Vítor Vaqueiro

Vítor Vaqueiro Foxo, nado en Vigo o 4 de agosto de 1948, é un escritor e fotógrafo galego.

Vítor Vaqueiro
Vítor Vaqueiro
Nacemento4 de agosto de 1948
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta

Traxectoria

Estudou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago e despois duns anos (até 1986) de exercicio docente de matemáticas no ensino medio decidiu dedicarse á fotografía, en torno á cal impulsou numerosas actividades.[1] Foi cofundador do colectivo fotográfico Canbranco e do Centro de Estudos Fotográficos. Entre os anos 2007 e 2011 foi diretor do Arquivo Pacheco. Tamén foi profesor das materias de Fotografía, Fotoxornalismo, Dirección de Fotografía e Proxecto Audiovisual na facultade de Ciencias da Comunicación da USC.[2]

A súa andaina literaria está marcada pola poesía, xénero que cultivou case en exclusiva durante os anos 80. O seu primeiro libro de narracións foi O soño dirixido (1992), ao que seguiron outros. En 1968 (2018) recolle e poetiza as experiencias santiaguesas do ano citado, as asembleas, as manifestacións, a politización da universidade. Uns anos despois ata chegou a pasar varios días detido por motivos políticos.

Tamén desenvolveu un importante traballo no eido da divulgación sobre as festas populares de Galicia. Colaborou con A Nosa Terra, Tempos Novos e Sermos Galiza.

Vítor Vaqueiro 1968
Na presentación de 1968 no Espazo Nemonon de Pontevedra, 05/03/2019

En 2003 obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago, pola súa tese A obra fotográfica dos Pacheco no período 1909-1936.

Obra en galego

Poesía

  • Lideiras entre a paisaxe (1979). Edicións Castrelos. 67 páxs.
  • Informe da gavilla (1980). Galaxia, colección Dombate. 84 páxs. ISBN 978-84-7154-362-2.[3]
  • Camiño de Antioquía (1982). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 63 páxs. ISBN 84-860446-03-3.
  • A fraga prateada (1983). Galaxia. 140 páxs. ISBN 978-84-7154-453-7.[4]
  • A cámara de néboa (1989). Sotelo Blanco. ISBN 978-8486021948.
  • Traxectorias. Obra poética (1977-2002), (2004). Espiral Maior. 256 páxs. ISBN 84-95625-84-9.
  • Palavras a Espártaco (2015). Através. ISBN 978-84-87305-89-4
  • 1968 (2018). Laiovento. 140 páxs. ISBN 84-8487-426-3.[5]

Narrativa

  • O soño dirixido (1992). Ir Indo. 167 páxs. ISBN 978-8476800744.
  • Os xenerais de África (1999). Galaxia. 132 páxs. ISBN 978-84-8288-267-3.[6]
  • Os nomes da morte (2002). Galaxia. 268 páxs. ISBN 978-84-8288-570-4.[7]
  • Os espellos do tempo (2008). Galaxia. 298 páxs. ISBN 978-84-9865-115-7.[8]
  • O soño (re)dirixido (2010). Galaxia. 2ª edición, corrixida e aumentada de O soño dirixido. 240 páxs. ISBN 978-84-9865-285-7.[9]

Ensaio

  • Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria (1998). Galaxia. 550 páxs. ISBN 978-84-8288-205-5.[10]
  • Guía do Norte de Portugal (2001). Galaxia. 364 páxs. ISBN 978-84-8288-476-9.[11]
  • Mitoloxía de Galiza (2011). Galaxia. 576 páxs. ISBN 978-84-9865-387-8.
  • Da identidade à norma (2017). Laiovento. Con Nicolás Xamardo. 260 páxs. ISBN 84-8487-347-1.[12]

Obras colectivas

  • II Festival da Poesía do Condado, 1982, S. C. D. Condado.
  • III Festival da Poesía no Condado, 1983, S. C. D. Condado.
  • IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado.
  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • V Festival da Poesia no Condado, 1985, S. C. D. Condado.
  • VI Festival da Poesía no Condado, 1986, S. C. D. Condado.
  • VII Festival da Poesia no Condado, 1987, S. C. D. Condado.
  • Celanova, 1989, Ir Indo.
  • Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Edicións do Castro.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Edicións do Castro.
  • Construír a paz, 1996, Xerais.
  • Guía de festas populares de Galicia, 1997, Galaxia. En colaboración con Xosé Manuel González Reboredo.
  • Novo do trinque, 1997, BNG.
  • Pacheco: a memoria dun tempo e dun país, 2002, Concello de Vigo/Lunwerg.
  • Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).

