Valentín Lamas Carvajal

Valentín Lamas Carvajal, nado en Ourense o 1 de novembro de 1849 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1906, foi un autor e xornalista galego. No ano 1972 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Entre outros feitos, Lamas realizou dúas iniciativas importantes en relación co xornalismo e coa literatura en lingua galega, contando ambas con moi boa acollida: fundar o primeiro semanario en lingua galega, titulado O Tio Marcos d'a Portela, e publicar o Catecismo do labrego.

Valentín Lamas Carvajal
Valentín Lamas Carvajal
Nacemento1 de novembro de 1849
 Ourense
Falecemento4 de setembro de 1906
 Ourense
SoterradoCemiterio de San Francisco de Ourense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista e poeta
CónxuxeAmalia Rosina Sánchez Gómez
FillosModesto, Oliverio, Valentina, Ángeles, Dolores e Rosina
XénerosPoesía, novela
Valentín Lamas Carvajal firma

Traxectoria

Lamas Carvajal era fillo do ourensán José Francisco Lamas e da luguesa María Manuela Carvajales.[1] Ficou orfo de pai con dous anos e cunha nai de dezasete anos. Aliviou esta situación un tío seu, o irmán da súa nai, Pedro Carvajales, un pintor de certo nome naquela altura, e a quen Lamas lle dedicará o seu primeiro libro, La monja de San Payo (1871).

Estudou bacharelato na súa cidade natal e en 1870 trasladouse a Santiago de Compostela para cursar medicina na Universidade de Santiago de Compostela, estudos que non chegou a rematar por mor dunha afección ocular que co tempo o deixaría cego. A andaina universitaria compostelá de Lamas ficou moi patente na súa escrita e na súa visión de Galicia, xa que nesta cidade entrou en contacto coa intelectualidade galega. Sábese, por unha carta súa publicada en El Heraldo Gallego, que en 1871 dirixiu nesta cidade a revista La Aurora de Galicia e que aquí tamén publicou as súas primeiras obras, que presentan influencias románticas.

A partir do ano 1874 a súa vida estivo definitivamente ligada á Cidade das Burgas ao casar, o 4 de xaneiro de 1874, cunha antiga compañeira de estudos, Amalia Rosina Sánchez, natural da Guarda, coa que tivo numerosa descendencia

Ourense, rúa Lamas Carvajal 06-20b
Placa en Ourense.

Os seus problemas coa vista non lle impediron que fose ser o autor máis prolífico e polifacético do seu tempo. Tivo unha incesante actividade literaria e xornalística. Fundou xornais moi populares naquela altura, como El Heraldo Gallego, publicado até 1880, e o primeiro semanario escrito integramente en galego, de moito eco popular e que se publica dende 1876 até 1890, O Tio Marcos d'a Portela, onde publicou Catecismo do labrego en sete entregas no ano 1888 [2], un dos libros que máis se venderon en galego, xa que tivo seis edicións no prazo dun ano dende a súa publicación en libro. Foi tamén director do xornal El Eco de Orense.

Javier Prado Rodríguez fotografía que aparece en la primera página de las obras del autor y que corresponde al año 1928
Xavier Prado Lameiro foi continuador da obra de Valentín L. Carvajal e esforzado gardián da súa memoria.[3]

En 1887 publicou Gallegada. Tradiciós, costumes, tipos e contos da terriña, conxunto de 19 narracións, todas elas publicadas con anterioridade en O Tio Marcos d'a Portela. No conxunto dos textos de Gallegada pódese ver a vontade populista e comprometida coa defensa dos labregos por parte de Lamas, así como a descrición de cadros de costumes imbuídos de acenos pintorescos, picarescos e cómicos.

En 1906 foi un dos membros fundadores da Real Academia Galega. Morreu ese mesmo ano, e foi soterrado no cemiterio de San Francisco da súa cidade natal.

Obra

Obra poética

  • Dez cartas ôs gallegos (1875)
  • Espiñas, follas e frores (1875, ramiño primeiro)
  • Espiñas, follas e frores (1876, ramiño segundo)
  • Saudades gallegas (1880)
  • A musa das aldeas (1890)

Obra narrativa

Galería de imaxes

Espiñas, follas e frores (ramiño primeiro).
Espiñas, follas e frores (ramiño primeiro). 
Catecismo do labrego.
Catecismo do labrego
Coroa de morte dedicada a Teodosio Vesteiro Torres pdf
Coroa de morte dedicada a Teodosio Vesteiro Torres pdf 
El Heraldo Gallego, n.º 383, 1880 pdf
El Heraldo Gallego, n.º 383, 1880 pdf 
Escolma Poética, BBdCG.
Escolma Poética, BBdCG
Placa conmemorativa en Ourense.
Placa conmemorativa en Ourense. 

