Vallibria

Vallibria foi un semanario literario de Mondoñedo fundado por Xosé Trapero Pardo en 1930 e que apareceu ata 1940. Contou como colaboradores con xente como o crego Celestino Cabarcos, José Rodríguez Fernández, Eduardo Lence-Santar, Aquilino Iglesia Alvariño, Antonio Noriega Varela, José Díaz Jácome, Francisco Fernández del Riego e Álvaro Cunqueiro.

Vallibria foi a primeira publicación onde escribiu Álvaro Cunqueiro e onde apareceu un texto literario en galego en Galicia durante a Guerra Civil española, o 25 de xullo de 1936, durante toda a contenda continuaron a aparecer nela textos galegos inseridos, as máis das veces, nun ton de exaltación do bando franquista.

Antonio Maseda Bouso

Antonio Maseda Bouso, nado en Rego dos Cas (Mondoñedo) en 1893 e finado en Madrid o 19 de decembro de 1989, foi un avogado, xornalista e político galego.

Antonio Noriega Varela

Antonio Noriega Varela, nado en Mondoñedo o 19 de outubro de 1869 e finado en Viveiro o 27 de marzo de 1947, foi un mestre, xornalista e poeta galego de ideoloxía tradicional-católica.

Basílica de San Martiño de Mondoñedo

Non confundir coa Catedral de Mondoñedo.A basílica de San Martiño de Mondoñedo é un templo de orixe prerrománica situado na Mariña Lucense, sé do bispado de Mondoñedo durante moitos anos, que se atopa en bo estado de conservación. Atópase na parroquia de San Martiño de Mondoñedo, concello de Foz, no norte da provincia de Lugo. Na actualidade, amais de estar aberta ó culto, alberga no seu interior un museo.Está considerada como a catedral máis antiga de España, xa que no século IX foi sé de dous bispados do Reino de Galicia, un trasladado desde Dumio, no distrito de Braga (Portugal), e outro trasladado desde Bretoña, na provincia de Lugo.O edificio actual é románico de finais do século XI e os recios contrafortes son obra do século XVIII. Desde o ano 1931 está catalogada como BIC e no 2007 obtivo a categoría de basílica.Ó lado da basílica está a fonte da Zapata, segundo a lenda neste lugar o bispo San Gonzalo tirou unha zapatilla e abrollou auga, auga que se considera que ten propiedades milagreiras.

Blanca Calvo Moraza

Blanca Calvo Moraza, finada en Ourense o 31 de decembro de 1939, foi unha mestra, xornalista e escritora galega.

Carlos Polo López-Berdeal

Carlos Polo López-Berdeal, nado en Mondoñedo en 1905 e finado en Ferrol o 31 de maio de 1975, foi un sacerdote e escritor galego.

Celestino Cabarcos

Celestino Cabarcos Suárez, nado na Laxe (O Valadouro) o 14 de maio de 1883 e finado o 9 de xaneiro de 1961, foi un sacerdote e escritor galego.

Eduardo Lence-Santar

Eduardo Lence-Santar Guitián, nado en Mondoñedo o 16 de xullo de 1879 e finado na mesma vila o 14 de xaneiro de 1960, foi un escritor e xornalista galego.

Francisco Leal Insua

Francisco Leal Insua, nado en Viveiro o 10 de maio de 1910 e finado en Madrid o 12 de xullo de 1997, foi un escritor e xornalista galego.

José Cigarrán Cotilla

José Cigarrán Cotilla, finado en Mondoñedo en outubro de 1930, foi un avogado e político galego.

José María Pardo Montenegro Menéndez Valledor

José María Pardo Montenegro Menéndez Valledor, finado en Mondoñedo o 30 de setembro de 1867, foi un avogado e político galego.

Manuel Rico Prieto

Manuel Rico Prieto, nado en Mondoñedo o 12 de xaneiro de 1889 e finado na mesma vila o 18 de outubro de 1964, foi un relixioso e escritor galego.

Mondoñedo

Mondoñedo (do latín mindunietum, medieval) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.991 habitantes, cunha densidade de poboación de 28 hab./km². O seu xentilicio é «mindoniense».

Mondoñedo ten sé episcopal compartida con Ferrol. O bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol reside alternativamente nunha e noutra cidade.

Severiano Aguiar Moirón

Severiano Aguiar Moirón, finado en maio de 1934, foi un agrarista galego.

Xente de aquí e de acolá

Xente de aquí e de acolá é un libro de relatos de Álvaro Cunqueiro publicado por Galaxia en 1971. A 3ª edición de Galaxia foi patrocinada pola Caixa de Aforros de Galicia en 1981. En 2011 Galaxia reeditouno na Biblioteca Álvaro Cunqueiro.

Xosé Díaz Jácome

Xosé Díaz Jácome, nado en Mondoñedo o 19 de abril de 1910 e finado na Coruña o 6 de setembro de 1998, foi un xornalista e escritor galego.

Xosé María Díaz Castro

Xosé María Díaz Castro, nado no lugar do Vilariño (Os Vilares, Guitiriz) o 19 de febreiro de 1914 e finado en Lugo o 2 de outubro de 1990, foi un poeta e tradutor galego. O 4 de novembro de 1973 foi nomeado correspondente da RAG e o instituto de Guitiriz IES Poeta Díaz Castro leva o seu nome.

A Real Academia Galega decidiu adicarlle, coincidindo co centenario do autor, o Día das Letras Galegas do ano 2014. Os outros escritores propostos foron Ricardo Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde, Fiz Vergara Vilariño e Ramón de Valenzuela.

Xosé Trapero Pardo

Xosé Trapero Pardo, nado en Castro de Rei o 29 de setembro de 1900 e finado en Lugo o 10 de outubro de 1995, foi un escritor e xornalista galego.

Álvaro Cunqueiro

Álvaro Patricio Cunqueiro Mora-Montenegro (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e de toda a literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965. Investírono doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1980 e recibiu o Pedrón de Ouro no mesmo ano. Tamén en 1980 apareceu o I volume da súa Obra completa, e postumamente os volumes II (1982) e III (1983). En 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ao longo da súa vida chegou a usar os seguintes pseudónimos: Al Farish ibn Iaquim Al Galizi, Álvaro Labrada, Ariel García, Benito Moirón, Carlos Sobrado, Cristóbal Xordán, M. Mª Seoane, Manuel da Fonte, Mark Tapley, Patricio Mindonio, Patricio Mor, X. Berenguer, Xusto Cabarcos, Filón o Mozo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.