VG-1.5

A VG-1.5 ou Corredor da Costa da Morte é unha vía de alta capacidade en proxecto dependente da Xunta de Galicia. O obxectivo é conectar mediante unha vía de alta capacidade os concellos máis occidentais da Costa da Morte coa AG-55.

VG-1.5
Corredor da Costa da Morte
Tipoloxíavía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Dimensións
Lonxitude(en servizo) 2,47 km
Localización
Inicio AG-55 
Fin AC-552   VG-1.4  Cee
Circulación
TránsitoRodado, non peonil.
Velocidade máxima100 km/h

Historia e características

O xermolo deste proxecto parte do Plan Galicia, coa idea de unir mediante unha vía de alta capacidade os concellos da Costa da Morte e soneiráns coa AG-55, que daquela remataba en Carballo.[1]

Porén, a lonxitude deste corredor nunca ficou claramente definida, pois estivo a expensas dos cambios de parecer da consellaría responsábel en canto á cantidade de quilómetros a prolongar da AG-55:

  • En 2007 o Consello da Xunta anunciara o financiamento do futuro corredor, desde Carballo até Cee, como unha vía de alta capacidade con posibilidade de ser desdobrada nun futuro.[2]
  • En 2010 anunciábanse cambios no proxecto por problemas económicos e a intención de construír directamente unha autovía en todo o tramo Carballo-Berdoias.[3]
  • En 2012 a UTE encargada da construción do tramo de autovía paralizaba a obra e despedía aos traballadores.[4]
  • En 2014 a Xunta accedía a que as empresas adxudicatarias da obra construíran só o tramo Carballo-Santa Irena, no que os últimos 2,47 km[5] serían xa como vía de altas prestacións.[6]
  • En 2016, logo da inauguración do tramo Carballo - Santa Irena, o presidente Alberto Núñez Feijóó anunciou a intención de prolongar como vía de altas prestacións o corredor até Vimianzo en vindeiras datas.[7]
  • En marzo de 2017 foi licitada a redacción do proxecto para a construción do tramo de 5,5 km Santa Irena - Vimianzo, preparado para a súa conversión en autovía cando, segundo a consellaría, o aconselle un aumento no tráfico.[8]

Tramos

Denominación Tramo Quilómetros Ano de entrada en servizo
 AG-55  Carballo Oeste - Baio Norte 25,5 2016 (directamente como autovía)
 VG-1.5  Baio Norte - Santa Irena  AC-552  2,2 2016
 VG-1.5  Santa Irena - Vimianzo  AC-432  5,5 Obras paralizadas desde 2012.

Agardando por novo proxecto construtivo (2018).

 VG-1.5  Vimianzo - Berdoias - Obras paralizadas desde 2012
 VG-1.5  Berdoias - Cee 9[9] Estudo Informativo

Notas

  1. I. Bascoy - La Opinión A Coruña (04.12.2016). "La Xunta reserva 22,5 millones para la autovía de A Costa da Morte". Consultado o 2017-08-08.
  2. J. M. Ramos - El Correo Gallego (06.07.2007). "El Corredor de Costa da Morte será autovía antes de 2018" (en castelán). Consultado o 2017-08-08.
  3. "Hernández salienta que a Xunta non perderá un minuto na licitación da autovía da Costa da Morte e somete dende hoxe a información pública o novo estudo económico financeiro". www.xunta.gal. Consultado o 2017-08-08.
  4. Huete, Cristina (2012-04-16). "La UTE de la autovía de la Costa da Morte frena la obra y despide personal". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-08-08.
  5. "RAEGA-2016 A Coruña" (PDF). Xunta de Galicia.
  6. Lombao, David. "A Xunta fíalle un traxe á medida á construtora da autovía da Costa da Morte". Praza Pública. Consultado o 2017-08-08.
  7. Toni Longueira (2016-07-30). "La autovía de la Costa da Morte se ampliará 5,5 kilómetros hasta Vimianzo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-08.
  8. "A Xunta licita hoxe a redacción do proxecto da primeira fase da continuación da autovía da Costa da Morte, que suporá un investimento de 22 millóns de euros". Xunta de Galicia. 2017-03-31. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2017. Consultado o 2017-08-08.
  9. "El corredor entre Berdoias y Cee será como una primera fase de vía de alta capacidad". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-11-26. Consultado o 2017-08-09.
AC-100

