Valdoviño

Valdoviño é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE no 2014 contaba con 6.796 habitantes (6.978 no 2009, 6.896 no 2006, 6.888 no 2005, 6.854 no 2004, 6.877 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valdoviñés».

O nome do concello fai pensar a algúns nunha agricultura baseada na vide, así Val do viño sería a orixe do topónimo. Tamén hai quen manexa outra hipótese: Val do Aviño, rego que atravesa o chan do municipio, se ben as últimas investigacións, indican que o nome provén do propietario dunha pequena explotación agraria, chamado Baldovino, Baldoviño ou Balduino, do que hai abondosa documentación nos textos medievais.[4]

Ocupa unha franxa costeira desde a praia de Campelo ata a entrada da ría de Cedeira. Nesta poboación leváronse a cabo no século XVIII (1767) os primeiros cultivos de patacas traídas desde América[5]. As praias do término municipal de Valdoviño son moi populares polo seu paisaxe natural e entre os aficionados ao surf. Entre elas, destacan o areal da Frouxeira, duns 3,6 km de lonxitude, e a praia de Pantín, onde anualmente cada mes de setembro celebrase o Pantín Classic, campionato internacional de surf que comenzou súa andadura en 1988. A lagoa da Frouxeira é un destacado ecosistema de gran valor ornitolóxico por ser lugar de descanso de aves migratorias e de cría dalgunhas especies de aves.

Coordenadas: 43°36′37″N 8°8′29″O / 43.61028, -8.14139

Valdoviño
Escudo de Valdoviño
Faro de Punta Frouxeira, Valdoviño, Galicia (Spain)
Situacion Valdoviño
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Ferrol
Poboación6.613 hab. (2018)
Área88,2 km²
Densidade74,98 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeAlberto González Fernández (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 9
Outros: CENVAL 1
Eleccións municipais en Valdoviño
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes54,07%
Na rede
concellodevaldovino.com
correo@valdovino.dicoruna.es

Historia

Valdoviño formou parte da Terra de Trasancos, desta época son os castros de[6][7]:

O actual concello de Valdoviño foi formado coa unión de varias parroquias das xurisdicións da Terra de Trasancos e de Cedeira. A creación do novo concello e o seu nome aparecen aprobados no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 20 de xuño de 1836. Ao novo concello déuselle o nome de Valdoviño porque nesa parroquia non existía ningunha entidade singular de poboación con ese mesmo nome. Ás veces, apareceu escrito en antigas actas e outros documentos con "b" (Baldoviño), pero foi unicamente debido a erros ortográficos.

Previamente, producíranse varios intentos de creación de concellos en toda España, a gran maioría fallidos debido aos cambios políticos; así, en 1821 e en 1822, aparecen nomeados os concellos de Valdoviño e Pantín no repartimento de impostos, aínda que, probablemente, non chegasen a funcionar como tales.

A primeira casa consistorial estivo en San Bartolomeu de Lourido nun edificio que se viña utilizando como lugar de reunións da xurisdición de Trasancos e que máis tarde pasaría a ser cárcere municipal.

En 1856, a Coroa Española pon a poxa a lagoa de Valdoviño e os terreos que a arrodean. É adquirida por José Pardo Bazán, pai da escritora Emilia Pardo Bazán, por 91.000 reais.

En 1930 comezan as obras da estrada á praia da Frouxeira. Este mesmo ano comeza a extracción en Valdoviño de pirita arsenical de prata e aurífera para a produción de ouro.

En 1940 procédese ao desartellado dos dous canóns Vickers United do calibre 38,1 sitos en Meirás; procedéndose ao seu traslado a Alxeciras. Estes canóns foron substituídos por baterías antiaéreas. En novembro de 1974, comeza o servizo de traída de augas dende o encoro das Forcadas.

O 8 de xullo de 1993 concedéuselle por vez primeira a Bandeira Azul á praia da Frouxeira, símbolo do importantísimo desenvolvemento turístico vivido no concello nas últimas décadas. En xullo de 1993, a lagoa da Frouxeira inscríbese no convenio Ramsar. Entre 1993 e 1994 constrúese o faro de Punta Frouxeira.

Goberno municipal

Casa do concello de Valdoviño
Casa do Concello

O alcalde máis antigo do que existe documentación é José Sanjurjo e aparece citado o 23 de xullo de 1840.

