Valladolid

Valladolid é unha cidade española situada no cuadrante noroeste da península ibérica, no centro de Castela e León, na confluencia dos ríos Pisuerga e Esgueva. É a capital da provincia de Valladolid e sede das Cortes e da Xunta de Castela e León. Así mesmo foi sede da corte castelá e posteriormente, entre 1601 e 1606, capital do Imperio Español. Actualmente é a décimo terceira cidade máis grande de España.

Coordenadas: 41°38′0″N 4°43′0″O / 41.63333, -4.71667

Valladolid
Bandera valladolid
Valladolid-COA
[[Ficheiro:|Panorámica de Valladolid|280px]]
Casa Consistorial e monumento ao Conde Ansúrez Pasarela do Museo da Ciencia
Ponte da Hispanidad Claustro do Colexio de San Gregorio; Valladolid
Localización
Valladolid en España

Valladolid
Valladolid
Valladolid en Castela e León

Valladolid
Valladolid
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela e León Castela e León
ProvinciaValladolid
ComarcaCampiña del Pisuerga
Xeografía
Altitude698 msnm
Superficie197,5 km²
Demografía
Poboación301.876 hab. (2016)
Densidade1.525,32 hab./km²
XentilicioValisoletano/a[1]
Outros datos
Código postal47001–47016
AlcaldeÓscar Puente Santiago (PSOE)
ava.es

Xeografía

Valladolid está situada no centro da Submeseta setentrional, cunha altura media de 698 m, e hidrograficamente encóntrase emprazada na cunca do Douro. O relevo valisoletano está conformado por unha chaira, interrompida por pequenas series de outeiros, como o Cerro de San Cristóbal, a poucos quilómetros da capital. As coordenadas da cidade son 41°38′ N e 4°43′ O.

Hidrografía

Valladolid áchase na confluencia do río Pisuerga e o Esgueva, que xunto coa Canle de Castela e máis a Canle do Douro completan a rede hidrográfica da cidade.

O Pisuerga ofrece na actualidade diversas opcións de ocio e cultura. A embarcación La Leyenda del Pisuerga permite admirar e gozar da natureza sen se mover do centro da capital. Trátase dun barco de 25 metros de eslora e 6 de calado. A súa saída realízase desde a Estación de Embarque (Parque de las Moreras) río abaixo ata a localidade de Arroyo de la Encomienda, podendo, durante a navegación, observar de preto a flora e a fauna da cunca do Pisuerga.

Ademais, Valladolid dispón dunha praia fluvial artificial, a Playa de las Moreras, que permite tomar o sol en pleno centro e incluso darse un baño no propio Pisuerga.

Demografía

Posuía unha poboación de 319.943 habitantes (INE, 2006).

Nos últimos anos a cidade de Valladolid perdeu poboación en favor da súa área periurbana, onde proliferan novas zonas residenciais. Esta área metropolitana ten 400.110 habitantes, sendo a 19ª de España en poboación. O encarecemento da vivenda na capital, a falla dunha política adecuada de planeamento urbano e, o acrecentamento dos problemas asociados ao tráfico rodado, provocaron cambios residenciais de carácter centrífugo:

Evolución demográfica de Valladolid desde 1842
Fonte: INE[2]

Nota: Nos censos de 1857 e 1960 increméntase o término da cidade xa que incorpora a La Overuela e Puente Duero, respectivamente.

Evolución da poboación de: Valladolid desde 1991 ata 2006
1991 1996 2001 2004 2005 2006
330.700 319.805 316.580 321.713 321.001 319.943

Clima

Clima Valladolid (España)
Climograma de Valladolid

O clima de Valladolid é de tipo mediterráneo continental. O vello proverbio castelán "Nueve meses de invierno y tres de infierno", descríbeo con perfección. As temperaturas son frescas, cunha media anual de 12,3 °C; nos invernos son frecuentes as xeadas (61 días de xeo/ano, como media) e as nevadas, aínda que as nevadas fortes sexan raras, por mor da situación xeográfica da cidade. Os veráns son en xeral cálidos e secos, con temperaturas máximas de arredor de 30 °C, mais con mínimas frescas de abondo. Os récords de temperaturas son 48,2 °C , rexistrada o 15 de agosto de 2003, e -11,5 °C o 14 de febreiro de 1983. No observatorio de Villanubla as temperaturas son aínda máis baixas. As precipitacións, bastante raras, converten a zona de Valladolid na máis árida Meseta Norte, pero distribúense de xeito abondo regular ao longo do ano, sendo os meses máis secos marzo e os estivais. A media anual de insolación é de 2.534 horas, con 71 días de chuvia.

