VOLG

VOLG (habitualmente pronunciado /bolga/) é o acrónimo do Vocabulario ortográfico da lingua galega. Se as NOMIG son as prescricións ortográficas e morfolóxicas da RAG e do ILG, asumidas por lei, o VOLG consiste na súa aplicación. Malia circular en copias privadas durante anos, no ano 2004 por fin apareceu publicado oficialmente en papel por estas dúas institucións baixo a coordinación de Manuel González González e de Antón Santamarina Fernández, co cal se creou a base normativa de facto (non de iure) para calquera obra lexicográfica xeral do galego.

Correccións ó VOLG

Debido a que o VOLG é simplemente un listaxe ortográfico coa categoría gramatical, convén aclarar as formas flexionadas, derivadas e conxugadas que presenten dúbidas.

Aclaracións necesarias na aplicación das NOMIG e do VOLG

As NOMIG e a súa reforma de 2003, das cales o VOLG non é máis ca unha plasmación práctica, son un paso importante para a normalización do galego, pero:

  • 1: hai que ter en conta que existen outras orientacións normativas para o galego (lusistas, reintegracionista etc.), aínda que as NOMIG e o VOLG son as que se ensinan maioritariamente no ensino formal e as esixibles por parte da administración autonómica e estatal;
  • 2: considerando que o VOLG é unha extensión práctica no eido da ortografía das NOMIG, e que estas (como indica o seu título) son normas no campo da ortografía e da morfoloxía, dedúcese que:
  • 2.1: tanto un coma a outra non son prescritivas no campo da fala nin do nivel fónico, e polo tanto da fonética e fonoloxía, e xa que logo en rigor non proscriben ningún fenómeno lingüístico diatópico, diafásico ou diastrático do galego (ieísmo, gheada, seseo, metafonía, despalatalización etc.);
  • 2.1a: a prescrición do VOLG respecto á fala si se dá para:
  • o que nas regras de acentuación se estableza para as sílabas tónicas e a cantidade total delas;
  • o que no uso dos diacríticos se estableza para o grao de abertura das vogais medias;
  • o que no uso da diérese se promulgue para os encontros tautosilábicos ou heterosilábicos na conxugación de determinados verbos (ï para o copretérito de verbos rematados en aer, oer, air e oir);
  • o que no uso práctico das normas (é dicir, na súa aplicación, que é o VOLG) se estableza para a divisións silábica dos encontros vocálicos átonos das semiesdrúxulas ou esdrúxulas;
  • 2.2: no relativo concretamente á pronuncia da contracción ao, as NOMIG especifican explicitamente que a súa pronuncia será de vogal velar semiaberta;
  • 2.3: outro tanto pódese aplicar á norma léxica: que unha palabra non apareza no VOLG non indica que sexa incorrecta, simplemente non está recollida (esta idea está moi estendida, tanto no que respecta á normativa do galego coma verbo do dicionario da RAE);
  • 3: cando as NOMIG e o VOLG dan dúas posibilidades e unha delas coma prefente hai que tomalo coma tal: pódense usar as dúas alternativas pero dáse unha preferencia oficial (se se quere, recomendación) por unha delas. Nalgúns casos a preferencia da normativa anterior á reforma era a inversa da posterior, probablemente coma método de integración de innovacións á normativa e sistema de transición gradual a unha normativa futura diferente da anterior;

Fe de erros: os erros do VOLG

Orde segundo a característica anotada

Cuestións de ortografía

Conxugación verbal e simplificación de grupos consonánticos

Nos verbos que, nalgunhas das súas formas ao longo da conxugación, poidan presentar ocasionalmente unha combinación que debería simplificarse, o grupo consonántico manténse por analoxía coa grafía do resto das formas da conxugación. Exemplo disto sería:

  • reflectir, que nas persoas do tempo presente é reflicto, reflictes, reflicte, ...;

Cando unha palabra composta é separada por guión, cada unha das súas partes recibe o til gráfico independentemente, e en coherencia con isto:

  • non levan acento gráfico os adverbios rematados en mente, mesmo se están cortados dentro dunha enumeración de varios: drastica e definitivamente (non *drástica e definitivamente);
  • no uso da segunda forma do artigo, consignarase se lle corresponde a cada palabra por separado: rematara-lo leite pero rematará-lo leite;

Un caso especial da primeira regra citada é o seguinte:

  • ye-yé (...), pl. ye-yés

O acento gráfico poderíase considerar anormal pero non diacrítico, pois consígnase coa única función de obrigar á pronuncia oxítona do composto. Isto vén dado pola lóxica de que na ausencia de acentuación gráfica podería haber dúas pronuncias posibles e normativas. Outros dous casos de acento gráfico con comportamento anormal menciónanse máis adiante (os non prescritos -tén ou vén- e os non extrapolados ó plural -de ás e cós-)

