Vaca

A vaca (Bos taurus) é un animal doméstico orixinario de Europa. Utilízase para a produción de leite, carne e coiro e tamén é animal de traballo, dependendo da raza e o grao de tecnificación do lugar. As femias coñécense como vacas e os machos como bois ou touros. As crías denomínanse puchos, cuchos, cuxos, becerros ou tenreiros, e desde o ano de idade ata que paren, xovencas. Existen os adxectivos vacún/vacúa e bovino.

Segundo a FAO, no ano 2005 existían no planeta 1.272 millóns de vacas, incluíndo nesta cifra a cebús e iacs. En 2009 a cifra ascendía a 1.382.241.378. Delas corresponderían 270.675.336 a África, 509.551.701 a América, 439.175.098 a Asia, 38.616.809 a Oceanía e 124.222.434 a Europa. Destas, 6.020.200, están en España, que ocupa o sétimo lugar do continente e o sexto da Unión Europea por número de cabezas de gando bovino.[2]

Vaca
Bos primigenius
Vaca rubia galega

Vaca rubia galega
Estado de conservación
Domesticado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Xénero: Bos
Especie: B. primigenius
Subespecie: B. p. taurus
B. p. indicus

Nome binomial
Bos primigenius
Bojanus, 1827[1]
Nome trinomial
Bos primigenius taurus,
Bos primigenius indicus
Distribución dos bovinos

Distribución dos bovinos
Sinonimia
  • Bos taurus Linnaeus, 1758
  • Bos indicus Linnaeus, 1758

Étimo

A orixe etimolóxica da palabra vaca non está clara e as hipóteses difiren moito segundo os autores. Para Roque Barcia, vaca vén da voz sánscrita vapati, que significa muxir, e que no sánscrito clásico pasaría a vapati, xa co significado actual. A voz latina uacca proviría desa raíz sánscrita, co mesmo significado tamén. Outra hipótese supón para a voz latina unha orixe na onomatopeica bacca, que daría lugar tamén a bos, dando orixe ó seu heterónimo actual, boi. Para outros a voz latina tería a súa raíz na voz hebrea vaca ou bacar, un substantivo epiceno que significa o mesmo boi que vaca.

Bioloxía

Taxonomía

Ur-painting
Debuxo dun uro, Bos primigenius.

Parece probable que a vaca europea proceda da vaca salvaxe Bovidae primigenius (Bos primigenius) domesticada hai uns 8.500 anos no sueste de Europa. Era pouco común criar gado para alimentación. Comíanse apenas se morresen ou non fosen máis útiles para carga ou para fornecer leite. Ao contrario da cabra, tamén servía como animal de carga, mais precisaba de pastos maiores.

Carl von Linné identificou tres especies distintas: Bos taurus, ou gando europeo, que inclúe tipos semellantes de África e Asia; Bos indicus, ou cebú, de orixe asiática; e o Bos primigenius ou uros. Máis recentemente, estas especies agrupáronse nunha única, Bos primigenius taurus, Bos primigenius indicus e Bos primigenius primigenius. Existen numerosos híbridos e mesmo razas híbridas, cos que se tenta combinar a produtividade do gado taurino coa rusticidade e adaptabilidade a medios tropicais do gado cebú.

Anatomía

NIE Ruminant - Stomach
Estómago composto da vaca.
Artigo principal: Ruminante.

O boi e a vaca son un mamífero ungulado, herbívoro e ruminante que vive entre 14 e 16 anos.

Aparello dixestivo

Kopf einer weidenden Milchkuh
Vaca pastando.

O aparello dixestivo da vaca permítelle dixerir alimentos ricos en fibra, que noutros sistemas dixestivos non serían aproveitábeis, regurxitándoos e mascándoos de novo. A forza e rixidez das plantas débese á fibra, que é o compoñente principal dos talos das gramíneas e outras; os azucres complexos (celulosa e hemicelulosa) atópanse pechados nas paredes das células e son inaccesíbeis para a maioría dos animais. Tras unha segunda mastigación, o alimento pode ser dixerido por bacterias, protozoos e microbios que habitan no rume, que xeran os ácidos graxos volátiles que supoñen a fonte de enerxía metabólica primaria das vacas. Os microbios que habitan no interior do rume sintetizan tamén aminoácidos de compostos de nitróxeno non proteínico como a urea. O baixo contido enerxético da súa dieta fai que teñan que pasar gran parte do día alimentándose.

As vacas contan cun estómago composto por catro cavidades, o rume, o retículo, o omaso e o abomaso. O retículo é o de menor tamaño e o rume o maior. O contido do retículo mestúrase co do rume case continuamente e comparten unha poboación densa de microorganismos. O rume é un vaso de fermentación no que as partículas de fibra permanecen entre 20 e 48 horas. O retículo separa as partículas que teñen un tamaño pequeno (<1–2 mm) ou son densas (>1,2 g/ml), que son as que poden pasar á terceira cavidade. A función principal do abomaso é a de aproveitar auga e minerais como o sodio e o fósforo, que poden retornar ao rume a través da saliva. O abomaso segrega ácidos fortes e moitos enzimas dixestivos.

Aparello reprodutor

Bos Taurus Male 2
1. Recto 2. Próstata 3. Glándulas bulbouretrais 4. Músculo isquiocavernoso 5. Músculo bulbocavernoso 6. Cremáster 7. Epidídimo 8. Testículo 9. Vesícula seminal 10. Conduto deferente 11. Vexiga 12. Rume 13. Flexura sigmoide 14. Pene 15. Glande 16. Escroto.
Bos Taurus Female
1. Recto 2. Vulva 3. Clítoris 4. Vaxina 5. Pelve 6. músculos 7. Teto 8. Cérvix uterino 9. Vexiga 10. Bolsa ovárica 11. Ovario 12. Corno uterino 13. Ovidutos 14. Ubre

O período de xestación da vaca é de nove meses. Normalmente ten unha soa cría, que pesa entre 40 e 50 kg, aínda que en ocasións pode ter dous becerros nun só parto.

Nunha explotación industrial do gando bovino é máis corrente usar a inseminación artificial que a natural. Este método permite mellorar o control sobre o proceso e facer melloras xenéticas. A técnica de transferencia de embrións é moi pouco común, pero espérase que se estenda no futuro.

Glándulas mamarias

Cow udders02
Ubre de vaca.

O ubre dunha vaca contén catro glándulas cuxo tamaño e peso varían coa idade da vaca e co seu estado de lactación. Ademais, no 40% das vacas pódese atopar un ou máis tetos adicionais, con ou sen tecido glandular asociado. O ubre dunha vaca moi produtora pode chegar a dar 17,1 kg de leite ó día. O tamaña do ubre pode sufrir variacións de ata 1/3 do seu volume no período que vai dende unha muxida ata a seguinte. Esta variación depende da calidade do ubre e da cantidade de leite segregado[6].

Dende o nacemento ata a súa puberdade, as glándulas mamarias das xatas pasan por diferentes fases de desenvolvemento. O ubre aumenta de tamaño, adquirindo unha forma definida, debido en parte á acumulación de graxa. A iniciación dos ciclos estrais supón unha estimulación maior para o crecemento. Coa primeira preñez complétanse os ductos, os tecidos secretores e o leito vascular[6].

Xenoma

O xenoma do Bos taurus está organizado en 29 pares de autosomas e dous cromosomas sexuais, conta con máis de 27 000 xenes (dos que boa parte están presentes no ser humano e a meirande parte correspóndense con grandes fragmentos de cromosomas humanos, e en ocasións con cromosomas enteros) e uns tres mil millóns de pares básicos, un tamaño similar ao do xenoma humano.[7][8][9][10] A secuenciación do xenoma da especie foi publicado no ano 2009 na revista Science no ámbito do «Proxecto internacional de secuenciación do xenoma bovino» levado a cabo por diferentes centros de investigación estadounidenses e que contou con fondos principalmente norteamericanos, aínda que tamén participaron outros países como Australia, Nova Zelandia ou Noruega, e que requiriu seis anos de traballo e a participación de máis de 300 científicos de 25 países. Os traballos foron realizados sobre o caso dunha vaca da raza Hereford.[8][11]

Os coñecementos adquiridos a través desta secuenciación poden ter importantes implicacións na gandaría bovina, tanto no sector cárnico como no leiteiro, e tamén no que se refire á reprodución ou á adaptación das especies ás técnicas gandeiras ou no seu impacto medioambiental.[8] Este estudio tamén é relevante pola importancia destes bóvidos domésticos como organismo modelo en investigacións sobre a obesidade, enfermidades infecciosas, endocrinoloxía, fisioloxía e técnicas reprodutivas.[7]

Parasitoloxía

As vacas poden transmitirlle ao ser humano a tenia da especie Taenia saginata cando este come carne de vaca pouco cocida que conteña os cisticercos (larvas) da tenia, que á súa vez a vaca adquiriu ao comer herba contaminada con ovos do verme procedentes de feces humanas.[12] Unha vez inxeridos os ovos pola vaca, os cisticercos da tenia enquístanse principalmente na musculatura, sobre todo nos músculos maseter, corazón, lingua, músculos das costas, diafragma e intercostais, e en menor medida no esófago, a graxa do fígado, pulmóns, ganglios linfáticos e tecido celular subcutáneo, orixinando a cisticercose bovina, que moitas veces é asintomática[13]. Segundo a normativa comunitaria e española a inspección sanitaria da carne debe realizarse examinando a lingua, esófago, corazón, diafragma, maseter e superficies da canal.[14]

Aproveitamento

Leite

Artigo principal: Leite.

