Vía tolosana

A vía tolosana é o nome latino dun dos catro camiños franceses da peregrinación a Santiago de Compostela, a situada máis ao sur. Pasa pola cidade de Tolosa, da cal toma o seu nome, mais o punto de xuntanza e de partida estaba en Arles. Atravesa o país de etapa en etapa e franquea os Pireneos polo paso de Somport. Xa do lado español, o camiño continúa con o nome de Camiño aragonés até a etapa de Puente la Reina, onde se efectúa a unión con o Camiño navarro, que non é senón a prolongación doutros camiños procedentes de Francia. Desde aí, o camiño cara a urbe compostelá prosegue baixo a denominación de Camiño francés.

Rutas do Camiño de Santiago francés
A vía tolosano era o camiño de peregrinación máis meridional de Francia

Historia

Na saída de Arles, a vía tolosana ou vía arletanensis, que Aimery Picaud no Guía do Peregrino, Libro V, nomea vía Aegidia [a ruta de Saint-Gilles do Gard)], eran acollidos os peregrinos vindos de Italia, dos Alpilles e da Provenza, mais tamén servía , en sentido inverso, para axuntárense os romeus que chegados da Península Ibérica ou doutras partes de Francia se dirixían para Roma e tomaban, no lado italiano, a vía francigena.

O seu nome está ligado ao da capital da dinastía condal dos Saint-Gilles, que xogou, no século XII, un papel importante nas terras do Languedoc.

Ricas en historia e unidas por unha mesma lingua, a dos trobadores, estas terras viron expandirse unha das máis brillantes civilizacións da Idade Media, como o testemuñan, amén dos vestixios da antigüidade romana, as cidades, mosteiros e igrexas románicas que enmarcan o trazado desta vía cara o sur, e que dominan os castelos e os feudos testemuño da traxedia cátara.

Este camiño estaba precedido pola Via Domitia, que desde o col de Montgenèvre vai até Arles, pasando por Sisteron, Apt, tamén chamada Vía Francigena porque para os italianos atravesa Francia.

Había ademais un camiño paralelo, o camiño do Piedmont ou «el cami deu pé de la coste» (o camiño do pé da costa), que pasa por Saint-Bertrand-de-Comminges, ate xuntarse á vía tolosana no paso de Somport.

Todos estes camiños empataban con o Camiño aragonés para unirse ao Camiño francés en Puente la Reina.

A Guía do Peregrino

No século XII, na súa Guía do Peregrino ou Codex Calixtinus, Libro V, Aimery Picaud dá as informacións seguintes :

Capítulo primeiro

Os Camiños de Santiago

« Hai catro rutas que, conducindo a Santiago, se reúnen nunha soa en Puente la Reina, unha pasa por Saint-Gilles (do Gard), Montpellier, Tolosa, e Somport, (...) »

Capítulo IV

Corpos santos que repousan na ruta de Santiago e que os peregrinos deben visitar.

Ante todo os que van a Santiago pola ruta de Saint-Gilles, deben render visita en Arles, o corpo do benaventurado Trófimo, confesor, a súa festa se celebra o 29 de decembro, (...), o corpo do benaventurado Cesáreo, bispo e mártir, a súa festa se celebra o 1 de novembro, (...) e no cemiterio da mesma vila as reliquias do bispo santo Honorata, o seu oficio solemne celébrase o 16 de xaneiro, o corpo do santísimo mártir Xinès.

É preciso tamén visitar moi atentas consideracións o corpo venerable de san Xil (Gilles), piadoso confesor e abade, (...) (en Saint-Gilles-du-Gard).

Deben render visita ao corpo do benaventurado confesor Guillerme, santísimo portaestandarte (...) do rei Carlomagno, (...), no val de Gellone (Saint-Guilhem-le-Désert), a súa festa celébrase o 28 de maio.

Na mesma ruta, cómpre render visita aos corpos dos benaventurados mártires Tiberio, Modesto e Florencio, (...) (en Saint-Thybèri) ; teñen a súa festa o 10 de novembro.

