Valderas

Valderas é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 2.008 habitantes (INE 2011).

Coordenadas: 42°4′39″N 5°26′33″O / 42.07750, -5.44250

Valderas consistorio2 lou
Antigo consistorio.

Localidades

  • Valderas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Afonso VIII de Castela

Afonso VIII de Castela, nado en Soria o 11 de novembro de 1155 e finado en Gutierre-Muñoz (Ávila) o 5 de outubro de 1214, foi un nobre castelán, rei de Castela dende 1158. Chamado tamén Afonso VIII de Borgoña, Afonso o das Navas e Afonso o Nobre.

Afonso VIII de León e Galicia

Afonso VIII de León e Galicia, denominado pola historiografía española como Afonso IX, nado en Zamora, Reino de León, o 15 de agosto de 1171 e finado en Sarria, Reino de Galicia o 23 de setembro de 1230, foi rei de León e Galicia (Adeffonsus Rex Legionensium et Gallecie) desde o 22 de xaneiro de 1188 até a súa morte, o 23 de setembro de 1230.Segundo a numeración cronolóxica real da coroa galego-leonesa, correspóndelle o ordinal VIII, pero, historicamente asignóuselle o ordinal IX, como forma de entroncar as cronoloxías de León e de Castela —en Castela reinaba por aquel entón Afonso VIII de Castela—. Ademais, nas Sete Partidas do seu neto Afonso X o Sabio, este afirmaba ser Afonso IX.

Balcón

Un balcón (do italiano: balcone, estada, andamio; este do xermánico: balcho, trabe; probabelmente cognato da verba persiana بالكانه bālkāneh ou a súa variante máis antiga پالكانه pālkāneh;) é unha abertura feita desde o chan na parede dun cuarto, polo xeral cunha pequena plataforma que sobresae cara a fóra, amparada por unha varanda Adoita estar sostido por columnas ou canzorros, e fechado mediante unha balaustrada.

Como alternativa, pode non sobresair do plano do muro, senón que constitúe unha superficie aberta dun andar alto, cunha balaustrada só na fronte, e paredes nos costados. Usualmente o acceso ao balcón faise mediante unha porta. A diferenza do patín e do corredor, o balcón non ten acceso dende a rúa mediante unha escaleira. A solaina é unha evolución do corredor, sempre cuberta, adornada e moi sólida con cantaría de pedra.

Club de Fútbol Trival Valderas Alcorcón

A Club de Fútbol Trival Valderas Alcorcón é un club de fútbol español de Alcorcón. Foi fundado en 2004 e actualmente xoga na Terceira División Española, categoría á que descendeu na tempada 2014/15.

Copa do Rei de fútbol 2014/15

A Copa do Rei 2014–15 foi a 112.ª edición da Copa do Rei de fútbol, torneo de copa da Federación Española de Fútbol. O campión obterá unha praza na fase de grupos da UEFA Europa League 2015–16. O defensor do título era o Real Madrid. O campión foi o FC Barcelona, que logrou o seu 27.º título.

Francisco Castro

Francisco Castro pode referirse a:

Francisco Castro Canseco (Valderas, León, 1655 - 1724), escultor destacado pola súa produción en Galicia.

Francisco Castro Represas (Vigo, 1905 - 1997), arquitecto galego.

Francisco Castro Veloso (Vigo, 1966), escritor e editor galego.

Francisco Castro Gamboa (Talagante, Chile, 1990), futbolista chileno.

Francisco Castro Canseco

Francisco Castro Canseco, nado en Valderas (León) en 1655 e falecido en 1724, foi un escultor destacado pola súa produción en Galicia. Hai quen opina que se formou en contacto con Domingo de Andrade[Cómpre referencia]. Residiu en Melide e Ourense.

Jerónimo Macho Velado

Jerónimo Macho Velado (tamén escrito o segundo apelido como de Velado), nado en Valderas (provincia de León) en 1826 e finado en Madrid o 22 de xaneiro de 1899, foi un profesor universitario, escritor e político en Galicia.

José María Luengo Martínez

José María Luengo Martínez, nado en Astorga o 17 de maio de 1896 e finado na Coruña o 9 de marzo de 1991, foi un escritor e arqueólogo leonés.

Pablo Zamora Marcos

Pablo Zamora Marcos, nado en Valderas (provincia de León) o 29 de xuño de 1814 e finado en Santiago de Compostela o 12 de abril de 1889, foi un avogado, profesor universitario e político galego.

Parlamento de Andalucía

O Parlamento de Andalucía é a institución andaluza na cal atópase o poder lexislativo de devandita comunidade autónoma. O Parlamento de Andalucía foi instaurado a partir da redacción do Estatuto de Autonomía.

Promoción de ascenso a Segunda División B 2014

A promoción de ascenso a Segunda División B é a eliminatoria de promoción de equipos de Terceira División a Segunda División B. Está formada polos campións dos 18 grupos da Terceira División 2013–14, así como os 3 seguintes clasificados, formando un total de 72 equipos. O sorteo realizouse o 12 de maio de 2014 na Cidade do Fútbol de Las Rozas, sede da Real Federación Española de Fútbol.

Sandalio González Blanco

Sandalio González Blanco, nado en Valderas (provincia de León) o 3 de setembro de 1840 e finado en Santiago de Compostela o 18 de abril de 1918, foi un profesor universitario e político galego.

Segunda división B española 2014/15

A tempada 2014–15 da Segunda División B foi a 38ª edición do terceiro nivel do fútbol español. Empezou o 23 de agosto de 2014 e finalizou o 21 de xuño de 2014 coas eliminatorias de ascenso finais.

Seminario de Valderas

Seminario situado na vila de Valderas, na provincia de León, foi fundado e inaugurado o 21 de setembro de 1738 polo bispo frei Mateo Panduro Villafañe, nado nesta vila, carmelita calzado, catedrático da Universidade de Salamanca e bispo de Popayán (Colombia). É un grande edificio concibido «para a crianza e mellor educación dos fillos dese pobo (...)», segundo as palabras do propio frei Mateo.

Tausa

Tausa é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na Provincia de Ubaté. Limita polo norte cos concellos de San Cayetano, Carmen de Carupa e Sutatausa, polo oeste con Pacho e San Cayetano, polo leste con Sutatausa, Cucunubá e Suesca e polo sur cos concellos de Nemocón e Cogua.

Tierra de Campos

Tierra de Campos (Terra de Campos) é unha bisbarra natural localizada na Comunidade Autónoma de Castela e León, que se estende polas provincias de Palencia, Valladolid, Zamora e León.

A súa orixe está no chamado "Campo de Galiza" (Campus Gallaeciae) do Baixo Imperio Romano, que co tempo recibirá o nome de "Campos Góticos" (Campi Gothici ou Campi Gothorum), tendo a súa capital histórica en Palencia.

Yeclano Deportivo

O Yeclano Deportivo é un club de fútbol de España, da cidade de Yecla, na Rexión de Murcia. Foi fundado en 2004 e actualmente xoga na Segunda División B Española, logo de ascender na tempada 2011-12.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.