Valencia de Don Juan

Valencia de Don Juan é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 5.094 habitantes (INE 2011).

Coordenadas: 42°17′38″N 5°31′11″O / 42.29389, -5.51972

Valencia de Don Juan - Mapa municipal
Localización do concello na provincia de León

Localidades

  • Cabañas
  • Valencia de Don Juan

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Afonso VIII de Castela

Afonso VIII de Castela, nado en Soria o 11 de novembro de 1155 e finado en Gutierre-Muñoz (Ávila) o 5 de outubro de 1214, foi un nobre castelán, rei de Castela dende 1158. Chamado tamén Afonso VIII de Borgoña, Afonso o das Navas e Afonso o Nobre.

Afonso VIII de León e Galicia

Afonso VIII de León e Galicia, denominado pola historiografía española como Afonso IX, nado en Zamora, Reino de León, o 15 de agosto de 1171 e finado en Sarria, Reino de Galicia o 23 de setembro de 1230, foi rei de León e Galicia (Adeffonsus Rex Legionensium et Gallecie) desde o 22 de xaneiro de 1188 até a súa morte, o 23 de setembro de 1230.Segundo a numeración cronolóxica real da coroa galego-leonesa, correspóndelle o ordinal VIII, pero, historicamente asignóuselle o ordinal IX, como forma de entroncar as cronoloxías de León e de Castela —en Castela reinaba por aquel entón Afonso VIII de Castela—. Ademais, nas Sete Partidas do seu neto Afonso X o Sabio, este afirmaba ser Afonso IX.

Castelo de Valencia de Don Juan

O Castelo de Valencia de Don Juan ou de Coyanza atópase na localidade de Valencia de Don Juan, na provincia de León (Castela e León), vila chamada anteriormente Valencia de Campos e Coyanza. É un edificio histórico, referente peninsular da arquitectura gótico-militar. Obtivo a declaración de Monumento Nacional por parte do goberno provisional da Segunda República. Emprázase sobre un antigo castro das idades do Bronce, Ferro e época romana. Pertence á Fundación Instituto Valencia de Don Juan, con sede en Madrid, por doazón dos herdeiros da XXV Condesa de Valencia de Don Juan, Adelaida Crooke e Guzmán. No ano 1998 asinouse un convenio de cesión entre a Fundación Instituto Valencia de Don Juan e o Concello de Valencia de Don Juan, por medio do cal a primeira institución cedera á segunda o uso e aproveitamento do castelo durante 75 anos (1998-2073).

A cuarta fortaleza da que se ten certeza neste soar foi mandada construír a finais do século XIV polo infante Xoán de Portugal, I duque de Valencia de Campos, título concedido o 22 de decembro de 1387, fillo bastardo do rei Pedro I de Portugal e da nobre galega Inés de Castro. O infante Xoán foi un dos potenciais candidatos á coroa portuguesa durante a crise de 1383-1385 en Portugal, defendido polo partido lexitimista-nacionalista, dirixido por Martín Vázquez de Acuña durante as Cortes de Coímbra de 1385 nas que a alta nobreza defendía o seu nome como o lexítimo pretendente ao trono. Exiliado en Castela, en Valencia de Campos establecería o seu castelo. Casou dúas veces: primeiro con María Téllez de Meneses, filla de Martín Alfonso Téllez de Meneses; e logo con Constanza Enríquez, filla ilexítima do rei Enrique II de Castela, señora de Alba de Tormes. Do segundo matrimonio naceu María de Portugal, que casaría con Martín Vázquez de Acuña, e herdarían o señorío de Valencia de Campos, continuando a construción do castelo.

O edificio actual débese a Xoán de Acuña e Portugal, terceiro conde e segundo duque de Valencia de Don Juan, e a súa muller Teresa Enríquez e está construído en cachotaría de pedra, ladrillo e tapia. Os seus brasóns, xunto aos dos Quiñónes de León, son aínda visibles nas torres da muralla. Durante a Guerra de Sucesión Castelá foi asediado en 1475, acto no que morreu Xoán de Acuña e Portugal precipitado dende unha das xanelas do castelo. Abandonado a mediados do século XVI, o seu derrubamento iniciouse no século XVII, desaparecendo os seus forxados, bóvedas e cubertas, ademais das xesarías mudéxares que decoraban o interior dos seus muros. Dende entón o castelo foi restaurado en varias ocasións dende mediados do século XX: entre 1950 e 1955 reconstruíuse parcialmente a torre da homenaxe, en 1980 consolidáronse e sanearon as murallas, entre 1987 e 1988 fixéronse escavacións arqueolóxicas e unha pasarela de acceso, e entre 2004 e 2005 reconstruíuse parcialmente a torre da homenaxe e reconstruíuse o segundo arco de entrada.

No ano 2008 inaugurouse o Museo do Castelo de Valencia de Don Juan, dentro dun edificio de ferro, madeira e cristal instalado no interior da torre da homenaxe. Esta colección museográfica céntrase na divulgación da historia de Valencia de Don Juan, do seu Castelo e da familia de Acuña e Portugal, a través de materiais arqueolóxicos achados na localidade, fundamentalmente no propio castelo como escudos, moedas ou vaixela.

Castro de Untia

O castro de Untia é un poboado castrexo sobre o cal se asenta a actual cidade de Betanzos.

Diadema de Moñes

O diadema de Moñes (antigamente de Ribadeo é unha xoia de ouro da cultura castrexa, atopado en Moñes, no concello asturiano de Piloña. Está datada cara aos séculos III ou II a. C.