Observatorio de Valladolid
1971-2000 xan feb marz abr mai xuñ xull agost set out nov dec TOTAL
Temp. máxima (°C) 8,3 11,4 15,0 16,3 20,5 25,9 30,4 29,8 25,7 18,8 12,6 8,8 18,6
Temp. mínima (°C) 0,0 0,9 2,3 4,0 7,2 10,7 13,3 13,6 10,9 6,9 2,9 1,3 6,2
Precipitacións (mm) 40 32 23 44 47 33 16 18 31 42 51 56 435

Historia

Idade Media

Mi ciudad
Vista de Valladolid

No século XI, durante a repoboación da Meseta Norte, o rei de León Afonso VI, encomendou ao conde de Saldaña e Carrión, Pedro Ansúrez, o seu poboamento. Ata que Afonso VI outorga o señorío da mesma a Pedro Ansúrez, en 1072, non se produce o medramento da cidade. Ansúrez fixo construír un pazo para él e a súa esposa, Eylo, que non se conserva. Tamén edificou a Colexiata de Santa María (que lle conferíu rango de vila) e a igrexa de Santa María la Antigua. En 1208 Afonso VIII faina cidade cortesá.

CondeAnsurez
Pedro Ansúrez

Logo da morte temperá de Henrique I de Castela e a abdicación de súa mai, Fernando III o Santo obtén, en 1217, o reino de Castela, en acto realizado na praza maior de Valladolid. Durante os séculos XII e XIII, Valladolid sufriu un rápido crecemento, favorecido polos privilexios comerciais outorgados polos monarcas Afonso VIII e Afonso X o Sabio. Dona María de Molina, raíña e rexente de Castela durante 30 anos, arredor do 1300, estabelece alí a súa residencia, engrandecéndoa notabelmente. En 1346 o papa Clemente VI outorga a bula que permite a creación da Universidade.
Durante estes séculos, a cidade foi, ocasionalmente, residencia real e sede das Cortes.

O 19 de outubro de 1469 Isabel de Castela e Fernando de Aragón (que sería Fernando II de Aragón) celebran matrimonio, en segredo, no Palacio dos Vivero (sito no actual emprazamento da Chancelaría).

on 1489 estabelécese definitivamente o tribunal da Chancelaría de Valladolid e, en 1500, o da Inquisición, dando lugar á celebración de Autos de Fe.

Idade Moderna

En 1506 falece en Valladolid Cristovo Colón, sendo aquí enterrado, no mosteiro de San Francisco.
Durante un tempo, a cidade perde os seus privilexios, retirados polo rei Carlos I, en represalia pola adhesión de Valladolid ao levantamento dos Comuneiros, que se lle opuxeran. Máis tarde, porén, Valladolid converteuse nunha das capitais do Imperio español de Carlos, cobrando grande importancia política, xudicial e financeira.

O 21 de maio de 1527 naceu o futuro Filipe II no Pazo Pimentel. En 1561 a cidade foi arrasada por un vasto incendio, tras o cal Filipe II comprometeuse a reconstruír a cidade, dotándoa da primeira Praza Maior regular de España (modelo de outras máis coñecidas, como a de Madrid, de 1617, ou Salamanca, de 1729). A súa decisión de fixar a corte real en Madrid, no só deixou unha catedral a medio construír, senón que supuxo unha época de decadencia, da que a cidade no comezou a recobrar ata o século XIX. O 10 de xaneiro de 1601, a instancias do valido de Filipe III, o Duque de Lerma, foi trasladada novamente a corte a Valladolid, mais volveuse mudar o 6 de abril de 1606. Entre tanto, naceu o príncipe Filipe (8 de abril de 1605), futuro Filipe IV e súa irmá, Ana de Austria, futura raíña de Francia e mai de Luís XIV. Neste curto período de sede real, Cervantes publicou a súa primeira edición do Quixote (pero en Madrid), en 1604, mentres vivía aquí; tamén residiron en Valladolid, nestes anos, Quevedo e Góngora.

