Utrera

Utrera é un municipio español da provincia de Sevilla, na comunidade autónoma de Andalucía.

Pertence á comarca de La Campiña e é cabeza de partido xudicial, ao que tamén pertencen os municipios de El Coronil, Los Molares, Los Palacios y Villafranca e El Palmar de Troya.

É considerada un dos berces históricos do flamenco, tamén o berce do touro bravo, no seu amplísimo termo municipal existen varias ganderías famosas. Tamén destaca a súa cría de cabalos.

Segundo o Instituto Nacional de Estadística, tiña en 2018 unha poboación de 52.617 habitantes.

Utrera
Vista de Utrera no serán

Véxase tamén

Ligazóns externas

2006

O Ano internacional dos desertos e a desertificación, pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

O Ano Mozart, conmemorando o 250 aniversario do nacemento do compositor austríaco Wolfgang Amadeus Mozart.

O Ano Tesla, celebrando o 150 aniversario do nacemento do mundialmente coñecido inventor, físico e enxeñeiro eléctrico, Nikola Tesla.

O Ano Rembrandt, celebrando o 400 aniversario do nacemento do maior pintor do século XVII nos Países Baixos, Rembrandt Harmenszoon van Rijn.

Ano da Memoria Histórica, con motivo do 75º aniversario da proclamación da Segunda República Española, en recoñecemento de tódalas vítimas da guerra civil española e da represión franquista.

AP-4

A AP-4 ou Autoestrada do Sur é unha autoestrada española de peaxe, continuación da autovía A-4 cara o sur.

A AP-4 comeza en Sevilla á altura de Dos Hermanas aproximadamente no quilómetro 560 da A-4 e termina na N-443 en Cádiz; vai paralela á estrada N-IV. É a vía máis directa desde a Baía de Cádiz á capital andaluza e tamén a máis directa (xunto á A-381) para chegar a Sevilla desde a baía de Alxeciras.

Debido a que une as cidades de Sevilla e Cádiz, en Sevilla é coñecida como a "Autoestrada de Cádiz"; e en Cádiz, chámaselle "Autoestrada de Sevilla".

En 1986 AUMAR fusionouse con Bética de Autopistas, a concesionaria da vía, e manterá a concesión ata 2020. A peaxe entre Xerez da Fronteira e Cádiz foi liberada en 2005, como parte do Plan MASCERCA da Xunta de Andalucía, garantindo deste xeito un itinerario libre de peaxe entre Cádiz e Alxeciras alternativo á N-340.

Alberto Ruiz-Gallardón

Alberto Ruiz-Gallardón Jiménez, nado en Madrid o 11 de decembro de 1958, é un fiscal e político español, ministro de Xustiza entre o 22 de decembro de 2011 e a súa dimisión do 23 de setembro de 2014.

Bambino

Miguel Vargas Jiménez, coñecido artisticamente como Bambino, nado en Utrera, Sevilla o 14 de febreiro de 1940 e finado na mesma vila o 5 de maio de 1999, foi un célebre cantaor andaluz de flamenco. A día de hoxe, está considerado pola crítica como un dos mierandes intérpretes da denominada rumba flamenca.

Cidade Deportiva José Ramón Cisneros Palacios

A Cidade Deportiva José Ramón Cisneros Palacios é a cidade onde adestra o primeiro equipo do Sevilla FC e onde xoga os seus partidos o filial Sevilla Atlético. Ademais é o lugar de adestramento e campo local das categorías inferiores e do equipo feminino. Atópase en Sevilla, na estrada de Utrera, e inaugurouse en 1974.

Ocupa unha superficie de 250.000 m² e leva o nome do que foi presidente do club durante a década de 1960, José Ramón Cisneros Palacios, que propuxo dotar ao club de novas instalación. A primeira parte da cidade construíuse en 1968, ano no que se inauguran 125.000 m² (50% da superficie actual). Completáronse as instalacións en 1974, con Eugenio Montes Cabeza como presidente.

Diego Villalonga

Diego Villalonga Montoya, nado en Utrera (Sevilla) o 16 de febreiro de 1917, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa.

