Vascóns

Os vascóns (ou tamén en latín gens vasconum - pobo dos vascóns) foron un pobo da Idade Antiga cuxo territorio abranguía en tempos dos romanos dende o alto val do río Ebro e a vertente peninsular dos Pireneos occidentais, a rexión que se corresponde na época contemporánea coa práctica totalidade de Navarra e áreas do noroeste de Aragón e nordés de A Rioxa.[1]

Os vascóns, que alcanzaron un elevado grao de integración no mundo romano especialmente nas terras chairas, ribeiregas do río Ebro e nas áreas na contorna dos seus asentamentos de Pompaelo e Oiasso, poboaron a rexión máis norteña e montañosa, coñecida como o Vasconum Saltus, durante a crise económica e social que acompañou á descomposición do Imperium e a presión causada polas grandes migracións de pobos xermánicos e eslavos de comezos do século V, entrando posteriormente en conflito en diversas ocasións cos reinos dos visigodos e francos formados en ambas as dúas vertentes dos Pireneos.

Trala invasión musulmá da Península Ibérica a comezos do século VIII, que resultou na disolución da Hispania visigoda e a retirada parcial dos gobernadores francos ao norte de Aquitania, os descendentes vascóns, que adoptaran o cristianismo durante o baixo imperio, reorganizáronse cara ao século IX ao redor das entidades feudais do ducado de Vasconia, na área de Gascuña, e a do reino de Pamplona. A derradeira entidade daría orixe durante a Idade Media ao reino de Navarra.

Basque tribes
Localización da tribo dos vascóns.
·Vermello: Tribos preindoeuropeas
·Azul: Tribos celtas

Notas

  1. Autores clásícos, como Tito Livio citan a Calagurris, Cascantun e Grakurris como vasconas, aínda que pola súa situación fronteiriza, tamén puideron ser celtíberas en segundo que momentos.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Arce, Javier (1999). Antiqua, ed. "Vascones y romanos:las deformaciones de la historiografía antigua" (6). [1].
  • Azkarate, Agustín (2004). "Historia de Euskal Herria. Historia general de los vascos", Ed. Lur, Bilbao., ed. "Los Pirineos occidentales durante el periodo franco-visigótico". II, pp. 88-114.
  • Azkarate, Agustín (2004). Homenaje al Prof. Thilo Ulbert, Antigüedad y Cristianismo, Murcia, ed. "¿"Reihengräbelfelder" al sur de los Pirineos?". 22, pp. 389-413.
  • Bazán, Iñaki (2006). "De los tiempos oscuros al esplendor foral (ss. V al XVI)". De Túbal a Aitor, Historia de Vasconia. Madrid: La esfera de los libros. ISBN 84-9734-570-3.
  • Blázquez Martínez, José Mª (1966). IV Symposium de Prehistoria Peninsular (Pamplona, 1966). Institución Príncipe de Viana, 1966, pp. 177-205, ed. "Los vascos y sus vecinos en las fuentes literarias griegas y romanas de la Antigüedad". Biblioteca Virtual Cervantes [2].
  • Blázquez Martínez, José Mª (1968). Actas del III Congreso Español de Estudios Clásicos (Madrid 1966), Madrid 1968, 137-142., ed. "La cordillera cántabra, Vasconia y los Pirineos durante el Bajo Imperio". Biblioteca Virtual Cervantes [3].
  • Blázquez Martínez, José Mª (2004). Gerión, ed. "La romanización de los astures, cántabros y vascones en el Bajo Imperio. Estado de la cuestión." 22 (2). [4].
  • Canto, Alicia Mª (1997). Archivo Español de Arqueología, ed. "La Tierra del Toro: Ensayo de identificación de ciudades vasconas" (70, págs. 39-70). [5].
  • Cebrián, Juan Antonio (2004). La aventura de los godos. Madrid: La esfera de los libros. ISBN 84-9734-189-9.
  • Collins, Roger (2005). La España Visigoda, 409-711. Barcelona: Crítica. ISBN 84-8432-636-5.
  • Echegaray, J. González (1999). Fundación Marcelino Botín, ed. "Las guerras cántabras en las fuentes". pp 145-169 [6].
  • Fatás Cabeza, Guillermo (1972). Estudios de Deusto, ed. "Aproximación al estudio de la expansión vascona ss. II y I a. C." XX (46). pp 382-390.
  • García de Cortazar (1973). Historia de España Alfaguara. Alfaguara. ISBN 84-206-2040-8.
  • Gil Zubillaga, Eliseo (2006). "De bestias míticas y montañas infranqueables...(desde la prehistoria al final del mundo romano)". De Túbal a Aitor, Historia de Vasconia. Madrid: La esfera de los libros. ISBN 84-9734-570-3.
  • Gómez Fraile, José María (2001). Kalakorikos nº 6, ed. "Sobre la adscripción étnica de Calagurris y su entorno en las fuentes clásicas". [7].
  • Gorrochategui, Joaquín (1999). Antiqua, ed. "La romanización del País Vasco: Aspectos lingüísticos". [8].
  • Jimeno, Roldán (2003). Orígenes del Cristianismo en la tierra de los vascones. Pamplona: Pamiela. ISBN 84-7681-380-5.
  • Michelena, Luis (1961). Príncipe de Viana, ed. "Los nombres indígenas de la inscripción hispanoromana de Lerga (Navarra)" XXII (82-83). pág. 65-74.
  • de Moret, José. Anales del reino de Navarra. Tomo I, cap. II. Pamplona: Gobierno de Navarra, Institución Príncipe de Viana. edición anotada e índices S. Herreros Lopetegui. pp. 100-101.[9].
  • Pérez de Viñaspre, Gorka (2002). Vascones. Txalaparta. ISBN 9788481362367.
  • Sayas Abengoechea, Juan José (1985). Príncipe de Viana, ed. "Algunas consideraciones sobre la cristianización de los Vascones" XLVI (174). pp 35-56.
  • Schulten, Adolf (1927). Revista Internacional de los Estudios Vascos. RIEV, 18, 2., ed. "Las referencias sobre los Vascones hasta el año 810 después de J.C.". [10].
  • Ugalde, Miguel (2004). Nueva Síntesis de la Historia del País Vasco: Desde la Prehistoria hasta el gobierno de Garaikoetxea. San Sebastián: TTartalo. ISBN 84-8091-902-7.

