Vasco da Ponte

Vasco da Ponte, nado en 1470 e finado en 1535, foi un historiador e xenealoxista galego, autor da Relación dalgunhas casas e liñaxes do Reino de Galiza, obra que constitúe unha das fontes historiográficas básicas para a historia medieval da Península Ibérica.

Vasco da Ponte
Nacemento1470
 Galicia
Falecemento1535
NacionalidadeReino de Galicia
Ocupaciónhistoriador
Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia. Manuscrito.pdf&page=6
Manuscrito do Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia na Biblioteca Nacional de España.

Traxectoria

Pontedeume. Torreón de Andrade
Torreón dos Andrade, unha das liñaxes máis importantes da Galicia baixomedieval, da que podería ser vasalo Vasco da Ponte.

Son moi escasos os datos vitais sobre o autor, e mesmo a grafía correcta do seu nome é obxecto de controversia. A forma máis utilizada foi Vasco de Aponte, seguida por Vasco da Ponte e, nunha soa vez, aparece citado como Vascus Aegidius de Aponte polo erudito do século XVIII, Nicolás Antonio[1].

Suponse que o autor era natural e residente na Coruña, pois nela se documentan varias personalidades que levaban por esta época o apelido, incluíndo dous homónimos, pai e fillo, dos que o primeiro era, a comezos do século XVI, rexedor da cidade herculina. Sábese con seguranza que Vasco da Ponte estaba ao servizo de Fernando de Andrade, conde de Vilalba e de Andrade, da poderosa Casa de Andrade, xa que el mesmo o afirma: "don Fernando de Andrade, mi señor".[2] Os datos permiten estabelecer que debeu vivir entre 1470 e 1535, data que se deduce das escasas datacións que o autor inclúe no texto, das que se induce que arredor desa época estaba a redactar o libro[3]. Con todo algún autor o dá como natural da vila de Pontedeume, aínda que non é evidente, por máis que o mesmo nome o vencella á localidade[4] ou polo menos no que respecta ás orixes familiares.

Dende que Benito Vicetto rescatara a súa obra en 1872 creuse que o lugar de nacemento de Vasco da Ponte foi Pontedeume. Porén, o antropólogo e investigador Carlos Alberto Lareo defende que os Vasco da Ponte foron unha saga familia adiñeirada procedente do lugar de Ponte, na parroquia de Oseiro (Arteixo). O documento que o demostra atopouse no Arquivo de Simancas, e foi titulado Heredades de Vasco da Ponte[5]. Está datado o 28 de xuño de 1483 en Santo Domingo de la Calzada e menciona claramente as posesións familiares ou "herdades" que este persoeiro baixomedieval tiña nas freguesías de San Tirso de Oseiro e Santiago de Arteixo (ambas as dúas parroquias pertencentes ao concello de Arteixo). En concreto, o documento atopado fala dunha herdade que está no lugar de Ponte (pertencente á parroquia de Oseiro), sendo este nome que lle dará o apelido distintivo ao autor. Di así o documento:

A Relación

Manuscritos e edicións

A obra de Vasco da Ponte conservouse en diversos manuscritos, custodiados na actualidade en arquivos diferentes: Biblioteca de Ajuda de Lisboa, Biblioteca Nacional de Madrid, Fundación Barrié de la Maza, Arquivo Histórico Municipal da Coruña, Archivo Histórico Nacional en Simancas e Madrid etc. A primeira edición moderna foi realizada por Benito Vicetto na súa Historia de Galicia en 1872[6]. En 1986 fíxose unha edición crítica, que confrontaba as diversas variantes manuscritas e edicións impresas. En 2008 Clodio González fixo unha nova edición en galego.

Idioma

Da Ponte redactou a súa obra en castelán, ben que mesturado con numerosos galeguismos, que se poden cualificar de interferencias lingüísticas, porque non cabe dubidar de que a súa lingua decote debeu ser o galego. Non existe, porén, ningunha proba documental de que houbese unha primitiva redacción en lingua galega, que fose logo trasladada ao castelán, como ás veces se sospeita[7]. Algúns autores como Lareo sospeitan que foi escrita en galego, sendo esa a verdadeira razón da desaparición do manuscrito do que só se conservan as copias citadas que foron traducidas ao copialo.

