Val da Louriña

O Val da Louriña é unha comarca histórica da provincia de Pontevedra formada polos concellos de Mos e O Porriño, é moi coñecida a zona destes municipios polo nome da Louriña fronte a denominación oficial na que se enmarcan, comarca de Vigo, así o reflicten os periódicos da provincia e locais. O seu nome outórgallo o río Louro que recolle as augas de todo o val encamiñado a crear unha das zonas naturais máis importantes do sur da provincia, as gándaras de Budiño.

Dentro da demarcación eclesiástica, a comarca do Val da Louriña constitúe un arciprestado. Este inclúe tamén a parroquia viguesa de Zamáns, e exclúe San Salvador de Budiño (pertence ó arciprestado de Entenza).

Comarca do Val da Louriña
Comarca do Val da Louriña
ProvinciaProvincia de Pontevedra
Capital-
Área114,4 km²
Poboación34203 hab. (2015)
ConcellosO Porriño O Porriño
Mos Mos

Demografía

Concello Extensión
(km²)
Poboación
(hab.) 2015
Densidade
(hab./km²)
O Porriño O Porriño 61,2 18 898 308,79
Mos Mos 53,2 15 305 287,68
Total 114,4 34 203 298,98

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Cans, O Porriño

Santo Estevo de Cans é unha parroquia do concello do Porriño, situada no Val da Louriña. Segundo o padrón municipal de 2010 tiña 458 habitantes (224 mulleres e 234 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución dun habitante en relación ao ano 1999, cando tiña 459 habitantes.

Louriña

O topónimo galego Louriña pode referirse a:

Louriña, lugar da parroquia de Cuntis, no concello de Cuntis;

A Louriña, lugar da parroquia de Pontellas, no concello do Porriño;

Val da Louriña, comarca natural nos concellos do Porriño e Mos.

María Magdalena Domínguez

María Magdalena Domínguez Domínguez, nada en Mos o 11 de xullo de 1922, é unha poeta galega.

Mos

Mos é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca de Vigo. Antigamente inscribíase na histórica Comarca da Louriña, que pese a non ter valor administrativo segue tendo presenza no imaxinario colectivo e nos medios de comunicación .

O seu xentilicio é mosense. Segundo o IGE, no ano 2014 contaba con 15.324 habitantes dos cales 7.529 son homes e 7.795 mulleres .

Ten unha superficie de 53,2 km² e unha densidade de poboación de 288,04 hab/km² repartidos en dez parroquias: Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso.

Este concello estableceuse constitucionalmente no ano 1836, non tendo nestes dous séculos apreciables variacións agás os diferentes cambios de capitalidade .

O Porriño

O Porriño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo, en concreto ao Val da Louriña. Segundo o IGE en 2018 tiña 19.740 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «porriñés».

Río Louro

O río Louro é un afluente do Miño, no seu tramo final, pola súa marxe dereita. Ten todo o seu percorrido na provincia de Pontevedra. Atravesa os concellos de Pazos de Borbén, Mos, Redondela, Porriño e Tui.

Santo Estevo de Budiño, Salceda de Caselas

Santo Estevo de Budiño, ou Budiño de Baixo, é unha parroquia encravada no Val da Louriña e moi ligada ao Porriño, aínda que pertence ao concello de Salceda de Caselas na comarca de Vigo. Segundo o IGE en 2011 tiña 700 habitantes (363 homes e 337 mulleres).

Torroso, Mos

San Mamede de Torroso é unha parroquia que se localiza no concello de Mos. Está situado dentro da zona de influencia do Val da Louriña, entre os concellos do Porriño, Redondela, Pazos de Borbén, Ponteareas e Vigo. Segundo o INE en 2010 tiña 1.350 habitantes (711 mulleres e 636 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.252 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 1.418 habitantes, sendo 679 homes e 739 mulleres.

Área Metropolitana de Vigo

A Área Metropolitana de Vigo (AMV) é a rexión urbana e entidade local supramunicipal que engloba á cidade galega que lle dá nome e unha serie de concellos satélites que funcionan como cidades dormitorio, industriais, comerciais e de servizos.

O espazo metropolitano de Vigo responde ó modelo clásico de cidade central dominante, que alcanzou un importante grao de complexidade e atópase nun ciclo de proceso metropolitano no que a cidade central empeza a perder peso poboacional e económico relativo a favor dos concellos limítrofes.

Foi constituída como entidade xurídica, segundo a lei autonómica 4/2012 da Xunta de Galicia.

A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.