O leite é un líquido branco secretado polas glándulas mamarias dos mamíferos durante o período de lactación. Componse de auga, proteínas, graxas, lactosa, vitaminas e minerais. O leite de vaca ten un alto contido en proteínas. A lactosa, o azucre contido no leite, é un disacárido que, para ser absorbido, debe ser roto polo enzima lactase nas súas unidades compoñentes, a glucosa e a galactosa. O baixo nivel de lactase nalgunhas persoas provoca intolerancia á lactosa[15].

As primeiras noticias da preparación de leite en po foron referidas por Marco Polo no século XIII:

Carne

A carne de vaca ten aproximadamente un 75% de auga, un 20% de proteínas e un 5% de graxas, carbohidratos e minerais. O músculo contén no seu interior grupos de fibras microscópicas formadas polas proteínas actina e miosina, e as que compoñen o tecido conectivo, máis abundantes canto máis sometido a exercicio está o animal, e responsables da dureza da carne. O castrado dos bois criados para carne busca, precisamente, que o animal sexa menos activo e teña unha carne máis mol. Igualmente a crianza dos bois de Kobe, que reciben masaxes ó longo do lombo, ten por obxectivo manter ó animal relaxado e evitar a tensión muscular[15].

En 1996 a carne de Ternera Gallega pasou a ser recoñecida pola Unión Europea como Indicación Xeográfica Protexida. Os tenreiros, de raza rubia galega ou morena galega, son sacrificados con menos de 10 meses. A súa carne é característica pola súa cor rosa claro ou vermello suave, infiltración graxa de cor branca, aspecto magro, textura suave e agradable sabor.

Traballo

Carreta de bueyes 1
Carreta de bois en Chile.

As vacas e mais particularmente os bois machos castrados, foron usados como animais de tiro tanto en tarefas de labranza como para transporte.

Vacinas

En orixe as vacinas eran substancias elaboradas a partir do soro das vexigas que certas doenzas lles producían ás vacas.

A orixe da protección contra a varíola é moi antiga. Téñense empregado diversos métodos, dende a inhalación de pus desecado ata a relativamente moderna vacina de Jenner. En 1796 Edward Jenner observou que os muxidores de vacas que contraían unha enfermidade coñecida como vaccinia desenvolvían unha lesión e quedaban inmunizados contra esa doenza. Jenner tomou material da lesión dun enfermo e inoculoullo a unha persoa sa, que quedou inmunizado tamén. Naceu así a vacinación, que hoxe se describe como estimulación inmunolóxica para producir unha resposta inmune primaria. Grazas ás investigacións de Jenner erradicouse a varíola en 1977, sendo un mozo somalí o último contaxiado rexistrado[16].

En 1803 a Real Expedición Filantrópica da Vacina, dirixida por Francisco Xavier Balmis, con 22 nenos do Colexio dos Expósitos da Coruña e a súa coidadora, Isabel López Sandalla, partiu do porto coruñés con destino a Puerto de Veracruz, México. O seu propósito era estender a vacinación nas colonias españolas e mitigar os estragos que a varíola estaba provocando. A expedición foi sufragada por Carlos IV e recorreu Hispanoamérica, Filipinas, Cantón e Macau. Os nenos transportaron a vacina, que cada semana lles era inxectada a dous deles nos brazos, das pústulas dos inoculados a semana anterior. A expedición regresou a España en setembro de 1806[17].

A vaca (e o boi) na arte e na cultura

Prehistoria

Bulls In Africa
Pinturas rupestres en África.

En Occidente a arte rupestre desenvólvese sobre todo no Paleolítico Superior. A meirande parte das mostras consérvanse en paredes e teitos de covas ou abrigos rochosos, pero tamén hai pequenos obxectos de corno, marfil ou óso. O 60% dos animais representados nas pinturas rupestres deste período no suroeste de Europa son bóvidos e équidos, e no 60% dos xacementos europeos de transición entre o Paleolítico Superior e o Mesolítico existen representacións de bois e corzos. A pouquidade de bóvidos nos xacementos natufienses de Israel e Mesopotamia suxire que a gandería e a agricultura eran xa incipientes naquela zona. Calcúlase que o comezo da cría de gando doméstico no sur de Francia e da Península Ibérica comezou contra o ano 8.000 a.C. Hai rexistros que testemuñan o seu uso doméstico en Tesalia no sétimo milenio antes de cristo, en Anatolia e Israel no sexto, en Irán no quinto, en Exipto no cuarto, en Europa a partir do terceiro e segundo milenios. Os animais criados eran de tipo brachyceros, de menos tamaño que que a de tipo uroide[18].

O gando vacún empregado durante a Idade de Ferro compoñíase de bos longifrons, unha especie hoxe desaparecida. Está comprobado o seu uso como animal de tiro no traballo dos campos. Con toda probabilidade os seus excrementos eran empregados como fertilizante[19].

Creta minoica e Grecia antiga

Europa bull Louvre MNC626
Anónimo, Europa e Zeus metamorfoseado en boi, c. 470-450 a.C.
El rapto de Europa
Rubens, O rapto de Europa, 1636.
Noël-Nicolas Coypel Europe
Noël-Nicolas Coypel, Enlèvement d'Europe, 1726-1727.
Theseus Minotaur Ramey Tuileries
Étienne-Jules Ramey, Thésée et le Minotaure, 1826.
Knossos frise taureau
Knossos, fresco, c. 1.500 a.C.
Klimt - Erstes Ausstellungsplakat der Wiener Secession (Theseus und Minotaurus).jpeg
Gustav Klimt, cartel para a primeira exposición da Secesión vienesa, 1898.
Sebastiano Ricci 033
Sebastiano Ricci, Incontro di Bacco e Arianna, 1712-1714.

Na Creta minoica atopáronse representacións de bois en múltiples manifestacións artísticas. A principal figura mítica da Creta antiga está presente na lenda do Minotauro, que chegou a nós a través de narracións de Homero, Hesíodo, Tucídides, Píndaro, Plutarco e outros, así como por Ovidio na súa Metamorfoses.

Segundo conta a lenda, Europa era filla do rei de Tiro, en Fenicia. Coa axuda de Hermes, Zeus toma a forma dun boi branco, manso e fermoso, e mesturado entre a manda de bois do rei chega á praia na que se atopan Europa e outras doncelas. Europa, confiada, senta sobre o lombo do boi e este penetra no mar, avanzando entre as ondas ata chegar a Creta. Alí Europa dará a luz a tres fillos de Zeus: Minos, Sarpedón e Radamantis. Cando Zeus marcha, Europa casa con Asterión, rei de Creta, quen adopta ós seus tres fillos. Minos quere permanecer no trono de Asterión cando este morre, e para iso conta coa axuda de Poseidón. Nunha disputa cos seus irmáns, Minos asegúralles que os deuses o elixiron a el como novo rei, e cando seus irmáns queren un sinal aparece do mar un boi branco que Poseidón lle proporciona a Minos a condición de que lle sexa devolto en sacrificio. Pero Minos decide sacrificar outro boi e quedarse co verdadeiro para que sexa o semental das súas vacas[20][21].

