Valls

Valls é un municipio e cidade catalá, na provincia de Tarragona, capital da comarca do Alt Camp. Cunha poboación de 25.016 habitantes (INE 2011) representa máis da metade da poboación da comarca. Atópase na área coñecida como Camp de Tarragona xunto ao río Francolí, moi preto de Reus e de Tarragona, capital da provincia homónima.

É de moito interese a igrexa gótica de San Xoán, que se remonta ao século XVI e a Capela do Roser, cun mosaico de azulexos sobre a batalla de Lepanto do século XVII.

Esta cidade é berce dun típico manxar catalán de tempada chamado calçot, unhas cebolas doces e longas coas cales celébrase a calçotada, así como das tradicionais Vella i Joves Xiquets de Valls, as dúas collas castelleras, actividade orixinaria da rexión.

Coordenadas: 41°17′18″N 1°15′3″L / 41.28833, -1.25083

Valls
Coat of Arms of Valls
Ajuntament de Valls 6
Casa do concello
Localización
Valls en Cataluña

Valls
Valls
Valls en Provincia de Tarragona

Valls
Valls
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaTarragona
ComarcaAlt Camp
Xeografía
Altitude215 msnm
Superficie55,28 km²
Demografía
Poboación25.016 hab. (2011)
Densidade452,53 hab/km²
XentilicioVallenc, vallenca
Outros datos
Código postal43800
AlcaldeAlbert Batet Canadell (CiU)
www.valls.cat

Demografía

Evolución demográfica
1900 1920 1940 1960 1981 2000 2008
12.625 10.698 10.866 11.886 18.753 20.382 24.740

Festas

É típico de Valls els Tres Tombs (as Tres Voltas) que se celebran en xaneiro, para a festa de San Antonio Abad, unhas semanas antes da Calçotada. A festa maior celébrase para San Xoán. Ademais, os primeiros martes e mércores de agosto organízase a Firagost; festa maior do campo catalán. Cada dez anos celébranse as Decennals, en honra á Nai de Deus da Candea. e a diada "castellera" por ontonomasia, Santa Úrsula.

Cidades irmandadas

Véxase tamén

Ligazóns externas

2006

O Ano internacional dos desertos e a desertificación, pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

O Ano Mozart, conmemorando o 250 aniversario do nacemento do compositor austríaco Wolfgang Amadeus Mozart.

O Ano Tesla, celebrando o 150 aniversario do nacemento do mundialmente coñecido inventor, físico e enxeñeiro eléctrico, Nikola Tesla.

O Ano Rembrandt, celebrando o 400 aniversario do nacemento do maior pintor do século XVII nos Países Baixos, Rembrandt Harmenszoon van Rijn.

Ano da Memoria Histórica, con motivo do 75º aniversario da proclamación da Segunda República Española, en recoñecemento de tódalas vítimas da guerra civil española e da represión franquista.

Alt Camp

O Alt Camp (literalmente Alto Campo) é unha comarca da provincia de Tarragona, en Cataluña. A súa capital é Valls, que está no centro da comarca. En 2009 tiña 45.001 habitantes.

A comarca limita ao norte coa Conca de Barberà, ao nordeste con Anoia, ao leste co Alt Penedès e o Baix Penedès, ao sur co Tarragonès e ao oeste co Baix Camp. É unha das tres comarcas nas que quedou dividido o Camp de Tarragona na división comarcal de 1936 proposta por Pau Vila.

O Alt Camp é eminentemente agrícola e a industria está moi concentrada na contorna de Valls, reforzada pola proximidade do complexo petroquímico do Tarragonès.

Alt Urgell

O Alt Urgell é unha comarca da provincia de Lleida, en Cataluña. Está situada nos Pireneos e a súa capital é la Seu d'Urgell. En 2009 tiña 22.037 habitantes.

A comarca limita ao norte con Andorra, ao leste coa Cerdanya, o Berguedà e o Solsonès, ao oeste co Pallars Jussà e o Pallars Sobirà, e ao suroeste coa Noguera.