Enrique Morente

Enrique Morente Cotelo, coñecido artisticamente como Enrique Morente, nado na cidade española de Granada o 25 de decembro de 1942 e falecido en Madrid o 13 de decembro de 2010, foi un cantaor controvertido no flamenco.

Despois duns comezos ortodoxos derivou cara ao experimentalismo, renovando as melodías do cante e colaborando con músicos de diversos estilos sen renunciar ás súas raíces nin ó cante flamenco más tradicional. Malia as críticas do sector máis purista do público e da crítica, foi un dos cantaores flamencos máis influentes de finais do século XX e comezos do XXI, que non só innovou, senón que tamén creou tradición: as súas interpretacións foron recreadas por xente como Camarón de la Isla, Mayte Martín, Carmen Linares, Miguel Poveda, Segundo Falcón ou Arcángel.

Foi o pai da tamén cantaora Estrella Morente.

Estación de Sevilla-Santa Justa

Sevilla–Santa Justa é a principal estación ferroviaria da cidade de Sevilla, inaugurada o 2 de maio de 1991. A súa apertura supuxo o peche das históricas estacións de Plaza de Armas e de San Bernardo. É a terceira estación de España, tras as de Madrid-Atocha e Barcelona-Sants cun volume de viaxeiros próximo aos 13 millóns anuais dos cales ao redor de 7 millóns correspóndense co tráfico de proximidade.Os seus traxectos de Longa e Media Distancia, usando tanto a rede convencional como a rede de alta velocidade conectan Sevilla con destinos nacionais como Madrid, Barcelona, Valencia e o resto de Andalucía. Concentra o maior tráfico de proximidades da cidade ao confluír nela todas as liñas da rede.

Está situada nun dos principais accesos a Sevilla, a avenida de Kansas City, continuación natural cara ao centro da N-IV e moi preto do centro histórico.

Festas de interese turístico nacional de España

A declaración de Festa de interese turístico nacional é unha distinción de carácter honorífico que se concede en España pola Secretaría Xeral de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio do Goberno de España, a festexos ou acontecementos que se celebran en España e que ofrecen interese real desde o punto de vista turístico.

Joaquín Caparrós

Joaquín Jesús Caparrós Camino, nado en Utrera (Sevilla) o 13 de outubro de 1955, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol español. Adestrou o Granada ata xaneiro de 2015, cando foi destituído.

José Antonio Reyes

José Antonio Reyes Calderón, nado en Utrera (Sevilla) o 1 de setembro de 1983 e finado en Alcalá de Guadaíra o 1 de xuño de 2019, foi un futbolista español de orixe xitana, internacional en 21 ocasións coa selección española de fútbol. Faleceu nun accidente de tráfico preto da súa localidade natal aos 35 anos de idade.

Foi o xogador máis novo en debutar en Primeira División co Sevilla FC cando tiña dezaseis anos. No mercado de inverno da tempada 2003-04 foi traspasado ao Arsenal FC por aproximadamente trinta millóns. Alí conseguiu unha Premier League (sendo o primeiro español en conseguila), unha Community Shield en 2004 e unha FA Cup en 2005.

A partir de entón, os seus problemas de adaptación fixeron que o seu rendemento futbolístico baixase e estivo cedido unha tempada no Real Madrid, conseguindo a liga en 2007, e ese mesmo ano foi traspasado ao Atlético de Madrid. Alí foi cedido de novo ao Benfica portugués. Despois volveu ao Atlético e xogou tamén no Sevilla (2012-2016), o Espanyol (2016-2017), o Córdoba (2018), o Xinjiang Tianshan Leopard Football Club chinés (2018-2019) e, finalmente, en xaneiro de 2019 incorporouse ao Extremadura UD. Foi o xogador que máis campionatos de UEFA Europa League gañou, un total de cinco, dous co Atlético de Madrid e tres co Sevilla.

Juan Belmonte

Juan Belmonte García, nado en Sevilla o 14 de abril de 1892 e finado en Utrera (Sevilla) o 8 de abril de 1962, foi un toureiro español. Tamén coñecido como El pasmo de Triana.

Belmonte foi un dos toureiros máis populares e considerado como o fundador do toureo moderno. A súa carreira desenvolveuse entre 1913 e 1936.