Outros artigos

Ligazóns externas

15 de agosto

O 15 de agosto é o 227º día do ano do calendario gregoriano e o 228º nos anos bisestos. Quedan 138 días para finalizar o ano.

Batalla de Roncesvales

A batalla de Roncesvales tivo lugar o 15 de agosto de 778 (segundo outros autores, nalgunha data non identificada de 808), posiblemente en Luzaide, preto do desfiladeiro de Roncesvales dos Pireneos de Navarra, na que a retaguarda do exército de Carlomagno mandada por Roldán foi decimada nunha emboscada efectuada por vascóns, como tese máis probable. Ocorreu no contexto dos intentos de realizar na zona unha Marca Hispánica carolinxia, que no territorio pamplonés se logrou só durante 10 anos, do 806 ó 816.

Castela

Castela (en castelán: Castilla) é o nome dunha rexión histórica española que se corresponde con parte dos territorios pertencentes ao antigo Reino de Castela.

A primitiva Castela xurdiu durante as orixes da Reconquista na cabeceira do Ebro, ante o pulo de cántabros e vascóns. Dependendo dos autores e as épocas, considérase composto de territorios diferentes. A evolución histórica fai aínda máis imprecisos os seus compoñentes: o Reino de Castela foi nun primeiro momento un condado dependente do Reino de León, que finalmente se separou deste, e posteriormente formou parte, xunto a outros reinos, da Coroa de Castela.

Así, o nome de Castela empregouse na Baixa Idade Media para denominar á Coroa de Castela, o conxunto de todos os territorios dos monarcas da Coroa (por contraposición ao resto de reis hispánicos, os de Aragón, Navarra e Portugal).

Década de 580

A década de 580 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 580 e remata o 31 de decembro de 589.

Década de 770

A década de 770 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 770 e remata o 31 de decembro de 779.

Jaca

Jaca (en aragonés: Chaca) é unha cidade e municipio da provincia de Huesca, na Comunidade Autónoma de Aragón, capital da comarca da Jacetania. A súa poboación alcanzaba 13.193 habitantes no ano 2008.

Jaca é sé episcopal católica e etapa na vía aragonesa do Camiño de Santiago.

Leovixildo

Leovixildo, nado cara ao 525 e finado en Toledo o 21 de abril de 586, foi rei dos visigodos desde o ano 572 ata a súa morte, e rei de Galiza desde o 585.

