V Televisión

V Televisión foi unha cadea de televisión privada, fundada pola Corporación Voz de Galicia, de difusión en aberto en Galiza a través da TDT. Comezou a emitir en probas dende o 9 de marzo do 2010 cunha mira de axuste. Nas primeiras medicións de audiencia, a porcentaxe correspondente a este cadea foi do 0,3 %.[1]

Dende decembro do 2016, a Corporación Voz de Galicia empezou a desmantelar a cadea, cancelando o seu programa estrela "Vía V", debido ós problemas económicos que tiña debido a saída dalgúns investidores. Durante o 2017 emitía principalmente teletenda e programa repetidos.[2] Finalmente o 1 de xaneiro de 2018, xusto despois das badaladas, a cadea pasou a negro e deixou de emitir, sen mira de axuste.[3]

V Televisión
Inicio das emisións 30 de maio de 2010
Fin das emisións 1 de xaneiro de 2018
Propiedade de Corporación Voz de Galicia
Formato da imaxe 576i (SDTV 16:9)
Datos de audiencia 0,5 % (xullo de 2013, VerTele)
Slogan A primeira televisión autonómica privada de Galicia
País España España
Lingua Galego e castelán
Área de emisión Galicia
Sede central Polígono de Sabón, Arteixo Galicia Galicia
Páxina web Páxina web V Televisión
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT A Coruña (salvo zona de Santiago): 61
Santiago: 40
Lugo: 59
Ourense: 62
Pontevedra: 58
Cable
R Dial 119

Características

A cadea da Voz foi a única televisión autonómica privada de capital galego, e dispoñía da última tecnoloxía. Os sistemas operativos permitían editar contidos de maneira simultánea en radio, televisión e Internet. Ademais, non se operaba con cintas, senón con memoria sólida. Todos os traballadores utilizaban materiais dispoñíbeis en rede e os controis de realización e emisión estarán robotizados. O seu obxectivo era ofrecer unha televisión de alta calidade e centrada nos intereses de Galicia.[4]

Esta canle comezou a emitir en probas o 9 de marzo do 2010 cunha mira de axuste. Nas primeiras medicións de audiencia, a porcentaxe correspondente a esta cadea foi do 0,3 %.[1] A partir de maio de 2010, V Televisión comezou a emitir tamén na compañía de cable R.[5]

A súa grella estivo conformada por programas informativos, faladoiros, debates e programas deportivos, entre outros, ademais de programas que xa eran habituais na emisora do Grupo Voz, Radio Voz. Un dos seus programas máis seguidos foi Vía V, dirixido e presentado pola xornalista Fernanda Tabarés, rodeada dun grupo politicólogos, analistas políticos e comentaristas, de maneira ininterrompida desde o principio, desde a redacción de La Voz de Galicia, onde estaba situado o estudo de gravación do programa.[6]

La Voz de Galicia Sabón
Sede de La Voz de Galicia, en Arteixo, desde onde se emitía V Televisión.

De luns a xoves, ás 10 da noite e durante máis de dúas horas de directo, o programa tomáballe cada día o pulso á actualidade informativa de Galicia, España e o mundo. Por el pasaron máis de 750 entrevistados, entre eles, algunhas das figuras públicas máis destacadas: Xosé Neira Vilas, Mariano Rajoy, Pedro Sánchez, Pablo Iglesias, Albert Rivera, Alberto Garzón e Xosé Manuel Beiras, entre outros. Os acontecementos máis importantes dos últimos tempos foron contados en tempo real en Vía V, como o accidente de Angrois, a morte de Hugo Chávez ou o contaxio polo virus do Ébola dunha enfermeira galega, así como todas as eleccións municipais, autonómicas, nacionais e europeas que se celebraron desde 2010. En total, máis de 250 persoas pasaron polo programa para analizar a actualidade durante máis de mil programas.[6]

Nos seus últimos anos, a canle centrouse en emitir en horario de máxima audiencia, o resto de horas, salvo algunhas excepcións, emitía teletenda.

Programación

A programación de V Televisión era xeralista.

