Val Miñor

O Val Miñor é unha bisbarra natural,[1] formada polos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar. Conforman unha mancomunidade que presta diversos servizos, como a piscina ou os bombeiros.[2]

Comarca do Val Miñor
Comarca do Val Miñor
ProvinciaProvincia de Pontevedra
Capital-
Área143.8 km²
Poboación43999 hab. (2014)
ConcellosCoat of Arms of Baiona (Official).svg Baiona
Escudo de Gondomar.svg Gondomar
Escudo de Nigrán.svg Nigrán

Demografía

Concello Extensión
(km²)
Poboación
(hab.) 2014
Densidade
(hab./km²)
Coat of Arms of Baiona (Official).svg   Baiona 34,5 12 233 354,58
Escudo de Gondomar.svg   Gondomar 74,5 14 051 188,60
Escudo de Nigrán.svg   Nigrán 34,8 17 715 509,05
Total 143,8 43 999 305,97

Fonte: IGE[1]

Descrición

Puente romanico
Ponte da Ramallosa sobre o río Miñor. Une Sabarís (Baiona) coa Ramallosa (Nigrán).

Debido a expansión da cidade de Vigo, os concellos que formaban o Val Miñor foron absorbidos pola comarca de Vigo a comezos do século XXI.

O seu nome débese ao río Miñor. A foz do río é de gran valor ecolóxico especialmente polas súas aves, que son permanentemente rexistradas por numerosos ornitólogos[3].

Hoxe en día o concepto Val Miñor é usado por distintas asociacións comúns aos tres concellos (ás veces dous) de carácter político, empresarial ou cultural, entre outros. Unha das institucións máis representativa é a asociación cultural Instituto de Estudos Miñoranos.[4]

Poboación por parroquias [5]

Parroquia Concello Poboación
Baiona Baiona 4.788
A Ramallosa Nigrán 4.712
Nigrán Nigrán 3.897
Panxón Nigrán 3.744
Gondomar Gondomar 3.588
A Ramallosa Baiona 3.246
Priegue Nigrán 2.168
Vincios Gondomar 2.096
Baíña Baiona 1.749
Donas Gondomar 1.458
Camos Nigrán 1.449
Mañufe Gondomar 1.364
Borreiros Gondomar 1.249
Belesar Baiona 1.204
Morgadáns Gondomar 1.199
Parada Nigrán 1.154
Baredo Baiona 1.085
Peitieiros Gondomar 918
Chaín Gondomar 889
Vilaza Gondomar 879
Chandebrito Nigrán 455
Couso Gondomar 416

O Val Miñor na cultura popular

  • Terra por terra, Barzademera; millor por millor, val de Miñor.
(Barzademera, por Barcia de Mera)

Notas

  1. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada VAL MIÑOR: Bisbarra natural localizada no cuadrante sudoccidental de Galicia, no contorno do tramo final de costa das Rías Baixas...
  2. Ás veces inclúese ao concello de Oia. Por exemplo: "Val Miñor en Faro de Vigo".
  3. Blog Aves do Val Miñor.
  4. "Instituto de Estudos Miñoranos". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2016. Consultado o 18 de xaneiro de 2007.
  5. "IGE". Nomenclátor de Galicia. Consultado o 20/7/2016.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

AG-57

A autoestrada do Val Miñor, denominada oficialmente AG-57, é unha autoestrada de peaxe que vai desde a autovía urbana de Vigo (VG-20) até a estrada PO-552, no lugar de Rocamar (Baredo). Conta cuns 22,6 km, se ben orixinalmente estaban proxectados 25. Ten un ramal a Nigrán denominado AG-57N, duns 3,3 km.

A Xunqueira, Borreiros, Gondomar

A Xunqueira é un lugar da parroquia de Borreiros, no concello pontevedrés de Gondomar, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2014 tiña 65 habitantes (35 mulleres e 30 homes).

Nesta aldea están as Urxencias do Val Miñor.

Alto da Groba

O Alto da Groba é un monte situado na parroquia de Belesar, no concello pontevedrés de Baiona. Cos seus 662 metros de altura é o pico de máis alto da Serra da Groba. Forma parte do sendeiro de grande percorrido GR58, máis coñecido como o Sendeiro das Greas pola gran cantidade de cabalos ceibes que viven na zona.

No ascenso ao cumio existen dúas áreas recreativas, O Cortelliño e A Chan da Lagoa, dende as que se pode enxergar unha boa panorámica do Val Miñor e da entrada á Ría de Vigo, entre outros puntos.

Arciprestado de Miñor

O arciprestado do Miñor é un arciprestado da comarca do Val Miñor, pertencente á diocese de Tui-Vigo. Abrangue parroquias dos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán.

Baíña, Baiona

Santa Mariña de Baíña é unha parroquia do concello de Baiona. Limita coas parroquias de Belesar, Baredo, Santa Cristina da Ramallosa e Baiona e pertence á comarca do Val Miñor e ó arciprestado de Miñor.

Segundo o IGE , tiña 1749 veciños en 2015 e os seus lugares máis destacados son: O Burgo (518), O Cruceiro (178), Os Eidos (150), As Fontes (231), A Igrexa (121), As Laxes (442), O Río (104) e San Cosme (5). Algúns dos seus casais son: A Moura, O Rial, A Sirimba, As Laxes de Quinós, Almirante Fontán (253) e Santa Marta (331).