Século XIX

O 31 de maio de 1808 foi o dous de maio. A insurrección desperta a preocupación do marechal de Bessières. Como consecuencia, prepárase a batalla de Cabezón, que se producirá o 12 de xullo, con a derrota absoluta e retirada en desbandada do exército dirixido por García de la Cuesta, reunido en condicións precarias. A cidade foi finalmente liberada polo exército mandado por Wellington en xullo de 1812.

A chegada do ferrocarril a Valladolid, supuxo un grande impulso, marcando a dirección de crecemento da cidade. Durante este século a urbe non medra notabelmente, pero a súa estrutura interna mudo, abríndose novas rúas, prazas e xardíns, como o de Poniente, refórmase o Campo Grande, encánase e desvíase o río Esgueva, o que supón a fin das cheas na cidade. O 22 de outubro de 1887 foi inaugurada a iluminación eléctrica pública en Valladolid.

Bases fuera
Valladolid nos primeiros anos da democracia

Século XX

A poboación recibiu a instauración da Segunda República en 1931. O 4 de marzo de 1934, a fusión de Falange Española (o partido de José Antonio Primo de Rivera) e as JONS (de Onésimo Redondo) levouse a cabo nun acto celebrado no Teatro Calderón da cidade.

Despois do Alzamento nacional do 18 de xullo de 1936, Valladolid quedou en mans dos militares rebeldes, bando no que permanecerá ata o final da guerra en 1939. Durante a guerra a cidade foi bombardeada pola aviación republicana o 19 de xaneiro de 1938. Dous días máis tarde, os franquistas responderon con un violento raid sobre Barcelona, que produciu 150 mortos e 500 feridos entre a poboación civil.

Logo da prostración dos primeiros anos da posguerra, desde os anos 50, Valladolid experimenta un importante cambio debido á instalación de industrias automobilísticas (como FASA - Renault) e de outros sectores (Endasa, Nicas).

Educación

Valladolid ten dúas universidades:

  • Universidade de Valladolid, fundada no século XII, é unha das máis antigas de España e de grande prestixio. É unha universidade pública que presenta distintas facultades e campus, repartidos pola cidade. Ademais dispón de campus noutras 3 provincias de Castela e León: Palencia, Soria e Segovia.

Os seus máis de 30.000 alumnos repártense en 25 centros, atendidos por máis de 2.000 profesores e 1.000 "PAS" (Personal de Administración e Servizos).

Ofrece, ademais dos 25 centros, dunha serie de edificios administrativos, como por exemplo o Palacio de Santa Cruz, onde se sitúa o reitorado ou a Casa do Estudante, onde están o resto de servizos administrativos. O CTI (Centro de Tecnologías de la Información) albérgase no edificio da Residencia Universitaria Alfonso VIII, ao lado da Facultade de Ciencias.

  • Universidade Europea Miguel de Cervantes, é unha universidade privada de recente creación.

Na actualidade ofrece 11 titulacións que se imparten en catro facultades:

  • Facultade de Ciencias Humanas e da Información.
  • Facultade de Ciencias Xurídicas e Económicas.
  • Facultade de Ciencias da Saúde.
  • Escola Politécnica Superior.