Cómpre aínda, na mesma ruta, ir venerar o moi santo corpo do benaventurado Sadurniño (Sernin), bispo e mártir (...) da cidade de Tolosa; (…) ; a súa festa conmemórase o 29 de novembro.

Conclusión

Non existe un «camiño histórico», falando con propiedade. Nada testemuña en certos casos o paso dos peregrinos, salvo a presenza dun corpo santo, con frecuencia ligado a unha romaxe local, como a de Saint Lizier ou a de Saint-Bertrand-de-Comminges. Ambos as dúas sobre «el cami deu pé de la coste».

Hai poucos hospitais de Santiago, ao contrario do que se ve na vía podiensis, e menos aínda confrarías que daten do grande período da peregrinación, entre os séculos XI e XIII. Por contra algúns raros testemuños datan dos séculos XVI – XVII.

O camiño principal

Bouches-du-Rhône

  • Arles, igrexa de Saint-Trophime, claustro de Saint-Trophime, igrexa de Notre dame de la Major, convento dos Cordeliers, teatro e anfiteatro romanos, sen esquecer os Alyscamps, caros a Aimery Picaud.

Gard

  • Saint-Gilles-du-Gard, igrexa abacial bieita de Saint-Gilles.
  • Vauvert

Hérault

Saint-Guilhem-le-Désert
Saint-Guilhem-le-Désert
  • Lunel
  • Castries.
  • Montpellier, a catedral de Saint-Pierre, o barrio Écusson
  • Aniane, a súa abadía, e a ponte do diabo.
  • Saint-Guilhem-le-Désert, a súa abadía.
  • Saint-Jean-de-la-Blaquière.
  • Usclas-du-Bosc, as 52 estelas funerarias discoidais, do século XII.
  • Saint-Privat, o priorado de Grandmont.
  • Lodève, a catedral de Saint-Fulcran
  • Joncels, e a súa abadía.
  • Lunas, o seu castelo.
  • Le Bousquet-d'Orb, a igrexa de Saint Martín.
  • Saint-Gervais-sur-Mare
  • Bédarieux, igrexas de Saint Alexandre e Saint Louis.
  • Le Poujol-sur-Orb
  • Olargues: outra ponte do diabo.

Tarn

La Salvetat sur Agout vue generale
La Salvetat-sur-Agout
  • Murat-sur-Vèbre
  • Fraisse-sur-Agout (Hérault)
  • La Salvetat-sur-Agout (Hérault)
  • Anglès
  • Brassac
  • Burlats, antiga colexiata de Saint-Pierre
  • Castres, a súas casas sobre o río Agout.
  • Soual
  • Dourgne,as súas abadías.
  • Sorèze, antigo hospital de Saint-Jacques.

Alta Garona

Basilique Saint-Sernin de Toulouse - exposition ouest-1-
Tolosa, basílica de Saint Sernin
  • Revel, os seus mercados,
  • Montmaur (Aude)
  • Saint-Félix-Lauragais, igrexa de Saint-Félix
  • Cassès, as súas estelas.
  • Seuil-de-Naurouze
  • Montferrand (Aude)
  • Villefranche-de-Lauragais, bastida (cidadela fortificada) do século XII.
  • Baziège, igrexa de Saint-Étienne.
  • Escalquens
  • Labège
  • Tolosa, a basílica de Saint-Sernin, a catedral de Saint-Étienne, a igrexa de Notre-Dame du Taur, a basílica da Daurade, a igrexa dos Jacobins e o seu claustro , o Convento dos agostiños, a igrexa de Saint-Pierre-des-Cuisines, a igrexa de Saint-Aubin, a igrexa de Saint-Nicolas, a igrexa de Notre-Dame de la Dalbade, a praza do Capitole, a sala dos Illustres, e máis o Hospital de Saint Jacques.
  • Léguevin

