Val de Xálima

O Val de Xálima, coñecido tamén como Val do río Ellas ou Val dos Tres Lugares (na fala Vali de Xálima, Vali do riu Ellas ou Os Tres Lugaris e en español e oficialmente Valle de Jálama), é unha rexión da provincia de Cáceres en Estremadura, situada na fronteira con Portugal e Salamanca. Nela consérvase e utilízase a Fala de Estremadura, considerada unha variante do galego, se ben non ten calidade de lingua oficial. Comprende os concellos de San Martiño de Trebello, As Ellas e Valverde do Fresno.

Val de Xálima
Bandeira Val de Xálima
CapitalValverde do Fresno
PaísEspaña España
Comunidade autónomaEstremadura Estremadura
ProvinciaCáceres
Concello3
Poboacion4.214 hab. (2015)
Superficie254,11 km²
Densidade16,58 hab/km²

Xeografía

Está situado a unha altitude media de 500 msnm, e está presidido polo monte Xálima, de 1.492 m de altitude, onde nacen numerosos regueiros que forman o río Ellas, que travesa todo o val, sendo o afluente do río Texo que constitúe unha fronteira natural entre España e Portugal. O seu curso é duns 50 km aproximadamente. O val está protexido por abruptas formacións montañosas de entre 1.200 e 1.500 m que o separan de Castela e León; ao sueste outra serra de entre 700 e 900 m sepáraa do resto de Estremadura, e polo oeste ábrese a Portugal. É, por tanto, unha cunca natural perfectamente delimitada e apartada dos territorios de fala castelá e estremeña polas dificultades orográficas, que permitiu conservar a Fala de Estremadura, e outras características de toponimia, arquitectura e gastronomía de orixe galaico-portuguesa.

Concellos

Cidade Extensión
(km²)
Poboación 2015
(hab.)
Densidade
(hab./km²)
As Ellas 33 941 29,39
San Martín de Trebello 23,82 851 36,15
Valverde do Fresno 197,29 2.422 12,37
254,11 4.214 16,58

Lingua

O val distínguese dos concellos limítrofes pola lingua dos seus habitantes, a fala de Estremadura. Trátase dun conxunto de dialectos galaicoportugueses: o manhegu de San Martín de Trebello, o lagarteiru das Ellas e o valverdeiru de Valverde do Fresno. Estas falas, aínda que presentan pequenas diferenzas entre eles, teñen a mesma base lingüística.

As Ellas

As Ellas (na fala: As Ellas; en castelán: Eljas) é un concello da provincia de Cáceres, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado ao oeste da comarca da Serra de Gata e é un dos tres municipios nos cales se fala a fala de Estremadura.

Con 970 habitantes en 2014, é o quinto municipio máis poboado da comarca. No seu termo municipal atópase a pedanía do Souto. A vila é coñecida polo seu castelo.

As Portelas

As Portelas ou Alta Seabra (Alta Senabria en leonés e Alta Sanabria en castelán) é unha rexión ou subcomarca non oficial da comarca de Seabra, ao noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León, que testa con Galicia e con Portugal, e na que historicamente se fala o galego, aínda que legalmente non está recoñecido como oficial. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «portelao/á» .

Comprende os concellos de Porto, Pías, Lubián e Hermisende. Ademais, no lugar de Calabor, en Pedralba de la Pradería tamén se fala o galego. Xunto co Bierzo occidental na provincia de León e a Terra Eo-Navia en Asturias considérase a este territorio como parte da Galicia estremeira.

