Vía Nova

A vía Nova era unha calzada romana, que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) ó longo dunhas 210 millas romanas (uns 330 quilómetros). No itinerario de Antonino recibía o nome de Vía XVIII.

Vía XVIII, A Pontenova, Lobios
A Vía XVIII ou Vía Nova, ó seu paso polo concello de Lobios.
Geira Milha XXIX detalhe
Miliario XXIX na Vía Nova en Campo do Gerês, Terras de Bouro.
MILIARIO DE ZADAGÓS
Miliario de Zadagós (Sandiás).

Traxectoria

A Vía atravesaría a actual provincia de Ourense seguindo unha diagonal do suroeste a nordés. É unha das vías galegas das que mellor se coñece o seu trazado.

Foi construída no século I d.C. por Tito Flavio Vespasiano, e restaurada en tempos de Maximino e o seu fillo Máximo. O seu trazado vén reflectido con detalle no Itinerario de Antonino (século III). Unha das mansións (parada de postas e hospedaxe) que aparecen neste itinerario estaba situada no actual Sandiás. O seu trazado estaban sinalizadas as millas romanas por medio de miliarios ou agrupacións de miliarios. Este trazado é o que conserva o maior número de miliarios de toda Europa, 281.

Mansións viarias

As etapas ou mansións do servizo de correos (Cursus publicus), desde Braga, citadas no Itinerario de Antonino, coa súa redución actual, son as seguintes:

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rodríguez Colmenero, A., Ferrer Sierra, S. e Álvarez Asorey, R. D. (2004): Miliarios e outras inscricións viarias romanas do Noroeste hispánico (conventos bracarense, lucense e asturicense). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-95415-87-9 (pdf)

Outros artigos

A Pobra de Trives

A Pobra de Trives é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 2.118 habitantes (2 721 en 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pobrense» ou «trivés».

A Rúa

A Rúa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 4595 habitantes (5027 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «rués».

Aquis Originis

Aquis Originis era unha das once mansio coas que contaba a Vía Nova, que era a vía que comunicaba Bracara Augusta con Astúrica Augusta nos tempos do imperio romano, e que cruzaba en diagonal a actual provincia de Ourense. As mansio eran hostais xestionados polo estado para o descanso dos viaxeiros que empregaban as calzadas romanas. A mansio estaba na parroquia de Río Caldo, no concello de Lobios, en pleno parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.Existe controversia sobre a situación da mansión. Se ben Antonio Rodríguez Colmenero identifica a mansión cos restos dunha vila situada nunha beira do río Caldo, o arqueólogo Manuel Xusto Rodríguez, que escavou o recinto da vila romana, entende que a Vía Nova non discorría por alí, senón uns metros máis arriba na aba do monte.

Aquis Querquennis

Aquis Querquennis, coñecido popularmente como A Cidá, é un complexo arqueolóxico constituído por: un campamento romano e unha mansión-viaria, situado na parroquia de Baños (Bande). O campamento estableceuse no lugar para a construción da Vía XVIII ou Vía Nova, calzada que comunicaba Bracara Augusta e Asturica Augusta. Estivo ocupado entre o último cuarto do século I d.C. e os anos 20 do século II d.C. A mansión-viaria era un hospedaxe de viaxeiros na citada calzada, ocupada nos séculos II - III d. C. No mes de setembro do ano 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural.Atravesa o lugar unha ruta de peregrinación a Santiago de Compostela, coñecida como Ruta da Raíña Santa, nome debido á peregrinación realizada por Isabel de Portugal, no século XIV e seguida nos séculos posteriores por numerosos camiñantes. Tal ruta coincide coa citada calzada romana Vía Nova no seu tramo inicial ata Bande e está a ser reivindicada como "camiño xacobeo" por diversas asociacións da comarca.No lugar atópase o moderno Centro de Interpretación Aquae Querquennae-Vía Nova, que alberga un museo e varias salas explicativas do complexo arqueolóxico.

Baños de Molgas

Baños de Molgas é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.623 habitantes (1675 en 2014, 1970 no 2006, 2014 no 2005, 2038 no 2004, 2088 no 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é molgao, molgués ou molguense.

Carballeda de Valdeorras

Carballeda de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 1698 habitantes (1870 en 2009, 2155 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedego ou valdeorrés.

Cartelle

Cartelle é un concello da provincia de Ourense, pertencente á Comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 2.944 habitantes (3.641 en 2003).

Castro Caldelas

Castro Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca da Terra de Caldelas. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 1.224 habitantes. O seu xentilicio é «caldelao».

Ten 16 parroquias e 86 entidades de poboación, e forma parte da Ribeira Sacra. Está situado no derramo setentrional do gran nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa no macizo Central Ourensán.

Chandrexa de Queixa

Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, no ano 2018 tiña 466 habitantes (854 en 2003).

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Itinerario de Antonino

O denominado Itinerario Antonino ou Itinerario de Antonino é unha recompilación de rutas do Imperio Romano. Deste itinerario soamente se conserva a copia procedente da época do emperador Diocleciano (século IV), mais suponse que foi redactado en torno ó século III.

En cada ruta identificábanse mansións (paradas de postas) coas súas correspondentes millas (sinaladas por un ou varios miliarios). Nun principio pensouse que era unha especie de guía de viaxes, mais polas súas características, semella ser feito co fin de facilitar a localización das mansións con fins recadatorios.

Ourense

Ourense é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Ourense e da súa comarca homónima. É a terceira cidade máis poboada de Galicia despois de Vigo e A Coruña. Segundo o IGE, en 2016 a poboación foi de 105.893 habitantes (107.597 en 2012).

Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Lonia. É coñecida como A cidade das Burgas debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68 °C). Tamén se lle coñece como Auria.

Destacan como monumentos a catedral de Ourense (século XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Maior, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, e o conxunto da súa zona vella, en proceso de recuperación.

Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas hai augas termais no balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.

Petín

Petín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. A súa poboación en 2014 era de 961 persoas, segundo o padrón municipal de habitantes (1.099 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «petinés».

Río Caldo, Lobios

Santa María de Río Caldo é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 419 habitantes, dos cales 205 eran homes e 214 mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 457 habitantes.

Sandiás

Sandiás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.307 habitantes (1.584 en 2004, 1.618 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sandiao».

Sober

Sober é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.301 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é soberés.

Vilar de Santos

Vilar de Santos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2017 tiña 850 habitantes (1.001 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilasantés».

Vilariño de Conso

Vilariño de Conso é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2018 tiña unha poboación de 535 persoas (771 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilariñés.

Xunqueira de Ambía

Xunqueira de Ambía é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.438 habitantes (1.863 no 2006, 1.901 no 2005, 1.934 no 2004, 1.997 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é xunqueirao.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.