Valença, Portugal

Valença, tamén coñecida como Valença do Minho, é un concello portugués do distrito de Viana do Castelo, dentro da Região Norte e subrexión do Minho-Lima.

Murallas de Valença do Minho
Murallas da parte vella.

O concello abrangue 117,43 km² de área e 14.127 habitantes (2011), subdividido en dezaseis freguesías. Linda polo leste co municipio de Monção, polo sur con Paredes de Coura, polo oeste con Vila Nova de Cerveira e ao noroeste e norte únese a Tui a través do río Miño.

Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade galega de Tui unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.

Coordenadas: 42°1′33″N 8°37′58″O / 42.02583, -8.63278

Valença
Pt-vlc1
VLC
Valença Portugal 060411 67
Localización
LocalValenca
PaísFlag of Portugal.svg Portugal
RexiónNorte
SubrexiónMiño-Lima
DistritoViana do Castelo
Xeografía
Altitude116 msnm
Superficie117,43 km²
Demografía
Poboación14.127 hab. (2011)
Densidade121,73 hab/km²
Outros datos
Código postal1000 a 1900 Lisboa
AlcaldeJosé Rodrigues
www.cm-valenca.pt

Historia

Valença ten orixes moi remotas. A súa ocupación remonta a épocas moi recuadas: os gravados rupestres que se poden observar en determinados lugares de certas freguesias son proba irrefutábel dunha ocupación afastada no tempo. As Inquirições de D. Afonso III tamén fan alusión a edificacións do tipo dolménico no concello de Valença.[1]

Procedentes das máis variadas orixes, indo-europeas, mediterráneas e africanas, foron acudindo á rexión varios pobos atraídos pola abundancia de caza e da pesca, pola fertilidade do solo, pelas serras acantiladas permitindo a defensa contra as doutras tribos como os ligures, os gróvios e os celtas.

Un marco moi importante para a historia de Valença foi o paso de Décimo Xunio Bruto Galaico, no 137 a.C. que, após cruzar o Río Limia, conduciu as súas tropas até o Río Miño, tendo acampado na freguesia de Gandra. No tempo do Emperador Augusto comezáronse a definir pequenas fortalezas nos Castri. Era este o caso do castellum de Valença, situado sobre o Río Miño.

Aos romanos os sucederon os Suevos que penetraron na Galiza pola bacia do Douro, a mediados do século V. O mesmo aconteceu cos Godos: o famoso Witiza estableceu a súa residencia real na cidade de Tui, tendo as ruínas de ese pazo perdurado até o século XVIII. Na rexión valenciana son moi frecuentes os topónimos de orixe xermánica, que deriban destes tempos.

A primeira invasión árabe data do ano 716, Abd al-Aziz ibn Musa entra na Lusitania cun numeroso exército, tomando Porto, Braga e Tui, que apenas foi liberada no ano 736 polo Rei Afonso I. O ano 997 trouxo as peores consecuencias para a Galiza e a Rexión de Miño, cando Almanzor, no seu camiño a Santiago de Compostela, destruíu todo ao seu paso, incluín do o Mosteiro de Ganfei.

Foi elevada ao título de cidade o 12 de xuño de 2009.[2]

Demografía

A evolución demográfica entre 1801 a 2011:[3]

Evolución demográfica
1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2004 2009 2011
9.242 13.984 15.265 16.034 16.237 13.948 14.815 14.187 14.284 14.295 14.127

Freguesías

Valença freguesias 2013
Mapa das freguesias de Valença.

As freguesías de Valença son:

Patrimonio

Monumentos

Espazos naturais

O concello de Valença ten 13 espazos naturais:[4]

  • Couto de Santa Ana (Gandra)
  • Pântano da Veiga da Mira (Cristelo Covo)
  • Parque de Nossa Senhora da Cabeça (Cristelo Covo)
  • Parque do Monte de Faro (Ganfei)
  • Miradouro de Santo Ovídio (Sanfins)
  • Ilha do Conguedo (Conguedo)
  • Ínsua dos Castros (Friestas)
  • Pesqueira da Gingleta (Verdoejo)
  • Pesqueira da Paiola (Verdoejo)
  • Pesqueira de Cristelo de Covo (Cristelo Covo)
  • Pesqueira do Lagartão (Verdoejo)
  • Pesqueira do Tadim (Verdoejo)
  • Pesqueira dos Frades (Ganfei)