Gers

Auch1
Auch e a súa catedral
  • L'Isle-Jourdain, antigo Hospicio de Saint-Jacques.
  • Gimont, abadía de Planselve, igrexa de Notre Dame de Gimont.
  • Aubiet
  • l'Isle-Arné
  • Auch, a catedral de Sainte-Marie
  • Barran, igrexa de Saint Jean-Baptiste
  • L'Isle-de-Noé,
  • Montesquiou, Hospital de Saint-Blaise
  • Bassoues
  • Marciac

Hautes-Pyrénées

  • Maubourguet

Pyrénées-Atlantiques

  • Anoye
  • Morlaàs, a igrexa de Sainte-Foy.
  • Lescar
  • Lacommande, igrexa de Saint Blaise
  • Oloron-Sainte-Marie, a catedral de Sainte-Marie, a igrexa de Sainte-Croix
  • Lurbe-Saint-Christau.
  • Escot.
  • Sarrance, Notre-Dame de Sarrance
  • Accous
  • Lescun
  • O Col du Somport

Variante de Carcasona

Fontfroide, fountain's courtyard
Claustro e fonte da abadía de Fontfroide
  • Pézenas, Casa do concello, a casa dos cabaleiros de San Xoán de Xerusalén.
  • Saint-Thibéry
  • Béziers, a catedral de Saint-Nazaire, igrexa de Saint-Jacques, igrexa da Madeleine e o canal du Midi.
  • Narbona, a basílica de Saint-Just, o antigo pazo dos arcebispos e a basílica de Saint-Paul-Serge.
  • A Abadía de Sainte-Marie de Fontfroide
  • Lézignan-Corbières
  • Trèbes
  • Carcasona, a igrexa de Saint-Nazaire e as fortificacións.
  • Pezens, a capela de Sainte-Madeleine.
  • Villesèquelande, a casa sacerdotal do séulo XII.
  • Sainte-Eulalie
  • Bram
  • Saint-Papoul, a antiga abadía beneditina.
  • Castelnaudary, a colexiata de Saint-Michel.
  • Montferrand e o sitio do Elusiodonum.
  • Avignonet-Lauragais

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aimerico Picaud

Aimerico Picaud foi un monxe poitevin de Parthenay-le-Vieux, que viviu durante o século XII. Tradicionalmente foi considerado o autor da Guía do Peregrino, primeira obra dedicada á romaxe de Santiago de Compostela.

Ano Santo Xacobeo

O Ano Santo Xacobeo, tamén chamado Ano Santo Compostelán, é unha celebración católica que ten lugar en Santiago de Compostela os anos que o 25 de xullo, festividade do Apóstolo, cae en domingo. Isto acontece cunha regularidade de 28 anos de 6-5-6-11 anos, o que supón que en cada século haxa catorce Xacobeos.

Camiño Francés

O Camiño Francés ou Camiño Real é a ruta principal entre as distintas variantes que ofrecen os Camiños de Santiago. Recolle os peregrinos procedentes de Europa e percorre o norte da península desde Roncesvalles (Navarra) ou Somport (Huesca) ata Santiago de Compostela. No seu percorrido vai acollendo outras vías que conflúen nesta en diferentes puntos; esta imaxe de diferentes camiños confluíndo nun mesmo destino final quérese ver representada na figura da vieira como símbolo do Camiño.

Pode considerarse como o Camiño de Santiago por antonomasia por ser, con diferenza, a vía máis frecuentada dos diferentes Camiños: en 2016 foi a vía escollida por 176.329 peregrinos rexistrados pola Oficina do Peregrino (un 63,38% do total); en segundo lugar, moi lonxe, estaría o Camiño Portugués, cunhas porcentaxes do 16-18%.. Tamén é a vía mellor sinalizada e a que conta cun maior número de albergues ó longo do seu percorrido.

Como o resto dos Camiños, tivo numerosas ramificacións e rutas alternativas polas que os peregrinos buscaban achegarse ós distintos santuarios que existían ou se foron construíndo ó longo do Camiño ou, simplemente, optar por rutas máis seguras ou máis cómodas.