Chandebrito, Nigrán

San Xosé de Chandebrito é unha das sete parroquias do concello pontevedrés de Nigrán. Segundo o IGE, no 2015 tiña 495 habitantes (249 mulleres e 246 homes), distribuídos en catro entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 503 habitantes. É a menos poboada do concello e a segunda menos poboada das vinte e dúas do Val Miñor por detrás de Couso (Gondomar).

É rural e interior, e limita coas parroquias de Camos, Vincios (Gondomar), Coruxo e Valadares (Vigo).

Chaín, Gondomar

Santa María de Chaín é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar. Segundo o IGE en 2009 tiña 855 habitantes (447 mulleres e 308 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 714 habitantes. É unha das parroquias menos poboadas das vinte e dúas dos tres concellos do Val Miñor, aínda que nos últimos anos proliferou a construción de segundas vivendas, dedicadas, principalmente, ó veraneo.

Comarca de Vigo

Non confundir con: Área Metropolitana de Vigo

A comarca de Vigo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vigo. A ela pertencen os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

Couso, Gondomar

San Cristovo de Couso é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 410 habitantes (210 mulleres e 200 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 393 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 414 habitantes, sendo 209 homes e 205 mulleres.

Destaca o Alto de Santo Antoniño pola súa área de lecer e as vistas panorámicas de boa parte do Val Miñor. Pola parroquia pasa o río de Couso.

Dentro da arquitectura relixiosa destaca a igrexa parroquial e unha capela. Entre a arquitectura popular destacan os canizos ou hórreos, pontes, cruceiros e casas.

Da parroquia é a banda de gaitas Novos Aires, e nela hai dúas asociacións de Augas e dúas Comisións de Festas (San Cristovo e Os Remedios).

Curro da Valga

O curro da Valga é unha rapa das bestas que se celebra na Valga (Loureza, Oia) durante o segundo domingo de maio. É o primeiro curro do Val Miñor- Serra da Groba do ano.

De madrugada os veciños soben ó monte dirixidos polo bestilleiro e acurralan as burras do monte. O rito comeza coa baixa: acoso, acurralamento e condución dos grupos de cabalos. Os animais van descendendo ata chegar ó curro.

No recinto do curro, realízase a rapa das bestas: márcanse (cada dono posúe o seu marco) a lume e córtanselle as crins.

Erizana Club de Fútbol

O Erizana Club de Fútbol é un club de fútbol galego do concello de Baiona. Xoga de local no campo de Val de Martín e compite no Grupo 5 da Primeira Autonómica de Galicia.

Gondomar

Gondomar é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca histórica do Val Miñor (Baiona, Gondomar e Nigrán). Dende o ano 1992 está administrativamente ligada á Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo , á comarca de Vigo e integra a Área Metropolitana de Vigo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 14 192 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é gondomarés

ou gondomarense.

Groba

O topónimo galego Groba pode referirse a:

Groba, lugar da parroquia de Ponte Veiga, no concello do Carballiño;

Groba, lugar da parroquia de Golmar, no concello da Laracha;

A Groba, lugar da parroquia de Moldes, no concello de Boborás;

A Groba, lugar da parroquia de Lebosende, no concello de Leiro;

A Groba, lugar da parroquia de Ribadetea, no concello de Ponteareas;

A Groba, lugar da parroquia de Sanín, no concello de Ribadavia;

O río Groba, no Val Miñor;

A serra da Groba, na comarca do Baixo Miño;

O alto da Groba, monte máis alto de dita serra.

A Groba de Abaixo, lugar da parroquia de Larín, no concello de Arteixo;

A Groba de Arriba, lugar da parroquia de Larín, no concello de Arteixo;

A Costa da Groba, lugar da parroquia de Guláns, no concello de Ponteareas.Amais, como apelido pode referirse a:

Rogelio Groba Groba, músico e compositor galego(n. 1930).

Instituto de Estudos Miñoranos

O Instituto de Estudios Miñoráns ou Instituto de Estudos Miñoranos, tamén coñecido polas siglas IEM, é unha asociación da bisbarra do Val Miñor creada o 27 de outubro de 1999.

Nigrán

Nigrán é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 17.715 habitantes (8.684 homes e 9.031 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nigranés.

Nigrán Club de Fútbol

O Nigrán Club de Fútbol é un club galego de fútbol de Nigrán. Xoga no grupo V da Primeira Autonómica.

Panxón, Nigrán

San Xoán de Panxón é unha parroquia do concello de Nigrán, pertencente á comarca do Val Miñor. Panxón é unha parroquia de tradición mariñeira, cun porto propio dependente da Xunta de Galicia. Segundo o IGE en 2011 tiña 3.901 habitantes (1.946 homes e 1.955 mulleres).

Praia de Patos

A praia de Patos é un areal situado na parroquia de Panxón, no concello de Nigrán, no Val Miñor.

Sitúase entre a península de Monteferro e a praia do Caranquexo, tamén coñecida como praia das Canas. Esta praia é moi frecuentada por afeccionados e seguidores do mundo do surf, grazas ás súas ondas provocadas pola súa orientación cara a mar aberto.

No ano 2014 tiña Bandeira Azul.

Val Miñor TV

Valmiñor TV é unha páxina web que alberga vídeos propios adicados á promoción e o turismo do Val Miñor. Conta tamén con espazos en plataformas como Metacafe, Dailymotion, Vimeo, Sevenload e YouTube.

A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.