A AC-100 é unha estrada da rede secundaria, de 7 km de distancia. Une as localidades coruñesas do Porto do Barqueiro e O Porto de Bares, ambas as dúas no concello de Mañón.

AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-542

A AC-542 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Betanzos e O Mesón do Vento (Ardemil, Ordes), logo de 22 quilómetros.

AC-550

A AC-550 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Cee e Ribeira, logo de 107 quilómetros. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

AG-41

A AG-41 é unha autovía autonómica galega que percorre a zona centro-sur do Salnés. Pasa polos concellos de Barro, Meis, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo.

Ten saídas en Curro (á AP-9 e á PO-531), O Mosteiro (Meis), San Martiño de Meis, Ribadumia (cara a Cambados, Ribadumia e Barrantes), Xil (Meaño-Dena), o Parque Empresarial de Nantes e Sanxenxo. Tras esta saída, a autovía convértese no corredor galego VG-4.1 que chega á praia da Lanzada.

AG-55

A AG-55 ou Autoestrada da Costa da Morte, é unha vía de alta capacidade dependente da Xunta de Galicia. Une A Coruña con Baio e serve como alternativa á AC-552, coa que está conectada nos máis dos casos ao longo do seu percorrido, incluídas as localidades extremas. A AG-55 ten peaxe directa desde Coruña até Carballo leste e peaxe na sombra no resto dos tramos até Santa Irena.

LU-109

A LU-109 é unha estrada da rede secundaria, ramal da LU-546, correspondente á antiga C-546 ao seu paso por Ribas Altas (Lugo) antes da construción da actual circunvalación.

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-642

A LU-642 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-546 no Oural (Sarria) con Ferrería do Incio.

LU-643

A LU-643 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-652 en Bóveda coa LU-644 en Laiosa (O Incio).

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

LU-862

A LU-862 (anteriormente coñecida como C-642) é unha estrada da rede primaria básica da Xunta de Galicia que discorre pola provincia de Lugo, entre O Vicedo e San Cibrao (Cervo). Atravesa a comarca da Mariña Occidental de leste a oeste pasando pola capital comarcal, Viveiro.

Comeza o seu trazado na ponte sobre a Ría do Barqueiro, que une coa estrada AC-862 á altura do Vicedo. En Viveiro crúzase coa LU-540 para finalmente terminar no cruzamento de Fontecova nos arredores de San Cibrao, uníndose á N-642.

Está previsto a construción dunha alternativa á LU-842, denominada como CG-2.3.

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

OU-540

A estrada OU-540 é unha vía que une a cidade de Ourense con Portugal. Esta estrada é a principal vía de comunicación coa cidade das Burgas para os 29.975 habitantes (2009) que residen nas comarcas da Terra de Celanova e a Baixa Limia, onde se atopan vilas como Celanova, Bande ou Lobios.

Orixinalmente formou parte da estrada nacional N-540.

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

PO-307

A PO-307 é unha estrada convencional que vai da parroquia de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa, ata a Illa de Arousa, sendo a ponte que forma parte desta estrada a única que une a illa co continente. A Xunta de Galicia é a administración propietaria da estrada, formando parte da súa rede primaria complementaria.

VG-1.4

A VG-1.4 ou Vía de Alta Capacidade Cee - Sardiñeiro, tamén coñecida como Variante de Sardiñeiro, é unha infraestrutura de dominio público dependente da Xunta de Galicia. Conecta o concello de Fisterra coa AC-552 evitando o paso polos cascos urbanos de Cee e Corcubión.

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.