A Historia Compostelá, escrita pola contorna do bispo Diego Xelmírez a partir do ano 1109 recolle a primeira referencia documentada sobre o número de peregrinos que ían cara a Santiago. Relata o asombro do emir Alí ibn Yúsuf (1083-1143) cando, na súa viaxe a Galicia para falar coa raíña Urraca, observou a marea de peregrinos e preguntou:

O Camiño de Santiago Francés foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1993, ampliado ás rutas francesas en 1998. Tamén fora declarado o 23 de o utubro de 1987 "Primeiro Itinerario Cultural Europeo" polo Consello de Europa e está recoñecido como a Rúa Maior de Europa.

Camiño Inglés

O camiño inglés é a vía do camiño de Santiago usada polos peregrinos procedentes das Illas Británicas e doutros portos do norte de Europa, que chegaban ós portos da Coruña e Ferrol para emprende-lo camiño rumbo sur cara a Santiago de Compostela.

Camiño Portugués

Baixo a denominación de Camiño Portugués agrúpanse distintas vías do Camiño de Santiago que, con orixe en Portugal, van cara a Santiago de Compostela. Tradicionalmente, descríbense dúas rutas principais que ascenden desde o sur de Portugal, unha pola costa desde Lagos a Lisboa, Coímbra e Tui; e outra polo interior desde Faro a Évora, Chaves e Verín. Estas dúas rutas principais presentan numerosas variantes locais e comunicacións entre unha e outra formando unha rede de Camiños interconectados cara ao norte. En consecuencia, o acceso a Galicia faise por Valença do Minho a Tui ou por Braga a Ourense, sendo a primeira alternativa a máis utilizada, con diferenza, e a que, xa en Galicia, recibe oficialmente o nome de Camiño Portugués. Mesmo existe unha terceira variante que entra por Caminha á Guarda e ascende pola costa de Pontevedra, que recibe o nome de Camiño Monacal en referencia ó mosteiro de Oia, por onde pasa.

A Asociación de Amigos do Camiño Portugués comezou a sinalizar e cartografar o Camiño Portugués en 1993, desde Tui. Membros desta asociación cifraban en 500 peregrinos anuais os que seguían esta ruta nos seus inicios, experimentando desde hai anos un crecemento progresivo ata alcanzar os 52.000 do ano 2016, o que o converteu na segunda ruta Xacobea en importancia, aínda que a gran distancia do Camiño Francés. Segundo a Oficina do Peregrino, nos últimos anos accederon a Santiago polo Camiño Portugués un número crecente de peregrinos: 35.494 en 2014 (un 14,92% do total de peregrinos por tódolos camiños), 43.158 en 2015 e 52.190 en 2016., fronte ós 176.329 que chegaron polo Camiño Francés en 2016 (o 63,38% do total). Canto á nacionalidade dos peregrinos, os portugueses representan ó redor do 5% e manteñen ano tras ano un cuarto posto, por detrás de españois (ó redor do 50%), alemáns (8%) e italianos (6,5%).

Para mellorar e aumentar o atractivo desta ruta, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e mais os doce concellos polos que transcorre o Camiño acordaron en 2014 crear unha mesa de seguimento para analizar os problemas detectados, afrontar labores de mantemento e deseñar medidas para potencialo. En setembro dese mesmo ano comezaron os traballos de limpeza e sinalización, cun orzamento dun millón de euros.

Camiño Primitivo

O Camiño Primitivo ou Ruta Xacobea Primitiva, un dos diferentes Camiños de Santiago, comunica a cidade de Oviedo con Santiago de Compostela, cun percorrido total de 343 km . A Xunta de Galicia dálle tamén o nome de Camiño de Santiago do Norte-Ruta Interior .

O cualificativo de Primitivo débese a que foi a ruta utilizada no século IX polo rei Afonso II de Oviedo (Afonso II o Casto) cando coñeceu a noticia do descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago. Trala visita ó sepulcro e a confirmación real de que se trataba dos restos do Apóstolo, mandou construír unha capela no lugar que, tras sucesivas reformas e reconstrucións, converteuse na actual Catedral de Santiago. En conmemoración deste feito, no ano 2010 colocouse na catedral de Oviedo unha placa con esta inscrición:

A maiores, outorgou doazóns e promoveu a creación dunha comunidade monástica que atendese a nova igrexa de Santiago e fomentou, a partir de entón, as peregrinacións ó Apóstolo.

