Valga

Valga é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2014 era de 6.050 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valgués, valguesa».

Coordenadas: 42°41′21″N 08°38′53″O / 42.68917, -8.64806

Valga
Bandeira de Valga
---
Escudo de Valga
Valga, concello 01-02
Casa do Concello.
Situacion Valga
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Caldas
Poboación5.927 hab. (2018)
Área40,6 km²
Densidade145,99 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias
Capital do concelloPonte Valga
Política (2019[2])
AlcaldeJosé María Bello Maneiro (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 3
Outros: Valga-Viva1
Eleccións municipais en Valga
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes85,70%
Na rede
http://www.valga.gal/
concello.valga@eidolocal.es

Poboación

Censo total 2014 6.050 habitantes
Menores de 15 anos 823 (13.60 %)
Entre 15 e 64 anos 3.996 (66.05 %)
Maiores de 65 anos 1.261 (20.84 %)

Localización

Valga atópase na beira esquerda do curso baixo do río Ulla; está cruzado pola autoestrada AP-9, o camiño de ferro da Coruña a Vigo, a N-550 da Coruña a Pontevedra e a C-550 de Fisterra a Tui.

A parte norte ocúpaa o amplo val do Ulla, ao que verten os ríos Louro e Valga, que transcorren paralelos parte do seu percorrido. Cara o sur hai dous montes, o monte Xiabre (cos 372 m do monte Fontebecha) e o monte Xesteiras (cos 352 m do monte Lomba, os 365 m do monte da Salgueira e os 221 m do monte do Gorgullón). As vías de comunicación circulan na depresión entre estas dúas unidades.

As temperaturas son suaves, cunha media de 13 °C. Chove bastante, até chegar aos 1.700 mm. anuais.

Historia

Durante a idade Media o territorio era señorío do arcebispo de Santiago de Compostela e dividíase entre Cordeiro e Padrón.

O 27 de abril de 1809, durante a Guerra de Independencia española tivo lugar a Batalla de Casal do Eirigo. Nela os voluntarios do lugar, dirixidos por Pablo Morillo e polo presbítero Felipe Concha fixeron retroceder até Pontecesures as tropas de Ney e Maucunne. Parece que con tal ocasión foi construída a ermida de Nosa Señora da Saúde.

O concello xurdiu da división municipal de 1821, levando o nome de Cordeiro até 1836. En 1925 segregouse a parroquia de San Xulián de Requeixo, dando lugar ao actual concello de Pontecesures.

Patrimonio

Petróglifos da Pedra das Serpes - Valga
Pedra das Serpes, ou petróglifo de Campo Redondo.

O petróglifo dos Penoucos de Campo Redondo, na parroquia de Valga, data da Idade de Bronce, e está declarado Ben de Interese Cultural. Da cultura castrexa son os poboados do Castro e a Roda do Castro (Setecoros) e O Castro (Cordeiro).

A capela dos Martores data do século V, sendo ampliada no XVII. A igrexa de Santa María de Xanza e a de Santa Cristina de Campaña son románicas. A igrexa vella de Santa Comba de Louro foi derrubada no século XVIII.

Dada a orografía do territorio, abundan os miradoiros, como o de Chan do Monte en Setecoros, o de Campo Redondo e o miradoiro do monte Xesteiras.

Valga celebra o 31 de agosto a Festa da anguía e a Mostra da Caña do País.

Valga na literatura popular

Rosalía de Castro escribiu o seguinte:

Vexo Valga á beira hermosa/ dun camiño todo prata,/ casta virxe candorosa,/ sentadiña en chan de rosa,/ vestidiña de escalrata.
Cantigueiro
  • Véxote no Milladoiro,/ no Faramelo, en Padrón,/ e astra pola Ponte Valga/ te vexo no corazón [5].

Asociacións culturais e deportivas

O concello de Valga conta con diferentes asociacións culturais, como a Banda de Música Municipal de Valga, a Escola de Música Municipal de Valga[6], a Escola Municipal de Teatro e a Asociación Cultural e Xuvenil A Eira[7], entre outras moitas.

O Furia Athlétic Club é un equipo de fútbol localizado na parroquia de Santa Cristina de Campaña.[8]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Valga.
Valga, concello 01-06b

Placa altimétrica.