En 2018, a área galegofalante da provincia de Zamora tiña 938 habitantes repartidos da seguinte maneira:

concello de Lubián - 302 hab. (2 no mapa)

concello de Hermisende - 247 hab. (4 no mapa)

concello de Porto - 165 hab. (1 no mapa)

concello de Pías - 123 hab. (3 no mapa)

lugar de Calabor no concello de Pedralba de la Pradería - 101 hab. (5 no mapa)

Concellos galegofalantes de Asturias, Castela e León e Estremadura

Hai un total de 50 concellos que, total ou parcialmente, teñen o galego como lingua propiaaclarar que significado se lle quere dar a isto de "propia"[Cómpre referencia] fóra de Galicia, deles 19 están en Asturias, 28 en Castela e León e 3 en Estremadura.

Domingo Frades

Domingo Frades Gaspar, nado en San Martiño de Trebello, é un escritor estremeño en mañego. Membro correspondente da Real Academia Galega dende 2004 .

Eduardo Sanches Maragoto

Eduardo Sanches Maragoto, nado no Barqueiro en 1976, é un filólogo galego. É presidente da Associaçom Galega da Língua.

España

España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

España atópase no suroeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas.

Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é un dos países máis montañosos de Europa. A súa poboación é de 47 190 493 habitantes, segundo datos do padrón municipal de 2011.

De acordo a Constitución Española, o castelán ou español é a lingua oficial do Estado. Outras linguas son recoñecidas como cooficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme os seus Estatutos de autonomía. As modalidades lingüísticas de España son un dos seus patrimonios culturais, obxecto de especial respecto e protección.

A economía española é a 14ª economía mundial en términos de PIB, por diante de Indonesia e de Turquía, e segundo Eurostat, o PIB per cápita español situouse, en 2011, no 99% da media da Unión Europea, por diante de Chipre.Ademais, segundo o informe de 2010 da ONU, ten un índice de desenvolvemento humano de 0.878, o 23º maior do mundo, por diante doutros grandes países europeos, como Grecia, Italia ou Reino Unido.

Estremadura

Estremadura (en estremeño: Estremaúra, en castelán: Extremadura, na fala e portugués: Estremadura) é unha comunidade autónoma instituída na rexión natural localizada no oeste de España. Limita ao norte con Castela e León, ao leste con Castela-A Mancha, ao sur con Andalucía e ao oeste coas rexións portuguesas do Alentexo e as Beiras.

Esta comunidade autónoma ten a súa capitalidade na cidade de Mérida, e está composta polas provincias de Cáceres ao norte e Badaxoz ao sur.

Fala de Estremadura

A fala de Estremadura, tamén coñecida como fala de Xálima, fala dos tres lugares ou valego, e galego estremeño polos partidarios da teoría sobre a relación entre a fala e a lingua galega, é unha variedade lingüística galego-portuguesa falada nos concellos de San Martiño de Trebello, Valverde do Fresno e As Ellas, no Val de Xálima, no noroeste da provincia de Cáceres, en Estremadura. Aínda que non se pode considerar galego en sentido estrito , a maior parte dos lingüistas galegos trátana como unha variedade histórica do galego por consideraren que ten moito máis que ver coas falas galegas que co portugués estándar e pola súa orixe, pero non todos pensan da mesma forma, algúns pensan que é unha lingua diferenciada do galego pero o galego é a máis próxima. O Ethnologue recólleo como unha lingua e dálle o seu propio código ISO 639-3, fax, non obstante a maioría dos investigadores evitaron darlle a denominación de lingua.

Tradicionalmente non hai un nome propio que abranga as tres modalidades que se falan en cada un dos tres concellos do val:

Mañego (mañegu), en San Martiño de Trebello.

Valverdeiro (valverdeiru), en Valverde do Fresno.

Lagarteiro (lagarteiru), nas Ellas.

Galego exterior

Utilízase a expresión galego exterior para referirse ás falas galegas de zonas do Estado español que non fan parte da comunidade autónoma de Galiza. Estas zonas de lingua e cultura galegas non foron incluídas nas catro provincias galegas na reforma de Javier de Burgos en 1833 (aínda que algunhas xa levaban tempo separadas do reino de Galiza) e, polo tanto, non están incluídas no territorio da comunidade autónoma. As falas destes lugares pertencen na súa maioría ao grupo do galego oriental, coa Fala de Estremadura sendo unha póla separada do tronco galego-portugués.