Ata que ben entrado o século X non se asegura a conquista do norte da península, o Camiño Primitivo foi o itinerario seguido polos peregrinos do norte español e europeos. A partir dos séculos X e XI foi entrando en declive ó ser substituído polo Camiño Francés. Aínda así, mantivo sempre certa relevancia polo interese dos peregrinos en visitar as reliquias da catedral de Oviedo: moitos dos que viñan polo Camiño Francés se desviaban en León para visitar a catedral do Salvador e recuperaban logo a peregrinación a Santiago seguindo o Camiño Primitivo, como recolle o dito popular Quen vai a Santiago e non ó Salvador, serve ó criado e esquece ó Señor. Tamén se deu a alternativa de tomar esta desviación no camiño de regreso desde Santiago.

Con este Camiño Primitivo enlazan o Camiño do Norte, que viña de Irún a Santiago bordeando a costa cantábrica, e o Camiño de Santiago Real, que subía desde León ata Oviedo.

Nos últimos anos, os gobernos asturiano e galego esforzáronse en crear e manter camiños para os peregrinos así como na sinalización e na dotación de albergues. Aínda así, estes últimos son escasos (1-2 cada tramo de 15–25 km) excepto o comprendido entre Lugo e Melide.

O número de peregrinos que percorre esta ruta é reducido aínda que se observa un leve incremento ano tras ano. Segundo as estatísticas publicadas pola Oficina do Peregrino, ocupa o cuarto lugar en número de peregrinos, con 12.098 en 2016 .

Camiño de Pequena Polonia

O Camiño de Pequena Polonia (Ruta Xacobea de Pequena Polonia ou Camiño Małopolska) son as vías do Camiño de Santiago que dende Polonia van cara a Santiago de Compostela. O camiño vai dende Sandomierz e pasa por Klimontów, Kotuszów, Szydów, Szczaworyż, Wiślica, Pałecznica, Niegardów, Więcławice, Cracovia. De Cracovia pode ir a Sanka, Oświęcim e, finalmente, á fronteira coa República Checa.

Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago (en latín: Peregrinatio Compostellana) é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos supostos restos do Apóstolo no lugar do Libredón, en Santiago de Compostela, durante o reinado de Afonso II. O Camiño Francés e as rutas francesas do Camiño foron declarados pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1993 e 1998 respectivamente.

Camiño do Norte

O Camiño do Norte ou ruta da costa é un dos diversos Camiños de Santiago polo que os peregrinos percorren a península para render culto ó Apóstolo. Este itinerario percorre todo o norte peninsular, bordeando a costa cantábrica, desde Irún ata Ribadeo, para logo entrar en terras galegas cara a Santiago, enlazando co Camiño Francés en Arzúa. Presenta, como é habitual nos Camiños de Santiago, numerosas rutas alternativas dentro do mesmo itinerario así como conexións co Camiño Francés desde distintas localidades.

Recollía, fundamentalmente, os peregrinos que viñan de Europa pola costa occidental francesa e mais os que viñan en barco desde Inglaterra ou distintos puntos da Europa setentrional e desembarcaban en Bordeos, Bermeo, Donostia, Santander ou Xixón, entre outros portos cantábricos. Estes peregrinos, unha vez en terra, seguían o itinerario do Camiño do Norte ou descendían perpendicularmente para enlazar co Camiño Francés: desde Irún a Burgos (Camiño Vasco do Interior), desde Torrelavega a Aguilar de Campoo e Carrión de los Condes ou desde Oviedo a Lugo e Palas de Rei (Camiño Primitivo). Á súa vez, a ruta cantábrica recollía peregrinos que viñan polo Camiño Francés e, desde León, ascendían a Oviedo polo Camiño Real, para visitar a catedral de San Salvador e seguir logo a peregrinación cara a Santiago polo Camiño do Norte.