Patrimonio

Museos

  • O Museo Nacional de Escultura, de relevancia internacional, está en plena ampliación (proceso que inclúe a restauración do histórico Colexio de San Gregorio, a Casa del Sol, a igrexa de San Benito el Viejo e o Palacio de Villena, este último xa aberto). Entre outros tesouros contén o Retablo de San Benito el Real de Valladolid, obra magna realizada por Alonso Berruguete á súa volta de Italia.
  • No interior da Catedral de Valladolid, proxectada por Juan de Herrera, pero que foi continuada por outros arquitectos como Alberto Churriguera, e aínda inacabada, sitúase o Museo Diocesano e Catedralicio de Valladolid, inaugurado en 1965. A iniciativa é debida ao entón Arcebispo de Valladolid, José García Goldáraz, que seleccionou esculturas, pinturas, ourivería, marfís, ornamentos e outras obras procedentes na súa maioría do tesouro catedralicio e de parroquias extintas da Diocese.
  • No Museo Arqueolóxico de Valladolid (praza de Fabio Nelli) atópanse varias seccións: de arqueoloxía provincial (que alberga mosaicos romanos encontrados na cidade), de belas artes (século XIII a XIX) e de historia da cidade. Existe un proxecto de reforma e ampliación do museo.
Museo de la ciencia valladolid2
Museo da Ciencia, na orela do Pisuerga
  • Museo da Ciencia,
  • Museo Oriental, sito no Convento dos Agostiños Filipinos, edificio de estilo neoclásico, é obra de Ventura Rodríguez. Iniciado en 1759, terminouse en 1930 coa beizón do templo. O Museo Oriental foi fundado en 1908.Recolle unha extraordinaria colección de arte chinesa e filipina desde o século II a.C. ao século XIX. Constitúe unha das máis grandes coleccións de arte oriental que poden ser admiradas en Europa, e sen dúbida, a máis completa de España. Esta grande colección de arte sitúase nesta cidade debido a dúas razóns, Valladolid era a sede central dos Agostiños Filipinos de España, e a segunda, que ao tempo era onde se formaban os futuros misioneiros; por ambos dous motivos traíanse moitos materiais orientais.
  • Museo Fundación Cristóbal Gabarrón ofrece a posibilidade de coñecer de primeira man a traxectoria do artista que lle da nome a través dunha coidada selección retrospectiva: a Colección Gabarrón.
  • MAVA –Museo de arte de vanguardia-. Responde á decisión de crear en Valladolid un fondo de arte contemporánea internacional. representativo das diversas tendencias artísticas das últimas décadas.
  • O Museo Patio Herreriano de Arte Contemporánea Española, referencia importante na difusión da arte contemporánea, desde a súa fundación e inauguración polos Reis en xuño de 2002.
  • O Museo de San Xoaquín e Santa Ana, no que se poden contemplar varias obras de Goya, un Cristo xacente de Gregorio Fernández, e unha importante colección de tecidos e roupas realizadas pola comunidade cisterciense desde o ano 1767.
  • Museo Anatómico de Pío del Río Ortega. Nel poden admirarse pezas de anatomía humana naturais e artificiais, esqueletos de cranios de animais, así como instrumentos e aparellos relacionados con a medicina.
  • Museo de Ciencias Naturais. Ten 5.102 pezas distribuídas por unhas quince salas, conformadas con criterios esencialmente científicos e pedagóxicos. Hai coleccións de Ciencias naturais, Botánica, Zooloxía e Xeoloxía.
  • Museo da Academia de Cabalaría. Creado a partir de 1976, mercé a iniciativa de varios profesores da Academia. Exhíbense pinturas, como o impresionante cadro da Batalla de Treviño, debido a Víctor Morelli, ou o retrato ecuestre de Afonso XIII, pintado por Román Novarro. Tamén podemos contemplar armas brancas e de fogo, pinturas, miniaturas militares, uniformes, monturas etc.
  • MUVA-Museo da Universidade de Valladolid. A colección permanente mostra múltiples obxectos relacionados con a Historia da Universidade valisoletana e co seu rico patrimonio móbel e documentar, tales como códices, instrumental oftalmolóxico e anatómico, monetarios romanos e outras valiosas mostras arqueolóxicas, obxectos relixiosos, bulas e autorizacións para a impartición de estudos superiores etc., e máis unha mostra da pinacoteca da Universidade de Valladolid.
  • IOBA-Museo de Oftalmoloxía Doctor Saracíbar. O museo de Oftalmoloxía do IOBA (Instituto Universitario de Oftalmología Aplicada) da Universidade de Valladolid foi creado en 1995 e leva o nome do Dr. José María Saracíbar, oftalmólogo valisoletano que doou grande parte do material exposto. Reúne materiais diversos de Oftalmoloxía desde fins do séculoo XIX.
  • Museo de Santa Isabel. Expón diversas obras de arte, destacando dous lenzos de Diego Valentín Díaz, a Inmaculada de Felipe Gil de Mena e máis pinturas de mediados do século XVII.