  • Programas informativos: Informativos VTelevisión, Vía V...
  • Entretemento: Hai que andar, Ollo de pez, Leopardo das neves, Tu Night, Vaia praia, Última Fronteira, Vaia V...
  • Series: Para mariñeiros, nós, The Wire, Presa humana, May day, Border security, Cazadores de pitóns...
  • Realities: Perdidos en Galicia, Fóra de pista...
  • Divulgación: Máis que petiscos, Van de verde, Ata a cociña...
  • Docucoach: Galego con curso...
  • Docurreportaxe: Xente Emerxente, De bares en ruta, O gran día, Atréveste?...

Notas

  1. 1,0 1,1 "La tele de La Voz se estrea cun residual 0,3 % de audiencia" Arquivado 17 de xullo de 2010 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 16 de xuño de 2010 (en castelán).
  2. La Voz desmantela Voz Televisión tras retirarle sus socios el apoyo económico.
  3. "V Televisión deixa de emitir". Galicia Confidencial.
  4. Constituida la compañía Medios Audiovisuales Gallegos S. L. para desarrollar el canal autonómico de televisión de La Voz, La Voz de Galicia, 31/01/2008. Consultada o 12 de setembro de 2018.
  5. particulares.mundo-r.com "V Televisión chega a R en maio" Arquivado 2010-05-10 en Wayback Machine., Mundo R. Consultada o 12 de setembro de 2018.
  6. 6,0 6,1 «Vía V» cumple mil programas analizando la actualidad. La Voz de Galicia, 29/02/2016. Consultada o 12 de novembro de 2018.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Antena 3

Antena 3 é unha canle de televisión xeralista privada española propiedade de Atresmedia que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV, R e Euskatel.

O 25 de decembro de 1989 iniciou as súas emisións en probas, sendo a primeira cadea privada en emitir para toda España. As súas emisións regulares en analóxico comezaron o 25 de xaneiro de 1990, cun programa presentado polo xornalista Miguel Ángel Nieto.

Pola canle pasaron importantes presentadores e xornalistas como Jesús Hermida, Mercedes Milá, Jesús Vázquez, Constantino Romero, Paula Vázquez, José María Carrascal, Alfonso Arús, Ana Rosa Quintana, Silvia Jato, Olga Viza, Montserrat Domínguez, Alicia Senovilla, Carlos Sobera, María Teresa Campos ou Andreu Buenafuente.

Os seus estudos centrais están situados en San Sebastián de los Reyes, na Comunidade de Madrid.

CNN

Cable News Network (en galego: Cadea de Noticias por Cable), máis coñecido polas súas siglas (CNN), é unha cadea de televisión estadounidense fundada en 1980 polo empresario Ted Turner. Actualmente é parte de Time Warner. CNN foi a primeira cadea de televisión en cubrir noticias as 24 horas do día.

Desde o seu lanzamento o 1 de xuño de 1980, a cadea expandiuse notablemente, incluíndo na actualidade 15 cadeas de televisión de cable e satélite, doce sitios web e dúas cadeas de radio. CNN lanzou tamén varias cadeas noutros idiomas, como español e turco.

Actualmente CNN é a canle de noticias máis visto en Estados Unidos, seguíndolle Fox News Channel. As cadeas en español son: CNN en Español, CNN Latino e CNN Chile; CNN distribúe tamén programas de radio en español.

En 1997 foi galardoada co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.

Canal 24 Horas

O Canal 24 Horas é unha canle de televisión pertencente a Televisión Española, que emite noticias de xeito ininterrompido para España e o mundo. Comezou as súas emisións ás 14 horas do 15 de setembro de 1997, dentro da plataforma de televisión por satélite Vía Dixital, sendo a primeira canle de información continua en España.

A programación estrutúrase en bloques de noticias de media hora de duración que comprenden información sobre a actualidade nacional e internacional, sociedade, cultura, economía, deportes e información meteorolóxica.

Canal Sur Televisión

Canal Sur TV é a primeira cadea de Radio y Televisión de Andalucía, RTVA. É unha das cadeas da televisión autonómica de Andalucía.

Clan TVE

Clan é unha canle de televisión infantil de Televisión Española, que emite series e debuxos animados a través da TDT, e en plataformas de televisión por cable e ADSL como ONO (cable) ou Imagenio (ADSL) e en Dixital (satélite).

Cuatro

Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España.

Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+. Desde a mesma data, a emisión de Cuatro tamén está dispoñible con ámbito nacional a través de TDT.