Entre outros peregrinos célebres que fixeron este itinerario no seu camiño cara a Santiago podemos citar a Francisco de Asís, de quen a tradición conta que fixo a viaxe en 1214; o astrónomo veneciano Bartolomeo Fontana, que o fixo entre 1538 e 1539; ou Filipe I, xa no século XVI.

Segundo a Oficina do Peregrino, o Camiño do Norte ocupa o terceiro lugar en número de peregrinos, con 17.312 en 2016, observando un incremento nos últimos anos .

O Camiño do Norte percorre, bordeando a costa, as provincias de Guipúscoa, Biscaia, Cantabria e Asturias. Entra en Galicia por Ribadeo e pasa por Mondoñedo, Vilalba, Sobrado e conflúe co Camiño Francés en Arzúa.

Como acontece con outras rutas, as distintas guías e fontes que se poden consultar difiren -lixeiramente- en canto o itinerario a seguir, sendo maiores as diferenzas no número e distancia das etapas nas que dividen o Camiño. No presente artigo seguiremos a distribución proposta pola Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago, que divide o Camiño en 32 etapas (ata Arzúa). Todos coinciden en que non sofre a masificación do Camiño Francés pero, como consecuencia, a infraestrutura está moito menos dotada en canto á sinalización, mantemento dos camiños e albergues de peregrinos (en número e capacidade).

Castres, Tarn

Castres (en occitano Castras) é un concello francés situado no departamento do Tarn e na rexión de Mediodía-Pireneos. Aquí naceu o líder socialista Jean Jaurès, e a cidade acolle un importante museo dedicado a Goya.

Catedral de Santiago de Compostela

A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1122 polo papa Calisto II declarou que serían «ano santo» ou «ano xubilar» en Compostela todos os anos nos que o día 25 de xullo, día de Santiago, coincidise en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni en 1179.

Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1896, e a cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985.

Códice Calixtino

Este artigo trata sobre o códice miniado coñecido en latín como Liber Sancti Jacobi ou Codex Calixtinus, para o libro de poemas de Luz Pozo Garza véxase Códice Calixtino.

O códice miniado coñecido en latín como Liber Sancti Jacobi ou Codex Calixtinus e en galego como Libro de Santiago ou máis comunmente como Códice Calixtino é un conxunto de textos reunidos en Santiago de Compostela nos anos finais do arcebispado de Diego Xelmírez e que se presentaba como da autoría do papa Calisto II. É o libro referecial do mundo xacobeo e o máis antigo centrado exclusivamente nesta temática.O exemplar máis antigo, datado entre 1150 e 1160, consérvase na catedral de Santiago de Compostela e é copia dun exemplar modelo. A copia que realizou o monxe Arnaldo de Monte en 1173 coñécese como manuscrito de Ripoll e consérvase actualmente en Barcelona.

Parte do manuscrito traduciuse ao galego no primeiro terzo do século XV, coñecido como Miragres de Santiago, recolle partes da Historia Karoli e da Guía do Peregrino. En 2010 publicouse a primeira tradución íntegra ó galego, da man de Xosé López Díaz, editada por Xosé Fernández Puga, director d'A Nosa Terra e ilustrada por Francisco Leiro, se ben xa se realizaran outras traducións parciais do libro anteriormente, como a editada pola editorial Xerais co gallo do Xacobeo do ano 1993 e que consistía nunha tradución ao galego do Libro V e se ocupaba da parte referida á peregrinación e da cal se lanzaron dúas edicións, mais foi descatalogada no 2008 pola editorial.O Códice Calixtino imprimiuse por vez primeira en 1882, nunha edición feita por Fidel Pita. Foi restaurado en 1966 e volvéuselle engadir o Libro IV que estaba fóra do manuscrito dende 1609.

O exemplar máis vello foi roubado da catedral de Santiago de Compostela en xullo de 2011. O martes, día 5 de xullo foi cando os responsables do libro se decataron da súa falta. Foi recuperado un ano despois en bo estado de conservación.