Ó mesmo tempo Minos emprende unha guerra contra Atenas, entón gobernada por Exeo, e outras cidades continentais. Mentres Minos está guerreando no continente, Poseidón desperta en Pasifae, a súa esposa, un forte amor polo boi. A petición de Pasifae, Dédalo construíu unha figura dunha vaca en cuxo interior Pasifae podía meterse para ser posuída polo boi. De resultas desta xuntanza carnal nace un ser medio home e medio boi, que será chamado Minotauro. Para agochar a súa vergoña, Minos pídelle a Dédalo que constrúa un labirinto do que non sexa posible saír. Logo faille construír tamén unha torre cunha cela no alto, na que Minos pechará a Dédalo e ó seu fillo Ícaro en castigo por colaborar con Pasifae no seu plan de seducir ó boi. Dédalo e Ícaro lograrán saír da cela cunhas ás fabricadas con cera, pero Ícaro perecerá por abeirarse demasiado ó sol[21].

Ó Minotauro había que entregarlle cada ano sete mozos e sete mozas, ós que devoraba. Os mozos eran entregados por Atenas, en tributo, ata que entre eles aparece Teseo, fillo ilexítimo que Exeo tivera con Etra. Ariadna, filla de Minos, namórase de Teseo e axúdao dándolle unha espada e un carrete de fío. Teseo mata ó Minotauro e sae do labirinto seguindo o fío que dispuxo ó entrar. Teseo e Ariadna marchan cara a Atenas, pero fan parada en Naxos e Ariadna é abandonada aló, onde a recolle Dioniso, o deus boi, e casa con ela[21].

A importancia deste mito radica en que o boi era en Creta e en todo o Mediterráneo oriental un animal sagrado de carácter totémico, e como tal era inmolado en cerimonias de iniciación nas que o iniciado adquiría a súa forza. O boi é o tema preferido da arte minoica, na que se representa cunha gran fidelidade participando en escenas áulicas nas que mozos e mozas medio espidos e desarmados saltan sobre el. A conxunción da danza, a cova (labirinto), o boi e a morte fan pensar en ritos de fecundidade. A propia loita entre Teseo e o Minotauro cobra unha forza extraordinaria na iconografía entre os séculos VII e V antes de Cristo, e chegan á pintura e ó mosaico ata pasado o século IV para regresar pasado o Renacemento e quedarse practicamente ata os nosos días.[22].

Asiria e Israel

Human headed winged bull facing
Mesopotamia, lamassu, c. 713-716 a.C.
Bull capital Apadana Louvre AOD1 (1)
Mesopotamia, capitel do palacio de Darío, c. 510 a.C.

Nos templos mesopotámicos é frecuente atopar representacións duns seres mitolóxicos chamados lamassu en Asiria. Os lamassu son seres mitolóxicos de natureza híbrida que adoitaban situarse nas entradas das cidades e dos templos como gardiáns. En orixe os querubíns tiñan un corpo entre o dun león e o dun boi, a cabeza dun home e as ás dunha aguia. O león e o boi representaban a diferentes divindades en moitos pobos antigos, dende Exipto ata Mesopotamia ou Israel. Atopáronse representacións de querubíns en moitos lugares de Siria e Palestina, así como en Mesopotamia, e sábese que o rei Salomón mandou decorar o templo e a Arca da Alianza con imaxes de leóns, bois e querubíns.

Os equivalentes dos lamassu no Antigo Testamento son os querubíns (en hebreo kerub, do asirio kâribi e relacionado co acadio harabu), seres asexuados que non se asemellan nada ós encantadores mozos con ás da arte renacentista e de períodos posteriores. Protexen o camiño que leva á Árbore da Vida e gardan a entrada do Edén, pero aparecen tamén na visión de Ezequiel cun aspecto moito máis terrible: con catro ás, cabeza humana e rostro de león, de aguia ou de boi. Existe unha posible relación entre os querubíns e o Tetramorfo, os catro animais que simbolizan ós catro Evanxelistas. De todos modos a representación destes seres mitolóxicos foi cambiando co paso do tempo, e xa no século I o escritor xudeu Flavio Xosefo di: "ninguén pode dicir como eran".[23][24][25].

Tartessos

Tesoro del Carambolo (reproducción Ayuntamiento de Sevilla) 002
Peitoral tartesso, séculos VII-V a.C.

En diversos achados arqueolóxicos en xacementos ibéricos atopáronse pezas con forma de pel de boi que terían sido empregadas como ornamentos peitorais. Este motivo artístico podería ter antecedentes en Micenas, Chipre e Mesopotamia e está presente en elementos arquitectónicos e funerarios de necrópoles e poboados ibéricos do sur peninsular. A súa orixe parece estar no comercio do cobre, que dende Chipre se exportaba a todo o Mediterráneo en lingotes con forma de pel de boi, e que á súa vez proviría do comercio de reses. Esta forma de representación do boi remite á súa consideración como animal sagrado, que ten orixe na área sirio-palestina e foi adoptada polas elites ibéricas[26].

Exipto

Louvres-antiquites-egyptiennes-p1020068
Deus Apis.
Maler der Grabkammer des Sennudem 001
Sepulcro de Sennedjem, século XIII a.C..

O deus Dionisio, fillo de Zeus e Niobe, pasou a Exipto, onde foi coñecido baixo o nome de Apis e casou con Isis. A denominación Sarapis apareceu no século II e xeneralizouse, sobre todo en latín, proveniente de Usar-Hape (Osiris-Apis), é dicir, a conxunción do deus Osiris e o boi Apis, que recibía culto en Menfis polo menos dende o cuarto milenio antes de Cristo. Apis é a representación animal das potencialidades da deusa da terra, Isis, do mesmo modo que Osiris é a súa representación humana. Aparecido a comezos do século III a.C., Sarapis chegou a suplantar a Osiris no culto, sobre todo no oficial[27].

Cando os sacerdotes atopaban un boi que reunía todas as características do deus Apis (unha mancha branca na fronte, a figura dunha aguia pintada no corpo etc) alimentábano con leite durante corenta días e logo levábano por barco ata Menfis e era conducido ó templo de Osiris. Alí tiña dous cortellos, dos cales non saía case nunca, e sempre con séquito e escolta. Tamén tiña dous santuarios; se entraba nun deles había bos presaxios, se entraba no outro habíaos malos. Segundo a liturxia exipcia, este boi sagrado só debía vivir un tempo determinado, ó cabo do cal era trasladado ó Nilo e afogado. Entón entrábase nun período de loito no que se lamentaba a súa morte como se fose o propio Osiris o que morrera. Cando se atopaba un novo boi para substituír ó anterior celebrábase a resurrección de Osiris[28].

Da época romana coñécese moito menos, sobre todo do que significaba para os seus fieis. Foi favorecido polos Flavios e adorado especialmente dende a época de Adriano. Parece que as súas funcións eran as de protexer e portar a ledicia e a felicidade. Desta época non se coñecen lugares de culto nin expresións votivas dedicadas a el. Non ten un corpo sacerdotal propio, pode falarse dunha transformación do deus nun amuleto que asegura a felicidade ó seu portador ou ós habitantes da casa[29].

Cristianismo

Codex Millenarius (Lukas)
San Lucas no Codex Millenarius, ca. 800.
Pieter Aertsen 001
Pieter Aertsen, A adoración dos pastores (detalle), ca. 1560.

No libro bíblico do Pentateuco establécese a cerimonia que hai que practicar con calquera persoa que tivese tocado un cadáver. Foi ditada por Xehová a Aharón, e nela empréganse as cinzas dunha vaca sacrificada para elaborar unha auga de purificación:

A corrupción levítica está intimamente relacionada co contacto coa morte. Mentres que a ofrenda habitual era de animais machos, neste texto sinálase expresamente que tiña que escollerse unha vaca. A vaca expiaría a impureza causada pola morte, do mesmo xeito que o chivo cargaba cos pecados individuais ou o paxaro limpaba da lepra, que significaba a morte en vida. É interesante observar que o propio acto do sacrificio move ós seus participantes a un estado de impureza, o cal dá idea de que non había ninguén que pola súa propia santidade estivese a salvo do peso do pecado derivado da morte. O paralelismo entre o sangue de Cristo e as cinzas dunha vaca queda expresada en Hebreos 9:13, 14, onde se fai énfase na súa capacidade purificadora:[31].

Saint Cornély 04
Igrexa en Bretaña.
Monterrei, Monterrei, Monterrei 05
Tetramorfo na igrexa parroquial de Monterrei, Ourense, século XIV.

