VG-4.1

A VG-4.1 ou Corredor do Salnés é unha vía de alta capacidade dependente da Xunta de Galicia. Orixinariamente formaba parte dun corredor máis longo, coñecido como Vía Rápida do Salnés, que foi desdobrada e convertida na autoestrada AG-41.[1] Une a propia AG-41 na altura do concello de Sanxenxo coa praia da Lanzada, onde conecta coa PO-308 de acceso ao Grove.

En 2008 a entón conselleira de Política Territorial, OO. PP. e Transporte, María Xosé Caride, deixaba a porta aberta á posibilidade de prolongar o desdobramento até o concello do Grove.[2]

VG-4.1
Corredor do Salnés
Tipoloxíavía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Localización
Inicio AG-41  Sanxenxo
Fin PO-308  A Lanzada
Circulación
TránsitoRodado, non peonil.
Velocidade máxima100 km/h

Notas

  1. La Opinión A Coruña (23.07.2008). "La Autovía de O Salnés queda inaugurada tras dos años de obras" (en castelán). Consultado o 2017-08-09.
  2. Fernando Salgado (22.07.2008). "La Autovía do Salnés tendrá continuidad hasta O Grove". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2017-08-09.
AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-542

A AC-542 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Betanzos e O Mesón do Vento (Ardemil, Ordes), logo de 22 quilómetros.

AC-550

A AC-550 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Cee e Ribeira, logo de 107 quilómetros. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

AG-41

A AG-41 é unha autovía autonómica galega que percorre a zona centro-sur do Salnés. Pasa polos concellos de Barro, Meis, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo.

Ten saídas en Curro (á AP-9 e á PO-531), O Mosteiro (Meis), San Martiño de Meis, Ribadumia (cara a Cambados, Ribadumia e Barrantes), Xil (Meaño-Dena), o Parque Empresarial de Nantes e Sanxenxo. Tras esta saída, a autovía convértese no corredor galego VG-4.1 que chega á praia da Lanzada.

LU-109

A LU-109 é unha estrada da rede secundaria, ramal da LU-546, correspondente á antiga C-546 ao seu paso por Ribas Altas (Lugo) antes da construción da actual circunvalación.

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-642

A LU-642 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-546 no Oural (Sarria) con Ferrería do Incio.

LU-643

A LU-643 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-652 en Bóveda coa LU-644 en Laiosa (O Incio).

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

Meaño

Meaño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE no ano 2016 tiña unha poboación de 5.341 habitantes, o que representa un descenso con respecto ó ano 2005, cando contaba con 5.475 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meañés».

OU-540

A estrada OU-540 é unha vía que une a cidade de Ourense con Portugal. Esta estrada é a principal vía de comunicación coa cidade das Burgas para os 29.975 habitantes (2009) que residen nas comarcas da Terra de Celanova e a Baixa Limia, onde se atopan vilas como Celanova, Bande ou Lobios.

Orixinalmente formou parte da estrada nacional N-540.

O Vinquiño, Adina, Sanxenxo

O Vinquiño é un lugar da parroquia da Adina do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 103 habitantes en 2016 (51 mulleres e 52 homes), o que representa un aumento respecto ó ano 2009, cando tiña 90 veciños, e 2008, cando eran 92.

No Vinquiño remata a autovía AG-41 (que vén de Curro, Barro) e nace o corredor VG-4.1 (que vai ata o istmo da Lanzada). Ó redor da rotonda que conecta a saída da autovía coas estradas locais instaláronse dúas grandes superficies.

O Vinquiño, Padriñán, Sanxenxo

O Vinquiño é un lugar da parroquia de Padriñán do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 104 habitantes en 2016 (51 mulleres e 53 homes), o que representa un marcado descenso respecto ó ano 2009, cando tiña 140 veciños, e ó ano 2004, cando eran 120.

No lugar do Vinquiño remata a autovía galega AG-41, que continúa cara ó Grove transformada no corredor galego VG-4.1 ata a praia da Lanzada.

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

PO-307

A PO-307 é unha estrada convencional que vai da parroquia de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa, ata a Illa de Arousa, sendo a ponte que forma parte desta estrada a única que une a illa co continente. A Xunta de Galicia é a administración propietaria da estrada, formando parte da súa rede primaria complementaria.

Sanxenxo

Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2018 contaba con 17.212 habitantes (8.487 mulleres e 8.725 homes), cifra que segundo o concello se multiplica por seis en época estival. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é sanxenxino ou sanxenxeiro e, popularmente, lilaino, -a .

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.