Velocidade

A velocidade é unha magnitude física de carácter vectorial que expresa a distancia percorrida por un obxecto na unidade de tempo. Represéntase por ou . Na análise dimensional as súas dimensións son [L]/[T].[1][2] A súa unidade no Sistema Internacional de Unidades é o metro por segundo (símbolo, m/s). Tamén é habitual empregar como unidade o km/h (quilómetro/hora).

A velocidade é un vector, é dicir, ten módulo (magnitude), dirección e sentido. A magnitude da velocidade coñécese como celeridade ou rapidez.

Orbital motion
Movemento orbital dun satélite artificial arredor da Terra. O vector tanxente á órbita é a velocidade do satélite.

Velocidade en mecánica clásica

Velocidade media

A velocidade media defínese como o cambio de posición durante un intervalo de tempo considerado. Calcúlase dividindo o vector desprazamento (Δr) entre o escalar tempo (Δt) empregado en efectualo:

Segundo esta definición, a velocidade media é unha magnitude vectorial, xa que é o resultado de dividir un vector entre un escalar.

Por outra banda, se se considera a distancia percorrida sobre a traxectoria durante un intervalo de tempo dado, tense a velocidade media sobre a traxectoria, que é unha magnitude escalar. A expresión anterior escríbese da forma:

O módulo do vector velocidade media, en xeral, é diferente ao valor da velocidade media sobre a traxectoria. Só serán iguais se a traxectoria é rectilínea e se o móbil só avanza nun ou noutro sentido, sen retroceder.

Velocidade instantánea

A velocidade instantánea é un vector tanxente á traxectoria e correspóndese coa derivada do vector posición con respecto ao tempo. Permite coñecer a velocidade dun móbil que se despraza sobre unha traxectoria cando o intervalo de tempo é infinitamente pequeno, sendo entón o espazo percorrido tamén moi pequeno, representando un punto da traxectoria:

En forma vectorial, a velocidade é a derivada do vector posición respecto ao tempo:

onde é un vector (vector de módulo unidade) de dirección tanxente á traxectoria do corpo en cuestión e é o vector posición, xa que no límite os diferenciais de espazo percorrido e posición coinciden.

Velocidade en mecánica relativista

En mecánica relativista pode definirse a velocidade de maneira análoga a como se fai en mecánica clásica mais a velocidade así definida non ten as mesmas propiedades que a súa análoga clásica:

  • En primeiro lugar a velocidade convencional medida por diferentes observadores, mesmo inerciais non ten unha lei de transformación sinxela (de feito a velocidade non é ampliable a un cuadrivector de forma trivial).
  • En segundo lugar, o momento linear e a velocidade en mecánica relativista non son proporcionais e por esa razón considérase conveniente nos cálculos substituír a velocidade convencional pola cuadrivelocidade, na que as súas compoñentes espaciais coinciden coa velocidade para velocidades pequenas comparadas coa luz, sendo as súas compoñentes no caso xeral:

(11)

Ademais esta cuadrivelocidade ten propiedades de transformación adecuadamente covariantes e é proporcional ao cuadrimomento linear.

En mecánica relativista a velocidade relativa non é aditiva. Isto significa que se se consideran dous observadores A e B que se moven sobre unha mesma recta a velocidades diferentes , respecto dun terceiro observador O, sucede que:

(12)

sendo a velocidade de B medida por A e a velocidade de A medida por B. Isto sucede porque tanto a medida de velocidades como o transcurso do tempo depende da velocidade dun sistema en relación á velocidade da luz. Cando se ten isto en conta resulta que o cálculo de velocidades relativas non é aditiva. A diferenza do que ocorre na mecánica clásica, onde o paso do tempo é idéntico para todos os observadores con independencia do seu estado de movemento. Outra forma de velo é a seguinte: se as velocidades relativas fosen simplemente aditivas en relatividade chegaríase a contradicións; considérese un obxecto pequeno que se move respecto a outro maior a unha velocidade superior á metade da luz e considérese que esoutro obxecto maior se movese a máis velocidade cá luz respecto dun observador fixo. A aditividade implicaría que o obxecto pequeno se movería a unha velocidade superior á da luz respecto do observador fixo, o cal non é posible porque todos os obxectos materiais teñen velocidades inferiores á da luz. Con todo, aínda que as velocidades non son aditivas en relatividade, para velocidades pequenas comparadas coa velocidade da luz as desigualdades cúmprense de modo aproximado, é dicir:

(13)

sendo inadecuada esta aproximación para valores das velocidades non desprezábeis fronte á velocidade da luz.

