Valongo, Cerdedo-Cotobade

Santo André de Valongo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 131 habitantes (58 homes e 73 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 159 habitantes. A parroquia inclúe os terreos da desaparecida parroquia de San Lourenzo da Escuadra.

Coordenadas: 42°26′11″N 08°27′31″O / 42.43639, -8.45861

Valongo
Valongo
Igrexa de Santo André de Valongo.
ConcelloCerdedo-Cotobade
Área9,3 km²
Poboación116 hab. (2017)
Densidade12,47 hab./km²
Entidades de poboación11

Patrimonio

Nesta parroquia está o Foxo da Conllosa, antigo foxo construído para a caza de lobos.

Festas

Nela celébrase a festa da filloa de Valongo.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Valongo, Cerdedo-Cotobade.
Amencer en Valongo, Cotobade

Amencer en Valongo.

Lugares e parroquias

Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Véxase tamén

Outros artigos

A Casanova, Valongo, Cerdedo-Cotobade

A Casanova é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres), o que supón unha diminución respecto ó ano 2005, cando tiña 9.

Neste lugar está o cruceiro da Casanova, e o peto de ánimas da Casanova, traído á súa actual localización por Dolores Suárez desde a Casa de Cregos de Calvos de Ceraxe. Tamén se atopa aquí o petróglifo de As Lagoas - Portoval.

A Cerdeiriña, Valongo, Cerdedo-Cotobade

A Cerdeiriña é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña cinco habitantes (tres homes e dúas mulleres), o mesmo número que o ano 2005.

As Penizas, Valongo, Cerdedo-Cotobade

As Penizas é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 11 habitantes (3 homes e 8 mulleres), o que supón unha diminución respecto ó ano 2005, cando tiña 14.

Chielas, Valongo, Cerdedo-Cotobade

Chielas é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 17 habitantes (9 homes e 8 mulleres), o que supón unha leve diminución con respecto ó ano 2005, cando tiña 18.

Neste lugar está o petróglifo de Chielas.[Cómpre referencia]

Festa da filloa de Valongo

A festa da filloa de Valongo é unha festa gastronómica que ten lugar en Valongo (Cerdedo-Cotobade) para exaltar a filloa. Celébrase desde 1979 o primeiro sábado de setembro, a véspera da romaría da Nosa Señora do Libramento.

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Filloa

A filloa é un produto gastronómico típico da sobremesa en Galicia coñecido tamén nalgunhas zonas como freixó ou marrucho .

É prato propio do entroido ou ben da época da mata do porco (San Martiño). Aquí a tradición acentúase na zona norte da provincia de Lugo e nalgunhas zonas da provincia de Ourense, pero polo xeral (no entroido) faise en moitas zonas de Galicia.

Galería de imaxes de Cerdedo-Cotobade

Galería de imaxes do concello Cerdedo-Cotobade na provincia de Pontevedra.

O Campo, Valongo, Cerdedo-Cotobade

O Campo é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 17 habitantes (8 homes e 9 mulleres), o que supón un leve aumento con respecto ó ano 2005, cando tiña 16.

O Campo da Ferreira, Valongo, Cerdedo-Cotobade

O Campo da Ferreira é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 contaba cun habitante, unha muller. Isto supón unha diminución respecto o ano 2005, cando tiña 4 habitantes.

Neste lugar está o petróglifo de Chan das Arcas.

O Igrexario, Valongo, Cerdedo-Cotobade

O Igrexario é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 23 habitantes (12 homes e 11 mulleres), os mesmos que no ano 2006.

Neste lugar está a igrexa parroquial, de mediados do século XIX, e a casa reitoral, feita con pedras do antigo pazo de Ceraxe. No adro da igrexa están o cruceiro do Igrexario e o peto de ánimas do Igrexario.

O Outeiro do Forno, Valongo, Cerdedo-Cotobade

O Outeiro do Forno é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 4 habitantes (2 homes e 2 mulleres), o que supón unha diminución respecto ó ano 2005, cando tiña 7.

O Quinteiro, Valongo, Cerdedo-Cotobade

O Quinteiro é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 12 habitantes (7 homes e 5 mulleres), o que supón unha diminución respecto ó ano 2005, cando tiña 15.

O Regueiro, Valongo, Cerdedo-Cotobade

O Regueiro é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 2 habitantes (dúas mulleres), unha menos que no ano 2005.

Rañas, Valongo, Cerdedo-Cotobade

Rañas é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 19 habitantes (5 homes e 14 mulleres), o que supón unha diminución respecto ó ano 2005, cando tiña 24.

Salustiano Portela Pazos

Salustiano Portela Pazos, nado en Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) o 6 de agosto de 1877 e finado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1976, foi un clérigo e historiador galego.

Xosé Cerviño García

Xosé Cerviño García, tamén coñecido como o Mestre Cerviño ou, máis popularmente, como Pepe da Pena nado en Aguasantas, Cerdedo-Cotobade, o 23 de maio de 1843 e falecido no mesmo concello o 4 de xaneiro de 1922, foi un canteiro e escultor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.