Nepociano de Asturias

Nepociano, foi un comes palatii (conde de palacio) na corte do rei Afonso II en Oviedo, chegando a suceder a este efemeramente no ano 842. É citado nas crónicas como cognatus regis (cuñado do rei) ou en calquera caso, parente do rei, probablemente por vía materna xa que Afonso II tiña ascendencia materna vasca, e foron precisamente vascos e astures os principais valedores da causa de Nepociano.Á morte do rei Afonso II, e aproveitando a ausencia de Ramiro I, que segundo as crónicas afonsinas fora nomeado sucesor por Afonso II , ocupou o trono. Reuniu ás súas tropas compostas por asturianos e vascóns e tratou de opoñer ao exercito galego encabezado por Ramiro I. O encontro tivo lugar na localidade de Cornellana, xunto ao río Narcea, pero o exército de Nepociano finalmente foi derrotado.Segundo as crónicas posteriores, Nepociano foi capturado, cegado e encerrado nun convento de localización descoñecida.

Pamplona

Pamplona ou Iruña (en castelán: Pamplona, en éuscaro: Iruña, as dúas denominacións cooficiais; tamén en éuscaro: Iruñea) é un concello e unha cidade do norte de España, capital da Comunidade Foral de Navarra e tamén do histórico País Vasco. É sede arcebispal e etapa no Camiño de Santiago. A súa poboación é de 197.138 habitantes (INE 2017).

Pamplona foi fundada no 74 a.C. polo xeneral romano Pompeio sobre un poboado preexistente chamado Iruña ou Bengoda, converténdose nunha das poboacións máis importantes do territorio dos vascóns.

É coñecida internacionalmente polos Sanfermines, festas que se celebran entre o 6 e 14 de xullo e que están declaradas de interese turístico internacional.

Pobo vasco

O pobo vasco (en éuscaro: Euskaldunak) é un grupo étnico que habita na área tradicionamente coñecida como País Vasco (en éuscaro: Euskal Herria), localizada na zona oeste dos Pireneos e na costa do Golfo de Biscaia, na parte norte de España e o suroeste de Francia. Caracterízanse por ter uha lingua, unha cultura e uns devanceiros comúns, os vascóns e os aquitanos.

Recaredo

Recaredo I foi rei dos visigodos, fillo e sucesor de Leovixildo, reinou desde o 586 ao 601, ano da súa morte en Toledo. Irmán de Hermenexildo, foi asociado ao trono polo seu pai, o que levantou as protestas dos nobres visigodos, que viron nesta acción o intento de institucionalizar o herditarismo na monarquía visigoda caracterizada precisamente polo seu carácter electivo.

Casou por dúas veces: a súa primeira esposa chamábase Bauda (tamén aparece en escritos como Baddo) e a súa segunda esposa foi Clodosvinda, filla de Sixeberto I rei de Austrasia, con quen tivo ao futuro rei visigodo Suintila.

Combateu aos francos, aos bizantinos da Bética e aos vascóns, e houbo de sufocar varias revoltas dos nobres visigodos.

O feito máis destacado do seu reinado produciuse no 589, cando convocou o Terceiro Concilio de Toledo no que, xunto con varios nobres e dignatarios eclesiásticos, anatemizou dos erros do arianismo e converteuse ao catolicismo co seu pobo, tan só se produciu algunha revolta illada que foi facilmente sufocada.

Reino de Navarra

O Reino de Navarra (en éuscaro Nafarroako Erresuma) foi un dos reinos medievais de Europa situado en ambas as vertentes dos Pireneos occidentais pero co seu maior parte do territorio localizado no norte da Península Ibérica. Navarra mantivo a súa condición de reino ata 1841, data na que pasou a ser considerada "provincia foral" mediante a Lei Paccionada.

Roldán

Roldán, tamén chamado Roland e Orlando, (en francés, Roland; en fráncico, Hrōþiland; en catalán Rotllà; en éuscaro Errolan) foi un comandante histórico dos francos ao servizo da Marca Bretona. Morreu na batalla de Roncesvales a mans dos vascóns o 15 de agosto de 778. A súa vida foi motivo de lendas literarias, notablemente na materia de Francia. Segundo a lenda, Roldán era sobriño de Carlomagno como o suposto fillo da súa irmá, Gisela.

Roncesvales

Roncesvales (en éuscaro: Orreaga, en castelán: Roncesvalles, oficialmente Orreaga/Roncesvalles) é un concello na comunidade de Navarra. Esténdese por unha área de 15,1 km² onde no ano 2009 vivían 30 habitantes, 6 máis ca no ano 2007 cando eran 24. Encóntrase a 923 metros sobre o nivel do mar.

Tulga

Tulga, finado no ano 642, foi rei dos visigodos entre 640 e 642, sucedendo a seu pai Chintila.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.