ETBK Sat

ETBK Sat foi unha canle de Euskal Telebista, a televisión pública do País Vasco, de contido maioritariamente deportivo. O 29 de outubro de 2014, poucos días despois do Dividendo Dixital a canle ETBK Sat foi substituída por ETB 4 sen previo aviso.

ETB 1

ETB 1 é a primeira canle de Euskal Telebista, a televisión pública do País Vasco. Esta canle emite integramente en éuscaro e a súa programación é de carácter xeralista.

ETB 2

ETB 2 é a segunda canle de Euskal Telebista, a televisión pública do País Vasco. É a canle máis vista do ente público e a única que emite en castelán.

Naceu no ano 1986, 3 anos despois que ETB 1, nunha situación de alegalidade. A saída ao aire de ETB 2 converteu a Euskal Telebista no primeiro ente televisivo autonómico en ter dúas canles.

ETB 3

ETB 3 é a terceira canle de Euskal Telebista, a televisión pública do País Vasco. A canle naceu o 10 de outubro de 2008 coincidindo co vixésimo quinto aniversario de Radio Euskadi, emite unha programación íntegra en éuscaro e exclusivo da Televisión Dixital Terrestre, aínda que, emite este sinal a empresa de telecomunicacións Euskaltel.

IB3 Televisió

IB3 Televisió ou Televisió de les Illes Balears é o servizo público de televisión das Illas Baleares pertencente ao grupo Ens Públic de Radiotelevisió de les Illes Balears (EPRTVIB).

Esta denominación tamén pode referirse á canle de televisión principal deste grupo de comunicación.

La Voz de Galicia

La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.

TVE HD

TVE HD foi unha cadea de televisión en alta definición de Televisión Española que emitiu a través da TDT. Comezou as súas emisións o 17 de xuño de 2009 en Valladolid, e aumentou progresivamente a súa área de cobertura, chegando ata o 84% dos fogares españois en setembro de 2010.Emitiu en probas con calidade de imaxe 720p a 50 fotogramas por segundo e son Dolby Dixital Plus 2.0.

A programación da canle baseábase en reposicións de series que TVE ten en HD cando non é un simulcast con La 1, La 2 ou Teledeporte.

A canle cesou as súas emisións o 31 de decembro do 2013 para dar paso a La 1 HD, e tamén lanzaron a canle Teledeporte HD.

Telecinco

Telecinco é unha canle de televisión xeralista e privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España.

As súas emisións experimentais comezaron o 10 de marzo de 1989 e posteriormente as emisións regulares comezaron o 3 de marzo de 1990, sendo a segunda rede privada a transmitir por España, despois de Antena 3.

A sede central encóntrase en Madrid, situada no barrio de Fuencarral, no que antigamente foron os Estudios Roma.

Telemadrid

Telemadrid é a primeira canle de televisión autonómico da Comunidade de Madrid, pertencente ao grupo Ente Público Radio Televisión Madrid. Afiliado a FORTA, é unha cadea pública que pertence ao goberno autonómico. Comezou a súa emisión o 2 de maio de 1989. Na súa programación predominan os programas informativos, orientados cara á poboación local. Dado que Madrid é a capital do país, tamén incide na política española.

A súa sede central encóntrase na Cidade da Imaxe, en Pozuelo de Alarcón, Madrid.

En Abril de 2012 acadou un 6,9% de Share FormulaTv

Televisión de Galicia

A Televisión de Galicia, tamén chamada A Galega, é unha canle televisiva galega que forma parte da Corporación de Radiotelevisión de Galicia (CRTVG) xunto coa Radio Galega. As súas instalacións centrais están en San Marcos, na parroquia do Bando, no concello de Santiago de Compostela.

No mes de xaneiro do ano 2009 a TVG fixo historia ao converterse en líder autonómica por primeira vez na súa historia, pero foi entre 1988 e 1990 cando tivo as maiores audiencias da súa historia.

Trece (cadea de televisión)

Trece é unha cadea de televisión de TDT en España. A súa programación baséase na difusión dos valores e credo da Igrexa Católica, céntrase en contidos para todos os membros da familia. Os seus principais contidos pasan polo cine clásico, as teleseries, os programas de produción propia e os de produción allea relixiosa de KW TV, Popular TV e CTV.

TvG2

A tvG2, ata setembro do 2009 chamada G2, é a segunda canle de televisión da Corporación de Radio-Televisión de Galicia.

Xosé Neira Vilas

Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.