Casas Museo

Pódense visitar 3 casas museo:

  • A Casa-Museo de Cervantes. Está sita no edificio que ocupou o escritor durante a súa estada en Valladolid, entre os anos 1604 e 1606, que coincidiu coa publicación da primeira edición de El Quijote, en 1605. No seu interior tentouse recrear o ambiente que puido respirar o escritor nunha casa discretamente decorada, consonte as posibilidades dun fidalgo español do século XVII.
  • A casa de Zorrilla. Sitúase na casa natal do poeta nacido o 21 de febreiro de 1817, e onde transcorreu a súa primeira infancia; así como a súa estadía esporádica noutras etapas da súa vida, como a que coincide co seu regreso de México en 1866.
  • A Casa-Museo de Colón. Está situada na Calle de Colón, e foi erguida en 1968, en lembranza do Almirante do Mar Océano, para albergar un museo dedicado na súa memoria.

Lugares emblemáticos

Fachada de la iglesia conventual de San Pablo (Valladolid)
Igrexa de San Pablo
  • Igrexa de Santa María La Antigua.
  • Igrexa de San Benito.
  • Igrexa de San Pablo .
  • Antigo Colexio de Teoloxía de San Gregorio.
  • Praza Maior.
  • Catedral.
  • Teatro Calderón.
  • Edificio Histórico da Universidade.
  • Palacio de Santa Cruz.
  • Palacio Real.
  • Igrexa Penitencial de Nosa Señora das Angustias.
  • Igrexa Penitencial de Nosa Señora da Vera Cruz.
  • Palacio de Villena.
  • Palacio do Conde de Gondomar (Casa do Sol).
  • Igrexa de San Benito el Viejo.
  • Calle Duque de la Victoria.
  • Real Chancelaría de Valladolid

Acontecementos culturais e festivos

  • Anualmente celébrase a SEMINCI ou Semana Internacional de Cine de Valladolid, a finais de outubro, considerado o segundo festival de cine máis importante de España, tras o Festival Internacional de Cine de Donostia.
  • Festas Patronais de San Pedro Regalado, conmemórase en plena primavera -13 de maio-, sendo o evento taurino a principal atracción.
  • Feira e Festas de Nosa Señora de San Lourenzo, é o acontecemento festivo máis importante e popular.
  • Semana do Renacemento, durante o mes de maio celébrase na Praza Maior un mercado renacentista, con a recreación de sabores, olores e personalidades do Valladolid do século XVI. Estes días represéntase polas rúas A Ruta do Herexe, popularizada despois da publicación da novela de Miguel Delibes, mentres os restaurantes ofrecen menús rescatados do século XVI e actualizados por restauradores valisoletanos
  • Semama Santa. Neses días, se non chove, as dezanove confrarías valisoletanas desfilan polo casco histórico da cidade. A historia da Semana Santa en Valladolid remonta ao 16 de marzo de 1948, aínda que anteriormente houbo procesións no interior dos conventos, onde naceron as confrarías máis antigas. A calidade da tallas fixo que a Semana Santa valisoletana fose declarada de Interese Turístico Internacional. Pódense nesas xornadas admirar tallas de Juan de Juni, Gregorio Fernández, Pedro de Ávila ou Andrés de Solanes.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Valisoletano.
  2. INEbase. Variaciones intercensales. Alteraciones dos municipios nos censos de población desde 1842. En línea: http://www.ine.es/intercensal/ Consultado 17-06-2011. Cando disponse do dato de poboación tomase a cifra máis alta.
Aranda de Duero

Aranda de Duero é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León), pertencente á comarca da Ribera del Duero. Atópase situada ao sur da provincia. Conta cunha poboación de 33.257 habitantes (INE 2013), sendo unha das cidades máis poboadas da provincia, xunto a Burgos e Miranda de Ebro.