Título

Os títulos dos manuscritos son diferentes, sendo os máis utilizados Relación de las casas antiguas de Galicia e Recuento de las casas antiguas de Galicia, pero nas edicións imprentadas domina abrumadoramente o primeiro. Porén nalgún caso utilizáronse outros, tal Linajes de Galicia, como no manuscrito custodiado na biblioteca da Real Academia de la Historia, en Madrid.

A obra

A análise da Relación mostra que Vasco da Ponte tentou estabelecer unha historia xenealóxica das diversas casas nobiliarias de Galicia, porén é unha obra inacabada e na que se presta unha maior atención a certas liñaxes, das que talvez tiña noticias máis completas. Fáltanlle noticias de liñaxes das provincias de Lugo e Ourense. Como xa se dixo antes as datacións son moi escasas, o que dificulta, en ocasións, a comprensión correcta dos acontecementos.

Estruturou a súa obra por liñaxes, e para cada unha delas expón un esquema semellante, que atende á ascendencia e posesións da familia, fazañas dos seus membros máis notorios e valoración deles[8].

Metodoloxicamente, Vasco da Ponte utilizou case exclusivamente a fonte oral, e só en moi contadas ocasións, parece que sinala algún documento en apoio das súas afirmacións, mais sempre dun modo xenérico e carente de precisións maiores, fenómeno que, por outra banda, era corrente entre outros xenealoxistas e cronistas da época.

Aínda que o autor participa da mentalidade medieval no relato dos eventos históricos, que responderían a un designio divino, preludia o paso á mentalidade humanista que se está a difundir pola Europa da época, ao introducir o individuo, o ser humano, como dono dos seus actos e motor da historia que el constrúe[9].

Obra

Cítanse só as edicións máis importantes da Relación:

  • Vasco de Aponte, Relación de algunas casas y linajes del Reino de Galicia. Ferrol, s.n., 1872, corresponde ao tomo VI da Historia de Galicia de Benito Vicetto, que leva por título "Apéndice General de la Historia de Galicia", e ocupa as páxs. 404-455. Esta obra foi reimpresa en 1979, e a partir dela efectuáronse outras edicións nos séculos XIX e XX, a pesar de que contiña erros.
  • Vasco de Aponte, Recuento de las Casas Antiguas del Reino de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia, Consellería de Presidencia. 1986. É unha edición crítica seguindo os parámetros científicos, con introdución, notas e variantes, a cargo de Díaz y Díaz, Manuel; García Oro, José; Vilariño Pintos, Daría; Pardo Gómez, Mª Virtudes; García Piñeiro, Araceli e Oro Trigo, Mª Pilar - ISBN 84-505-3389-9
  • Vasco da Ponte, Relación dalgunhas casas e liñaxes do Reino de Galiza. Noia. Editorial Toxosoutos. 2008. Edición de Clodio González Pérez. ISBN 978-84-96673-03-8

Notas

  1. Cfr. a Introdución á edición do Recuento, por Díaz y Días, García Oro, Vilariño Pintos, Pardo Gómez, García Piñeiro e Oro Trigo, Santiago de Compostela. 1986, páx. 51.
  2. cfr. Recuento, edic. 1986, páx. 170
  3. Cfr. Nota dos Editores, in Vasco de Aponte, Pedro Madruga. Vigo. 1969, páx. 9
  4. Couceiro Freijomil, Historia de Puentedeume. 1981, p. 438; Armas Castro, José, s.v. Vasco da Ponte, in Gran Enciclopedia Gallega, t. XXIX, páx.245
  5. "El origen de Vasco da Ponte", no blog Master Patrimonio UDC.
  6. Couceiro Freijomil, Historia de Pontedeume. 1981, páx. 438
  7. Cfr. Nota dos Editores, in Vasco de Aponte, Pedro Madruga. Vigo. 1969, páx. 9: "A lingoaxe é unha mistura de galego e castelán, que fai sospeitar nun intento pouco felís de versión á derradeira distas falas. O libro estaba destinado ás familias fidalgas da época, e por entón inda a fidalguía galega falaba acotío a língoa nativa. Hai, por outra parte, erros tan evidentes de tradución ao castelán no estado actual do texto, que por forza hemos pensar na orixinalidade galega do Nobiliario de Vasco de Aponte"
  8. Cfr. Introdución a "Recuento", edic. 1986, páxs. 58-60
  9. Cfr., Alfonso Mato Domínguez, s.v. Historiografía, in Gran Enciclopedia Gallega, t. XVII, páx. 133; José Armas Castro, s.v., Vasco da Ponte, in Gran Enciclopedia Gallega, t. XXIX, páx. 246