Juan Ignacio Zoido

Juan Ignacio Zoido Álvarez, nado en Montellano, Sevilla o 21 de xaneiro de 1957 é un político español do Partido Popular, alcalde de Sevilla entre 2011 e 2015, parlamentario andaluz e presidente do PP de Andalucía entre 2012 e 2014. Foi ministro do Interior entre 2016 e 2018.

Lista de concellos de Sevilla

Lista de concellos da provincia de Sevilla:

Aguadulce

Alanís

Albaida del Aljarafe

Alcalá de Guadaíra

Alcalá del Río

Alcolea del Río

La Algaba

Algámitas

Almadén de la Plata

Almensilla

Arahal

Aznalcázar

Aznalcóllar

Badolatosa

Benacazón

Bollullos de la Mitación

Bormujos

Brenes

Burguillos

Las Cabezas de San Juan

Camas

La Campana

Cantillana

Cañada Rosal

Carmona

Carrión de los Céspedes

Casariche

Castilblanco de los Arroyos

Castilleja de Guzmán

Castilleja de la Cuesta

Castilleja del Campo

El Castillo de las Guardas

Cazalla de la Sierra

Constantina

Coria del Río

Coripe

El Coronil

Los Corrales

El Cuervo de Sevilla

Dos Hermanas

Écija

Espartinas

Estepa

Fuentes de Andalucía

El Garrobo

Gelves

Gerena

Gilena

Gines

Guadalcanal

Guillena

Herrera

Huévar del Aljarafe

Isla Mayor

La Lantejuela

Lebrija

Lora de Estepa

Lora del Río

La Luisiana

El Madroño

Mairena del Alcor

Mairena del Aljarafe

Marchena

Marinaleda

Martín de la Jara

Los Molares

Montellano

Morón de la Frontera

Las Navas de la Concepción

Olivares

Osuna

Los Palacios y Villafranca

Palomares del Río

Paradas

Pedrera

El Pedroso

Peñaflor

Pilas

Pruna

La Puebla de Cazalla

La Puebla de los Infantes

La Puebla del Río

El Real de la Jara

La Rinconada

La Roda de Andalucía

El Ronquillo

El Rubio

Salteras

San Juan de Aznalfarache

San Nicolás del Puerto

Sanlúcar la Mayor

Santiponce

El Saucejo

Sevilla

Tocina

Tomares

Umbrete

Utrera

Valencina de la Concepción

Villamanrique de la Condesa

Villanueva de San Juan

Villanueva del Ariscal

Villanueva del Río y Minas

Villaverde del Río

El Viso del Alcor

Los Muertos de Cristo

Los Muertos de Cristo (LMDC) foi un grupo de punk español de Utrera, Sevilla, formado en 1989 e disolto en 2008. De ideoloxía anarquista, a banda anunciou o seu fin no BaituRock do ano 2006. Actualmente atópanse inactivos nos escenarios, se ben publicaron o seu último disco (Rapsodia Libertaria vol. 3) o 9 de novembro de 2009, antes da súa retirada definitiva.

Raúl Arévalo

Raúl Arévalo Zorzo, nado en Móstoles, Madrid o 22 de novembro de 1979 é un actor e director español.

Valdesamario

Valdesamario é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 222 habitantes (INE 2011).

Villamartín

Villamartín é un concello andaluz pertencente á provincia de Cádiz. No ano 2005 tiña 12.145 habitantes. A súa superficie é de 210 km² e ten unha densidade de 57,8 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 36º 52' N, 5º 38' O, no centro da Serra de Cádiz. Atópase a unha altitude de 167 metros e a 92 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.

Vía Augusta

A Vía Augusta foi a calzada romana máis longa de Hispania, cunha lonxitude aproximada de 1.500 km percorrendo a costa mediterránea, dende os Pireneos ata Gades (Cádiz).

Ao longo da historia recibiu diferentes nomes: antes da súa construción xa era unha ruta natural coñecida dende o século VI a.C. co nome de Vía Heráclea, xa que acababa nas míticas Columnas de Hércules}. Tamén recibiu o nome de Camiño de Aníbal.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.