Val do Dubra

Val do Dubra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago.

Coordenadas: 43°1′35.53″N 8°39′22.64″O / 43.0265361, -8.6562889

Val do Dubra
Bandeira de Val do Dubra
---
Escudo de Val do Dubra
Val do Dubra concello 01-02
Casa do Concello.
Situacion Val do Dubra
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Santiago
Poboación3.925 hab. (2018)
Área108,7 km²
Densidade36,11 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Capital do concelloBembibre
Política (2019[2])
AlcaldeAntonio Negreira Noya (Son de Val do Dubra-ANOVA)
Concelleiros
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 2
Outros: SON de Val do Dubra-ANOVA-Son en Común 3, TEGA 2, IxDUBRA 1
Eleccións municipais en Val do Dubra
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes90,66%
Na rede
www.valdodubra.gal
correo@valdodubra.dicoruna.es

Toponimia

Dubra viría do plural dubra do céltico dubron (auga), ou dunha forma feminina dubra, que significaría o mesmo. Tería mesma etimoloxía o río Dobra en Asturias e outros tpónimos franceses (Douvres, río Douvre), ingleses (Dover), irlandeses e escoceses (Dobhar), alemáns (Tauber, antes Dubra) ou neerlandeses (Doveren)[4].

Demografía

Segundo o padrón municipal (INE 2015) conta con 4.033 habitantes (1.942 homes e 2.091 mulleres), mantendo a liña descendente dos últimos anos: 4.423 en 2009, 4.481 habitantes en 2008, 4.515 en 2007 e 4.580 en 2006. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é dubrés - valdubrés.

Censo total 2014 4.033 habitantes
Menores de 15 anos 374 (9.27 %)
Entre 15 e 64 anos 2.324 (57.62 %)
Maiores de 65 anos 1.335 (33.1 %)
Evolución da poboación de Val do Dubra   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.409 5.579 6.900 6.554 4.642 4.423 4.313 4.234 4.136 4.120 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

A primeira noticia que se ten desta terra é a recollida no Cronicon Iriense e na que se di que Miro, rei dos suevos, asigna a terra chamada Dubriam á sede Iria en Padrón.

No 1016 o soldado Arias Cesar doou ó mosteiro que os beneditinos tiñan en Compostela, a igrexa de Santiago de Buxán.

Neste val obtiña o mosteiro de San Martiño Pinario grandes tributos de trigo e centeo.

O concello creouse en 1835 coa denominación de Buxán (que corresponde á parroquia de Buxán). En 1960 cambiou o seu nome ao actual de Val do Dubra.

A casa do concello estaba situada en Buxán, trasladándose a principios do século XX á Corredoira (Bembibre). A principios dos anos vinte estableceuse en Casal (Niveiro), pasando a Bembibre en 1924. Coa República trasladouse ao lugar da Taboada e en 1958 instalouse definitivamente no seu actual emprazamento.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Val do Dubra.
Pazo de Cañotas

Pazo de Cañotas

Lugares de Val do Dubra

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Val do Dubra vexa: Lugares de Val do Dubra.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Arabexo, Val do Dubra

Santa María de Arabexo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2014 tiña 250 habitantes (135 mulleres e 115 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 408 habitantes.

Bembibre, Val do Dubra

San Salvador de Bembibre (do latín bene vivere, 'ben vivir, lugar bo para vivir') é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2013 tiña 1062 habitantes (552 mulleres e 510 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 866 habitantes.

Buxán, Val do Dubra

Santiago de Buxán é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2014 tiña 298 habitantes (151 mulleres e 147 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 403 habitantes.

Comarca de Santiago

A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santiago de Compostela. A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Coucieiro, Val do Dubra

San Martiño de Coucieiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Val do Dubra na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2014 tiña 389 habitantes (197 mulleres e 192 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 552 habitantes.

Eleccións municipais en Val do Dubra

Corporacións democráticas no Val do Dubra desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Celestino Pais Puga — UCD

1983 Alcalde: José Pombo Grille — PSdeG-PSOE

1987 Alcalde: Manuel García Monteagudo — PNG

1991 Alcalde: Juan Manuel Baleato — PPdeG

1995 Alcalde: Juan Manuel Baleato — PPdeG

1999 Alcalde: Juan Manuel Baleato — PPdeG

2003 Alcalde: Juan Manuel Baleato — PPdeGModelo:Val do Dubra 2003

2007 Alcalde: Juan Manuel Baleato — PPdeGModelo:Val do Dubra 2007

2011 Alcalde: Juan Manuel Baleato — PPdeG. Dimite en outubro de 2011 tras ser inhabilitado por prevaricación. Foi substituído interinamente por Rosa Parafita de forma provisional, e por Ramón Camilo Varela Mariño de forma definitiva.

2015 Alcalde: Antonio Negreira Noya — Son de Val do Dubra - ANOVACandidatos: Antonio Negreira Noya (Son de Val do Dubra - Anova), Ramón Camilo Varela Mariño (PP), Óscar del Río Pombo (TEGA), Manuel Cándido Señarís Brea (Agrupación Dubresa Independente), José Rodríguez Bardanca (PSdeG-PSOE), Hadrián Grille Negreira (BNG) e Teolindo Muíño Iglesias (Non á Especulación Urbanística).

Erviñou, Val do Dubra

San Cristovo de Erviñou é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2014 tiña 126 habitantes (63 mulleres e 63 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 193 habitantes.

Galería de imaxes de Val do Dubra

Galería de imaxes do concello de Val do Dubra na provincia da Coruña.

José María Castelo Mosquera

José María Castelo Mosquera, coñecido como Doctor ou Casteliño, nado en Iñás (Oleiros) en 1920 e finado en Paramos (Val do Dubra) o 5 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Lugares de Val do Dubra

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Val do Dubra

Manuel Pena Camino

Manuel Pena Camino, coñecido como Flores, nado en Castro (Mesía) en 1909 e finado en Paramos (Val do Dubra) o 5 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Niveiro, Val do Dubra

San Vicente de Niveiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2014 tiña 264 habitantes (137 mulleres e 127 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 348 habitantes.

Paramos, Val do Dubra

Santa María de Paramos é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2014 tiña 185 habitantes (96 mulleres e 89 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 239 habitantes.

Portomeiro, Val do Dubra

San Cosme de Portomeiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2013 tiña 151 habitantes (72 mulleres e 79 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 207 habitantes.

Portomouro, Val do Dubra

San Cristovo de Portomouro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2013 tiña 367 habitantes (195 mulleres e 172 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 422 habitantes, e 1999, con 482.

Rial, Val do Dubra

San Vicente de Rial é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2014 tiña 648 habitantes (327 mulleres e 321 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 838 habitantes.

Río Tambre

O río Tambre é un curso fluvial galego, pertencente á vertente atlántica. A súa parte media e alta (río Tambre) así como a súa desembocadura (esteiro de Tambre) foron declaradas zonas especiais de conservación.Nace na lagoa de Sobrado, que recolle as augas dos regos de Fontevirtude e de Rodelo e mailos seus afluentes, preto da aldea da Porcariza, en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada de Langaño. Ten un percorrido de 125 km, e percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame. A súa cunca abarca 1.531 km².

Os seus principais afluentes son o Dubra, o Barcala , o Maruzo, o Samo e o Lengüelle.

San Román, Val do Dubra

Santa Mariña de San Román é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2014 tiña 271 habitantes (138 mulleres e 133 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 397 habitantes.

Vilariño, Val do Dubra

San Pedro de Vilariño é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2013 tiña 95 habitantes (49 homes e 46 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 146 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.