Uxío Torre Enciso

Uxío Torre Enciso, nado na Coruña o 12 de novembro de 1908 e finado en Ferrol o 17 de abril de 1994, foi un químico, farmacéutico e xeólogo galego, membro numerario da Real Academia Galega.

Uxío Torre Enciso
Nacemento12 de novembro de 1908
 Coruña
Falecemento17 de abril de 1994 (85 anos)
 Ferrol
Nacionalidadeespañola
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónquímico e farmacéutico
IrmánsCipriano Torre Enciso

Traxectoria

A Coruña - Plaza de Pontevedra - Instituto Eusebio da Guarda
Instituto Eusebio da Guarda, onde traballou Uxío Torre.

Fixo o bacharelato na súa cidade natal e estudou química e farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose nas dúas en 1930. Foi discípulo de César Sobrado Maestro, Luís Iglesias Iglesias e Isidro Parga Pondal. Exerceu como profesor axudante na Facultade de Farmacia (1932-1933). En Madrid doutorouse en xeoloxía. Traballou como profesor en institutos de Monforte de Lemos, Tui e o feminino da Coruña. En 1934 solicitou unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas para ir a París e Antuerpen, Bélxica, a estudar Metodoloxía das Ciencias Naturais.[1]

Na Guerra Civil, foi sancionado polas comisións depuradoras do profesorado, coa inhabilitación para cargos directivos e de confianza, o que o obrigou a abandonar a dirección que acadara do centro de Monforte. Pasou por un instituto de Palma de Mallorca. En 1941 gañou unha cátedra que exerceu no Instituto Eusebio da Guarda ata a xubilación.[1]

Ingresou na RAG o 24 de outubro de 1970 a proposta de Parga Pondal, Antón Fraguas e Luís Iglesias Iglesias, pronunciando o discurso "Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia",[sic] respondido por Parga Pondal.[2] Foi membro da Real Sociedad Española de Historia Natural, da Real Sociedad Geográfica, membro fundador do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses e membro fundador da Real Academia Galega de Ciencias en 1977.[3][4][5]

Descubriu o papel da erosión fluvial e os restos fósiles da era cuaternaria en Galicia[3][4][5] e achegou interesantes estudos sobre as rías de Galicia.

Obra

  • Enfermedades de las plantas producidas por virus. A Coruña: [s.n.], 1950.
  • "Sobre una relación entre los tipos de disyunción de los granitos gallegos y su historia geológico-tectónica", Notas y Comunicaciones del Instituto Geológico y Minero de España, n. 31, 1953, pp. 33–34.
  • "Contribución al conocimiento morfológico y tectónico de la Ría de La Coruña". Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, t. 52, 1954, pp. 21–51.
  • "Estado actual del conocimiento de las rías gallegas", en Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacimento. Galaxia, 1958, pp. 237–250.[6]
  • "Hacia una explotación racional de nuestra rigueza minera. El cálculo de las reservas minerales", Revista de Economía de Galicia, ano II, n.º 7-8, xaneiro-abril 1959, pp. 18–20.
  • Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia / discurso lido por Uxío Torre Enciso e resposta do Dr. Isidro Parga Pondal. Real Academia Galega, 1970.[7]

Notas

  1. 1,0 1,1 Gurriarán, Ricardo (2005). "Torre Enciso, Eugenio". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
  2. Membros de número. Uxío Torre Enciso RAG.
  3. 3,0 3,1 "Torre Enciso, Uxío". Diccionario enciclopédico galego universal 57. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 113. ISBN 84-7680-429-6.
  4. 4,0 4,1 "Torre Enciso, Uxío". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo. 1999-2002. p. 115. ISBN 84-7680-288-9.
  5. 5,0 5,1 "Torre Enciso, Uxío". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 269.
  6. VV.AA. (1958). Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacemento. Galaxia.
  7. Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia ed. de 2017.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Casimiro Torres Rodríguez

Casimiro Torres Rodríguez, nado en Santa Cruz de los Cuérragos (Zamora), o 10 de agosto de 1900 e finado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1989, foi un estudoso da Historia antiga e da Alta Idade Media de Galicia.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Fernando Cortés Bugía

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José Antonio Parga Sanjurjo

José Antonio Parga Sanjurjo, nado en Piantón (A Veiga) o 11 de febreiro de 1841 e finado en Viveiro o 12 de setembro de 1917, foi un avogado, xuíz e escritor galego.

José García Acuña

José García Acuña, nado en Betanzos o 15 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 10 de xuño de 1933, foi un diplomático e escritor galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón López de Vicuña

Ramón López de Vicuña, nado en Manila, Filipinas, o 14 de novembro de 1852 e finado en Madrid o 14 de febreiro de 1909, foi un profesor e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.