Lugares de Valga

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Valga vexa: Lugares de Valga.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Valga". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. O Milladoiro é lugar da parroquia de Biduído, concello de Ames; O Faramello non está en Padrón senón que é lugar da parroquia de Ribasar, no concello de Rois; Ponte Valga é lugar da parroquia e concello de Valga. No texto: hastra
  6. "Escola de Música Municipal de Valga". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2014. Consultado o 04 de decembro de 2014.
  7. Asociación Cultural e Xuvenil A Eira
  8. Furia Athletic Club

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Bela Otero

Agustina del Carmen Otero Iglesias, máis coñecida como a Bela Otero ou Carolina Otero, nada na parroquia de San Miguel de Valga do concello pontevedrés de Valga o 4 de novembro de 1868 e finada en Niza o 12 de abril de 1965, foi unha célebre actriz e bailarina de orixe galega afincada en Francia e un dos personaxes máis destacados da Belle Époque francesa nos círculos artísticos e na vida galante de París.

A Valga, Visantoña, Mesía

A Valga é un lugar da parroquia de Visantoña no concello coruñés de Mesía na comarca de Ordes. Tiña 10 habitantes no ano 2016 segundo datos do INE dos cales 4 eran homes e 6 eran mulleres.

Campaña, Valga

Santa Cristina de Campaña é unha parroquia que se localiza no concello de Valga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 999 habitantes (498 homes e 501 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 975 habitantes.

Comarca de Caldas

A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

Condado de Valga

O Condado de Valga (en estoniano Valga maakond ou Valgamaa) é o nome dun dos quince condados nos que está dividida administrativamente Estonia. Está situado na parte meridional do país e limita co Condado de Põlva e o Condado de Võru ao leste, con Letonia ao sur e ao oeste, e co Condado de Viljandi e o Condado de Tartu ao norte. A súa capital é Valga).

Cordeiro, Valga

Santa Comba de Cordeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Valga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.166 habitantes (1020 homes e 1146 mulleres), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2327 habitantes.

Está situada ao pé do monte Louro, na estribación das cordilleiras de Xiabre e Xesteiras.

Eirexe

O topónimo galego Eirexe pode referirse a:

Eirexe, lugar da parroquia de Carmoega, no concello de Agolada;

Eirexe, lugar da parroquia de Santa Locaia de Parga, no concello de Guitiriz;

Eirexe, lugar da parroquia de Barcia, no concello de Lalín;

Eirexe, lugar da parroquia de Castro de Cabras, no concello de Lalín;

Eirexe, lugar da parroquia de Santiso, no concello de Lalín;

Eirexe, lugar da parroquia de Soutolongo, no concello de Lalín;

Eirexe, lugar da parroquia de Folladela, no concello de Melide;

Eirexe, lugar da parroquia de Xubial, no concello de Melide;

Eirexe, lugar da parroquia de Vilamarín, no concello de Monforte de Lemos;

Eirexe, lugar da parroquia de Bonxe, no concello de Outeiro de Rei;

Eirexe, lugar da parroquia de Covelo, no concello de Palas de Rei;

Eirexe, lugar da parroquia de Vilar de Ortelle, no concello de Pantón;

Eirexe, lugar da parroquia de Gondel, no concello de Pol;

Eirexe, lugar da parroquia de Milleirós, no concello de Pol;

Eirexe, lugar da parroquia de Vilaxuste, no concello de Portomarín;

Eirexe, lugar da parroquia de Santiso, no concello de Santiso;

Eirexe, lugar da parroquia de Serantes, no concello de Santiso;

Eirexe, lugar da parroquia de Abuíme, no concello do Saviñao;

Eirexe, lugar da parroquia de Louredo, no concello do Saviñao;

Eirexe, lugar da parroquia de Marrube, no concello do Saviñao;

Eirexe, lugar da parroquia de Mourelos, no concello do Saviñao;

Eirexe, lugar da parroquia de Chapa, no concello de Silleda;

Eirexe, lugar da parroquia de Graba, no concello de Silleda;

Eirexe, lugar da parroquia de Moalde, no concello de Silleda;

Eirexe, lugar da parroquia de Parada, no concello de Silleda;

Eirexe, lugar da parroquia de Rellas, no concello de Silleda;

Eirexe, lugar da parroquia de Taboada, no concello de Silleda;

Eirexe, lugar da parroquia de San Martiño de Oleiros, no concello de Toques;

Eirexe, lugar da parroquia de Vilouriz, no concello de Toques;

Eirexe, lugar da parroquia de Arnego, no concello de Vila de Cruces;

Eirexe, lugar da parroquia de Oirós, no concello de Vila de Cruces;

A Eirexe, lugar da parroquia da Baíña, no concello de Agolada;

A Eirexe, lugar da parroquia de Berredo, no concello de Agolada;

A Eirexe, lugar da parroquia de Brántega, no concello de Agolada;

A Eirexe, lugar da parroquia de Ventosa, no concello de Agolada;

A Eirexe, lugar da parroquia de Vilariño, no concello de Agolada;

A Eirexe, lugar da parroquia de Facha, no concello de Antas de Ulla;