No plano económico é especialmente coñecida pola calidade dos seus viños D.O. Ribera del Duero. Nun radio duns 95 km atópanse as cidades de Burgos, Palencia e Valladolid. En Aranda de Duero celébrase anualmente o festival de música Sonorama.

CB Valladolid

O Club Baloncesto Valladolid S.A.D. foi un club de baloncesto profesional da cidade de Valladolid, Castela e León (España). Foi fundado o 31 de agosto de 1976 e desapareceu no ano 2015 debido a problemas financieiros. Foi o herdeiro do A.D.C. Castilla, e sendo Gonzalo Gonzalo o seu primeiro presidente. Inmediatamente despois da súa desaparición creouse o CB Ciudad de Valladolid para reemprazalo.

Castela e León

Castela e León (en castelán: Castilla y León, en leonés: Castiella y Llión) é unha comunidade autónoma constituída en 1983, cuxo territorio se sitúa na parte centro-norte do territorio español. Limita ó oeste con Galicia e Portugal; ó norte con Asturias, Cantabria, País Vasco e A Rioxa; ó leste con Aragón; e ó sur con Estremadura, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha.

Forman esta comunidade nove provincias: Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora; sendo a comunidade autónoma española con máis provincias. É a rexión máis extensa de Europa.

Club de Rugby El Salvador

O Club de Rugby El Salvador, denominado SilverStorm El Salvador por razóns de patrocinio, é un equipo español de rugby, fundado en 1960 na cidade de Valladolid. Vixente campión de liga e copa, o seu palmarés é un dos máis salientables a nivel nacional, con 8 títulos de liga e 7 de copa entre outros.

As cores clásicas do equipo son o negro e o branco, e os seus seareiros son coñecidos polo alcume de Chamizos.

É moi salientable a rivalidade que o Club de Rugby El Salvador mantén con outro equipo da cidade pucelana, o Valladolid Rugby Asociación Club (VRAC). Ámbolos dous equipos disputan os seus encontros como locais nos Campos de Pepe Rojo, unhas instalacións municipais inauguradas en 1981 con capacidade para acoller a 2500 persoas sentadas nas bancadas. Entre as tempadas 1997/98 e 2017/18 os dous equipos de Valladolid gañaron 15 das 21 ligas en xogo, e 11 das 21 copas en xogo, e teñen achegado a ducias dos seus xogadores á selección española, velaí a súa relevancia.

Copa Ibérica de rugby

A Copa Ibérica (en portugués Taça Ibérica) é un torneo oficial de rugby que disputan cada ano os campións das ligas española e portuguesa.

Filipe IV de España

Filipe IV de España, nado en Valladolid o 8 de abril de 1605 e finado en Madrid o 17 de setembro de 1665, denominado O Grande ou O Rei Planeta, foi rei de España desde o 31 de marzo de 1621 até o seu falecemento; así mesmo foi rei de Portugal, como Filipe III até o 1 de decembro de 1640. O seu reinado de 44 anos e 170 días foi o máis longo da casa dos Austria e o terceiro da historia española, sendo superado só por Filipe V e Afonso XIII, aínda que os primeiros dezaseis anos do reinado deste último foron baixo rexencia.

Durante a primeira etapa do seu reinado compartiu a responsabilidade dos asuntos de Estado con Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares, quen realizou unha enérxica política exterior que buscaba manter a hexemonía española en Europa. Trala caída de Olivares, encargouse persoalmente dos asuntos de goberno, axudado por cortesáns moi influentes, como Luis Méndez de Haro, sobriño de Olivares, e o duque de Medina das Torres.