Dende a súa creación en 1836, e nos cen anos seguintes, a historia política de Valdoviño foi convulsa, con suspensións da corporación local, encarceramento de políticos e persoal municipal ou manipulacións nas eleccións. As irregularidades seguiríanse a producir durante moitos anos, incluso durante o réxime de Francisco Franco, cando déronse casos de rebeldía de concelleiros contra os alcaldes nomeados pola ditadura.

En abril de 1931 proclámase a Segunda República en Valdoviño. O primeiro alcalde do novo sistema político foi José López Rodríguez. As eleccións celebradas en 1931 deparan os seguintes resultados: 10 concelleiros do Partido Republicano Radical contra os 6 obtidos pola ORGA. Entre outubro e decembro de 1934 houbo dous alcaldes, dúas corporacións e dúas casas consistoriais. Tivo que intervir o gobernador civil. Nas eleccións de 1935 pasan a ser de 8 Republicanos Radicais e 6 Republicanos Independentes - había dúas vacantes -. En 1936 a corporación municipal quedou constituída por 14 concelleiros de Izquierda Republicana, un Galeguista e un socialista.

O último alcalde da ditadura foi José Morales, que dirixiu a alcaldía ata o 19 de abril de 1979, data na que é nomeado Manuel Villarnovo. A primeira alcaldesa foi María Elisa Garrido Cantarero (PSdeG-PSOE), que accedeu ao cargo o 17 de xuño de 1995.

Tralas eleccións de maio de 2007, resultou elixida alcaldesa de Valdoviño María Isabel Álvarez Diéguez, de Terra Galega. Na noite anterior ao pleno de constitución, asinouse un pacto de goberno entre Terra Galega, Partido Popular e a Unión de Independentes de Valdoviño.

Poboación

Evolución da poboación de Valdoviño   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6.178 8.027 8.477 7.035 6.854 6.978 6.926 6.857 6.811 6.796 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 2014 6.796 habitantes
Menores de 15 anos 713 (10.49 %)
Entre 15 e 64 anos 4.141 (60.93 %)
Maiores de 65 anos 1.942 (28.57 %)

Patrimonio

Capela da Virxe do Porto, Meirás, Valdoviño, Galiza
Capela Virxe do Porto, ao fondo o Faro de Meirás.

A Casa Consistorial atópase aloxada no interior dun edificio sito na Porta do Sol, construído polo arquitecto modernista ferrolán Rodolfo Ucha Piñeiro en 1945. É un edificio de planta rectangular e tres alturas, que destaca polo corpo de planta cadrada, que sobresae do seu tellado en forma de torre, lugar onde sitúanse o reloxo e o escudo do Concello.

O pazo de Riva atópase localizado no lugar que lle dá nome, na parroquia de Valdoviño. É un pazo tradicional de arquitectura galega, de planta irregular formada por varios corpos e dúas alturas, onde merecen especial mención, na súa entrada principal, os seus balcóns de madeira pintados de cor verde e vermella. Ademais, conta con dous hórreos, un reloxo de sol e o escudo da familia dos Ponce de León, que fan lembrar o pasado señorial deste edificio.

O pazo de Timiraos é outro dos exemplos destas casas señoriais que salpican todo o concello de Valdoviño. Na actualidade, despois dun longo proceso de restauración, consérvase en moi bo estado. Merecen especial mención os escudos modernos da súa fachada principal, que nos aclara a orixe deste edificio.

A capela de San Mamede é un pequeno templo sen un estilo claramente definido. A súa planta rectangular dunha soa nave remata no presbiterio, onde destaca a decoración do seu altar maior.

A igrexa de Santa Eulalia de Valdoviño atópase localizada no alto dun outeiro, dende onde domínase toda a zona e gran parte da praia e da lagoa da Frouxeira. É un templo de estilo ecléctico e planta rectangular dunha soa nave, á que se acaroan catro corpos utilizados como capelas laterais, ábsida hexagonal e coro alto.

A lagoa da Frouxeira é unha das zonas húmidas máis importantes de todo o Concello. Localízase ao pé da praia da Frouxeira. Constitúe un ecosistema de gran valor, no que habitan milleiros de aves, en especial, migratorias, que atopan na lagoa o lugar ideal para descansar e aniñar. Foi declarada como Espazo Natural Protexido polo Convenio Ramsar.