A Eirexe, lugar da parroquia de Olveda, no concello de Antas de Ulla;

A Eirexe, lugar da parroquia de San Martín de Neira de Rei, no concello de Baralla;

A Eirexe, lugar da parroquia de Donalbai, no concello de Begonte;

A Eirexe, lugar da parroquia de Felmil, no concello de Begonte;

A Eirexe, lugar da parroquia de Boqueixón, no concello de Boqueixón;

A Eirexe, lugar da parroquia de Gastrar, no concello de Boqueixón;

A Eirexe, lugar da parroquia de Lamas, no concello de Boqueixón;

A Eirexe, lugar da parroquia de Loureda, no concello de Boqueixón;

A Eirexe, lugar da parroquia de Oural, no concello de Boqueixón;

A Eirexe, lugar da parroquia de Pousada, no concello de Boqueixón;

A Eirexe, lugar da parroquia de Sergude, no concello de Boqueixón;

A Eirexe, lugar da parroquia de Aguada, no concello de Carballedo;

A Eirexe, lugar da parroquia de Castro, no concello de Carballedo;

A Eirexe, lugar da parroquia de Covelas, no concello de Castroverde;

A Eirexe, lugar da parroquia de Páramo, no concello de Castroverde;

A Eirexe, lugar da parroquia de Uriz, no concello de Castroverde;

A Eirexe, lugar da parroquia de Caroi, no concello de Cerdedo-Cotobade;

A Eirexe, lugar da parroquia de Camporramiro, no concello de Chantada;

A Eirexe, lugar da parroquia de Líncora, no concello de Chantada;

A Eirexe, lugar da parroquia de Merlán, no concello de Chantada;

A Eirexe, lugar da parroquia de Nogueira de Miño, no concello de Chantada;

A Eirexe, lugar da parroquia de Sabadelle, no concello de Chantada;

A Eirexe, lugar da parroquia de Santa Uxía de Asma, no concello de Chantada;

A Eirexe, lugar da parroquia de Vilaúxe, no concello de Chantada;

A Eirexe, lugar da parroquia do Alto, no concello do Corgo;

A Eirexe, lugar da parroquia de Guimarei, no concello de Friol;

A Eirexe, lugar da parroquia de Narla, no concello de Friol;

A Eirexe, lugar da parroquia de Silvela, no concello de Friol;

A Eirexe, lugar da parroquia de Xiá, no concello de Friol;

A Eirexe, lugar da parroquia de San Breixo de Parga, no concello de Guitiriz;

A Eirexe, lugar da parroquia de Entrambasaugas, no concello de Guntín;

A Eirexe, lugar da parroquia de Monte de Meda, no concello de Guntín;

A Eirexe, lugar da parroquia de Navallos, no concello de Guntín;

A Eirexe, lugar da parroquia de Pradeda, no concello de Guntín;

A Eirexe, lugar da parroquia de Sirvián, no concello de Guntín;

A Eirexe, lugar da parroquia de Prado, no concello de Lalín;

A Eirexe, lugar da parroquia de Bande, no concello de Láncara;

A Eirexe, lugar da parroquia de Cedrón, no concello de Láncara;

A Eirexe, lugar da parroquia de Lama, no concello de Láncara;

A Eirexe, lugar da parroquia de Muro, no concello de Láncara;

A Eirexe, lugar da parroquia de Río, no concello de Láncara;

A Eirexe, lugar da parroquia de Toirán, no concello de Láncara;

A Eirexe, lugar da parroquia de Toldaos, no concello de Láncara;

A Eirexe, lugar da parroquia de Trasliste, no concello de Láncara;

A Eirexe, lugar da parroquia de Vilouzán, no concello de Láncara;

A Eirexe, lugar da parroquia de Dena, no concello de Meaño;

A Eirexe, lugar da parroquia de Abeancos, no concello de Melide;

A Eirexe, lugar da parroquia de Santalla de Agrón, no concello de Melide;

A Eirexe, lugar da parroquia de Distriz, no concello de Monforte de Lemos;

A Eirexe, lugar da parroquia de Gullade, no concello de Monforte de Lemos;

A Eirexe, lugar da parroquia de Piñeira, no concello de Monforte de Lemos;

A Eirexe, lugar da parroquia de San Xillao de Tor, no concello de Monforte de Lemos;

A Eirexe, lugar da parroquia de Seoane, no concello de Monforte de Lemos;

A Eirexe, lugar da parroquia de Tor, no concello de Monforte de Lemos;

A Eirexe, lugar da parroquia de Pereira, no concello de Ordes;

A Eirexe, lugar da parroquia de Cabana, no concello de Palas de Rei;

A Eirexe, lugar da parroquia de Castro, no concello de Paradela;