Arturo Valls

Arturo Valls Mollá, nado en Valencia o 24 de marzo de 1975, é un actor e presentador de televisión español.

Consello Xeral de Andorra

O Consello Xeral de Andorra (en catalán: Consell General d'Andorra) é o parlamento unicameral de Andorra, coñecido tamén polo nome histórico de Consell General de les Valls. De acordo coa constitución andorrana de 1993, a poboación nacional e as sete parroquias teñen representación mixta e paritaria no parlamento. O Consell General exerce a potestade lexislativa segundo a doutrina de separación de poderes.

A súa sede histórica foi, tanto na época constitucional como na anterior, a Casa de la Vall. Na sexta lexislatura entrou en funcionamento a nova sede.

Emmanuel Macron

Emmanuel Jean-Michel Frédéric Macron ([emanɥɛl makʁɔ]), nado en Amiens o 21 de decembro de 1977 é un político francés, alto funcionario público e ex-banqueiro de investimentos. Está diplomado en filosofía pola universidade de Nanterre de París e completou un mestrado en asuntos públicos no Instituto de Estudos Políticos de París. Graduouse na Escola Nacional da Administración en 2004 e traballou como inspector de facenda na Inspección Xeral de Finanzas antes de converterse en banqueiro de investimento en Rothschild & Cie.

Membro do Partido Socialista (PS) entre 2006 e 2009 foi designado secretario xeral adxunto no primeiro goberno de François Hollande en 2012. En 2014 foi nomeado ministro de economía, industria e asuntos dixitais no segundo goberno Valls, no que promoveu reformas a favor das empresas. Renunciou en agosto de 2016 para presentarse ás eleccións presidenciais francesas de 2017. En novembro de 2016 anunciou que se presentaría ás eleccións co partido centrista En Marche! que que fundou en abril de 2016. Gañou a primeira volta das eleccións presidenciais, pasando á segunda volta na que se enfrontou a Marine Le Pen o 7 de maio de 2017. Co 65,5 % dos votos estimados converteuse en presidente da república Francesa.

Estación de Camp de Tarragona

Camp de Tarragona é a estación dos trens de alta velocidade de Tarragona, que ten só vías de ancho internacional (1435 mm), e está incluída dentro da rede de estacións de Adif. É unha estación pasante de trens situada entre as localidades de Perafort e La Secuita, preto de Tarragona, Reus e Valls. O nome proven da antiga comarca do Camp de Tarragona, que hoxe en día está fragmentada en tres.

Esta dispon de 8 vías de ancho internacional, 4 de elas sen andens para trens sen parada na estación que actualmente só usan os AVE directos Madrid-Barcelona ou semidirectos Madrid-Zaragoza-Barcelona.

Estación de Sant Vicenç de Calders

Sant Vicenç de Calders é unha estación de ferrocarril localizada no barrio homónimo de El Vendrell, na provincia de Tarragona. A estación está na confluencia das liñas Barcelona-Vilafranca-Tarragona e Barcelona-Vilanova-Valls.

Igrexa de Vall

A igrexa de Vall (sueco: Valls kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Vall, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

L'Argentera

L'Argentera é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Baix Camp.

Luis Pérez-Sala

Luís Pérez-Sala Valls-Taberner, nado en Barcelona o 15 de maio de 1959, é un ex piloto catalán de carreiras que competiu en Fórmula 1, Fórmula 3, Fórmula 3000 e Touring Cars. Tamén foi o director do equipo de HRT F1 Team durante a tempada 2012 de Fórmula Un.

Manuel Valls

Manuel Carlos Valls Galfetti, nado en Barcelona o 13 de agosto de 1962, é un político francés de orixe española, coñecido como Manuel Valls. Foi Primeiro ministro de Francia do 31 de marzo de 2014 ao 6 de decembro de 2016, cargo ao que accedeu investido polo presidente François Hollande tras a dimisión do socialista Jean-Marc Ayrault.

