Val

En xeoloxía, un val é un accidente xeográfico que forma unha depresión lonxitudinal, cercada polo tanto por áreas mais altas, como montañas ou outeiros. O seu tamaño pode variar duns poucos quilómetros cadrados a centenas ou mesmo millares.

Un val moi encaixado de vertentes abruptas chámase garganta ou foz.

Os vales fórmanse por diversos procesos xeográficos: os vales glaciares, que normalmente teñen a forma en "U" formáronse hai decenas de millares de anos pola erosión dos glaciares, mentres que os vales en forma de "V" foron normalmente formados polos ríos. Vales de tipo Rift, como o Gran Val do Rift, foron formados pola expansión da costra terrestre debido á actividade tectónica baixo a superficie da Terra. Polo común, os vales son xeralmente formados pola actividade fluvial, onde a acción da auga corrente causa a erosión do terreo.

Fljótsdalur
Fljótsdalur no leste de Islandia.

Véxase tamén

Outros artigos

As Neves

As Neves é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE, contaba no 2014 con 4.121 habitantes, o que supón unha diminución de habitantes con respecto aos censos anteriores. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nevense.

California

California é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Situado na costa norte do océano Pacífico, é o estado máis poboado do país, con máis de 38 millóns de habitantes. É tamén o terceiro maior estado en extensión dos Estados Unidos, por detrás só de Alasca e Texas. California é o maior centro comercial e industrial dos Estados Unidos, así como o líder nacional na produción de produtos agropecuarios.

Das vinte maiores cidades de Estados Unidos, catro están localizadas en California: Os Ánxeles, San Jose, San Diego e San Francisco. A súa capital, Sacramento, tamén é unha gran cidade. A rexión sur ten unha alta densidade de poboación, e alí é onde se localizan as catro maiores cidades do estado, mentres que a rexión norte está menos densamente habitada, e Sacramento é a única gran cidade situada nesa rexión setentrional.

Os españois foron os primeiros en explorar e colonizar a área onde actualmente se sitúa o estado de California e, despois da independencia mexicana, tornou parte de México. Os estadounidenses anexionaron California por volta de 1850, despois dunha guerra con México.

O alcume do estado é The Golden State, é dicir, o "estado dourado". Con todo, a orixe deste nome aínda é tema de discusión. Pode proceder da febre dourada de 1849, cando as minas de ouro atraeron decenas de milleiros de persoas de todo o país á rexión. Outra posibilidade é unha referencia á herba nativa do estado, que adquire unha cor dourada na estación seca. Comunmente, o alcume tamén é unha referencia ao seu clima, quente e soleado durante a maior parte do ano. O nome do estado vén dunha novela (Las sergas de Espladián, As aventuras de Espladián) do século XVI, escrita polo español Garci Rodríguez de Montalvo, onde existía un paraíso chamado California.

Castrelo do Val

Castrelo do Val é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2015 tiña 1079 habitantes (1263 en 2003).|O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é castrelexo.

Castrillo del Val

Castrillo del Val é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 805 habitantes (INE 2012).

Comarca da Barcala

A comarca de Barcala é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Negreira. Pertencen a ela os concellos da Baña e Negreira.

O nome desta comarca provén do río Barcala, que atravesa a demarcación e forma un val (Val de Barcala) dende o seu nacemento en terras do concello da Baña até a súa desembocadura no río Albariña, que acabará morrendo no Tambre, xusto despois do seu paso pola zona baixa da vila de Negreira.

Comarca de Santiago

A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santiago de Compostela. A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Italia

Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.

