Valenza, Coristanco

San Pedro de Valenza é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 479 habitantes (249 homes e 230 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 505 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 391 habitantes, sendo 197 homes e 194 mulleres.

Coordenadas: 43°11′48.3″N 8°48′24.2″O / 43.196750, -8.806722

Valenza
Igrexa de Valenza
San Pedro de Valenza
ConcelloCoristanco
Poboación391 hab. (2014)
Entidades de poboación9

Toponimia

Valenza pode estar relacionado coa forma valentia derivada do verbo latino valere (valer,ser forte), por referencias a fortes ou fortalezas antigas. Bustelo, de bustelludiminutivo de bustu(busto funerario,tumba ou lugar onde se queimaban os cadáveres), debeu chegar a significar pastadoiro de gando ou pequena extensión de terra destinada a pasto de gando. Castrobó, alusión a un recinto fortificado clara, indicando na segunda parte a condición da súa calidade e bondade, tamén indicaría fortaleza ou fortín; o que parece claro é que alí non existiu castro ningún. Lestón pode referirse a un lugar abundante nunha planta chamada lesta recendente de talo sempre ergueito, con follas planas e longas. Portoquintáns: porto pode aludir a un paso terrestre entre montañas ou a un paso acuático, mesmo de barcas; quintáns viría de quintus,-a,-um que nun principio puido significar a quinta parte dun terreo ou herdade e , mais tarde, calquera territorio cercado,máis ou menos grande. O Ramallón é posible que faga alusión a unha rama moi grande dunha árbore a un cruce de varios camiños. A Ribela, diminutivo de ripa co significado de ribeira e indicaría un asentamento nunha aba ou ladeira dunha montaña. A Serra parece relacionado cunha elevación montañosa.[1]

Hidrografía

O único curso de auga que pode ser destacado é o rego do Grelo, que ten un curso duns 4,5 km dentro da parroquia. Nace a rentes da aldea de Bustelo e toma unha dirección sur-norte. Incúrvase logo cara ao nordés para ir xuntarse co río Calvar, un pouquiño ao leste de Portoquintáns. Un ínfimo regato, afluente do anterior sería o Martiño, nacido no monte homónimo ou o rego de Fontes, que mana do Picho de Fontes e que se xunta co Grelo, preto de Valenza. Unha boa parte do linde con Corcoesto está ocupado polo rego do Lourido, cun minúsculo subsidiario: o rego de Batán, que nace preto do Ramallón.[1]

Lugares e parroquias

Parroquias de Coristanco

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
  1. 1,0 1,1 Domínguez Rial, Evaristo (2015). Coristanco. As súas parroquias. Embora edicións. ISBN 978-84-16456-10-9.
A Costa, Valenza, Coristanco

A Costa é un lugar da parroquia de Valenza no concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños.

A Ribela, Valenza, Coristanco

A Ribela é un lugar da parroquia de Valenza no concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Tiña 2 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 1 home e 1 muller.

A Serra, Valenza, Coristanco

A Serra é un lugar da parroquia de Valenza no concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Tiña 64 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 38 homes e 26 mulleres.

Bustelo, Valenza, Coristanco

Bustelo é un lugar da parroquia de Valenza no concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Tiña 20 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 11 homes e 9 mulleres.

Castrobó, Valenza, Coristanco

Castrobó é un lugar da parroquia de Valenza no concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Tiña 103 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 51 homes e 52 mulleres.

Lestón, Valenza, Coristanco

Lestón é un lugar da parroquia de Valenza no concello coruñés de Coristanco na Comarca de Bergantiños. Tiña 89 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 50 homes e 39 mulleres.

O Ramallón, Valenza, Coristanco

O Ramallón é un lugar da parroquia de Valenza no concello coruñés de Coristanco na Comarca de Bergantiños. Tiña 29 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 17 homes e 12 mulleres.

Portoquintáns, Valenza, Coristanco

Portoquintáns é un lugar da parroquia de Valenza no concello coruñés de Coristanco na Comarca de Bergantiños. Tiña 44 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 23 homes e 21 mulleres.

Valenza, Valenza, Coristanco

Valenza é un lugar da parroquia de Valenza no concello coruñés de Coristanco na Comarca de Bergantiños. Tiña 82 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 42 homes e 40 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.