Estas falas situadas ao oriente da Galiza administrativa tamén reciben outros nomes como “galego estremeiro” ou “galego da franxa exterior”.

Estas falas organízanse xeograficamente en:

Terra Eo-Navia (Asturias), arredor de 40.000 persoas

O Bierzo baixo (León) arredor de 30.000 a 35.000 persoas

As Portelas (Zamora), arredor de 1.000 persoas

Val de Xálima (Cáceres), arredor de 4.500 persoas

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Lingua galega

O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

O galego moderno forma parte do grupo de linguas ibero-occidentais, unha familia de linguas románicas que inclúen o portugués, e que se desenvolveu dende o latín vulgar falado na provincia de Gallaecia, e evolucionou ao que os lingüistas chaman galaico-portugués, falado no Reino de Galicia. As diverxencias dialectais son observables entre as formas do norte e do sur do galaico-portugués en textos do século XIII, mais as dúas variedades eran semellantes abondo para manter un alto grao de unidade até mediados do século XIV, coa literatura galego-portuguesa medieval. A diverxencia continuou até o presente, producindo as modernas linguas galega e portuguesa.O léxico do galego é predominantemente de orixe latina, malia que tamén contén un certo número de palabras de orixe celta e xermánica, entre outros substratos e adstratos. Tamén incorporou certo número de palabras do árabe de Al-Andalus, principalmente a través do castelán.

A Real Academia Galega é consonte a Lei de Normalización Lingüística vixente, a entidade competente para a fixación das normas da lingua galega, non obstante as actuais normas elaboráronse na súa orixe conxuntamente co Instituto da Lingua Galega, teñen tamén un papel destacado o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e o Consello da Cultura Galega.

O Bierzo

O Bierzo (en castelán e oficialmente: El Bierzo, en leonés: El Bierzu/Bierciu) é unha comarca do oeste da provincia de León, limítrofe con Galicia, que ocupa unha área de 2.828 km², dividida entre 38 concellos. A súa capital é Ponferrada. É a única comarca recoñecida por lei en Castela e León, creada polas peculiaridades xeográficas, históricas, sociais e económicas que a diferencian do resto da comunidade.

A comarca é parcialmente galegofalante e polo tanto con representación na Real Academia Galega. Xunto coa Terra Eo-Navia en Asturias e As Portelas na provincia de Zamora considerase á zona occidental deste territorio como parte da Galicia irredenta.

San Martiño de Trebello

San Martiño de Trebello (na fala: Sa Martín de Trevellu; en castelán: San Martín de Trevejo) é un concello da provincia de Cáceres que cobre unha superficie de 24,71 km², na que vivían 949 habitantes no ano 2004, cunha densidade de poboación de 38,41 h/km².

Terra Eo-Navia

A Terra Eo-Navia (en castelán e oficialmente Eo-Navia) é unha rexión que se atopa no occidente do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia e que comprende 19 concellos situados entre os ríos Eo e Navia (máis concretamente o río Frexulfe). Trátase dunha denominación de recente creación que non se corresponde con ningunha división territorial oficial ou de uso cotián tradicional. Xunto co Bierzo occidental na provincia de León e As Portelas na provincia de Zamora considérase este territorio como parte da Galicia estremeira.

Valverde do Fresno

Valverde do Fresno (na fala: Valverdi du Fresnu; en castelán: Valverde del Fresno), é un concello da provincia de Cáceres que cobre unha superficie de 197,27 km², na que vivían 2.578 habitantes no ano 2004, cunha densidade de poboación de 13,07 h/km². O seu xentilicio tradicional é «valverdeiro» .

Val de Xálima | Concellos galegofalantes da provincia de Cáceres
Territorios de fala galega

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.