Velocidade en mecánica cuántica

En mecánica cuántica non relativista o estado dunha partícula descríbese mediante unha función de onda que satisfai a ecuación de Schrödinger. A velocidade de propagación media da partícula vén dada pola expresión:

(14)

Obviamente a velocidade só será diferente de cero cando a función de onda é complexa, sendo identicamente nula a velocidade dos estados ligados estacionarios, cuxa función de onda é real. Isto último débese a que os estados estacionarios representan estados que non varían co tempo e polo tanto non se propagan.

En mecánica cuántica relativista postúlase que por exemplo un electrón podería ter xunto cunha velocidade media macroscópica (medida entre dous instantes diferentes) un movemento de axitación ou oscilación moi rápido adicional coñecido como Zitterbewegung; de acordo con esa interpretación adicional non existe unha relación entre o momento da partícula e a velocidade asignábel a ese movemento.

Unidades

As unidades máis habituais para medir a velocidade son:

Sistema Internacional de Unidades (SI)
Sistema Ceguesimal de Unidades (CGS)
  • Centímetro por segundo (cm/s)
Sistema Anglosaxón de Unidades
  • Pé por segundo (ft/s), unidade de velocidade do sistema inglés
  • Milla por hora (mph ou MPH), uso habitual para automóbiles en Gran Bretaña ou nos Estados Unidos
  • Milla por segundo (mps), uso coloquial
Navegación marítima e aérea
  • O é unha unidade de medida de velocidade empregada en navegación e equivalente a unha milla náutica por hora
Aeronáutica
  • O número Mach é unha medida de velocidade relativa que se define como o cociente entre a velocidade dun obxecto e a velocidade do son no medio en que se move ese obxecto. É un número adimensional tipicamente usado para describir a velocidade dos avións. Mach 1 equivale á velocidade do son, Mach 2 é dúas veces esa velocidade e así sucesivamente. A velocidade do son no aire é de 340 m/s (1224 km/h).
Unidades de Planck (Unidades naturais)
  • O valor da velocidade da luz no baleiro (c) = 299 792 458 m/s (aproximadamente 300 000 km/s)

A seguinte táboa resume tódolos valores para converter as principais unidades de velocidade:

km/s m/s mph km/h
para obter km/s multiplicar por 1 0,001 0,00044704 0,00027778
para obter m/s multiplicar por 1000 1 0,44704 0,27778
para obter mph multiplicar por 2236,9 2,2369 1 0,62137
para obter km/h multiplicar por 3600 3,6 1,609344 1

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
  1. Resnick, 1996, pp. 10 y 11.
  2. Resnick, 1996, pp. 17-23.
  3. Empregada, por exemplo, nos sinais de tráfico.
Albert Abraham Michelson

Albert Abraham Michelson, nado en Strzelno o 19 de decembro de 1852 e falecido en Pasadena (California, nos Estados Unidos) o 9 de maio de 1931, foi un físico pruso, coñecido polos seus traballos acerca da velocidade da luz. Recibiu o Premio Nobel de Física en 1907.

Alta Velocidade Española

A Alta Velocidade Española, coñecida co acrónimo AVE, é unha marca comercial da empresa Renfe Operadora pola que define o servizo comercial con trens de alta velocidade en España. Está operativo dende abril de 1992, cando se inaugurou Novo acceso ferroviario a Andalucía.

Esta división de RENFE creouse en 1992, ao escindírense da empresa matriz outras pequenas empresas, chamadas unidades de negocio. O seu obxectivo era operar os servizos con trens de alta velocidade sobre a mencionada liña Madrid-Sevilla vía Cidade Real, Puertollano e Córdoba.

Actualmente existe unha rede de aproximadamente 2.380 km de vías de largo internacional en España.

Alvia

O Alvia é un servizo ferroviario de longa distancia de Renfe Operadora. Caracterízase por ser de rodadura desprazable, o que permite percorrer vías de ancho ibérico ou internacional pasando polos cambiadores de ancho entre unhas e outras de forma rápida. Supoñen un adianto respecto ao servizo Altaria con Talgo de rodadura desprazable ao ser todo o conxunto de rodadura desprazable incluída a locomotora.

Ten asentos en turista e preferente, acceso adaptado a minusválidos e cafetería.

Ano luz

Un ano luz é unha unidade de lonxitude, utilizada en astronomía, que corresponde á distancia percorrida no vacuo pola luz durante un ano. Máis precisamente, é a distancia percorrida por un fotón no vacuo a unha distancia infinita de calquera campo gravitatorio ou magnético, nun ano gregoriano medio e a unha velocidade de 299.792.458 m/s.

Para calcular o valor en quilómetros dun ano luz utilízase a velocidade indicada (299.792.458 m/s) e como tempo un ano gregoriano Medio (ver Calendario gregoriano) con 365,2425 días. Así temos que o ano luz mide 9 460 536 207 068,016 km (aproximadamente 9,46 billóns de quilómetros); ou ben 63.241 unidades astronómicas (UA).