Na Apocalipse descríbesenos o Tetramorfo, tamén chamado os Catro viventes, gardián de segredos e depositario de misterios:

O Tetramorfo é a recreación dunha visión de Daniel, na que este vía catro bestas, e que tiña o seu antecedente no soño de Nabucodonosor II, no que se lle aparecía unha estatua de catro metais que era derrubada por unha pedra, e que facía alusión ós catro imperios que desaparecerían ante o Fillo do Home. No Tetramorfo o león representa a san Marcos, o becerro a san Lucas, o home a san Mateu e a aguia a san Xoán. Os catro viventes da Apocalipse, en representación dos catro evanxelistas, flanquean ó Pantocrátor ou Cristo en Maxestade, que está sentado no seu trono e inscrito nunha mandorla ou améndoa mística que une cos seus bicos o ceo e a terra[32].

Islam

Buffalo milking Louvre MAO2031
Home muxindo unha búfala, ca. séculos XII - XIII, Louvre.

Unha das suras nas que se divido o Corán, concretamente a segunda, é a coñecida como Sura da vaca. Nela relátase unha versión da pasaxe antedita do Pentateuco, na que difiren algúns detalles. Entre eles, o interlocutor con Alá non é neste caso Aharón, senón o seu irmán, Moisés:

Hinduísmo

Cows decorated for Diwali
Vacas decoradas para o diwali.
Sacred cow2
Anónimo, The Cow with 84 Deities, c. 1912.

Para o hinduísmo a vaca é un animal sagrado, o cal implica non matala nin comela. O hinduísmo considera que cómpren 86 reencarnacións para chegar de diaño a vaca, e unha máis para converterse en ser humano. Quen mate unha vaca renacerá no chanzo máis baixo da cadea de reencarnacións. Na India o aprecio polos animais está influído polo budismo, pero a sacralización da vaca ten a súa orixe nos primeiros vedas, onde é representada como o arquetipo da nai vizosa e do cosmos. Na mitoloxía hinduísta a vaca é o animal que guía ó home despois de morto para axudarlle a cruzar o río Vaitarni, que separa o mundo do ceo[34].

En moi poucos estados da India está permitido sacrificar este animal que é adornado con grilandas, cando enferma, e é motivo de celebración cando ten un becerro, o ritual de celebración reune ó seu dono, ós veciños e un sacerdote. O escritor Monier Williams describe deste xeito a adoración deste animal na India:

A énfase que o hinduísmo pon no respecto á vaca pode ser explicada como consecuencia de que a vaca sexa o resultado da transformación do modelo sacrifical: a vaca dá o seu leite e sobrevive, en contraste con outros animais, habitualmente a cabra, que se mata. A transición de comer a carne da vaca, como se facía nos vedas, a só beber o seu leite descríbese a través de mitos nos que a vaca chega a simbolizar a cultura do sabio en contraste coa natureza do cazador[35].

Antropoloxía

Paullini tb big
Christian Franz Paullini, Neue heilsame Dreckapotheke, 1734.
Denario di quinto cassio longino con il tempio di vesta
Templo de Vesta nun denario.
Sameul Daniell - Khoisan besig om sprinkane te braai - 1804
Hotentotes cociñando, 1804.
EastCapehouses1885ric00653
Poboado indíxena en Siberia, 1885.

Certos produtos da vaca téñense empregado cun uso medicinal ou profiláctico, ademais do nutritivo, en diferentes lugares e en distintos momentos da historia. En moitas sociedades o límite entre relixión e medicina non está claro, de modo que os remedios médicos moitas veces participan de supersticións nas que intervén o significado simbólico do animal.

Uso medicinal

Na India e no Tíbet o valor purificador dos ouriños e do esterco da vaca é moi significativo, para uso tanto externo como interno. Na India tradicionalmente os ouriños mesturábanse coa comida e mollábanse con eles as imaxes sagradas. Era habitual deterse a recoller os ouriños de calquera vaca pola rúa. Tamén empregábanse como medicina os grans de trigo que non foran ben dixeridos polas vacas e se atopaban entre o seu esterco. Nalgúns ritos brahmánicos purificábase a habitación botando esterco de vaca no chan e mollando cos seus ouriños as paredes. Os penitentes hindús debían beber unha mestura chamada panchakaryam, composta de leite, manteiga, callo, esterco e ouriños. Certos monxes untan o seu rostro, o peito e os brazos coas cinzas resultantes de queimar esterco de vaca, antes de saír a pedir esmola, portando na man un feixe de plumas de pavo real[36].

Plutarco relata, entre os hábitos relixiosos dos gregos, o de revolcarse espidos en esterco e en lama. Xa en Roma, Ovidio conta que as cinzas dunha vaca sacrificada despois de parir se conservaban como símbolo expiatorio no templo de Vesta xunto con cascas de feixón, que se empregaban para fertilizar os campos. En 1253, Rubruquis, un monxe enviado en misión diplomática ante o Gran Khan dos tártaros, explica que estes empregaban o esterco de vaca como combustible para cocer o pan[36].

Na súa obra De stercoribus brutorum, Schuring explica as propiedades medicinais dos estercos de diferentes animais. O da vaca (aqua omnium florum) era efectivo contra a gota e os tumores, as picaduras das avespas e as abellas, a tuberculose e a epilepsia nos bebés, as doenzas renais, gangrena, reumatismo, hidropisía e manchas da pel. Outros autores do século XVIII aconsellan o seu uso contra as doenzas máis variadas. No século XIX un farmacéutico de París chamado Bouillon Lagrange publicou a receita dun licor feito a base de esterco de vaca e augardente. Nesta mesma época empregábase o esterco para fabricar a chamada Auga das mil flores, un remedio para a caquexia. Tamén do século XIX George W. Melville relata que en Siberia se adoitaba beber o leite mesturado con ouriños para baixar a febre, igual que se facía na África central[36].

En certas zonas de Irán, na actualidade, os ouriños da vaca, do boi o da cabra son empregados para lavar a cara e as mans. Non se debe tocar nada mentres as mans e a cara permanezan molladas, e logo deben lavarse con auga. Estas mesmas ablucións practícanse coas mulleres acabadas de parir, que deben ademais beber un pouco deses ouriños. Os mosaguey utilizan leite e esterco da vaca para elaborar unha sopa que lles dá forzas. Os hotentotes untan o corpo de graxa sobre a que esparexen esterco de vaca e os mandingo aplícano sobre as feridas abertas, mentres que os dinkas dormen sobre cinzas de esterco de vaca e se lavan cos seus ouriños tamén. En occidente atopamos o uso do esterco da vaca relacionado coa medicina tradicional en Bretaña, Inglaterra e Estados Unidos[36].

Uso profiláctico

Christian Franz Paullini conta como en Europa as mulleres do campo, para evitar que as meigas lles botasen a perder a manteiga, botaban un pouco de leite fresco de vaca sobre excrementos humanos, a consecuencia do cal as meigas perdían todo o seu poder. O mesmo poder era atribuído ós ouriños da vaca empregados en ablucións[36].

A vaca en Galicia

Variedades

Existen unhas 800 razas de vacún en todo o mundo, das que unha ducia son comúns en Galicia. As variedades tradicionais galegas son:

