórmula 1

Un Gran Premio de Fórmula 1, (tamén chamados Grand Prix ou, na escrita, GP) é, na actualidade, cada un dos eventos que compoñen o Campionato Mundial de Fórmula 1.

Os Grandes Premios desenvólvese nunha fin de semana, aínda que nalgúns esténdese até o xoves por motivos especialmente comerciais. Ademais da Fórmula 1 propiamente dita, nunha fin de semana de Gran Premio outras competicións menores teñen lugar co obxectivo de ameniza-la espera do público asistente.

Gregorio XIII, papa

Gregorio XIII (* Bolonia, 7 de xaneiro de 1502 - † Roma, 10 de abril de 1585), Papa n.º 226 da Igrexa católica de 1572 a 1585.

Empeñado na renovación moral da Igrexa, xa no séu primeiro consistorio comunicou aos cardeais a súa intención de facer cumprir estritamente os canons aprobados no Concilio de Trento, mostrándose así mesmo inflexible na obriga dos bispos de residir nas súas respectivas sedes.

Aínda que non existise outra razón para gardar memoria de Gregorio XIII, a reforma do calendario Xuliano, utilizado dende que Xulio César o instaurou no ano 46 a. C., para dar paso ao vixente calendario gregoriano, ao que vai ligado o seu nome, fixo del un personaxe de popular notoriedade.

Instaurado o 4 de outubro de 1582, o novo calendario veu a solucionar o problema que formulaba o feito de que o ano xuliano tiña 11 minutos e 14 segundos máis que o ano solar o que provocara que a diferenza acumulada fixese que o equinoccio de primavera se adiantase en dez días. Gregorio XIII, asesorado polo astrónomo xesuíta Christopher Clavius promulgou, o 24 de febreiro de 1582, a bula Inter gravísimas na que establecía que tras o, xoves 4 de outubro de 1582 seguiría o venres 15 de outubro de 1582.

Grupo El Progreso

O Grupo El Progreso é un grupo empresarial galego de medios de comunicación.

O grupo está presidido, dende 1993, pola luguesa Blanca García Montenegro.

Pascua cristiá

A Pascua (grego: Πάσχα) é a festividade relixiosa máis importante do ano litúrxico cristián en conmemoración da resurrección de Xesús de entre os mortos, segundo conta o Novo Testamento, o terceiro día desde a súa crucifixión. Os cristiáns celebran esta resurrección o Domingo de Pascua ou Resurrección, dous días despois do Venres Santo e tres despois do Xoves Santo.

A Pascua tamén se refire ó Tempo Pascual, período do ano litúrxico cristián, que tradicionalmente duraba corenta días entre o Domingo de Pascua e a Ascensión pero agora dura cincuenta días ata Pentecoste, a primeira semana coñécese como Semana Santa. A Pascua marca tamén a fin da Coresma, época de xaxún, oración e penitencia.

A Pascua é unha festa que non ten data fixa en relación co calendario civil. O Primeiro Concilio de Nicea (325) estableceu o día de Pascua como o primeiro domingo despois de lúa chea tralo equinoccio de primavera, eclesiasticamente establecido o 21 de marzo, na práctica a data varía entre o 22 de marzo e o 25 de abril para a Igrexa católica latina e as protestantes que basean os seus cálculos no calendario xuliano, as igrexas orientais, que se basean no calendario gregoriano celébrana entre o 4 de abril e o 8 de maio.

A Pascua cristiá está relacionada coa Pascua xudía, a Pessach, non só no simbolismo senón tamén pola súa disposición no calendario

Nas celebracións modernas da Pascua introducénse novos elementos, como en Galicia o ovo de Pascua ou a rosca de Pascua que os padriños regalan ós afillados, que celebran tanto cristiáns como non cristiáns. Tamén hai unhas poucas confesións cristiás, como os cuáqueros, que non celebran a Pascua.

Pole position

Nos deportes a motor, a pole position (en inglés, literalmente: posición de poste) ou simplemente pole, é o termo que se utiliza para designar ao primeiro lugar na grella de saída das carreiras de circuíto. A frase ten a súa orixe na hípica, onde o primeiro corredor saía desde o lugar máis próximo aos postes interiores.

As posicións de saída normalmente determínanse sobre a base dunha ou máis sesións previas de cualificación, onde os pilotos tratan de establecer a súa volta máis rápida, ou sobre a base das posicións que obtiveron na carreira anterior.

Diferentes categorías de deporte motor usan diferentes formatos para determinar que corredor ten a oportunidade de saír desde a pole position.

Fórmula 1 1950 a 1995

Este foi o sistema de clasificación máis longo na historia da Fórmula 1, xa que se empregou durante 46 tempadas. Celebrábanse dúas sesións dunha hora: unha, o venres; e outra, o sábado. O mellor tempo de cada piloto en calquera das dúas sesións contaba para a grella de saída.

