Vedra

Vedra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 5.073 habitantes (2.477 homes e 2.596 mulleres) (5.059 no 2009, 5.052 no 2006, 5.054 no 2005, 5.057 no 2004, 5.037 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vedrense».

Coordenadas: 42°47′N 8°28′O / 42.783, -8.467

Vedra
Bandeira de Vedra
---
Escudo de Vedra
Casa do Concello de Vedra
Casa do concello.
Situacion Vedra
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Santiago
Poboación5.046 hab. (2018)
Área52,8 km²
Densidade95,57 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeCarlos Martínez Carrillo (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Vedra
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes77,81%
Na rede
www.concellodevedra.com
correo@concellodevedra.com

Demografía

Censo total 2014 5.073 habitantes
Menores de 15 anos 589 (11.61 %)
Entre 15 e 64 anos 3.287 (64.79 %)
Maiores de 65 anos 1.197 (23.59 %)
Evolución da poboación de Vedra   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.570 5.639 5.763 5.791 5.057 5.059 5.046 5.043 5.008 5.073 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello de Vedra limita ao norte cos de Santiago de Compostela e Boqueixón, ao sur e leste co da Estrada (da provincia de Pontevedra, da que o separa o río Ulla), e ao oeste co de Teo.

Está atravesada pola estrada N-525 e a autoestrada AP-53, que unen Compostela e Ourense. A N-525 crúzase coa LC-241, que une Arzúa con Padrón.

Está situado no val do río Ulla, ao que van dar os ríos Pereiro, Tomonde, Buxeiros e San Cristovo. O cumio de maior altitude é Penas Pardas, preto do Pico Sacro, de 449 m de altitude. O clima é temperado, con influencias oceánicas.

Historia

Hai seis castros localizados no concello: un no lugar do Castro (Illobre), outro entre as parroquias de Merín e San Miguel de Sarandón, outro no lugar do Castro (A Ponte Ulla), en Socastro (San Mamede de Ribadulla), en Marzán de Arriba (Vedra), e o castro de Agronovo ou Coto do Castro, en Santa Cruz de Ribadulla.

Do período da romanización consérvase un miliario da época do emperador Calígula, atopado en 1867 na Gándara (San Fins de Sales) e un anel gravado datado cara ao século III. POr aquí pasaba unha vía militar, e dela consérvase a ponte Busacos, en San Fins de Sales, de dous arcos de medio punto e outro rectangular.

Na igrexa de San Andrés de Trobe, está soterrado o bispo de Coímbra, Nastui, quen se refuxiou aquí no século IX, fuxindo do islam.[4]

Na Idade Moderna a zona estivo vencellada á Terra de Santiago. Á nova nobreza desa época pertencían o marqués de Santa Cruz de Ribadulla e o conde de Ximonde, con foros nas terras. A Universidade de Compostela dispuña de dereitos sobre certas terras para cubrir gastos do seu funcionamento, e o Hospital Vello de Santiago tivo a propiedade do casal de Argunte, en San Mamede de Ribadulla.

No informe sobre o estado das rúas, fontes, murallas e camiños de Santiago mandado facer en 1542 por Carlos I menciónase o camiño de Ourense e as pontes de Sar, a de Ponte Pedriña e a de Busacos. En 1571 un forte temporal de neve e choivas destruíu o mosteiro de San Xoán da Cova e as pontes da Ulla e de Sarandón. A da Ulla foi reparada en 1612, e a outra non se sabe se se chegou a reparar, pois en 1708 outra nova enchenta derrubou as pontes.

Logo desa riada, en 1709 puxéronse barcas para cruzar o río, cun arrendamento da xestión das mesmas por períodos de 4 e 6 anos. Por elas eran transportadas as mercadorías que ían de Ourense e do Ribeiro cara a Santiago, A Coruña e Ferrol. Aínda que en 1737 foi concedido o permiso para reedificar as pontes, aínda en 1926 seguían activas as barcas do Ulla e de Sarandón. A ponte da Ulla (coñecida na actualidade como A Ponte Vella), rematouse en 1835, e a de Sarandón, aínda en pé, construíuse entre 1924 e 1926.

A comezos do século XVII as 12 parroquias actuais pertencían ao Arcebispado de Santiago. Co incremento da demografía desa época, debido á mellora na alimentación conseguida cos produtos chegados de América, as familias nobres de Compostela comezaron a instalarse na zona, exercendo os dereitos sobre as propiedades que adquiriran masivamente desde o século anterior.

O quinto marqués de Santa Cruz de Ribadulla, Juan Ignacio Armada, foi quen dirixiu o Batallón Literario formado en xuño de 1808 para defender a relixión, a patria e o rei. Para consolidar a autoridade moral do marqués, foi investido doutor en todas as facultades da Universidade compostelá.

Durante as guerras Carlistas, o conde de Ximonde, Pedro de Cisneros, puxo a disposición da causa carlista o pazo de Ximonde, en San Miguel de Sarandón, ademais de colaborar transportando armas para as faccións. No pazo de Ximonde elaborouse pólvora, e nel o pintor Cayetano Jordán pintou o escudo carlista, unha bandeira e outros obxectos.