  • Rubia galega: raza de cor rubia ou teixa e pelo espeso e liso, con cabeza lixeiramente subconvexa e pescozo forte. A altura á cruz oscila entre os 145 e os 135 cm e o tronco presenta unha liña dorsolumbar horizontal e ancha. As coxas, moi musculadas e convexas[37].
  • Cachena: animais de cabeza pequena, pescozo curto, tronco redondeado e robusto, cruz prominente, peito longo de gran capacidade torácica e tórax profundo. Ten as coxas e os cadrís pouco desenvolvidos, extremidades ben proporcionadas e articulacións rectas. Os ubres son ben conformados, con boa produción leiteira e abundante protección pilosa. Ten capa de cor castaño, máis escura nos machos. A altura á cruz oscila entre 90 e 130 cm e o peso medio é de 550 kg para os machos e 350 kg para as femias[38].
  • Caldelá: agrupa animais de perfil recto, eumétricos e mediolíneos, de cabeza proporcionada con fronte plana e ancha, cornos xeralmente en gancho, pescozo curto, cruz elevada e liña dorsolumbar algo cóncava, peito amplo, tórax profundo e costelares estendidos. As extremidades son finas, con articulacións rectas e nádegas escasamente desenvolvidas. Os tetos son grandes e simétricos. A capa é negra peceña, coa liña dorsolumbar claro-vermella. A talla á cruz oscila entre os 125 e os 155 cm e o peso medio é de 500 kg para as femias e de 700 kg para os machos[39].
  • Vianesa: animais de perfil recto a subcóncavo e formato medio. O peso medio é de 560 kg para as femias e de 850 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 132 cm para as femias e de 138 cm para os machos.. A cabeza é de tamaño pequeno, coa cara alongada e cornos en gancho curto que nacen por diante da liña de prolongación da testa, se dirixen lateralmente e logo cara adiante e arriba. O tronco é amplo, con liña dorsolumbar máis ben horizontal e cruz dos cadrís máis alta e extremidades de lonxitude media con articulacións robustas. O ubre está ben inserido, con tetos simétricos. A capa é castaña, máis escura nos bois e máis clara nos becerros[40].
  • Frieiresa: agrupa animais de tamaño medio a grande, de perfil subcóncavo a cóncavo. O peso medio é de 600 kg para as femias e de 860 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 131 cm para as femias e de 141 cm para os machos. A cabeza é pequena e curta, con testa saínte e fronte e morro anchos. Os cornos son longos, orientados cara adiante e cara abaixo. Ten pescozo delgado, tronco longo e harmónico, dorso e lombo anchos, peito amplo, tórax profundo, costelares arqueados e ventre de gran capacidade. As extremidades son de lonxitude media, asentadas, ben verticais. Os ubres teñen bo tamaño, con tetos de implantación correcta. A súa capa é castaña lavada, con pelo longo e abundante na rexión frontal, formando unha guedella rubia dourada característica[41].
  • Limiá: son animais de perfil subcóncavo a recto, hipermétricos no val e eumétricos na montaña, de proporcións mediolíneas e tamaño grande. O peso medio é de 650 kg para as femias e de 900 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 140 cm para as femias e de 148 cm para os machos. Teñen unha cabeza de medianas proporcións, con fronte ancha, cara longa e fociño ancho. Os cornos en gancho curto nos bois, grandes, longos e espiraliformes nas vacas. O tronco é amplo e harmónico, o tórax ampuloso, con costelares cilíndricos e peito ancho. As extremidades son de lonxitude media, fortes e ben asentadas. O ubre é globuloso, desenvolvido, bastante simétrico e con tetos de boa implantación. Ten capa castaña, moito máis escura no terzo anterior[42].

Gandaría bovina en Galicia

Cow with calf
Vaca e pucho.
1000000vacas
Evolución de gando vacún en Castela e León, Galicia, Cataluña (as tres máis altas de España) e Portugal entre 1995 e 2004.
O número en Galicia inspirou o título da obra Un millón de vacas, de Manuel Rivas.

O seguinte cadro indica a evolución que experimentou a gandaría bovina en Galicia, expresada en porcentaxes con respecto á cifra de cabezas de gando existentes en 1891[43]:

Ano A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia España
1891 100 100 100 100 100 100
1908 131 155 135 130 138 111
1916 240 203 201 158 209 138
1918 311 264 235 218 268 143
1920 247 350 98 162 232 153
1925 297 305 235 286 285 171
1929 220 429 192 152 261 165
1933 232 371 243 125 255 161

Dende 1865, e con máis claridade entre 1891 e 1925, as tres cuartas partes do peso vivo están constituídas por gando bovino, seguíndolle en importancia o porcino e, en proporcións case insignificantes, de 1891 en adiante, as restantes especies. O predominio dos vacúns é máis significativo se consideramos a transformación cualitativa que se produce ó incrementarse a participación do bovino e do porcino fronte a outras especies que, como o ovino, tiñan unha presenza moi destacada a mediados do século XIX. En termos económicos o bovino e o porcino acumulaban o 92,1% da riqueza gandeira, se ben a maior cotización do porcino alteraba a súa proporción con respecto do seu peso vivo. Estes profundos cambios cuantitativos orixinaron cambios igualmente profundos na práctica gandeira, como a estabulación do gando, a selección das razas, a busca dos mellores sementais ou a celebración de concursos gandeiros para estimular a mellora xenética, factores todos eles que obrigaron ó gandeiro galego a adquirir unha preparación técnica que superaba as prácticas tradicionais[43].

No relativo á mellora das razas, a principio do século XX prodúcese en Galicia un amplo debate sobre a necesidade de mellora das razas autóctonas, que se consideraban dexeneradas, e a introdución de innovacións no ámbito da hixiene e do control de enfermidades. O máis significativo neste campo é a introdución dunha raza mellorada de aptitude mixta (leite, carne, tiro) que pasou a ser coñecida como vaca marela ou vaca rubia galega, e que se obtivo do cruzamento de exemplares selectos de vaca do país e da raza Simmenthal suíza, ou en ocasións da raza pardo-alpina. O resultado destes cruzamentos foi unha raza máis produtiva, con máis peso medio, maior rendemento lácteo e, sobre todo, cárnico (arredor dun 30%), con femias máis fértiles e mellores criadoras[44].

En 1963 estimábase que o número de cabezas de gando bovino ascendía a 1.010.000. Para elas dispoñíase de 400.000 hectáreas de prado e cultivos de forraxe. A superficie de pastos de monte ascendía a 1.500.000 hectáreas. En 1962 na provincia da Coruña calculábase que o 20% das vacas sufrían de tuberculose e que o 17% eran estériles[45].

No ano 2007 había en Galicia un total de 78.230 explotacións gandeiras que contaban con 546.405 hectáreas. Delas, 75.630 contaban con terreos de pasto de secaño, distribuídos en 518.898 hectáreas, e 17.244 tiñan pastos de regadío, cunha superficie de 27.507 hectáreas. De todas elas, 48.227 explotacións eran de gando bovino, con 983.433 hectáreas de pasto en total[46]. Segundo o IGE, no ano 2008 os datos dos efectivos e as explotacións de gando bovino en Galicia eran os seguintes[47]:

Número de explotacións 49.355
Vacas de muxidura 339.530
Vacas de non muxidura 221.917
Número total de vacas 561.447
Número doutros bovinos 387.989
Número total de cabezas 949.436

No 2014 as características do sector bovino galego eran as indicadas na seguinte táboa[48]:

Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Cebadeiro 5.626 1.561 432 243 3.390
Produción leite 11.364 4.710 4.626 96 1.932
Produción carne 21.277 7.865 8.458 1.798 3.156
Produción mixta (leite/carne) 1.159 188 874 29 68
Precebo 0 0 0 0 0
Recría xovencas 53 14 25 7 7
Total tipo explotación 39.479 14.338 14.415 2.173 8.553

Para o ano 2009 as cabezas de gando distribuíanse do seguinte xeito[48]:

Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Número de vacas de muxidura 334.841 141.781 149.500 3.161 40.399
Número de vacas de non muxidura 220.640 63.980 117.013 20.773 18.874
Número total de vacas 555.481 205.761 266.513 23.934 59.273
Número doutros bovinos 393.266 136.565 179.865 32.888 43.948
Número total de cabezas 948.747 342.326 446.378 56.822 103.221

Antropoloxía de Galicia

O boi de Allariz 03
O boi de Allariz de Arturo Andrade.
Aire da vaca marela
sai das tripas e vai prá tes,
sai da tes e vaite pró coiro,
sai do coiro e vaite prós pelos,
salte dos pelos e vaite prós cornos,
e salte dos cornos e vaite pró mar
donde non sintas o galo cantar
nin galiña cacarexar.
Con el poder de Dios y de la Virgen María
un padrenuestro y un Ave María
.
Conxuro[49]
Louvado san Breixe
vou munxir a marela
adepárame bo leite
.
Conxuro

No sistema agrario tradicional galego a vaca foi o principal subministrador de forza de traballo ademais de achegar outros bens (alimento —carne e leite—, coiro, esterco). As familias procúranlle á vaca os mellores coidados, sabedores de que no seu benestar descansa a supervivencia deles. Este aprecio evidénciase na linguaxe popular. Invócase ós santos para que lles conserve a saúde, en especial a San Antonio o das vacas. Hai días santos nos que non se as pode axugar, romarías ás que son levadas, amuletos que se lles colgan dos cornos, exvotos con forma de vaca que se levan ás igrexas. Está establecida socialmente a conveniencia de expresar que non se ten envexa das vacas do veciño, pronunciando frases do tipo "Deus chas ampare" ou algunha invocación a San Antonio. Ante a envexa, provocadora de doenzas no gando, hai remedios de natureza máxica como conxuros, ensalmos ou responsos, e tamén para comprala ou vendela, para protexela, para entrala por primeira vez na casa, para que teña cuxos, para cando os ten, para vendelos, para cando non quere andar, para cando non se deixa munxir, para cando non come etc[45].