Fórmula 1 1996 a 2003

Os pilotos tiñan permitido ata un máximo de 3 saídas de boxes e 12 voltas nunha sesión clasificatoria dunha hora os Sábados previos á carreira.

Fórmula 1 desde o 28 de maio 2003, 2004 e 2005

A pole position era determinada polo mellor tempo nunha soa volta con tanques cheos os Sábados.

Fórmula 1 dende o 6 de marzo ata o 22 de maio de 2005

A pole position era determinada pola sumatoria de tempos de dúas sesións de cualificación.. Unha os Sábados co mínimo de combustible e outra a mañá do Domingo con tanques cheos.

Fórmula 1 dende o 2006, ata a actualidade

Logo de 2 sesións eliminatorias de 15 minutos cada unha, os 12 coches máis lentos son eliminados, 6 en cada unha. Logo, os restantes 10 pilotos tratan de establecer a volta máis rápida coa carga de combustible da súa elección (que deberán usar ao momento da largada)

NASCAR

A pole position determínase mediante a cronometraxe de dúas voltas (unha volta nos circuítos da Copa Nextel). A volta máis rápida marca a pole.

500 Millas de Indianápolis

A pole position determínase o primeiro día dos 4 días de cualificación. Cada coche realiza 2 voltas. A velocidade media é o que determina as posicións, incluída a pole. O mellor tempo establecido nunha sesión previa sempre sairá por diante dun mellor tempo establecido nunha sesión posterior. Así, os 33 mellores tempos sempre saen.

Ruada

Ruada foi un programa da Televisión de Galicia presentado por Xosé Luís Blanco Campaña que se emitiu na tempada 1985-1986. Emitíase os mércores e venres pola noite. Ruada consistía en actuacións de músicos, bandas e grupos de baile tradicionais galegos e entrevistas a personaxes populares e do eido da cultura.

Semana Santa

A Semana Santa é a festa máis importante do calendario cristiano. Conmemora a entrada de Xesucristo en Xerusalén, a súa morte na cruz e a súa resurrección.

Aínda que comeza o Domingo de Ramos e termina o Domingo de Pascua, a Semana Santa inclúe varias celebracións:

Venres de Dores

Sábado de Paixón

Domingo de Ramos

Luns Santo

Martes Santo

Mércores Santo

Xoves Santo, celébrase A Última Cea.

Venres Santo, recorda a crucifixión.

Sábado Santo

Domingo de Pascua, celebra a Resurrección.

Luns de Pascua

Martes de Pascua

Mércores de PascuaA Semana Santa celébrase na primavera, pero non coincide cunha data determinada do calendario, xa que ven determinada polo calendario lunar. As igrexas occidental e oriental utilizan calendarios diferentes para determinar o día de Pascua (o gregoriano en occidente e o xuliano en oriente), e aínda non chegaron a ningún acordo para unificar o criterio.

En Galicia destacan as Semanas Santas de Viveiro e Ferrol, ambas declaradas Festas de interese turístico internacional.

Televisión de Galicia

A Televisión de Galicia, tamén chamada A Galega, é unha canle televisiva galega que forma parte da Corporación de Radiotelevisión de Galicia (CRTVG) xunto coa Radio Galega. As súas instalacións centrais están en San Marcos, na parroquia do Bando, no concello de Santiago de Compostela.

No mes de xaneiro do ano 2009 a TVG fixo historia ao converterse en líder autonómica por primeira vez na súa historia, pero foi entre 1988 e 1990 cando tivo as maiores audiencias da súa historia.

Telexornal

O Telexornal é o programa informativo da Televisión de Galicia, cuxa primeira emisión produciuse o día 24 de xullo de 1985.

Conta con dúas edicións que se emiten todos os días da semana: o Telexornal mediodía, ás 14:25 horas, e o Telexornal serán, ás 20:45 horas.

Venres Santo

O Venres Santo é un das principais celebracións litúrxicas do cristianismo. Este día conmemórase a morte de Xesús de Nazaret, crucificado no século I. A Semana Santa chega a un dos seus días máis transcendentais, no que son numerosas as manifestacións tradicionais de devoción popular ao longo de todo o mundo.

Venres Show

Venres Show foi un programa de variedades da Televisión de Galicia que se emitiu na tempada entre 1987 e 1989.

Xenitivo

O xenitivo é o nome dun caso que nas linguas flexivas é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza a función de Complemento do Nome ou Modificador, aínda que pode aparecer tamén noutras como a de complemento dun verbo, Complemento Circunstancial etc: polaco "dobrej szafy" ("de bo armario")

Proceden do xenitivo frases pettrificadas que en galego xeraron un vocábulo: FIL(IU) ECCLESIAE > fregués, AURI FRESU > ourive, COMITE STAB(U)LI > condestable, os días da semana: (DIES) MARTIS > martes, (DIES) IOVIS > xoves, (DIES) VENERIS > venres, (DIES) LUNAE > luns, (DIES) MERCURII > mércores .

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.