A igrexa de Santiago de Lago é un templo de estilo barroco levantado no século XVIII, con planta rectangular, dúas capelas laterais, ábsida e sancristía. Na súa fachada principal, merece especial atención a fornela sita sobre a súa portada, coa imaxe do Santo e, no seu interior, sito no seu altar maior, gárdase un retablo barroco.

A igrexa de San Vicente de Meirás é un pequeno templo de planta rectangular cunha soa nave, dúas capelas laterais, presbiterio e sancristía, que destaca pola súa torre campanario de planta cadrada sita no centro da súa fachada principal e rematada en forma piramidal. O seu elemento de maior interese é o retablo gótico do seu altar maior.

A igrexa de Santiago de Pantín é un templo de estilo ecléctico con planta de cruz latina, unha soa nave, presbiterio e dúas capelas laterais. Na súa fachada principal, á que se atopa acaroada a unha das súas bandas unha torre campanario de planta cadrada e coroada por unha cúpula, destaca, sita sobre a súa portada, un fornelo coa imaxe de Santiago. No seu interior gárdanse, sitos nas súas capelas laterais, retablos neogóticos.

A igrexa de San martiño de Vilarrube atópase localizada sobre unha ladeira, arrodeada de árbores no lugar de Adro. É un templo de estilo barroco con planta rectangular dunha soa nave cuberta con bóveda de canón, ábsida, dúas capelas laterais e sancristía. Destaca pola cor branca da súa fachada, que presenta unha torre campanario de planta circular e rematada por unha cúpula. Merece especial mención o retablo neogótico do seu altar maior, coas imaxes da Sagrada Familia e de San Martiño, patrón da igrexa.

O pazo de Vilarrube atópase sito nos arredores da igrexa de San Martiño, sobre o cumio dun monte dominando toda a enseada de Esteiro. É un edificio de grandes dimensións e planta irregular fundado polas familias Piñeiro e Maseda, cuxos escudos consérvanse na súa fachada. Merecen especial mención os xardíns que arrodean todo o edificio e a pequena ermida sita no seu interior, que garda un interesante retablo barroco. Na actualidade, é de propiedade privada, non podendo ser visitado.

A ponte de Porto do Cabo localízase na parroquia de San Martiño de Vilarrube. Foi construída na época medieval e utilizada dende as súas orixes para salvar o río Porto do Cabo, do que recibe o seu nome. Posúe dous arcos de medio punto, un deles de menor medida, utilizado nos medres do río.

Economía

Valdoviño é un concello con importante base agrícola, forestal e en menor medida gandeira. Nos últimos anos instalouse un parque eólico no límite con Narón. O concello tamén ten unha grande importancia como lugar residencial e nos meses de verán unha importante ocupación turística pola súa fermosa natureza. As empresas máis importantes existentes en Valdoviño son a química Gairesa orixinaria do concello e a carpintaría Cándido Hermida. Hai tamén unha piscifactoria de Isidro de la Cal.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Valdoviño.
Praia da Frouxeira

Praia da Frouxeira

Praia do Río

Praia do Río (Meirás)

San Vicente de Meirás

Igrexa de San Vicente de Meirás

Praia de Valdoviño

Praia de Valdoviño

Placa altimétrica de Valdoviño 01

Placa altimétrica do concello.

Lugares de Valdoviño

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Valdoviño vexa: Lugares de Valdoviño.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Porto Dapena, José Alvaro (2015). "Sobre o topónimo "Valdoviño"". Estudios mindonienses: Anuario de estudios histórico-teológicos de la diócesis de Mondoñedo-Ferrol. (31): 437–462. ISSN 0213-4357.
  5. Valdoviño reivindiva o ter sido o lugar de orixe da primeira pataca europea. Diario de Ferrol
  6. Castros da Terra de Trasancos
  7. Catálogo de Edificaciones Concello de Valdoviño. Xunta de Galicia (en PDF)

Véxase tamén

Outros artigos

A Bergaña, Valdoviño, Valdoviño

A Bergaña é un lugar da parroquia de Valdoviño no concello coruñés de Valdoviño na comarca de Ferrol. Tiña 37 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 19 homes e 18 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2000 cando tiña 38 habitantes.

A Cachaveira, Valdoviño, Valdoviño

A Cachaveira é un lugar da parroquia de Valdoviño no concello coruñés de Valdoviño na comarca de Ferrol. Tiña 9 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 2 homes e 7 mulleres, o que non supón ningún cambio con relación ao ano 2000 cando contaba cos mesmos habitantes.

