Víctor Freixanes

Víctor Fernández Freijanes[1], máis coñecido como Víctor Freixanes, nado o 24 de agosto de 1951 en Pontevedra, é un xornalista, editor e escritor galego. É irmán do pintor Xosé Freixanes. En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega.[2]

Víctor Freixanes
Víctor Freixanes
Nome completoVíctor Fernández Freixanes
Nacemento25 de agosto de 1951
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
OcupaciónPresidente da Real Academia Galega
CónxuxeMaría Dolores Cabrera Iglesias
IrmánsXosé Freixanes
XénerosNarrativa
PremiosModesto R. Figueiredo en 1978
Blanco Amor en 1982

Traxectoria

Formación e escrita

Víctor Freixanes (editorial Galaxia), Vigo
Freixanes en 2009.

Fillo de Víctor Fernández Barcia. Licenciado en filoloxía románica en 1973 pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras unha estancia en Madrid traballou no departamento de actividades culturais de Radio Popular de Vigo e foi profesor colaborador do ICE en Vigo. Desde entón iniciou un intenso labor xornalístico en prensa, radio e televisión. En 1976 saíu do prelo o seu primeiro libro, Unha ducia de galegos, un libro de entrevistas e en 1980 publicou Memoria dun fuxido. Gañou o premio Modesto R. Figueiredo en 1978 con A caza de cascudas. Con O triángulo inscrito na circunferencia (1982) gañou o premio Blanco Amor. O enxoval da noiva (1988) e A cidade dos césares (1993) son outras dúas novelas salientables de Freixanes.

Actividades

Catedrático de Lingua e Literatura Galega (1ª promoción de 1981), exerceu a docencia en secundaria e despois foi profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Colaborador habitual de medios de comunicación como La Voz de Galicia, tamén presentou na Televisión de Galicia o programa dedicado aos libros e á literatura A Trabe de Ouro (1986-1987).

No ámbito empresarial, foi director xeral de edicións Xerais (1989-1993), director de edicións do Grupo Anaya e de Alianza Editorial (1994-1998), e foi director xeral da editorial Galaxia de 2002 [3] a 2016[4].

No ano 2004 leu o discurso de ingreso na Real Academia Galega, institución que preside desde o 28 de marzo de 2017. Substituíu no cargo ao profesor e escritor Xesús Alonso Montero, quen non se presentou á reelección.

Predecesor:
Xesús Alonso Montero
 Presidente da RAG 
2017 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Obras

Biblioteca Galega 120
A cidade dos Césares foi incluída na Biblioteca Galega 120.

Ensaio

Narrativa

Traducións

Obras colectivas

Premios

Freixanesalonso
Xaime Toxo, Francisco Castro, Freixanes, Fina Casalderrey e Xesús Alonso Montero, na presentación da reedición de Unha ducia de galegos, en Pontevedra o 8/10/2017

Notas

  1. "Resolución do DOG nº 119 do 23/06/1999 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-06-28.
  2. Pardo, Miguel (28 de marzo de 2017). "Freixanes, elixido novo presidente da RAG, apela á "unidade" e reivindica o "continuísmo"". Praza Pública. Consultado o 29 de marzo de 2017.
  3. "A historia de Galaxia". Editorial Galaxia. Consultado o 2018-06-30.
  4. Francisco Castro novo director da Editorial Galaxia, nova na páxina web da Editorial Galaxia.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

24 de agosto

O 24 de agosto e o 236º día do ano do calendario gregoriano e o 237º nos anos bisestos. Quedan 129 días para finalizar o ano.

A Trabe de Ouro (programa da TVG)

A Trabe de Ouro foi un programa dirixido e presentado por Víctor Freixanes dedicado aos libros que emitiu a Televisión de Galicia en 1986 e 1987. Colaboradores habituais eran Luísa Castro, Miguel Anxo Seixas e Dolores Cabrera.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Fina Casalderrey

Xosefa Casalderrey Fraga, máis coñecida como Fina Casalderrey, nada en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951, é unha escritora, profesora de educación secundaria, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante e periodista galega.

Francisco Castro Veloso

Francisco Castro Veloso, nado en Vigo o 27 de outubro de 1966, é un escritor e editor galego. En decembro de 2016 sucedeu como director a Víctor Freixanes á fronte da Editorial Galaxia.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

Grandes do noso tempo

Grandes do noso tempo é unha colección de obras de literatura universal traducidas ao galego posta en marcha por Edicións Xerais de Galicia. Consta de 18 títulos, publicados entre 1989 e 1996.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Premio da Crítica de narrativa galega

O Premio da Crítica de narrativa galega é un premio literario de España que, desde 1976, concede a Asociación Española de Críticos Literarios dentro da convocatoria anual do Premio da Crítica, e onde se valora a que se considera mellor obra en prosa escrita en galego, publicada no ano anterior (a partir de 1978 os premios adxudícanse sempre ao ano seguinte da publicación dos libros).

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Ramón Villares

Ramón Villares Paz, nado en Cazás (Xermade) o 12 de xaneiro de 1951, é doutor en Historia desde 1980 e foi presidente do Consello da Cultura Galega dende o 20 de abril de 2006 ata o ano 2018.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Unha ducia de galegos

Unha ducia de galegos é un libro de entrevistas en lingua galega de Víctor Freixanes, publicada en 1976 por Editorial Galaxia.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.