Esta última circunstancia non se dá no caso do encontro de vogais vogais débiles e fortes en posición átona. A ortografía do galego (e de moitas linguas románicas, aínda que non do romanés) distingue co acento agudo (no romanés con outro grafema) o número de sílabas átonas, por exemplo, distinguindo a palabra ... (trisílaba: --) da palabra cambio (que debe ser cam-bio). A estas últimas, as que presentan un ditongo crecente postónico, adóitaselles chamar semiesdrúxulas, e no portugués son indistinguibles das anteriores. Debido a que no VOLG se consignan como semiesdrúxulas a maioría destas combinacións, pero en realidade os galegos na fala foxen de realizar ditongos crecentes rompéndoos coma hiatos, a ortografía non sempre está axustada ao que a xente di: aínda así, neste caso si existe unha prescrición fónica coma excepción do punto 2.1 das Aclaracións iniciais.

A pesar de que non consta explicitamente nas NOMIG, existen certos acentos gráficos que se poden consignar diacriticamente para distinguir o grao das vogais en dúas palabras que do contrario serían homógrafas, sempre marcando con acento agudo na palabra con vogal semiaberta:

  • tén (3ª de indicativo) cf. ten (2ª de imperativo)
  • tés (verbo ter) cf. tes (plural de (letra) T (ou coa súa forma))
  • vén (3ª de indicativo) cf. ven (2ª de imperativo)
  • vés (verbo vir) cf. ves (verbo ver)

Outras simplificacións consonánticas

As NOMIG prescriben que os grupos consonánticos simplifícanse sempre que non dea lugar a ambivalencias. Os casos nos que se dá esta son:

  • adición ('suma'), adicción ('necesidade, vicio')

Cuestións de número

Plurais regulares

  • tutti (s.m.), pl. tuttis (infrecuente)
  • nosopai (s.m.), pl. nosopais

Compostos coa partícula non-:

  • non-aliñado (...), pl. non-aliñado (infrecuente)
  • non-adhesión (...), pl. non-adhesión (infrecuente)
  • non-intervención (...), pl. non-intervencións (infrecuente)

Compostos e estranxeirismos

  • fox-trot (s.m.), pl. fox-trots
  • walkie-talkie (s.m.), pl. walkie-talkies
  • wáter-polo (s.m.), pl. wáter-pólos (infrecuente)
  • ye-yé (...), pl. ye-yés

Plurais irregulares de palabras compostas

Compostos de pé:

  • cempés (s.m.), pl. cempés
  • repousapés (s.m.), pl. repousapés
  • trespés (s.m.), pl. trespés

Compostos de cú:

  • lavacús (s.m.), pl. lavacús
  • rapacús (s.m.), pl. rapacús
  • tapacús (s.m.), pl. tapacús

Tamén é o caso de:

  • matacandís (s.m.), pl. matacandís
  • chascarraschás (s.m.), pl. chascarraschás (infrecuente)

Plurais especiais

  • ás (s.m.), pl. ases (sen acento diacrítico)
  • cós (s.m.), pl. coses (sen acento diacrítico)

Cuestións de xénero

  • xesuíta
  • anacoreta

Cuestións de categoría gramatical

  • daca (contr., de dá + acá): é paroxítona e amalgámase co pronome átono nunha soa palabra: dácame
  • celibato, -a
  • K.O.
  • S.O.S [sic]
  • TNT
  • homónimo
  • milenario

Pendente de solución

  • cuscús (s.m.), pl. ? (infrecuente por incontable)
  • K.O. coma adxectivo

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Anzol

Un anzol ou brinca é un dispositivo para a captura de peixes no que se coloca unha carnada para atraeren a estes, e que se engancha no padal, na boca e moi raramente, no corpo do peixe.

Os anzois foron utilizados desde hai séculos polos pescadores para capturaren peixes tanto en augas doces como nas agua salgadas.

No ano 2005, o anzol foi elixido pola revista Forbes como unha das vinte principais ferramentas na historia da humanidade.Os anzois normalmente levan algún tipo de carnada ou engado, todo iso enlazado por unha liña ou tanza que conecta o peixe capturado co pescador.

Hai unha enorme variedade de anzois no mundo da pesca. Os tamaños, deseños, formas e materiais son variábeis en función da finalidade prevista do anzol.