Escot

Escot é un concello da comarca francesa de Bearn, sito no val de Aspe, administrado polo departamento dos Pireneos Atlánticos, na rexión da Aquitania. En 1999 tiña 105 habitantes, cunha superficie de 22,6 km².

Escot está ao pé da Vía Tolosana, un dos ramais do Camiño de Santiago.

Lescar

Lescar é un concello francés de 10.342 habitantes (2006), situado no departamento dos Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania. É unha das etapas na Vía Tolosana, ramal do Camiño de Santiago. Os seus habitantes, en francés reciben o xentilicio de lescariens.

Pelegrín

Pelegrín foi unha mascota galega empregada para promocionar o camiño de Santiago e o Ano Xacobeo. Foi a mascota oficial do camiño entre o Ano Xacobeo de 1993 e o de 2004. É un boneco que leva un bordón con cabaza, dous dos elementos distintivos dos peregrinos.

Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla

A Ruta do Mar de Arousa e Ulla ou Ruta Marítima Xacobea conmemora a chegada por mar do corpo do apóstolo Santiago a Galicia, logo do seu martirio en Xerusalén; ordenou Herodes Agripa I a súa decapitación no ano 44.

A antiga lenda xacobea, recollida nos textos medievais, relata que tralo martirio algúns discípulos de Santiago recolleron o seu corpo decapitado e trasladárono a través de todo o Mediterráneo e da costa atlántica ibérica ata Iria Flavia. A travesía fixérona na célebre "barca de pedra"; a tradición conta que foi no Pedrón, unha ara romana dedicada a Neptuno, onde se amarrou a barca do Apóstolo logo da longa viaxe.

Os dous discípulos que acompañaron o corpo de Santiago ata Galicia, Teodoro e Atanasio, tiveron que andar espelidos para se enfrontar á obstinación da raíña Lupa e a furia dos lexionarios romanos acantoados na cidade de Dugium (preto de Fisterra). No carro de bois que portaba o corpo do Apóstolo, vencidos os perigos, seguiron o seu camiño ata soterraren os seus restos no monte Libredón (Santiago de Compostela).

A conmemoración anual da Translatio Xacobea a través da ría de Arousa, promovida pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, celébrase a finais de xullo ou principios de agosto. Non se lle outorga ó peregrino a Compostela trala realización do percorrido, no canto obtense o Diploma Traslatio Xacobea.

Vía Lemovicensis

A vía Lemovicensis (ou vía do Limousine ou vía de Vézelay) é o nome latino dun dos catro camiños franceses da peregrinación a Santiago de Compostela. A vía pasa por Limoges, de aí o seu nome, mais o verdadeiro lugar de xuntanza e partida é a abadía de La Madeleine en Vézelay. Atravesa o país de etapa en etapa até a localidade de Ostabat, onde se funde coa vía turonensis. O camiño pasa na súa primeira sección por Bourges e Châteauroux. Existe, porén, unha variante máis ao sur por Nevers.

Vía da Prata

A Vía da Prata é unha ruta cultural e histórica de orixe incerta que unía Mérida, capital da Lusitania, con Astorga, capital da Gallaecia astur. Actualmente [cando?] promocionouse unha ruta turística que arrinca de Sevilla e chega ata Xixón.

Un gamallo desta ruta constitúe, cara á actual Galicia, unha das rutas do camiño de Santiago, recoñecida oficialmente pero pendente de delimitación. Desde Chaves entra en Galicia cara a Verín. En Monterrei divídese, cun camiño cara a Xinzo de Limia e outro cara a Laza, para se xuntaren despois de novo.

Do seu interese cultural fala a presenza no seu traxecto de cidades Patrimonio da Humanidade, como Salamanca ou Zamora.

Xubi

Xubi é unha mascota galega empregada para promocionar o camiño de Santiago e o Ano Xacobeo. Foi creada en 2010 cando substituíu a anterior mascota, Pelegrín.

Na península Ibérica
En Francia
Noutros países

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.