Tamén en certos comportamentos ou doenzas das vacas apréciase a actuación de forzas maléficas, como as meigas, a envexa ou o mal de ollo, estes dous intimamente ligados. Se unha vaca entra a pastar no prado do veciño, iso interprétase como sinal de que o dono da vaca ten envexa del. Igualmente se a vaca enferma despois de ser vista polo veciño interprétase como sinal de envexa. Se a vaca non dá leite ou este sae manchado de sangue presúmese a envexa dunha meiga, que hai que remediar cun conxuro. Carmelo Lisón Tolosana interpreta a esta estrutura antropolóxica a función de manter a necesaria solidariedade comunal, que se mantería dentro dos límites impostos polo medo ás consecuencias negativas do incumprimento das súas normas[50].

Contra a envexa hai remedios como a chamada herba da envexa (nalgúns lugares a saponaria vulgaris, noutros outras), que hai que fregar en cruz sobre o ubre ou o lombo do animal envexado ou pendurar da porta da corte, ou a vara da envexa, o acivro. A saqueta da envexa, outro dos remedios, é unha bolsiña con cornos de vacaloura que se pendura dos cornos da vaca que se quere protexer. Contra o poder das meigas tamén hai conxuros, nos que interveñen elementos relixiosos como a auga bendita e outros profanos, como a dómina, unha bolsiña que contén carbóns bendecidos, allos virxes, nove grans de ruda, nove dentes de allo, incenso e pedra da ara. Ó mesmo tempo rézaselle un responso[50].

Por toda Galicia existe a crenza popular de que á cobra lle gusta beber leite. Pénsase que este gusto chega ó extremo de levala a buscar o leite nos ubres das vacas, para o cal sobe polas súas patas e a morde no teto. Tamén crese que, noutras ocasións, a cobra mama do peito da muller lactante, introducindo a súa coa na boca do neno para que non chore mentres chucha nela. A muller ou a vaca da que mamou unha cobra establece con ela un vínculo moi estreito que a privará do seu estado normal e a fará querer seguir dándolle de mamar. O leite emprégase como cebo para cazar as cobras, na crenza de que se senten atraídas por el[52].

Nalgúns lugares existe a tradición de manter un boi de propiedade comunal. Cómprano os veciños que teñen máis gando e é mantido pola persoa que presenta a oferta máis baixa nunha poxa, que lle é pagada en especie ou en metálico, ou ambas. Cada casa paga en función do número de vacas que teña. O boi é criado en terreos tamén comunais e serve para cubrir as vacas dos veciños[45].

Refraneiro popular

Vaca rubia
Pucho
Artigo principal: Refraneiro galego da vaca.

Na cultura popular galega a forte presenza da vaca faise patente pola abondancia de refráns en torno a ela[53]:

  • A carto vai a vaca, pero se non hai carto non hai vaca.
  • Vai a carto a vaca, pero o que non ten un carto non a cata.
  • A falta de vaca bos son polos con touciño.
  • A vaca ben cocida e mal asada.
  • A vaca, canto máis se munxe, máis grande ten o teto.
  • Canto máis se munxe a vaca, máis os tetos se lle agrandan.
  • A vaca da miña veciña dá máis leite ca miña.
  • A vaca do vilán, se dá leite no inverno, mellor a dá no vran.
  • A vaca farta, do rabo fai a cama.
  • A vaca que non come cos bois, ou come antes, ou come despois.
  • Dunha vaca sai un becerro.
  • Máis valen dous bocados de vaca que sete de pataca.
  • Val máis bocado de vaca que catro de pataca.
  • Por eso se vende a vaca: porque a un gústalle o peito i a outro a espaldra.
  • Cómese toda a vaca, porque us queren da perna e outros da faldra.
  • Que dea a vaca bo tenreiro, que moito leite coa herba no prado non hai que esperalo.
  • Quen queira facer da vaca galiña, bótea a cocer en auga fría.
  • Quen queira facer da vaca carneiro, que a poña a cocer en auga fervendo.
  • Vaca de moitos, ben munxida e mal mantida.
  • Vaca de moitos, cómena os lobos.
  • Vaca e carneiro, comida de cabaleiro.
  • Vaca estransillada, nin bo leite nin boa crianza.
  • Vaca de pouca herba, pouco leite e mala esterca.
  • É tan bobiña que troca a vaca pola sardiña.
  • A vaquiña polo que vale.

Literatura galega

Castelao, no seu Sempre en Galiza, dedica un fragmento do capítulo XXXII do Libro I á vaca e ó seu significado, establecendo un claro paralelismo entre o carácter do animal e a situación actual e futura da nación:

Escudos municipais
Becerreá
Baiona

Heráldica

Pola súa mansedume e a súa fecundidade, a vaca simboliza o señorío sobre as terras vizosas e ben traballadas. O seu uso en escudos de armas non é moi habitual, pero aínda así está presente na Heráldica. Nos brasóns galegos debúxase sempre andante e bucleada, con cornos, colar e chocallo, amosando sempre os ubres. A miúdo aparecen varias vacas nun mesmo brasón, ou ben só as súas cabezas. Emprégase esmaltada en prata, ouro ou goles[55].

As becerras son empregadas tamén, debuxadas sen cornos e con ubres pequenos. Úsanse ás veces como armas parlantes, como no caso das armas dos Becerra, Tenreiro, Vaquerizo ou Vaquero. Adoita representarse os bois andantes e bucleados, ás veces emuselados, cos cornos cara arriba e unha mata de crina entre eles. Pola contra, o touro leva os cornos dirixidos cara adiante e normalmente preséntase enfurecido, erguido sobre as patas traseiras, en sable, ouro ou goles, excepcionalmente vilenado. En Galicia atópase nos escudos dos Barreiro, Vervetouros (coas súas variantes Berbetoros e Vervetoros), Borrás, Campra, Herce, Touriño e Tourón, tamén con frecuencia como armas parlantes[55].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da vaca.
Vaca na Fonte do Santo, na Serra de San Mamede.
Vaca na Fonte do Santo, na Serra de San Mamede
Rubia galega pastando en Oroso.
Rubia galega pastando en Oroso