A Penela, Valdoviño, Valdoviño

A Penela é un lugar da parroquia de Valdoviño no concello coruñés de Valdoviño na comarca de Ferrol. Tiña 11 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 5 homes e 6 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2000 cando tiña 14 habitantes.

Aldarete, Valdoviño, Valdoviño

Aldarete é un lugar da parroquia de Valdoviño no concello coruñés de Valdoviño na comarca de Ferrol. Tiña 53 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 24 homes e 29 mulleres. O que supón un aumento de 9 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 44 habitantes (21 homes e 23 mulleres) e 8 máis que en 2000.

Aviño, Valdoviño, Valdoviño

Aviño é un lugar da parroquia de Valdoviño no concello coruñés de Valdoviño, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2007 tiña 51 habitantes (28 homes e 23 mulleres), 2 menos que no ano 2000.

Baladás, Valdoviño, Valdoviño

Baladás é un lugar da parroquia de Valdoviño no concello coruñés de Valdoviño na comarca de Ferrol. Tiña 18 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 9 homes e 9 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2000 cando tiña 25 habitantes.

Comarca de Ferrol

A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 159.422 habitantes no 2014, distribuídos en 11 concellos.

Lago, Valdoviño

Santiago de Lago é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño, na comarca histórica de Trasancos. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1.139 habitantes (586 mulleres e 553 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.054 habitantes. Conta cunha superficie de 11,8 km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Lagoa e areal de Valdoviño

A lagoa e areal de Valdoviño é un espazo natural galego declarado como zona húmida protexida e que ocupa 490 ha. da lagoa da Frouxeira e a praia da Frouxeira, Valdoviño.

Esta zona húmida forma parte da zona especial de conservación (ZEC) "Costa Ártabra" e da zona de especial protección para as aves (ZEPA) da "Costa de Ferrolterra - Valdoviño". É ademais unha das zonas húmidas galegas incluídas na Lista das zonas húmidas de importancia internacional, da Convención de Ramsar..

Loira, Valdoviño

San Pedro de Loira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 249 habitantes (118 homes e 131 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 298 habitantes. Ten unha superficie de 7,5 km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Lourido, Valdoviño

San Bartolomeu de Lourido é unha parroquia situada no sur do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 269 habitantes (132 mulleres e 137 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 247 habitantes. Ten unha superficie de 3,7 km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Meirás, Valdoviño

San Vicente de Meirás, antigamente San Vicenzo de Meirás[Cómpre referencia] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1.381 habitantes (689 homes e 692 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.317 habitantes. Ten unha superficie de 6,8 km², cunha densidade de poboación é de 193,67 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

O Boeiro, Valdoviño, Valdoviño

O Boeiro é un lugar da parroquia de Valdoviño no concello coruñés de Valdoviño na comarca de Ferrol. Tiña 49 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 28 homes e 21 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2000 cando tiña 43 habitantes.

O Portodoso, Valdoviño, Valdoviño

O Portodoso é un lugar da parroquia de Valdoviño no concello coruñés de Valdoviño na comarca de Ferrol. Tiña 22 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 11 homes e 11 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2000 cando tiña 25 habitantes.

O Sequeiro, Valdoviño

Santa María do Sequeiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 686 habitantes (352 mulleres e 334 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, 23 menos ca en 1999. Ten unha superficie de 3,8 km², cunha densidade de 180,52 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Pantín, Valdoviño

Santiago de Pantín é unha parroquia situada no norte do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 612 habitantes (317 mulleres e 295 homes) distribuídos en 35 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 626 habitantes. Ten unha superficie de 13,1 km², cunha densidade de 46,71 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Valdoviño, Valdoviño

Santalla de Valdoviño é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 2.221 habitantes (1.087 mulleres e 1.134 homes) distribuídos en 56 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.037 habitantes. Ten unha superficie de 14,3 km² (a parroquia máis ampla do concello), cunha densidade poboación de 155,31 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Vilaboa, Valdoviño

San Vicente de Vilaboa é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 282 habitantes (149 mulleres e 133 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 339 habitantes. Ten unha superficie de 11,8 km², cunha densidade de poboación de 23,89 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Vilarrube, Valdoviño

San Martiño de Vilarrube é unha parroquia situada no oeste do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 323 habitantes (153 mulleres e 170 homes) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2008 cando tiña 363 habitantes. Ten unha superficie de 6,2 km², cunha densidade de poboación de 52,1 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.