Flora

A rexión posúe este tipo de flora:

  • atlántico, con bosques de carballos, bidueiros, amieiros etc.;
  • mediterráneo, principalmente nos vales interiores dos grandes ríos, con elementos significativos coma estevas, sobreiras, erbedos etc.;
  • continental bastante suavizado, con elementos puntuais coma teixos, acivros, algúns abetos (alóctonos), piñeiros vermellos etc.;

Debido á bonanza do clima, danse tamén facilmente especies subtropicais e mesmo tropicais: palmeiras, orquídeas etc. En Galicia houbo tres revolucións botánicas ou forestais, que se deron en tres épocas diferentes e con resultados ben distintos:

  • chegada do castiñeiro (Castanea sativa) cos romanos, rapidamente aclimatado e agora xa considerado coma autóctono;
  • chegada das repoboacións de piñeiro bravo (Pinus pinaster), co tempo chamado mesmo piñeiro do país ou piñeiro galego, dende a descubrimento de América, sobre todo para a construción de barcos;

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Vedra.
Ponteulla Vedra Galicia 07

Ponte sobre o río Ulla

Lugares de Vedra

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vedra vexa: Lugares de Vedra.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Florez, Enrique (2004). España Sagrada, Volumen XIV. Revista Agustiniana.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Ponte Ulla, Vedra

Santa María Madalena da Ponte Ulla é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Vedra. Segundo o IGE en 2013 tiña 340 habitantes (179 mulleres e 161 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 378 habitantes.

Antonio López Ferreiro

Antonio López Ferreiro, nado en Santiago de Compostela o 9 de novembro de 1837 e finado en Vedra o 20 de marzo de 1910, foi un escritor e historiador galego. En 1978 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Balbino Clemente

Balbino Clemente García, nado en Vedra o 6 de setembro de 1896, foi un futbolista galego, que xogaba de centrocampista.

Boqueixón

Boqueixón é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Santiago.

Comarca de Santiago

A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santiago de Compostela. A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Estación de Vedra-Ribadulla

Vedra-Ribadulla é unha estación de tren de Adif situada en Ribadulla, no concello de Vedra, provincia da Coruña. Conta con servizos de media distancia operados por Renfe.

Illobre, Vedra

Santo André de Illobre é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Vedra na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2013 tiña 240 habitantes (127 mulleres e 113 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 204 habitantes.

Merín, Vedra

San Cristovo de Merín é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Vedra na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2011 tiña 137 habitantes (74 mulleres e 63 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 163 habitantes.

San Fins de Sales, Vedra

San Fins de Sales é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Vedra. Segundo o IGE en 2013 tiña 474 habitantes (252 mulleres e 222 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 507 habitantes.

San Mamede de Ribadulla, Vedra

San Mamede de Ribadulla é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Vedra. Segundo o IGE en 2013 tiña 401 habitantes (215 mulleres e 186 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 472 habitantes.

San Miguel de Sarandón, Vedra

San Miguel de Sarandón é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Vedra. Segundo o IGE en 2010 tiña 357 habitantes (174 mulleres e 183 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 387 habitantes. Linda coas parroquias San Mamede de Ribadulla, San Cristovo, San Pedro de Sarandón e Santa Eulalia de Vedra e no sur con Río Ulla. Está formado por once aldeas: Canicova, A Casanova, Casansula, Caxaraville, Cimadevila, Dozar, A Pedreira, Sarandón, A Silva de Abaixo, A Silva de Arriba e Ximonde.

Na aldea de Ximonde atópase o couto de pesca, importante couto salmoneiro.

San Pedro de Sarandón, Vedra

San Pedro de Sarandón é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Vedra. Segundo o IGE en 2013 tiña 220 habitantes (113 mulleres e 107 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 253 habitantes.

San Pedro de Vilanova, Vedra

San Pedro de Vilanova é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Vedra na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2010 tiña 325 habitantes (167 mulleres e 158 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 332 habitantes.

San Xián de Sales, Vedra

San Xián de Sales é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Vedra. Segundo o IGE en 2013 tiña 760 habitantes (364 mulleres e 396 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 617 habitantes.

Santa Cruz de Ribadulla, Vedra

Santa Cruz de Ribadulla é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Vedra. Segundo o IGE en 2010 tiña 729 habitantes (370 mulleres e 359 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 771 habitantes.

Santiago TV

Santiago TV, coñecida como Localia Santiago ata novembro de 2010, é unha televisión local de Santiago de Compostela, propiedade do grupo de comunicación La Región que emite a través da canle 23 da Televisión Dixital Terrestre na demarcación de Santiago de Compostela, que tamén inclúe os concellos de Ames, Teo, Padrón, Brión, Negreira, Rois e Vedra. Formou parte como asociada da cadea estatal Localia TV ata que esta cesou as súas emisións a comezos de 2009.

A canle pertence ao grupo UTEGA, que distribúe contidos entre diversas televisións locais galegas.

Trobe, Vedra

Santo André de Trobe é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Vedra. Segundo o IGE en 2011 tiña 384 habitantes (209 mulleres e 175 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 330 habitantes.

Vedra, Vedra

Santa Eulalia de Vedra é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Vedra. Segundo o IGE en 2013 tiña 667 habitantes (342 mulleres e 325 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 674 habitantes.

Árbores senlleiras de Galicia

Unha árbore senlleira é unha árbore que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza etc.) é considerada reliquia botánica, obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. En Galiza aparecen no Catálogo galego de árbores senlleiras elaborado e regulado pola Xunta de Galicia dende o ano 2007 a través do Decreto 67/2007, do 22 de marzo coa finalidade de protexelas de riscos e ameazas, garantindo a súa conservación.

En Galiza salientan os carballos, castiñeiros, teixos e sobreiras como árbores autóctonas. Tamén aparecen moitas especies ornamentais como camelias, sequoias ou alciprestes.

Á hora de seleccionar os exemplares ou formacións senlleiras estúdase a idade dos exemplares, relevancia cultural (criterios históricos e tradicionais), valor estético (criterios estéticos e dendrométricos), rareza (criterios biolóxicos e ecolóxicos) na súa situación ou na súa distribución (criterios de situación) etc.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.