Valverde de la Virgen

Coordenadas: 42°34′7″N 5°41′1″O / 42.56861, -5.68361 Valverde de la Virgen (en leonés, Valverde del Camín) é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 6.906 habitantes (INE 2011).

Localidades

  • La Aldea de la Valdoncina
  • Fresno del Camino
  • Montejos del Camino
  • Oncina de la Valdoncina
  • Robledo de la Valdoncina
  • San Miguel del Camino
  • Valverde de la Virgen
  • La Virgen del Camino

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Virxe do Camiño

A Virxe do Camiño é unha advocación da Virxe María, ligada a lugares de peregrinación.

Segundo a lenda, o 2 de xullo de 1505 a Virxe aparecéuselle a Alvar Simón Fernández, pastor de Velilla de la Reina (concello de Cimanes del Tejar, na provincia de León). En 1914 a Santa Sé nomeouna padroa da provincia de León.

Como topónimo pode referirse a:

A Virxe do Camiño, parroquia do concello de Pontevedra;

A Virxe do Camiño, lugar da parroquia de Muros, no concello de Muros;

A Virxe do Camiño, lugar da parroquia de Rebordáns, no concello de Tui.

Aeroporto de León

O Aeroporto de León é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado entre os concellos de San Andrés del Rabanedo e Valverde de la Virgen, 6 km ao oeste da cidade de León. É o aeroporto situado a máis altitude na península Ibérica (916,3 msnm).

En 2007 rexistrou o seu récord con 161 705 pasaxeiros e 7 328 operacións. Nos últimos anos as súas conexións víronse reducidas e en 2016 só rexistrou 1 814 operacións, cun total de 36 554 pasaxeiros.

Camiño Francés

O Camiño Francés ou Camiño Real é a ruta principal entre as distintas variantes que ofrecen os Camiños de Santiago. Recolle os peregrinos procedentes de Europa e percorre o norte da península desde Roncesvalles (Navarra) ou Somport (Huesca) ata Santiago de Compostela. No seu percorrido vai acollendo outras vías que conflúen nesta en diferentes puntos; esta imaxe de diferentes camiños confluíndo nun mesmo destino final quérese ver representada na figura da vieira como símbolo do Camiño.

Pode considerarse como o Camiño de Santiago por antonomasia por ser, con diferenza, a vía máis frecuentada dos diferentes Camiños: en 2016 foi a vía escollida por 176.329 peregrinos rexistrados pola Oficina do Peregrino (un 63,38% do total); en segundo lugar, moi lonxe, estaría o Camiño Portugués, cunhas porcentaxes do 16-18%.. Tamén é a vía mellor sinalizada e a que conta cun maior número de albergues ó longo do seu percorrido.

Como o resto dos Camiños, tivo numerosas ramificacións e rutas alternativas polas que os peregrinos buscaban achegarse ós distintos santuarios que existían ou se foron construíndo ó longo do Camiño ou, simplemente, optar por rutas máis seguras ou máis cómodas.

A Historia Compostelá, escrita pola contorna do bispo Diego Xelmírez a partir do ano 1109 recolle a primeira referencia documentada sobre o número de peregrinos que ían cara a Santiago. Relata o asombro do emir Alí ibn Yúsuf (1083-1143) cando, na súa viaxe a Galicia para falar coa raíña Urraca, observou a marea de peregrinos e preguntou:

O Camiño de Santiago Francés foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1993, ampliado ás rutas francesas en 1998. Tamén fora declarado o 23 de o utubro de 1987 "Primeiro Itinerario Cultural Europeo" polo Consello de Europa e está recoñecido como a Rúa Maior de Europa.

La Virgen del Camino

La Virgen del Camino é unha localidade do municipio de Valverde de la Virgen, na provincia de León. Atópase xunto ao arroio do Valle de la Virgen, a 920 metros de altitude. Debe o seu nome á aparición da Virxe do Camiño en 1505.

Nesta localidade atópanse o Aeroporto de León e o Aeródromo Militar de León, coa Academia Básica do Aire (Escola de Formación de Suboficiais do Exército do Aire).

A súa poboación era de 4.820 habitantes en 2011. A localidade está moi próxima á cidade de León, da que forma parte da súa alfoz.

Lista de aeroportos de España

Lista dos aeroportos de España.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

Pedro Nimo

Pedro Nimo del Oro, nado en Santiago de Compostela o 5 de xuño de 1980, é un atleta galego.

San Andrés del Rabanedo

San Andrés del Rabanedo é un municipio de Castela e León de 30.217 habitantes (2008) situado na provincia de León. É o terceiro municipio máis poboado da provincia tras León e Ponferrada.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.