Notas

  1. Grubb, P. (2005). "Bos taurus primigenius". En Wilson, D. E.; Reeder, D. M. Mammal Species of the World (3ª ed.). Johns Hopkins University Press. pp. 637–722. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.
  2. Preliminary 2009 data, now available for selected countries and products. En FAOSTAT (en inglés).
  3. Rappels anatomophysiologiques relatifs à la reproduction du taureau Arquivado 12 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. por Christian Hanzen
  4. 4,0 4,1 "Anatomía y fisiología de la reproducción bovina, Select Reproductive Solutions de Mel DeJarnette y Ray Nebel" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xaneiro de 2009. Consultado o 23 de novembro de 2011.
  5. Rappels anatomophysiologiques relatifs à la reproduction de la vache por Christian Hanzen en Thériogénologie des animaux de production. Facultade de Medicina Veterinaria, Universidade de Liexa
  6. 6,0 6,1 SMITH, V.R. (1962). Fisiologia de la Lactancia. Instituto Interamericano de Ciencias Agrícolas de la OEA, Costa Rica. ISBN. (en castelán)
  7. 7,0 7,1 Bos taurus (cattle):An agriculturally important animal for beef and milk production, National Center for Biotechnology Information (NCBI)
  8. 8,0 8,1 8,2 Hacia una mayor comprensión de la biología de los bovinos: secuenciado al completo el genoma de la vaca, Instituto Nacional de Investigación Agronómica de Francia (INRA)]
  9. Bos taurus (cattle): Reference genome sequence, National Center for Biotechnology Information (NCBI)
  10. "Programme de séquençage du génome bovin – Séquençage de l’ADN pleine longueur, GenomeCanada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de outubro de 2012. Consultado o 23 de novembro de 2011.
  11. The Genome Sequence of Taurine Cattle: A Window to Ruminant Biology and Evolution, The Bovine Genome Sequencing and Analysis Consortium, Christine G. Elsik, Ross L. Tellam y Kim C. Worley na revista Science
  12. David Botero. Parasitosis Humanas. Páxina 149. Google books
  13. Johannes Kaufmann. Parasitic Infections of Domestic Animals: A Diagnostic Manual. Páxina 88. Google books. [1]
  14. Benito Moreno García. Higiene e Inspección de carnes-II, Volume 2. Páxina 273. Google books. [2]
  15. 15,0 15,1 GOLOMBEK, D.; SCHWARZBAUM, P. (2005). El cocinero científico (cuando la ciencia se mete en la cocina): apuntes de alquimia culinaria. Siglo XXI. ISBN 968-23-2466-1. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  16. ROMERO CABELLO, R. (2007). Microbiologia y parasitologia humana. Ed. Médica Panamericana. ISBN 968-7988-48-7. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  17. www.balmis.org (ed.). "Expedición de la vacuna". Arquivado dende o orixinal o 14/02/2010. Consultado o 06/01/2011. (en castelán)
  18. BEMIS,F.; BEMIS MADRAZO, F. (2001). Rutas de la zooarqueología. Editorial Complutense. ISBN 84-7491-618-6. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  19. REYNOLDS, P.J. (1990). La agricultura en la Edad de Hierro. Ediciones AKAL. ISBN 84-7600-522-9. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  20. El rapto de Europa. ALAMILLO SÁNZ, A.; RODRÍGUEZ CHAMORRO, E. Mitología y arte. (en castelán)
  21. 21,0 21,1 21,2 ECHEVERRÍA, R. (2008). Raíces de sentido. Ediciones Granica S.A. ISBN 950-641-511-0. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  22. SANTARCANGELI, P.; ECO, U. (2002). El libro de los laberintos. Siruela. ISBN 84-7844-646-X. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  23. ECHANOVE ECHANOVE, J. Ecos del Desierto. El origen historico del monoteismo. Juan Echanove. ISBN 971-691-810-0. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  24. BLASCHKE, J. (2007). La historia secreta de Satán. Ediciones Robinbook. ISBN 84-7927-871-4. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  25. ALVEAR ACEVED0, C. (2004). Introducción a la historia del arte. Editorial Limusa. ISBN 968-18-5818-2. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  26. AMORES CARREDANO, F.; ESCACENA CARRASCO, J.L., De toros y tesoros: simbología y función de las joyas de El Carambolo; en GARCÍA-BAQUERO GONZÁLEZ, A.; ROMERO DE SOLÍS, P. (eds.) (2003). Fiestas de toros y sociedad: actas del congreso internacional celebrado en Sevilla del 26 de noviembre al 1 de diciembre de 2001. Universidad de Sevilla. ISBN 84-472-0817-6. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  27. GUERRA GÓMEZ, M. (1987). El sacerdocio femenino (en las religiones greco-romanas y en el cristianismo de los primeros siglos). I.T. San Ildefonso. ISBN 84-7009-262-6. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  28. LÓPEZ PELEGRÍN, S. (1845). Panlexico: vocabulario de la fabula. Imprenta y Librería de Ignacio Boix. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  29. CARBÓ GARCÍA, J.R. Los cultos orientales en la dacia romana: formas de difusión, integración y control social e ideológico. Universidad de Salamanca. ISBN 84-7800-192-1. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  30. 30,0 30,1 www.iglesia.net (ed.). "Libro Cuarto de Moisés: Números". Consultado o 04/01/2011. (en castelán)
  31. EDERSHEIM, A. (1997). The Temple. Editorial Portavoz. ISBN 0-8254-1199-8. Ligazón externa en |title= (Axuda)(en castelán)
  32. MASCARAQUE DÍAZ-MINGO, J. (1996). Tras las huellas perdidas de lo sagrado. Verbum Editorial. ISBN 84-7962-088-9. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  33. MAHOMA; BERGUA, J.B. (1990). El Corán. Ediciones Ibéricas y L.C.L. ISBN 84-7083-060-0. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  34. PANCORBO, L. (2006). Abecedario de antropologías: bestiarios, creencias, chamanes, destinos... Siglo XXI de España Editores. ISBN 84-323-1259-2. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  35. DONIGER, W. (2005). Mitos de otros pueblos: la cueva de los ecos. Siruela. ISBN 84-7844-885-3. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  36. 36,0 36,1 36,2 36,3 36,4 BOURKE, J.G. (2006). Escatología y civilización. Círculo Latino. ISBN 84-96129-67-5. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  37. Rubia Gallega (en castelán)
  38. Cachena[Ligazón morta], Ficha técnica, na páxina web da Consellería de Medio Rural.
  39. Caldelá[Ligazón morta], Ficha técnica, na páxina web da Consellería de Medio Rural.
  40. Vianesa[Ligazón morta], Ficha técnica, na páxina web da Consellería de Medio Rural.
  41. Frieiresa[Ligazón morta], Ficha técnica, na páxina web da Consellería de Medio Rural.
  42. Limiá[Ligazón morta], Ficha técnica, na páxina web da Consellería de Medio Rural.
  43. 43,0 43,1 VILLARES, R. (1982). La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936. Siglo XXI de España Editores. ISBN 84-323-0437-9. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  44. JUANA, J. de; PRADA RODRÍGUEZ, J. (2005). Historia contemporánea de Galicia. Editorial Ariel. ISBN 84-344-6790-9. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  45. 45,0 45,1 45,2 LISÓN TOLOSANA, C. (2004). Antropología cultural de Galicia. Ediciones AKAL. ISBN 84-460-2162-5. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  46. Anuario de estadística 2009. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. (en castelán)
  47. Datos estatísticos básicos de Galicia 2010, IGE. Xunta de Galicia, Consellería de Facenda, 2010.
  48. 48,0 48,1 Rexistro de gando bovino. IGE.
  49. RISCO, V., Etnografía: cultura espritual, en OTERO PEDRAYO, R. Historia de Galiza.
  50. 50,0 50,1 LISÓN TOLOSANA, C. (2004). Brujería, estructura social y simbolismo en Galicia. Ediciones AKAL. ISBN 84-460-2166-8. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  51. PÉREZ FERNÁNDEZ, S. (1920). "Archivo filolóxico e etnográfico de Galizia". Nos (17).
  52. BERMEJO BARRERA, J.C. (1986). Mitología y mitos de la Hispania prerromana, Vol. 2. Ediciones AKAL. ISBN 84-7600-091-X. Ligazón externa en |title= (Axuda) (en castelán)
  53. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, E. (2001). Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-428-X. Ligazón externa en |title= (Axuda)
  54. CASTELAO, Sempre en Galiza, en MONTEAGUDO, H. (coord.) (1999). Obras. Galaxia, Vigo.
  55. 55,0 55,1 VALERO DE BERNABÉ, L.; EUGENIO, M. de (2003). Simbología y diseño de la heráldica gentilicia galaica. Ediciones Hidalguia. ISBN 84-89851-43-3. Ligazón externa en |title= (Axuda)

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

A Cabeza da Vaca, O Freixo, As Pontes de García Rodríguez

A Cabeza da Vaca é un lugar da parroquia do Freixo no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez na comarca do Eume. Segundo datos do INE, no ano 2014 estaba despoboado.

A manteiga na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada da manteiga na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Cabeza de Vaca, Ourense

San Bieito de Cabeza de Vaca é unha parroquia do concello de Ourense.

Cela 211

Cela 211 (en castelán: Celda 211) é unha película galega, dirixida por Daniel Monzón en 2009, gañadora de 8 Premios Goya incluíndo mellor película, mellor actor (o galego Luís Tosar) e mellor director. É unha adaptación escrita por Jorge Guerricaechevarría da novela homónima do xornalista Francisco Pérez Gandul.

Estreouse en galego na TVG o 14 de xaneiro de 2012.

Damona

Na relixión celta, Damona foi unha deusa adorada na Galia como consorte de Apolo Bormánico e de Apolo Moritasgus. Mary Jones interpreta o nome de Damona como "Vaca divina" baseándose na semellanza a damos ("cow"). Tamén ten sido asociada coa deusa irlandesa Boand baseándose na súa asociación bovina. Van Andringa describe a Damona e a Bormana como divindades tutelares das fontes termais en Bourbonne-les-Bains e Saint-Vulbas respectivamente. Foron recuperadas dezasete inscricións dedicadas a Damona, incluíndo nove de Bourbonne-les-Bains e catro de Bourbon-Lancy, ámbalas dúas vilas termais do leste de Francia. Nunha das inscricións de Saintes, ten o epíteto Matubergini.

Dedo

Os dedos son as extremidades dos membros dos mamíferos mais tamén se dá este nome a algunhas articulacións dos apéndices de moitos artrópodos e doutros pequenos animais.