Os exitosos primeiros anos do seu reinado auguraron a restauración da preeminencia universal dos Habsburgo, pero a guerra constante da Europa protestante e a católica Francia contra España conduciron ao declive e ruína da Monarquía Hispánica, que tivo de ceder a hexemonía en Europa á puxante Francia de Luís XIV, así como recoñecer a independencia de Portugal e das Provincias Unidas.

Gregorio Fernández

Gregorio Fernández, nado en Sarria cara a 1576 e falecido en Valladolid o 22 de xaneiro de 1636, foi un escultor galego, considerado pola crítica como o máximo expoñente da Escola de Valladolid. Nesa cidade formou un importante obradoiro con varios aprendices e colaboradores. Traballou por todo o norte de España: Castela e León, Estremadura, Galiza, Asturias e o País Vasco, chegando mesmo até o Portugal setentrional. É citado ás veces como Gregorio Hernández, mais esta é unha forma castelanizada do seu apelido, que hoxe é moi raro ver en tratados e obras referidas ao mundo artístico.

Gómez García

Gómez García foi un trobador castelán, abade de Valladolid e notario de Sancho IV de Castela. É autor de 2 textos: 1 cantiga de amigo e 1 cantiga de amor.

Media distancia Renfe

Media Distancia Renfe é un servizo de transporte de pasaxeiros por ferrocarril fornecido por Renfe Operadora. Cobre distancias medias, comprendidas entre as de Longa Distancia e as de Proximidades.

Desde o ano 2006 está baixo a responsabilidade da Dirección Xeral Servizos de Proximidade e Media Distancia, heredeira da extinta Unidade de Negocio de Media Distancia, anteriormente denominada Rexionais, nome polo cal aínda se lle coñece popularmente.

Medina del Campo

Medina del Campo é unha vila española de orixe prerromana situada na comunidade Autónoma de Castela e León, na provincia de Valladolid.

Sitúase no suroeste da provincia de Valladolid, de cuxa capital dista 46,6 km. Medina del Campo atópase a 727 msnm, a beiras do río Zapardiel. O seu termo municipal esténdese sobre 153 km², onde se destacan outros tres núcleos urbanos: Gomeznarro, Rodilana e unha parte da urbanización das Salinas, que é compartida con outro municipio.

En 2007 Medina del Campo contaba con 21.256 habitantes censados, sendo o terceiro municipio da provincia en poboación, tras Valladolid e Laguna de Duero.

Provincia de León

León (en leonés: Llión) é unha provincia española pertencente á comunidade autónoma de Castela e León. Está situada no Noroeste da Península Ibérica e a súa capital é a cidade homónima de León. Limita ao norte co Principado de Asturias e Cantabria, ao oeste con Galiza (coas provincias de Ourense e de Lugo), ao sur coas provincias de Zamora e de Valladolid, e ao leste coa provincia de Palencia.

Ten unha superficie de 15.581 km². Posuía unha poboación de 495.902 habitantes (INE 2005). A súa densidade era de 31,82 hab/km².

Lugar de paso entre importantes zonas da Península Ibérica, percorren a provincia leonesa dúas grandes rutas históricas: de Sur a Norte a Vía da Prata, e de Leste a Oeste o Camiño de Santiago.

Ademais do español, nalgunhas zonas de León fálanse outras linguas:

Leonés, lingua romance, derivada do latín, e unha das máis antigamente documentadas na Península Ibérica, e que está recoñecida polo estatuto castelán e leonés aínda que non goza de oficialidade e continúa a ser falada na provincia, especialmente en zonas setentrionais da provincia, con especial vividez na comarca de Laciana, no Bierzo e na Cabreira.

Galego, falado no Bierzo. Este idioma románico está recoñecido oficialmente no Estatuto de Autonomía de Castela e León pero sen status de oficialidade, en cuxo artigo 4º indícase que "gozarán de respecto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen". A pesar disto a aplicación práctica necesitou da defensa popular para facelo efectivo.