No norte está flanqueado polo arco alpino onde limita, de leste a oeste, con Eslovenia, Austria, Suíza e Francia. O resto do territorio está circundado polos mares Lígur, Tirreno, Xónico e Adriático. Os pequenos estados da Cidade do Vaticano e San Marino son enclaves dentro do territorio italiano. Á súa vez Campione d'Italia é un concello italiano que forma un pequeno enclave en territorio suízo. A superficie total é de 301.340 km2, cunha poboación de 60,8 millóns de habitantes. A súa capital desde os tempos do Imperio romano é Roma, e foi durante séculos o centro político e cultural da civilización occidental

Ten sido o fogar de moitas culturas europeas coma a civilización de Nuraga, os etruscos, os gregos e os romanos. Despois da caída do Imperio Romano de Occidente, a Italia medieval foi invadida e sometida á dominación de pobos xermánicos coma os Ostrogodos, os Longobardos e os Normandos. Isto non impediu que a Península, coa revitalización comercial das comunas medievais, chegara a se-lo berce do capitalismo. No século XV, coa difusión do Renacemento por toda Europa, convértese no centro cultural do mundo occidental; mais despois das guerras do século XVI cae baixo a soberanía de potencias estranxeiras, coma Francia, España e Austria. Durante o Risorgimento combate pola independencia e pola unidade, ata que en 1861 foi proclamado o Reino de Italia. A ditadura fascista, iniciada en 1922, rematou coa derrota na segunda guerra mundial e a guerra de liberación. En 1946, logo dun referendo institucional, o Estado italiano convértese nunha república parlamentaria regulada pola Constitución de 1948.

No 2014 Italia, oitava potencia económica mundial e cuarta europea, é un país cun elevado nivel de vida: o índice de desenvolvemento humano é moi alto, 0,872, e a esperanza de vida é de 82,4 anos. É membro fundador da Unión Europea, da OTAN, do Consello de Europa e da OCDE; adherido á ONU e ó tratado de Schengen. É ademais membro do G7, do G8 e do G20; participa no proxecto Nuclear Sharing da OTAN, é unha gran potencia rexional europea, capaz de exercer influencia política sobre opcións e decisións de orde extraeuropeo e internacional, e está en novena posición do mundo por gasto militar. En Roma teñen a súa sede numerosas organización internacionais coma a Organización para a Agricultura e a Alimentación, o Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola, o Glocal Forum ou o Programa Mundial de Alimentos.

Italia posúe o maior número de sitios declarados patrimonio da Humanidade pola UNESCO. É o quinto país do mundo e terceiro da Unión Europea que máis turistas recibe por ano, sendo Roma a terceira cidade máis visitada. Outras cidades importantes son Milán, centro industrial e finaceiro, e, segundo o "Global Language Monitor", a capital da Moda; Turín, centro da industria automobilística e do deseño industrial, Boloña, coa universidade máis antiga do mundo; as cidades históricas de Venecia, Florencia e Nápoles etc.

Narón

Narón (xentilicio «naronés/naronesa») é un concello da provincia da Coruña situado entre a ría de Ferrol e o océano Atlántico e pertencente á comarca de Ferrolterra, sendo na actualidade a área de expansión urbana máis importante da comarca. Narón limita cos concellos de Ferrol, Valdoviño, San Sadurniño e Neda. Segundo o IGE en 2016 tiña 39.426 habitantes, o que a converte na oitava vila de Galicia (38.285 no 2010, 35.664 no 2006, 35.083 no 2005, 34.404 no 2004, 33.825 en 2003), sendo o cuarto núcleo de poboación na provincia da Coruña despois da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.

É un concello mixto, con sete parroquias (Castro, Doso, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes, Trasancos e O Val) eminentemente rurais nas que viven menos da cuarta parte da poboación e cun núcleo urbano de máis de 29.000 hab. formado polos barrios da Gándara, A Solaina, O Alto do Castiñeiro, Piñeiros, O Couto, Freixeiro e Xuvia, destacando pola súa poboación as catro primeiras. Reordenado polo Concello de Narón baixo o nome de Narón ou Cidade de Narón, que agrupa máis das 3/4 partes da poboación de Narón.