Notas

  1. Carballo, Ricardo (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 402–411. ISBN 84-7154-227-7.
  2. Parrafeo nº 250, do 21.10.1888, ao nº 256, do 2.12.1888.
  3. Afonso Vázquez-Monxardín: "As homenaxes aurienses a Valentín Lamas Carvajal" (7-37) en Raigame 24, 2006.
  4. Catecismo do labrego no proxecto Gutenberg.
  5. "Catecismo de la doctrina labriega". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-22.
  6. "Catecismo del campesino". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-22.
  7. "Nekazarien Dotrina". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-22.
  8. "Catecismo do labrego". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-22.

Véxase tamén

Bibliografía

Gravacións de son externas
Discurso de Otero Pedrayo en 1972

Outros artigos

Ligazóns externas

1 de novembro

O 1 de novembro é o 305º día do ano do calendario gregoriano (306º nos anos bisestos). Quedan 60 días para finalizar o ano.

4 de setembro

O 4 de setembro é o 247º día do ano do calendario gregoriano e o 248º nos anos bisestos. Quedan 118 días para finalizar o ano.

Arturo Vázquez Núñez

Arturo Vázquez Núñez, nado en Ourense o 15 de novembro de 1852 e finado na mesma cidade o 2 de marzo de 1907, foi un polígrafo ourensán especialista en Historia e Arqueoloxía.

Catecismo do labrego

O Catecismo do labrego (1889) foi unha obra en prosa escrita por Valentín Lamas Carvajal, en colaboración con Arturo Vázquez Núñez, e publicado baixo o pseudónimo de "Frei Marcos da Portela".

Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

El Heraldo Gallego

El Heraldo Gallego foi o nome de varias publicacións:

El Heraldo Gallego, periódico fundado e dirixido por Valentín Lamas Carvajal, editado en Ourense entre 1874 e 1880.

El Heraldo Gallego, periódico editado en Montevideo en 1889.

El Heraldo Gallego, periódico editado en Santiago de Compostela entre 1896 e 1897.

El Heraldo Gallego, periódico editado en Buenos Aires entre 1906 e 1950.

El Heraldo Gallego, periódico dirixido por Manuel Lustres Rivas, editado en Ourense en 1913.

El Heraldo Gallego (1874)

El Heraldo Gallego foi un periódico galego que apareceu en Ourense entre 1874 e 1880.

La Aurora de Galicia (1871)

La Aurora de Galicia foi unha revista aparecida en Santiago de Compostela en 1871.

Literatura galega do Rexurdimento

O Rexurdimento foi un movemento social, literario e intelectual, localizado no tempo na segunda metade do século XIX. Vería o seu inicio este período da literatura galega en 1863, coa publicación do poemario de Rosalía de Castro Cantares Gallegos. O seu final, porén, habería que situalo en 1890 coa publicación da obra de Valentín Lamas Carvajal A musa das aldeas.

Cando falamos do Rexurdimento literario, estámonos a referir sobre todo a un movemento poético, posto que a prosa e o teatro participarán del tardiamente.

Modesto Lamas Sánchez

Modesto Lamas Sánchez, nado en Ourense e finado na Coruña o 12 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

O Tio Marcos d'a Portela

O Tio Marcos d'a Portela, foi unha publicación aparecida por vez primeira en 1876, sendo daquela editada en Ourense por Valentín Lamas Carvajal. Foi a primeira publicación periódica monolingüe en lingua galega.

Pilar García Negro

María del Pilar García Negro, nada o 9 de outubro de 1953 en Lugo, é unha política, escritora, sociolingüista e profesora galega.

Rexurdimento

Rexurdimento (do verbo rexurdir formado sobre xurdir que procede do termo latino surgere 'erguer') é o nome co que se coñece o século XIX (ou a segunda metade do mesmo) na historia de Galiza e expresa unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica. A publicación en 1863 de Cantares gallegos, obra escrita integramente en galego por Rosalía de Castro, inaugura o Rexurdimento Pleno, e as obras anteriores a esta data acostuman clasificarse como pertencentes aos precursores. A Rosalía hai que engadir a Eduardo Pondal, Valentín Lamas Carvajal e mais Manuel Curros Enríquez como os principais escritores en galego desta época.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.