Premios

Obra en castelán

Ensaio

  • Galicia mágica (2004). Galaxia. 184 páxs. ISBN 978-84-8288-705-0.[14]

Notas

  1. "Vítor Vaqueiro". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05.
  2. "Vitor Vaqueiro". www.aelg.gal. Consultado o 2019-03-05.
  3. "Informe da gavilla". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05.
  4. "A fraga prateada". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05.
  5. "Edicións Laiovento - 1968". www.laiovento.com. Consultado o 2019-03-05.
  6. "Os xenerais de África". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05.
  7. "Os nomes da morte". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05.
  8. "Os espellos do tempo". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05.
  9. "O soño (re)dirixido". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05.
  10. "Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05.
  11. "Guía do Norte de Portugal". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05.
  12. "Edicións Laiovento - DA IDENTIDADE À NORMA". www.laiovento.com. Consultado o 2019-03-05.
  13. "Víctor Vaqueiro". bvg.udc.es. Consultado o 2019-03-05.
  14. "Galicia mágica". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05.
1948

1948 foi Ano Santo Xacobeo.

4 de agosto

O 4 de agosto é o 216º día do ano do calendario gregoriano e o 217º nos anos bisestos. Quedan 149 días para finalizar o ano.

Anaiansi

Anaiansi é unha novela de Úrsula Heinze publicada en 1987 por Ir Indo, dirixida principalmente aos públicos xuvenís.

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Biblioteca Galega 120

A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega, distribuída por La Voz de Galicia, da que se venderon máis de catro millóns e medio de exemplares. Na iniciativa colaboraron Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, Espiral Maior, Edicións Laiovento, Ediciones SM, Ir Indo, Sotelo Blanco Edicións e Ediciós do Castro.

Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.

Binormativismo

Binormativismo é a convivencia de dúas normas ortográficas que son consideradas formas válidas e oficiais da mesma lingua. O modelo binormativista está implantado en Luxemburgo e en Noruega.

Camilo José Cela

Camilo José Cela Trulock, nado en Iria Flavia o 11 de maio de 1916 e finado en Madrid o 17 de xaneiro de 2002, foi un escritor galego de sona. Escribiu en castelán algunhas das obras canónicas da literatura de posguerra como La colmena, Mazurca para dos muertos ou La familia de Pascual Duarte. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1989.

Colección Dombate

A colección Dombate foi unha colección literaria de Editorial Galaxia, dedicada á edición de poesía en lingua galega.

Escrita (revista)

Escrita é unha revista publicada pola AELG. A súa publicación comezou no ano 1983 e finalizou en 1985. Non obstante, no ano 2005, retomouse a súa publicación baixo o nome de Escrita Contemporánea, a cal segue vixente. Foi redactada enteiramente en galego por numerosos escritores, entre os que destacan algúns nomes como os de Otero Pedrayo, Manuel Lourenzo ou Ricardo Carballo Calero.

Os exemplares da revista podíanse adquirir individualmente por 175 pesetas os dous primeiros números e 200 os seguintes. Tamén estaba a disposición do lector unha subscrición anual a cambio de 700 pesetas nos dous primeiros números e de 800 pesetas nos restantes. Actualmente están dispoñibles en formato dixital na páxina web da AELG ou en formato físico na biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.

Libraría Andel

Andel foi unha libraría da cidade de Vigo, aberta en decembro de 1999 e que anunciou o seu peche o 21 de febreiro do ano 2019. Estivo considerada emblemática da cultura galega.

Manuel Rivas

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta, xornalista galego e académico da RAG dende o 31 de xullo de 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.

Premio Esquío de poesía

O Premio Esquío de poesía é un premio de poesía organizado pola Sociedad de Cultura Valle-Inclán de Ferrol desde 1981. Até o ano 2007 foi apoiado economicamente pola Caixa Galicia a través da Fundación Caixa Galicia, contando cun dos maiores premios económicos do Estado español para certames de poesía. Dende a edición de 1985 conta con dúas convocatorias diferentes, unha en galego e outra en español, cada unha dotada cun premio en metálico e a publicación da obra na Colección Esquío de poesía. Poucos anos despois da primeira convocatoria instituíron un accésit en cada un dos apartados. No ano 2007 a Fundación Caixa Galicia retirou o apoio económico ao premio, impedindo que puidese ser convocado. A Sociedad de Cultura Valle-Inclán consegue, a finais dese mesmo ano, involucrar ao Concello de Ferrol, e sacar as bases para a edición de 2008, aumentando tamén levemente o premio económico.

Premio da Crítica de poesía galega

O Premio da Crítica de poesía galega é un premio literario de España que, desde 1976, concede a Asociación Española de Críticos Literarios dentro da convocatoria anual do Premio da Crítica, e onde se valora o que se considera o mellor poemario escrito en galego, publicado no ano anterior.

Xosé Antonio Perozo

Xosé Antonio Perozo Ruiz, nado en Llerena, Estremadura, o 28 de outubro de 1951, é un xornalista, editor e escritor en lingua galega e lingua castelá. Reside en Galicia dende os anos setenta. Traballou en diversos medios de comunicación e foi director da Área de Cultura da Televisión de Galicia, onde dirixiu e presentou o programa Visións (1987), A noite das badaladas (1988) e Ás de ouros (1989). Director da editorial Ir Indo e director da Enciclopedia Galega Universal, ten publicados máis dunha trintena de títulos que abranguen desde obras de teatro, contos infantís e libros de divulgación. É director literario de Auga Editora.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.