Outras unidades empregadas para medir distancias espaciais son o Parsec (equivalente a 3,26 anos luz) e mais o segundo luz.

Automóbil

O automóbil é un vehículo que se despraza sobre rodas autopropulsado por un motor propio e destinado ao transporte de persoas ou mercancías sen necesidade de carriles. Diferentes tipos de automóbiles inclúen o coche, o autobús, a furgoneta e o camión. Desprázase grazas a un motor de explosión a base dunha mestura de gasolina, ou gasóleo, e aire. Recentemente empezáronse a producir automóbiles que funcionan con motor eléctrico, aínda que a autonomía destes vehículos é aínda limitada debido á autonomía das baterías. As rodas dianteiras dos automóbiles poden moverse cara a ambos os costados para realizar xiros e tomar as curvas.

Avant

Avant é un servizo de trens de Media Distancia e alta velocidade parcialmente subvencionados, realizado por Renfe Operadora en España, que circulan a unha velocidade máxima de 250 km/h.

Realízase con trens das series 104, 114 e 121, en configuración de clase única sen cafetería.

Eixe atlántico de alta velocidade

O eixe atlántico de alta velocidade é o corredor ferroviario que discorre pola costa atlántica de Galiza. Esténdese entre as cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo, e está prevista a súa prolongación cara ao norte até Ferrol e polo sur por Tui para conectar coa rede portuguesa.Trátase dunha infraestrutura deseñada con vía dobre e trazado apto para 250 km/h, con carril de 60 kg/m. Actualmente é de ancho ibérico, pero instaláronse travesas polivalentes que permitirán a transformación do corredor en ancho UIC a partir de 2019.

En decembro de 2011 inaugurouse o tramo de Santiago de Compostela á Coruña, e en marzo de 2015, inaugurouse o tramo entre a capital galega e Vigo.

Eixe interior de Galicia

O Eixe interior de Galicia é unha liña de alta velocidade que unirá as cidades galegas de Vigo, Ourense e Monforte de Lemos. Está previsto que estea en servizo antes de 2020[Cómpre referencia].

Segundo o Plan español de infraestruturas 2005-2020 esta liña estará conectada coas seguintes:

Eixe atlántico, en Vigo

L.A.V. Olmedo-Zamora-Galicia, en Ourense

L.A.V. Subcantábrica, en Monforte de Lemos

Enzima

Os/as enzimas (ou encimas) son un grupo de compostos orgánicos de natureza en xeral proteica (existen tamén enzimas constituídos por ARN, chamados ribozimas), con actividade intra ou extracelular que teñen funcións catalíticas, catalizando reaccións químicas, que, sen a súa presenza, serían imposibles ou non poderían ter lugar á velocidade axeitada. Isto conséguese a través da diminución da enerxía de activación precisa para que se dea unha reacción química, resultando no aumento da velocidade desta e posibilitando así o metabolismo dos seres vivos. A capacidade catalítica dos enzimas fainos adecuados para aplicacións industriais, como na industria farmacéutica ou na alimentaria.

En sistemas vivos, a maioría das reaccións bioquímicas danse en vías metabólicas, secuencias de reaccións nas que o produto dunha reacción utilízase como reactivo na seguinte. Diferentes enzimas catalizan os diferentes pasos das vías metabólicas, actuando de forma concertada de xeito que non se interrompa o fluxo nesas vías. Ademais, a actividade de cada enzima pode ser regulada, aumentándoa, diminuíndoa ou mesmo deténdoa, co obxectivo de modular o fluxo da vía metabólica na que se insire.

O ramo da bioquímica adicado ao estudo e caracterización dos enzimas é a enzimoloxía.

Estación de Santiago de Compostela

A estación de Santiago de Compostela é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Santiago de Compostela. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

En 2010 recibiu 1.771.974 pasaxeiros, sendo a estación con maior número de viaxeiros de toda Galicia.

Gravidade

A gravidade, que en sentido común significa seriedade, ten significados máis específicos en física e química, os cales se indican a continuación.

Impulso específico

O impulso específico (abreviado a miúdo como ISP) é unha magnitude que describe a eficiencia dos motores foguete e os motores de reacción. Representa a derivada do impulso con respecto da cantidade de propelente usado, é dicir, o pulo dividido pol cantidade de propelente usado por unidade de tempo. Se a cantidade de propelente se da en termos de masa (como quilogramos), o ISP terá unidades de velocidade. Se se da en termos de peso (como Newtons), o impulso específico terá unidades de tempo. A constante de conversión entre as dúas maneiras de expresa-lo impulso específico é a constante da gravedade estándar, g, que ten un valor de aproximadamente 9,8 m/s². Canto maior sexa o impulso específico, menor será o fluxo de propelente necesario para obter determinado pulo, e no caso dos foguetes menor propelente será necesario para alcanzar unha mesma velocidade.

Liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia

A liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia é unha liña de alta velocidade que conectará Galicia co resto da península Ibérica. Parte da LAV Madrid-Valladolid á altura de Olmedo e finaliza en Santiago de Compostela.

Atópase en servizo entre Olmedo e Zamora (a vía par dende o 17 de decembro de 2015 e a vía impar dende o 21 de outubro de 2016), e entre Ourense e Santiago (dende o 11 de decembro de 2011), con continuidade ata A Coruña e Vigo a través do eixe atlántico de alta velocidade. Está prevista a inauguración do tramo entre Zamora e Seabra para 2018 e entre Seabra e Ourense para 2019.Para facilitar a explotación de trens que continúan por vía convencional, ten actualmente ancho ibérico de 1.668 mm entre Ourense e Santiago. Cando a liña estea finalizada, cambiarase ao ancho internacional de 1.435 mm, como o resto de liñas de alta velocidade. O trazado está adaptado ás esixencias de interoperatibilidade da Unión Europea. Cando se atope finalizado completamente, contará con dobre vía electrificada a 25 kV e unha velocidade máxima de 350 km/h. Forma parte do Corredor Atlántico da Rede Transeuropea de Transporte.

Liña de alta velocidade subcantábrica

A L.A.V. Subcantábrica é unha liña de alta velocidade en proxecto que será unha galla da liña Palencia-León-Xixón. Será a saída central de Galicia de alta velocidade.

Segundo o Plan español de infraestruturas 2005-2020 esta liña estará conectada coas seguintes:

L.A.V. Venta de Baños-León-Xixón.

Eixe interior de Galicia.

Eixe Atlántico.

Luz

A luz é unha radiación electromagnética visible polo ollo humano responsable do sentido da vista. A luz visible ten unha lonxitude de onda que vai dos 380 nanómetros aos 740 nm (entre a luz infravermella e a luz ultravioleta invisibles).

Como onda electromagnética, a luz propágase en forma de dúas ondas: unha móvese polo campo eléctrico e outra polo magnético. A súa velocidade no baleiro é de 299 792 458 metros por segundo (case 300.000 km/s), que é unha das constantes fundamentais da natureza.

Ao tratarse dunha radiación electromagnética, a luz visible emítese e absórbese en pequenos paquetes de enerxía denominados fotóns e mostra propiedades tanto de onda coma de partícula. Esta propiedade é a dualidade onda-partícula. O estudio da luz coñécese como óptica.

Neopterixios

Os neopterixios (Neopterygii) son unha subclases da clase Actinopterixios (Actinopterygii) de peixes óseos. O termo significa "alas novas", e fai referencia á forma evolucionada das aletas.

Os exemplares actuais mostran moi poucos cambios respecto dos actinopterixios máis primitivos. O grupo apareceu no Permiano tardío e a partir de entón dominaron os mares con notable éxito porque podían moverse a maior velocidade cós seus antecesores.

Quilómetro

Un quilómetro (escrito con q na súa forma plena, pero abreviado km por convención internacional) é unha unidade de medida derivada do metro, e equivale a mil (1.000) metros.

O seu símbolo é km no Sistema Internacional. Nótese que se escribe con minúscula e sen punto, a non ser que coincida no fin dunha frase.

O vocábulo está constituído polo prefixo quilo (k), que en grego antigo significaba "mil", e metro, que significaba "medir".

É unha unidade de medida derivada das dimensións da terra e recoñecida polo sistema internacional de unidades que define o patrón de metro. Algúns países, como os EUA, aínda non o adoptaron, preferindo usar outras unidades, como a milla terrestre, que corresponde a 1,60934 km.

Como unidade derivada, úsase o km/h para medir a velocidade.

Velocidade do son

A velocidade do son é a dinámica de propagación das ondas sonoras. Na atmosfera terrestre é de 343.2 m/s, 1 235.52 km/h (a 20 °C de temperatura).

A velocidade ou dinámica de propagación da onda sonora depende das características do medio no que se realiza dita propagación e non das características da onda ou da forza que a xera. A súa propagación nun medio tamén se usa para estudar algunhas propiedades de dito medio de transmisión.

O son é unha perturbación dun medio que ten a particularidade de ser percibida polo oído humano. Esta perturbación consiste en pequenas variacións de presión que se transmiten lonxitudinalmente (isto é a perturbación avanza no mesmo sentido en que varía a presión).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.