Vía de Alta Capacidade da Costa Norte

A Vía de Alta Capacidade da Costa Norte ou Vía de Altas Prestacións da Costa Norte é un corredor variante de poboacións, actualmente unha vía para automóbiles, con trazado válido para nun futuro poder ser desdobrada a súa calzada constituíndo unha autovía (trazado con velocidade específica R-100 segundo a norma 3.1-IC do Ministerio de Fomento de España). Denomínase como CG-1.3 no seu percorrido pola provincia da Coruña e CG-2.3 no seu percorrido pola provincia de Lugo[1]

CG-1.3
Vía de Alta Capacidade da Costa Norte
Ponte sobre o Río Baleo, 24 de decembro de 2011.
Tipoloxíavía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Localización
Inicio  AG-64  San Sadurniño
Fin CG-2.3 
CG-2.3
Vía de Alta Capacidade da Costa Norte
Tipoloxíavía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Localización
Inicio CG-1.3 
Fin N-642 

Características

Está previsto que unha Ferrol con San Cibrao e que desde alí conecte co proxecto de autovía A-82, que conectará coa A-8 en Ribadeo. Deste xeito evítase o paso polo centro das diferentes vilas. É unha alternativa ás estradas autonómicas AC-862 e LU-862. Ten a posibilidade de ser desdobrada en autovía , xa que as súas estruturas, obras de paso, trazado etc. xa están previstas para usos en dúas calzadas.

O primeiro tramo aberto foi a variante de Ortigueira, inaugurada ao 2 de xullo de 2013 polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, con dous anos de atraso sobre a data inicial[2][3]. Ten unha lonxitude de 8,4 km, e contou cun investimento aproximado de 48 millóns de euros.

O tramo entre Celeiro (Viveiro) e San Cibrao (Cervo), tras padecer varias paralizacións, foi retomado en setembro de 2014 e estimando a conclusión das obras para a primavera de 2016[4]. Porén, non sería até o 10 de xaneiro de 2017 cando se puxeron en servizo os 9 km dos que consta esta última parte do corredor.[5]

En marzo de 2017, anunciábase desde a Xunta a intención de investir case 60 millóns de euros até o ano 2020, dando prioridade á conexión de tramos xa postos en servizo. Porén, aínda naquela altura, non se chegara a acadar un consenso coa administración local para a definición da variante de Viveiro.[6]

Tramos

Tramo Lonxitude (km) Estado (agosto 2017)
Ferrol - O Campo do Hospital 19,1 En estudo informativo.
Campo do Hospital - enlace coa AC-101 8,0 En estudo informativo.
Variante de Ortigueira 8,4 En servizo (02.07.2013)
Espasante - Barqueiro 11,0 En estudo informativo.
Barqueiro - Covas 10,1 En estudo informativo.
Variante de Viveiro 17,0 En estudo informativo.
Celeiro - San Cibrao 9,0 En servizo (10.01.2017)

Notas

  1. "Plan MOVE 2009-2015" (PDF). Xunta de Galicia. Consultado o 31-7-2016.
  2. "Las máquinas vuelven a verse en el tramo del corredor Xove-Area, paralizado desde principios de año". La Voz de Galicia. 11-9-2012. Consultado o 31-7-2016.
  3. "Feijoo inaugura la variante de Ortigueira, el primer tramo operativo de la VAP San Cibrao-Ferrol". La Voz de Galicia. 2-7-2013. Consultado o 31-7-2016.
  4. "La Xunta anuncia el corredor San Cibrao-Viveiro para la primavera del 2016". La Voz de Galicia. 24-9-2014. Consultado o 31-7-2016.
  5. "Feijóo inagura con tres anos de atraso 8 quilómetros de San Cibrao a Viveiro licitados polo bipartito - Praza Pública". Praza Pública. Consultado o 2017-08-03.
  6. E. P. - El Correo Gallego (01.03.2017). "La Xunta prevé destinar casi 60 millones hasta 2020 al corredor de la Costa Norte" (en castelán). Consultado o 2017-08-02.
A-85

A A-85 é unha autovía española en proxecto, que prevé conectar as localidades de Barreiros e San Cibrao, na provincia de Lugo, discorrendo de forma paralela á costa cantábrica. A autovía será unha conexión da A-8 á altura de Barreiros coas localidades de Foz, Burela e co porto de San Cibrao, onde hai as maiores industrias do norte da provincia.

LU-539

A estrada LU-539, tamén coñecida popularmente como variante de Viveiro, é unha estrada comarcal administrada pola Xunta de Galicia que discorre integramente no municipio de Viveiro, na provincia de Lugo.

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.