A Eirexe, lugar da parroquia de Ferreiros, no concello de Paradela;

A Eirexe, lugar da parroquia de San Vicente de Paradela, no concello de Paradela;

A Eirexe, lugar da parroquia de Vilaragunte, no concello de Paradela;

A Eirexe, lugar da parroquia de Moscán, no concello do Páramo;

A Eirexe, lugar da parroquia de Torcela, no concello de Piñor;

A Eirexe, lugar da parroquia de Canedo, no concello da Pobra do Brollón;

A Eirexe, lugar da parroquia de Caborrecelle, no concello de Portomarín;

A Eirexe, lugar da parroquia de Cortapezas, no concello de Portomarín;

A Eirexe, lugar da parroquia de Recelle, no concello de Portomarín;

A Eirexe, lugar da parroquia de Vilaxuste, no concello de Portomarín;

A Eirexe, lugar da parroquia de Pedroso, no concello de Rodeiro;

A Eirexe, lugar da parroquia de Cea, no concello de San Cristovo de Cea;

A Eirexe, lugar da parroquia de Verdía, no concello de Santiago de Compostela;

A Eirexe, lugar da parroquia de Reiriz, no concello do Saviñao;

A Eirexe, lugar da parroquia de Tordoia, no concello de Tordoia;

A Eirexe, lugar da parroquia de Andeade, no concello de Touro;

A Eirexe, lugar da parroquia de Fao, no concello de Touro;

A Eirexe, lugar da parroquia de Foxás, no concello de Touro;

A Eirexe, lugar da parroquia de Loxo, no concello de Touro;

A Eirexe, lugar da parroquia de Campaña, no concello de Valga;

A Eirexe, lugar da parroquia de Setecoros, no concello de Valga;

A Eirexe, lugar da parroquia de Valga, no concello de Valga;

A Eirexe, lugar da parroquia de Xanza, no concello de Valga;

Eleccións municipais en Valga

Corporacións democráticas en Valga desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Albino Ferreirós Gil — UCD

1983 Alcalde: Albino Ferreirós Gil — CP

1987 Alcalde: Albino Ferreirós Gil — AP

1991 Alcalde: José María Bello Maneiro — IV

1995 Alcalde: José María Bello Maneiro — IV

1999 Alcalde: José María Bello Maneiro — PPdeG

2003 Alcalde: José María Bello Maneiro — PPdeG

2007 Alcalde: José María Bello Maneiro — PPdeG

2011 Alcalde: José María Bello Maneiro — PPdeG

2015 Alcalde: José María Bello Maneiro — PPdeGCandidaturas: José María Bello Maneiro (PP) e María Ferreiros Magariños (PSdeG-PSOE).

Estacas, Cuntis

San Fiz de Estacas é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cuntis. Segundo o IGE en 2011 tiña 352 habitantes (191 mulleres e 161 homes), 154 menos ca en 1986. Limita cos concellos de Caldas de Reis e Valga.

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

José Isorna

José Manuel Isorna Ferreirós, nado en Barcia (Cordeiro, Valga) en 1921 e finado o 26 de abril de 2016, foi un frade galego.

Padrón

Padrón (do latín petra, deriva de petronem< petram)[Cómpre referencia], é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca do Sar. Segundo o INE en 2015 tiña 8.643 habitantes (8.985 no 2010, 9.016 no 2006, 9.035 no 2005, 9.070 no 2004, 9.136 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «padronés» ou «iriense».

Provincia de Pontevedra

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Rois

Rois é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2018) tiña 4564 habitantes (4995 no 2009, 5105 no 2006, 5149 no 2005, 5122 no 2004, 5137 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é roisense.

Río Ulla

O río Ulla é un curso fluvial galego pertencente á vertente atlántica.

Setecoros, Valga

San Salvador de Setecoros é unha parroquia que se localiza no concello de Valga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 766 habitantes (381 homes e 385 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 882 habitantes.

Valga, Valga

San Miguel de Valga é unha parroquia que se localiza no concello de Valga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.079 habitantes (555 mulleres e 524 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.112 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 1.145 habitantes, sendo 563 homes e 582 mulleres.

Xanza, Valga

Este artigo é sobre unha parroquia, para a herba véxase xanzá.

Santa María de Xanza é unha parroquia que se localiza no concello de Valga. Segundo o IGE en 2009 tiña 1.007 habitantes (516 mulleres e 491 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 992 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 974 habitantes, sendo 481 homes e 493 mulleres.

Xesús Ferro Couselo

Xesús Ferro Couselo, nado en Cordeiro (Valga) o 30 de xullo de 1906 e finado en Ourense o 23 de abril de 1975, foi un historiador e investigador galego. En 1996 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.