Museos

En Valença existe unha Rede Museolóxica, creada para promover o patrimonio, proporcionando cultura en todas as súas vertentes.[5]

Na actualidade, o concello de Valença ten cinco museos:

  • Museo do Bombeiro
  • Núcleo Museolóxico Municipal
  • Núcleo Museolóxico Ferroviário
  • Colección Visitábel de Pesos e Medidas
  • Núcleo Museolóxico Rural de Taião

Enoturismo

Valença conta cunha rede de enoturismo que consta de tres adegas: Adega Edmun do Val, Adega Rolan e Adega J Barbosa e Herdeiros, nos que os turistas poden hospedarse, facer catas e gozar da paisaxe vitivinícola.[6]

Galería de imaxes

Valença do Minho - Castell

O castelo.

Notas

  1. "Historia de Valença". Consultado o 1 de agosto de 2015.[Ligazón morta]
  2. Público. "Portugal tem cinco novas cidades e 22 vilas". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2009. Consultado o 2009-6-12.
  3. "Census de 1991, 2001 e Território em números de 2004".
  4. "Turismo - Espaços Naturais". Consultado o 1 de agosto de 2015.[Ligazón morta]
  5. "Museus de Valença". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2015. Consultado o 1 de agosto de 2015.
  6. "Enoturismo en Valença". Consultado o 1 de agosto de 2015.

Véxase tamén

Outros artigos

Arão, Valença

Arão foi unha freguesía portuguesa do concello de Valença, con 2,59 km² de área (2012) , 758 habitantes (2011) e unha densidade poboacional de 292,7 hab/km².

Tivo o estatuto de freguesía até 2013, data en que, debido a unha reorganización administrativa do territorio das freguesías, foi integrada na Unión das Freguesías de Valença, Cristelo Covo e Arão..

Cristelo Covo, Valença

Cristelo Covo foi unha freguesía portuguesa do concello de Valença, con 3,0 km² de área, 965 habitantes e unha densidade poboacional de 321,7 hab./km².

Tivo o estatuto de freguesía até 2013, data en que, debido a unha reorganización administrativa do territorio das freguesías, foi integrada na Unión das Freguesías de Valença, Cristelo Covo e Arão.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Galería de imaxes do río Miño

O Miño é o río máis longo de Galicia. Nace no Pedregal de Irimia (Serra de Meira, Meira, provincia de Lugo e desemboca no Océano Atlántico xebrando as terras de Galicia e Portugal)

Revelín

O revelín é unha fortificación triangular situada fronte ao corpo da fortificación principal –xeralmente alén dun foso–, cuxo obxectivo é dividir a unha forza atacante e protexer os muros de cortina mediante fogo cruzado. Xunto con outros elementos, forma parte do deseño chamado de traza italiana (de aí a súa etimoloxía, xa que procede do italiano rivellino ou revellino).

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Tui

Tui é un concello galego da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño da que é capital. Tui foi a capital dunha das sete provincias de Galicia até 1833, da provincia de Tui. Segundo o IGE a súa poboación en 2016 era de 16.966 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é tudense.

Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade portuguesa de Valença do Minho unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.

Unión das Freguesías de Valença, Cristelo Covo e Arão

A Unión das Freguesías de Valença, Cristelo Covo e Arão (en portugués: União das Freguesias de Valença, Cristelo Covo e Arão) é unha freguesía portuguesa do concello de Valença, no Distrito de Viana do Castelo, con 9,49 km² de área, 5 153 habitantes e unha densidade de poboación de 543 hab/km².

Valença, Valença

Valença foi unha freguesía portuguesa do concello de Valença, con 3,89 km² de área e 3,430 habitantes.

Tivo o estatuto de freguesía até 2013, data en que, debido a unha reorganización administrativa do territorio das freguesías, foi integrada na Unión das Freguesías de Valença, Cristelo Covo e Arão..

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.