O Val, Narón

Santa María a Maior do Val é unha parroquia rural, que se localiza no noroeste do concello de Narón na provincia da Coruña. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1.722 habitantes (859 mulleres e 863 homes) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.602 habitantes. A súa densidade poboación é de 132 hab/km².

Ten unha superficie de 13 km², o que a converte na meirande do concello. Limita ó norte co Océano Atlántico, ó sur coas parroquias de Trasancos e Castro, ó leste co concello de Valdoviño e ó oeste co concello de Ferrol.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

O Val de Xestoso, Monfero

San Pedro do Val de Xestoso é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Monfero na comarca do Eume. Segundo o IGE en 2013 tiña 417 habitantes (203 mulleres e 214 homes) distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 538 habitantes.

Petróglifo

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras. Son o antecedente dos símbolos previos á escritura e o seu uso na comunicación data de hai uns 12.000 anos e chega aos tempos modernos, dependendo da cultura e o lugar, dándose sobre todo a partir do Neolítico.

A palabra provén dos termos gregos petros (pedra) e glyphein (tallar) e foi na súa orixe acuñada en francés como pétroglyphe. Este termo non debe confundirse con pictografía, que é unha imaxe debuxada ou pintada na rocha, aínda que ambos os dous pertencen á categoría xeral e máis ampla da arte rupestre. As petroformas ou modelos e figuras feitas en grandes rochas no chan, tampouco son moi parecidas.

Rexións de Francia

Desde o 1 de xaneiro de 2016 Francia está dividida en 18 rexións administrativas, das que 13 se achan na Francia metropolitana (12 régions de France métropolitaine, ás que se engade Córsega, que non ten a denominación de rexión pero exerce competencias similares), e 5 son rexións de alén mar.Porén a división administrativa realmente importante dende o punto de vista organizativo é a dos departamentos, divisións interiores das rexións.

A administración francesa entende que as rexións son unha zona xeográfica definida ligadas a unha identidade cultural ou social.

As rexións francesas non teñen ningunha capacidade de autonomía, non poden promulgar leis nin teñen capacidade recadatoria propia. Limítanse unicamente a administrar un orzamento que lles concede o estado e que se dirixe fundamentalmente a obras públicas de pequeno investimento, servizos sociais e eventos culturais.

Só unha destas rexións francesas, Córsega, desenvolveu institucións de autogoberno limitadas baixo o nome de colectividade territorial.

Polo demais, cada rexión ten o seu consello rexional, elixido a partir das eleccións municipais, que escolle, á súa vez, un presidente rexional.

San Martiño de Lanzós, Vilalba

San Martiño de Lanzós é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo), situada nun val ao norte da Vilalba. Segundo o IGE, en 2015 tiña 532 habitantes (250 mulleres e 282 homes), distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 735 habitantes.

Santibáñez del Val

Santibáñez del Val é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 62 habitantes (INE 2012). Dista 5 km de Santo Domingo de Silos. Está situado na Ruta da Lá.

Val-d'Izé

Val-d'Izé (en bretón: Nant-Izeg, en galó: Val-d'Izæ) é unha comuna francesa do departamento de Ille e Vilaine, na Bretaña.

Val Logsdon Fitch

Val Logsdon Fitch, nado en Merrimen, Nebrasca, o 10 de marzo de 1923 e finado en Princeton, Nova Jersey o 5 de febreiro de 2015, foi un físico norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1980.

Val de San Lorenzo

Val de San Lorenzo é un concello español da provincia de León situado na comarca da Maragatería. A súa poboación é de 578 habitantes (INE 2011).

Val de Sangorza, Agolada

Santa María de Val de Sangorza é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 86 habitantes (49 mulleres e 37 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 138 habitantes.

Val do Carrio, Lalín

Santo André de Val do Carrio é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE ene 2011 tiña 61 habitantes (32 homes e 29 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 74 habitantes.

Val do Dubra

Val do Dubra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.