Arte (pesca)

Unha arte de pesca (ou simplemente arte) é un mecanismo, instrumento ou ferramenta que se usa na actividade mariñeira. Malia ter moi diversas tipoloxías, esta denominación úsase colectivamente para todos aqueles medios que presenten esta función na actividade pesqueira, precisamente porque a actividade extractiva tamén presenta moitas modalidades (pesca marítima ou fluvial, marisqueo).

Arte de arrastre de fondo

Unha arte de arrastre de fondo ou simplemente arte de fondo é calquera arte de pesca que exerza un buque pesqueiro que remolca unha rede con portas en contacto co fondo ou unha parella de buques que remolcan unha rede sen portas, coa finalidade de capturar especies demersais.

Esta técnica está prohibida nas augas interiores de Galicia. Baixo esta denominación colectiva están reguladas nos apartados a, b e c do artigo 82 do do Decreto 424/1993 do 17 de decembro (DOG Nº 13 do xoves, 20 de xaneiro de 1994) o bou, a vaca e a parella, respectivamente.

Bou

Un bou é unha arte de arrastre de fondo de pouca anchura vertical para a captura de especies demersais, con cope, con portas e con dúas longas mallas actuando de pernas ou ás enganchadas a dúas trallas, unha superior con flotadores e outra inferior con lastres que se unen á embarcación mediante calóns. É máis grande cá vaca e emprégase preto da costa, para pesca de baixura, feito polo que se chama ás veces tamén bou de día. Está regulado polo artigo 82a do do Decreto 424/1993 do 17 de decembro (DOG Nº 13 do xoves, 20 de xaneiro de 1994).

Bou de vara

O bou de vara é unha arte de pesca artesanal.

Hodonimia

A hodonimia (do grego ὁδός hodós, "camiño" + ὄνομα ónoma, "nome") é unha rama da toponimia que se refire aos nomes de lugar dados por unha vía de comunicación, tanto creado por humanos coma non.

Algúns hodónimos recoñecibles son:

Vao

Hondarribia

Ford, Oxford, Frankfurt

A Estrada

Collado Villalba

PasoAlgúns destes topónimos (Ponte e A Ponte, por exemplo) poden clasificarse tamén cos topónimos referentes a construcións humanas. Del derivan outros hodónimos como As Pontes de García Rodríguez, Ponteceso, Pontecesures, A Ponte Maceira, A Ponte Ulla, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontedeume, Pontedeva, A Pontenova ou Pontevedra.

Liña

Unha liña é unha arte de pesca que consiste nun ou varios anzois que actúan normalmente ligados á man do pescador. Está regulado polo artigo 17 do Decreto 424/1993 do 17 de decembro (DOG Nº 13 do xoves, 20 de xaneiro de 1994), que establece que se pode usar durante todo o ano e en calquera zona.

Mediomundo

O mediomundo é unha arte de pesca, hoxe en desuso, empregada para a captura de piardas, pións, fanecas, xurelos, cangrexos etc., previo engado da mesma.Consiste nun aro metálico ao que se fixa un cerco de rede case semiesférico, que se pendura no extremo dunha vara de lonxitude axeitada para o seu manexo desde unha pequena embarcación.

Nasa

Este artigo trata sobre a arte de pesca; se anda á procura da páxina dedicada á National Aeronautics and Space Administration, vexa NASA.

A nasa é unha arte de pesca na que se emprega unha armazón de forma cilíndrica ou troncocónica, de madeira ou metal, recuberta por un pano de rede, cunha boca en forma de funil pola que entra marisco ou peixes, que se deposita no mar para posteriormente recollela. Utilízase en Galiza e no Cantábrico.

As nasas somérxense prendidas dun cabo e cébanse con calquera tipo de carnada de peixe ou vísceras de animais. As nasas arríanse dúas veces ao día para retirar as posíbeis capturas. Os crustáceos máis pescados son a centola, o lumbrigante, a nécora, o santiaguiño e a lagosta. Úsase tamén para o polbo.

No Uruguai tamén se utilizan nasas para a pesca de peixes (ollomol). Teñen forma de campá con dúas bocas. Pola inferior entra a captura e pola superior retírase.

Normativa oficial do galego

Este artigo trata sobre as normas para a escrita do galego legalmente válidas. O concepto e a aplicación da "normativa oficial" ten xerado moita confusión e conflito en Galiza nas últimas décadas.

O Estatuto de autonomía de Galicia dotou os poderes públicos galegos da competencia con respecto á lingua galega. O 17 de novembro de 1982 a Xunta de Galicia estableceu que existiría unha norma de uso oficial[Cómpre referencia] para o ensino e que excluiría das axudas económicas os textos non publicados na "normativa oficial", en clara referencia ao reintegracionismo.