Nos mamíferos, o número básico de dedos en cada membro é de cinco, mais moitas especies perderon algúns deles no decurso da evolución. Así, os perisodáctilos, por exemplo, teñen un número impar de dedos (os cabalos e outros équidos teñen un único dedo e os rinocerontes teñen tres), mentres que os artiodáctilos (vaca, ovella, porco) teñen un número par.

Por outro lado, a malformación da man ou do pé pode dar orixe a un número de dedos diferente do normal:

a polidactilia é o caso en que se forman dedos supernumerarios

a microdactilia é o caso en que se forman menos dedos do normal

a sindactilia é o caso en que aparecen os dedos unidos, quer pola pel (caso en que poden ser separados por cirurxía), quer pola fusión de dous ou máis ósos.Os dedos están formados por dous ou tres ósos, chamados falanxes. As extremidades exteriores dos dedos están protexidas por unllas, que no home é unha lámina superior e noutros animais poden ter a forma de garras ou pezuños.

Joarilla de las Matas

Joarilla de las Matas é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 361 habitantes (INE 2011).

Kali Yuga

Se desexa ver o artigo relacionado coa deusa Kali, vexa Kali.

Kali yuga é un período que aparece nas escrituras hinduístas. Chámaselle era de pelexa, do sánscrito káli: ‘dado' (ou máis ben o lado do dado marcado cun un: o lado perdedor do dado) e yugá: ‘era'.

Leite

O leite é unha secreción nutritiva de cor branca opaca producida polas células secretoras das glándulas mamarias ou mamas (chamadas peitos, no caso da muller, e ubres ou tetos nos mamíferos domésticos) das femias dos mamífero (incluídos os monotremos). Esta capacidade é unha das características que definen aos mamíferos. A secreción láctea dunha femia días antes e despois do parto chámase costro. A principal función do leite é a de nutrir aos fillos ata que son quen de dixeriren outros alimentos. Ademais cumpre as funcións de protexer o tracto gastrointestinal das crías contra patóxenos, toxinas e inflamacións e contribúe á saúde metabólica regulando os procesos de obtención de enerxía, en especial o metabolismo da glicosa e a insulina. É o único fluído que inxiren as crías dos mamíferos (do neno de peito no caso dos seres humanos) ata a desteta. Hai evidencias de que ademais o leite de case todos os mamíferos, incluídos os humanos, contén derivados da morfina chamados casomorfinas, que se encargan de manter certo nivel de adicción nos lactantes para incentivar o seu apetito, así como de tranquilizar ao lactante nas súas primeiras etapas da nova vida. Estas substancias poderían explicar porque moitas persoas son adictas ao leite ou os seus derivados aínda na idade adulta. O leite dos mamíferos domésticos adoita formar parte da alimentación humana na inmensa maioría das civilizacións: a de vaca, principalmente, pero tamén a de ovella, cabra, egua, camela etc.

O leite é a base de numerosos produtos lácteos, como a manteiga, o queixo, o iogur, entre outros. Adóitase empregar os seus derivados nas industrias agroalimentarias, químicas e farmacéuticas en produtos como o leite condensado, leite en po, caseína ou lactosa. O leite de vaca emprégase tamén na alimentación animal. Componse principalmente de auga, ións (sal, minerais e calcio), hidratos de carbono (lactosa), materia graxa e proteínas. O leite dos mamíferos mariños, como por exemplo as baleas, é moito máis rica en graxas e nutrientes que a dos mamíferos terrestres.Tamén se denomina leite o zume de certas plantas o froitos: leite de coco, leite de soia, leite de arroz ou leite de améndoa. Non obstante, o termo leite non é aplicado aos zumes de noz.

Minotauro

Na mitoloxía grega, o Minotauro era unha criatura con corpo de home e cabeza de boi. El vivía no Labirinto elaborado e construído polo rei Minos de Creta. O labirinto fora deseñado polo arquitecto Dédalo para manter ao Minotauro. Finalmente o Minotauro foi morto por Teseo.

"Minotauro" en grego significa "Touro de Minos". O touro tamén era coñecido como Asterio ou Asterión, un nome compartillado co pai adoptivo de Minos.

O leite na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada do leite na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

O queixo na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada dos diferentes tipos de queixos na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Queixo

O queixo ( pronunciación ) é un alimento feito co leite callado de varios animais, incluíndo vacas, cabras, ovellas, búfala ou camelo femia.

Refraneiro galego da vaca

A seguir recóllese a pegada da vaca na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Rubia galega

A rubia galega é unha raza de vacún autóctona de Galicia. É a máis característica de Galicia e ten o pelo de cor rubia con variacións de ton. Emprégase para a produción de carne e noutros tempos como animal de traballo. Abunda especialmente en Lugo, onde se concentra o 75% do censo, e na Coruña, estando tamén presente noutras comunidades e noutros países de Europa e de Suramérica.

Tinéu

Tinéu (en castelán: Tineo) é un concello do Principado de Asturias. En 2011 tiña unha poboación de 10.829 habitantes.

Limita ao norte con Valdés, ao oeste con Villaión e Allande, ao leste con Salas, Belmonte de Miranda e Somiedu e ao sur con Cangas del Narcea. Situado na zona prelitoral da comunidade, é un dos maiores produtores de leite de vaca de Asturias.

Está formado por 44 parroquias: parroquies: Arganza, La Barca, Bárzana'l Monesteriu, Bourres, Brañaḷḷonga, Bustieḷḷu, Caeras, Cezures, Coḷḷada, Fastias, Francos, Meriás, Miñu, Muñalén, Naraval, Navelgas, Nieres, Oubona, El Pedregal, Porciles, Pozón, La Preda, Reḷḷamiegu, Reḷḷanos, El Rodical, San Fabondu, San Fliz, San Frichosu, Sanguñéu, Santianes, Santiáu Zarréu, Santolaya, Santuyanu, Semproñana, Sobráu, Surriba, Tabláu, Tinéu, Troncéu, Tuña, El Varadal, Viḷḷatresmil, Xinestaza e Zardaín. A capital é Tinéu.

Vacina

A vacina (do latín vaccinus, 'vacún'; de vacca, 'vaca') é un preparado de antíxenos que unha vez dentro do organismo provoca unha resposta de ataque, denominada anticorpo. Esta resposta xera memoria inmunolóxica producindo, na maioría dos casos, inmunidade permanente fronte á enfermidade. A primeira vacina descuberta foi a usada para combater as vexigas por Edward Jenner en 1796.

As vacinas clasifícanse en dous grandes grupos

Vacinas vivas ou atenuadas

Vacinas mortas ou inactivadasExisten varios métodos de obtención:

Vacinas avirulentas preparadas a partir de formas non perigosas do microorganismo patóxeno.

Vacinas a partir de organismos mortos ou inactivos.

Antíxenos purificados.

Vacinas xenéticas.As vacinas adminístranse por medio dunha inxección, ou por vía oral (tanto con líquidos como con pastillas).

Xesús Ferro Ruibal

Xesús Ferro Ruibal, nado en Rebón (Moraña) o 28 de setembro de 1944, é un lingüista, teólogo, latinista e escritor galego.

Ácido pentadecanoico

O ácido pentadecanoico ou ácido pentadecílico é un ácido graxo saturado con 15 átomos de carbono. A súa fórmula molecular é CH3(CH2)13COOH, e simbolízase como C15:0. É raro na natureza, e supón o 1,2% das graxas do leite de vaca. A graxa do leite de vaca é a súa principal fonte dietaria e utilízase como marcador do consumo de graxas do leite. O ácido pentadecanoico tmén parece en graxa de cordeiro hidroxenada. Tamén supón o 3,61% das graxas do froito do durián (Durio graveolens). Ademais de aparecer en pequenas cantidades en produtos lácteos, aparece nun 0,43 % das graxas da carne dos ruminantes. Identificouse no cafè, tanto verde coma torrado, en concentracións de 0,38 ppm e 2,7 ppm, respectivamente.Nun estudo feito en Tanzania o contido nos ácidos pentanoico e láurico no leite materno estaba correlacionado cun incremento de transmisión do VIH por lactación materna, mentres que o contido en ácidos n-6 poliinsaturados estaba correlacionado cunha diminución da transmisión por esa vía.

Razas autóctonas galegas
Etnografía galega
Meses do ano
Cores
Animais
Alimentos
Vexetais
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.