A peza está formada por unha ancha lámina rectangular, dividida en dúas bandas horizontais, con baixorrelevos que representan escenas nas que aparecen guerreiros a pé e a cabalo, armados con puñais curtos e lanzas, con escudos pequenos e cascos de cornos ou penachos, personaxes (quizais divindades cornudas) portando grandes caldeiros ou ánforas (nunha probable analoxía co caldeiro de Gundestrup) e un pequeno poldro.

Eleccións xerais de España de 1903

As eleccións xerais de España de 1903 tiveron lugar o 30 de abril baixo o reinado de Afonso XII e por sufraxio universal restrinxido aos varóns.No panorama político da época, creouse o novo Partido Liberal Conservador (froito da unión dos conservadores de Francisco Silvela e dos liberais disidentes dirixidos por Antonio Maura). En total foron elixidos 403 deputados, e obtivo a maioría absoluta o renovado Partido Conservador de Silvela. Os republicanos, agrupados nunha única candidatura, Unión Republicana, obtiveron 30 escanos no Congreso. Unha parte dos votos conservadores se disgregó en pequenas formacións políticas como os denominados Tetuanistas (6 escanos) ou os Tradicionalistas (7 escanos).

Foi elixido Presidente do Congreso o conservador Raimundo Fernández Villaverde, substituído o 23 de outubro polo reformista Francisco Romero Robledo. Elixiuse Presidente do Senado a Marcelo de Azcárraga, a quen substituíu en xaneiro de 1905 Luis Pidal y Mon.

O primeiro Presidente do Consello de Ministros foi Silvela, pero meses máis tarde, en decembro, Antonio Maura retomou o control dos conservadores e o gabinete. En decembro de 1904, Maura dimitiu o substitúe Marcelo de Azcárraga que apenas estivo un mes como xefe de Goberno para dar paso en xaneiro de 1905 a Raimundo Fernández Villaverde, quen convocou eleccións 8 meses máis tarde.

Guillermo de Osma Scull

Guillermo Joaquín de Osma Scull, nado na Habana o 24 de xaneiro de 1853 e finado en Biarritz o 7 de febreiro de 1922, foi un diplomático, arqueólogo e político español.

Javier García de Leaniz

Francisco Javier García de Leaniz Arias de Quiroga, nado en Sevilla o 3 de decembro de 1870 e finado en Madrid o 6 de febreiro de 1945, foi un político español.

Juan Martínez Majo

Juan Martínez Majo, nado en Velilla de la Reina (concello de Cimanes del Tejar) en 1963, é un asesor fiscal e político leonés, membro do Partido Popular e presidente da Deputación de León dende 2015.

Lingua leonesa

O leonés (llionés) é unha lingua románica desenvolvida a partir do latín vulgar e que forma parte do dominio lingüístico asturleonés xunto co mirandés e o asturiano, o dominio tradicionalmente tamén recibe simplemente o nome de leonés . Non hai conciencia entre os falantes das tres modalidades lingüísticas de constituíren unha única lingua, así e todo a Academia de la Llingua Asturiana procura fomentar unha converxencia entre os diferentes estándares do dominio , e tamén unha parte importante dos escritores leoneses que escriben nos seus dialectos propios adaptando as normas ortográficas da lingua asturiana, así o fan Eva González, Roberto González-Quevedo, Hector Xil ou Xosepe Vega pero non existe unha norma común leonesa. O leonés é a lingua patrimonial de gran parte das provincias españolas de León e Zamora.

Museo Arqueolóxico Nacional de España

O Museo Arqueológico Nacional (nome oficial) está situado na rúa Serrano, no chamado Palacio de Bibliotecas e Museos, que comparte coa Biblioteca Nacional, e á beira da Praza de Colón en Madrid (España).

Entre outras federacións e entidades, o museoforma parte da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM).

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

Oviedo

Oviedo (en asturiano: Uviéu ou Uvieo, en galego eonaviego: Ovedo) é un concello e cidade do norte de España de orixe medieval (século VIII), capital do Principado de Asturias. Cunha poboación de 225.155 habitantes (2010) é a segunda cidade da comunidade logo de Xixón. Ovetenses emprendedores bautizaron con este nome a tres cidades americanas: en Paraguai, na República Dominicana e nos Estados Unidos de América.

É, ademais, a capital comercial e de negocios, e o centro administrativo e universitario da rexión.

Pablo Egerique

Pablo Egerique Martínez, nado en Valencia de Don Juan o 5 de xuño de 1936, é un avogado e político galego de orixe leonesa.

Pertegueiro maior de Santiago

O pertegueiro maior de Santiago é unha dignidade da arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela.

Rodrigo de Santiago

Rodrigo Alfredo de Santiago, nado en Barakaldo, Biscaia, o 23 de setembro de 1907 e finado na Coruña o 30 de setembro de 1985 foi un músico español.

Tierra de Campos

Tierra de Campos (Terra de Campos) é unha bisbarra natural localizada na Comunidade Autónoma de Castela e León, que se estende polas provincias de Palencia, Valladolid, Zamora e León.

A súa orixe está no chamado "Campo de Galiza" (Campus Gallaeciae) do Baixo Imperio Romano, que co tempo recibirá o nome de "Campos Góticos" (Campi Gothici ou Campi Gothorum), tendo a súa capital histórica en Palencia.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.