Véxase tamén

Bibliografía

Andrade, Pontedeume

San Martiño de Andrade é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Pontedeume. Segundo o IGE en 2013 tiña 401 habitantes (207 mulleres e 194 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 467 habitantes.

O peso desta parroquia na economía do concello é importante xa que no lugar do Vidreiro se sitúa o polígono industrial de Pontedeume.

Casa de Altamira

A casa de Altamira foi unha casa nobiliaria galega, vencellada á familia dos Moscoso. Tiñan a casa matriz nas Torres de Altamira, no actual concello de Brión.

Os Moscosos eran unha familia de fidalgos composteláns do século XIV, que con Roi Sánchez de Moscoso se converten en señores de Altamira, e despois con Lope Sánchez de Moscoso (1468-1504) en condes de Altamira.

Foi á Grandeza de España o 31 de outubro de 1613 polo rei Filipe III a favor de Lope de Moscoso Osorio, V conde de Altamira.

Casa de Meira

A casa de Meira foi unha casa nobiliaria galega do século XIV. As súas terras eran en Fragoso e Meira, foi integrada posteriormente nas casas de Andrade e Valadares.

Casa de Sarmiento

Os Sarmiento foron unha familia castelá estabelecida en Galiza desde o século XV.

Concello de Cotobade

Cotobade foi un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. En 2016 fusionouse co concello de Cerdedo, dando orixe ao concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2014 tiña 4327 habitantes (2079 homes e 2248 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cotobadés.

Edicións Castrelos

Edicións Castrelos foi unha editorial galega fundada en 1964 e radicada en Vigo. A Editorial Galaxia mercouna en 1979.

Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas

Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas foi un nobre galego a cabalo entre a Idade Media e a Moderna. Ostentaba os títulos de oitavo Señor de Pontedeume, Ferrol e Vilalba e segundo Conde de Vilalba, herdados do seu pai Diego de Andrade; e primeiro Conde de Andrade por designación real, ignorándose a data de expedición deste último título. Tamén foi temporalmente Príncipe da cidade italiana de Caserta.

É coñecido por participar nas campañas en Italia contra os franceses en 1503, 1511 e 1522. Na primeira delas estivo ao mando das tropas que gañaron a Batalla de Seminara, recuperando con esta vitoria os territorios que antes perdera o Gran Capitán, Gonzalo Fernández de Córdoba.

Loitou por que se lle recoñecese a Galicia o voto en Cortes que ata entón estaba representada pola cidade de Zamora. Tamén conseguiu para a cidade da Coruña a Casa de Contratación para o comercio coas Indias.

Casou en primeiras nupcias con dona Francisca de Zúñiga, condesa de Monterrei, que enviuvara de Diego de Acevedo e Fonseca. Do seu matrimonio tivo dúas fillas, a primoxénita, Tareixa de Andrade, casou co Conde de Lemos, Fernando Ruiz de Castro Osorio. Ao morrer Tareixa antes ca seu pai, os títulos deste foron herdados polo seu neto, Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, en cuxa persoa se fusionan as casas de Lemos e Andrade.

Nos seus derradeiros anos retirouse da vida pública e dedicouse a mellorar o patrimonio relixioso de Pontedeume. A el débense a fundación do convento dos agostiños e a construción da capela maior da igrexa parroquial, onde está soterrado.