Foi alcalde de Évry de 2001 a 2012 e deputado na Asemblea Nacional de Francia por Essonne de 2002 a 2012 e desde 2017. Foi Ministro de Interior de Francia, Alcalde de Évry e Conselleiro rexional da Illa de Francia. Dimitiu como Primeiro ministro de Francia para presentarse ás primarias socialistas para as eleccións presidenciais de 2017.

Provincia de Tarragona

A provincia de Tarragona é a provincia máis meridional das catro con que conta a Comunidade Autónoma de Cataluña. A súa capital é a cidade homónima de Tarragona. Ten unha superficie de 6.283,8 km² e a súa poboación era de 704.907 habitantes (2005), dos cales case o 20 % vivían na capital provincial.

As cidades de Tarragona (121.076 habs.), e Reus (94.407 habs.), son as únicas da provincia que superan os 50.000 habitantes.

Sagunt

Sagunt (en valenciano: Sagunt, en castelán: Sagunto, historicamente coñecida como Morvedre) é unha cidade do País Valenciano situada no norte da provincia de Valencia, sendo a máis importante da comarca do Camp de Morvedre.

A cidade ten dous núcleos principais: o casco histórico ou Sagunt-Cidade, situado ao pé do castelo e do teatro romano, e o Porto de Sagunt, a 5 quilómetros do casco histórico. O término municipal ten máis de 62.702 habitantes (INE 2006) repartidos entre estes 5 quilómetros que separan a praia do antigo castelo romano, vivindo a maioría de eles (preto de 35.000) no Porto.

Santa Eulària des Riu

Santa Eulària des Riu é un concello situado na zona oriental da illa de Eivisa, no arquipélago das Illas Baleares. É o segundo concello máis poboado da illa con 34.946 habitantes (2012), por detrás da vila de Eivisa.

Santiago Calatrava

Santiago Calatrava Valls, nado en Valencia o 28 de xullo de 1951, é un arquitecto español. A súa oficina atópase na cidade de Zúric, Suíza.

Utiel

Utiel é un concello español da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, situado nun altiplano, a beiras do río Magre, na comarca de Requena-Utiel, ao oeste da provincia, cerca do límite coa provincia de Cuenca, Castela-A Mancha. Ten 12.421 habitantes segundo o INE en 2010.

É un importante nó de comunicacións; sitúase á beira da autovía A-3, Madrid-Valencia. Posúe estación de ferrocarril desde finais do século XIX, liña Madrid-Cuenca-Valencia e proximidades Utiel-Valencia, N-330 Alacant a Francia por Zaragoza e unha rede de estradas locais e comarcais, dous polígonos industriais e un parque empresarial.

Verdum

Verdum, ou Verdun, é un barrio do distrito de Nou Barris da cidade de Barcelona. Con forma de triángulo, está delimitado polas rúas Artesania, Via Júlia e Via Favència/Ronda de Dalt.

Dúas grandes promocións de edificios deron orixe ao barrio: os Habitatges del Governador, construídos entre 1952 i 1955, de baixa calidade e só 20 metros cadrados cada un, e o polígono da Obra Sindical del Hogar, entidade promotora que tamén edificou o barrio da Trinitat Nova.

Moitas destas vivendas foron reconstruídas posteriormente, nun esforzo do Concello por rehabilitar o barrio. Abriuse a praza de Joan Riera, construíuse un aparcadoiro subterráneo na praza de Francesc Layret, remodelouse a praza Verdum e algunhas rúas convertéronse en zonas para viandantes, como os de Joaquim Valls e Casals e Cuberó.

A denominación Verdum que se lle deu ao barrio provén da cidade francesa de Verdún onde tivo lugar a histórica batalla de Verdún da primeira guerra mundial, e foi en 1919 cando o Concello deu ese nome ao paseo de Verdum.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.