Provincia de Palencia

A provincia de Palencia é unha das que conforman a Comunidade Autónoma de Castela e León, e está situada ao norte da submeseta setentrional, entre Cantabria ao norte, a provincia de Burgos ao leste, a de Valladolid ao sur e León ao oeste. Ten unha extensión territorial de 8.029 Km2.

A súa poboación é de 173.409 habitantes segundo o censo de 2005, en enorme regresión, se temos en conta que en 1960 contaba con 237.426.

Provincia de Salamanca

Salamanca é unha provincia española, situada no suroeste da Comunidade Autónoma de Castela e León.

A súa capital é a cidade de Salamanca. Limita ao norte coa provincia de Zamora, ao nordeste coa de Valladolid, ao leste coa provincia de Ávila, ao sur coa de Cáceres e polo oeste confina con Portugal.

A súa supeficie é de 12.336 km², o que a converte na terceira provincia de Castela e León, despois de León e Burgos.

Consonte con datos do (INE 2005), a provincia conta con 352.414 habitantes, dos cales 160.331 (un 45%) vive na capital.

Provincia de Valladolid

A provincia de Valladolid está situada na Comunidade Autónoma de Castela e León, con capital na cidade homónima. Ten unha poboación de 513.712 habitantes (2005), repartidos entre 255 concellos, que abranxen unha superfície de 8.202 km². Limita ao norte co provincia de Palencia, polo leste con Burgos, polo sueste con Segovia, polo suroeste con Salamanca, polo oeste con Zamora, e polo noroeste con León.

A provincia de Valladolid posúe un pequeno enclave, Roales, entre a linde das provincias de León e Zamora.

Real Valladolid

O Real Valladolid Club de Fútbol S.A.D., coñecido como Real Valladolid, é un club de fútbol español da cidade de Valladolid. Foi fundado o 20 de xuño de 1928 e xoga actualmente na Liga Santander.

É o club de fútbol máis importante de Castela e León por palmarés e historia, cun total de 41 tempadas en Primeira División, 30 en Segunda e 9 en Terceira. Historicamente, é o 13º equipo na Clasificación histórica da Primeira división.Conta no seu palmarés cun único trofeo de gran relevancia, a Copa da Liga de 1983-84. Foi subcampión da Copa do Rei en dúas ocasións, e participou nunha edición da Recopa e en dous da Copa da UEFA.

Segunda división española de fútbol

A Segunda División de España, oficialmente La Liga 2 e coñecida como La Liga SmartBank por razóns de patrocinio, é a segunda categoría da Liga española de fútbol, inmediatamente inferior á Primeira División e por riba da Segunda División B.

En xogo dende a tempada 1928-1929, está organizada pola Liga de Fútbol Profesional, sendo unha das dúas ligas profesionais de fútbol existentes no Estado xunto coa Primeira.

Universidade de Valladolid

A Universidade de Valladolid (UVa) é unha universidade pública española, existente xa no século XIII e na actualidade encargada da ensinanza de estudos superiores en sete campus distribuídos por catro cidades de Castela e León: Valladolid, Palencia, Soria e Segovia.

Valladolid Rugby Asociación Club

O Valladolid Rugby Asociación Club ou VRAC (denominado VRAC Quesos Entrepinares por razóns de patrocinio) é un club deportivo adicado ó rugby que foi fundado no ano 1986 na cidade de Valladolid, e que leva competindo na División de Honra dende a tempada 1991/92.

O equipo xoga os seus encontros como local no estadio Pepe Rojo da capital castelán leonesa, que ten capacidade para acoller a 2.500 persoas. Comparte estas instalacións co seu principal rival deportivo, o Club de Rugby El Salvador.

Por mor do seu tradicional patrocinador, unha empresa local adicada á fabricación de queixos, o equipo e mais os seareiros deste club son chamados "queseros".

Villazala

Villazala é un concello da provincia de León na comunidade de Castela e León. Esténdese por unha área de 45.42 km² onde no ano 2009 vivían 844 habitantes. Sitúase a 41 km de León, 142 km de Valladolid, 310 km de Madrid.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.