Vasco da Ponte, importante cronista e historiador da época, estaba ao servizo de Fernando de Andrade.

Fernán Pérez de Andrade o Mozo

Fernán Pérez de Andrade, chamado o Mozo foi o sexto señor de Pontedeume, Ferrol e Vilalba sucedendo á súa sobriña María de Andrade, morta prematuramente. Xa fora rexente durante o mandato de María de Andrade pola minoría de idade desta.

O feito máis salientábel do seu mandato foi a revolta irmandiña.

Figueroa, Abegondo

San Miguel de Figueroa é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Ten unha extensión de 112 hectáreas e está a unha altitude media de 149 metros. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 204 habitantes (104 mulleres e 100 homes) distribuídos en oito entidades de poboación. Linda cara ao leste coa parroquia de Abegondo, ao oeste coa de Sarandós, ao sur coa de Montouto, todas do concello de Abegondo, e cara ao norte con Cañás, do concello de Carral.

A Torre de Figueroa é un castelo da parroquia que se construíu no século XII, propiedade do marquesado do mesmo nome, e que está protexido e declarado como ben de interese cultural. Figueroa contou co couto de Gundín, fóra dos seus lindes e en Vizoño, entre o século XVII e XVIII. A súa ribeira do Barcés está dentro do ZEC do encoro de Abegondo-Cecebre e ten a carballeira da Chousa declarada como de interese local.

O topónimo oficial Figueroa é unha deturpación de Figueiroa, que xorde do termo latino FĪCĀRĬŎLA (diminutivo de "figueira") entre o século X e o XI.

Friol

Friol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2015 tiña 3942 habitantes (4490 no 2006, 4533 no 2005, 4580 no 2004, 4646 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «friolés».

Paio Gómez de Soutomaior

Paio Gómez de Soutomaior, nado en Pontevedra e finado en Lantañón (Meis) en 1454, foi un nobre medieval galego, que viviu nos séculos XIV e XV.

Pardo de Cela

Pedro Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneira, coñecido como don Pedro Pardo de Cela, nado en Betanzos cara ao 1425 e executado en Mondoñedo o 3 de outubro de 1483, foi un mariscal galego medieval, decapitado diante da catedral mindoniense por mandato do gobernador do reino nomeado polos Reis Católicos.

Pedro Madruga

Pedro Álvarez de Soutomaior, alcumado Pedro Madruga, tal vez finado en Alba de Tormes en 1486, foi unha das figuras máis salientables do medievo galego, considerado hoxe o prototipo de cabaleiro feudal. De orixe bastarda, foi un home belicoso que chegou ao máis alto escalafón da liñaxe dos Soutomaior. Temido e admirado, os ecos dos seus feitos promoveron centos de estudos sobre a súa figura e mais o seu tempo. Foi un acérrimo inimigo de Alonso II de Fonseca e defensor dos dereitos sucesorios de Xoana a Beltranexa.

Pedro Sarmiento de Gamboa

Pedro Sarmiento de Gamboa, nado en Pontevedra en 1532 e falecido no Océano Atlántico, fronte a Lisboa, en 1592, foi un navegante e historiador galego.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Praza da Ferrería

A praza da Ferrería é un enclave da cidade de Pontevedra situado no límite da zona vella da cidade. Ten unha superficie duns 2.000 m².

Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 9.626 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salvaterrense».

Xosé Filgueira Valverde

Xosé Fernando Filgueira Valverde, nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finado na mesma vila o 13 de setembro de 1996, foi un historiador, arqueólogo, antropólogo e escritor polígrafo galego, de abundante produción literaria e humanística.

Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. Persoa de fonda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa nunha época na que as institucións que hoxe cumpren esa función non a cumprían ou non existían.

Adicóuselle o Día das Letras Galegas de 2015 polo seu traballo divulgativo a prol da lingua e da cultura galega. Trátase dunha figura que suscita controversia e ao mesmo tempo resulta un persoeiro fundamental no decorrer da cultura e literatura galegas ao longo do século XX.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.