Coa publicación da Lei de normalización lingüística o 15 de xuño de 1983, estableceuse que o criterio de autoridade para a normativización do galego sería o da Real Academia Galega (RAG), relegando o Instituto da Lingua Galega (ILG), como referencia legal.A variedade estándar ou padrón, fixada a medias entre o ILG e a RAG, inicialmente constaba só de indicacións morfolóxicas e ortográficas, as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG), publicadas en 1983 e aplicadas no dicionario da RAG de 1997 (unhas trinta mil palabras) e reformadas en 2003, pero coa publicación do Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLG) en 2004 definíronse de facto tamén coma normas léxicas. Isto non implica que o que non apareza no VOLG non sexa normativo, posto que non é amplo dabondo para recoller todo o léxico galego.

Palangre

O palangre é unha arte de pesca consistente en varias liñas (chamadas brazoladas) onde se empetan os anzois, unidas cada 2,5 metros ou menos nunha tralla (chamada madre) e que pode ser de fondo fixada ó leito mariño (ata 2000 anzois en ata 5000 metros de tralla) ou de superficie (ata 6000 en 12000 metros). Está regulado polo artigo 18 do do Decreto 424/1993 do 17 de decembro (DOG Nº 13 do xoves, 20 de xaneiro de 1994).

Retranca

A retranca en náutica designa a verga inferior que serve de suporte á esteira dunha vela do tipo proa-popa. É un elemento que permite controlar a orientación e forma da vela. A súa parte de proa únese ao mastro no garlindeo.

Tradicionalmente elaborada de madeira, hoxe é mais común a súa fabricación en aluminio ou fibra de carbono.

Tala

A tala é unha arte de pesca que consisten nun palangre especificamente cunha distancia mínima de 1 metro entre anzois con ata 1000 anzois nun máximo de 2000 m de tralla. Está regulado polo artigo 20 do do Decreto 424/1993 do 17 de decembro (DOG Nº 13 do xoves, 20 de xaneiro de 1994), onde se lle denomina pola forma palangrillo.

Terminoloxía da heráldica

Preséntanse a seguir os termos relacionados coa disciplina heráldica fornecendo a súa forma en galego e en moitas outras linguas románicas (portugués, castelán, catalán, francés e italiano), así coma tamén en inglés. A intención é servir coma inicio para unha futura normativización terminolóxica e permitirlle ós galegofalantes coñecer tanto as palabras da súa lingua para poder falar deste tema con propiedade coma os seus equivalentes noutras linguas. Para todas as formas nas que foi posible dáse a súa ligazón coas súas wikipedias, ademais de proporcionar tamén outras referencias documentais de carácter terminolóxico ou lexicográfico baseándose en fontes de recoñecido prestixio en cadansúa lingua.

Debe terse en conta que algúns conceptos poden ser diferentes nas distintas tradicións heráldicas, por iso se axunta o significado asumido para o caso galego (e panibérico).

Trasmallo

Un trasmallo, ou tramallo, é unha arte de pesca constituída por tres panos de rede colocados superpostos.

Trueiro

O trueiro é un aparello de pesca manual composto por tres pezas: unha rede pequena con forma de bolsa aberta, un aro que contorna a rede na súa abertura, e un mango longo xunguido por un dos seus extremos ao aro. Pódese empregar para a captura directa dos peixes na auga ou tamén, coma medio auxiliar, para recoller peixes capturados por outros métodos.

Turkmenistán

Turkmenistán, tamén chamado Turcomenistán, ou oficialmente a República de Turkmenistán (en turcomán: Türkmenistan Riespublikasy) é un país de Asia central, que limita con Afganistán, Irán, o mar Caspio, Casaquistán e Uzbekistán.

Veta (pesca)

A veta é unha arte de pesca fixa rectangular cunha tralla con flotadores e outra lastrada contra o fondo, ó cal se fixa con rizóns (similar ó rasco e á volanta), que adopta unha posición vertical, cun só pano, de ata 50 x 3 m na dimensión de cada peza e cun mínimo de 60 mm en lado da malla. Está regulada polo artigo 31 do Decreto 424/1993 do 17 de decembro (DOG Nº 13 do xoves, 20 de xaneiro de 1994), que indica que se pode usar todo o ano en mar non interior.

Áncora

Unha áncora é un instrumento náutico pesado, xeralmente de metal utilizado para que un navío parado se manteña na súa posición dentro duns límites e non vaia á deriva.

En embarcacións pequenas a áncora agarra no fondo e mantense fixa e en navíos grandes é preciso un peso de cadea importante para conseguir este efecto.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.