Urraca de León

Dona Urraca, nada en Burgos contra 1081 e finada en Saldaña de Burgos o 8 de marzo de 1126, foi raíña de Galicia, León, Castela e Toledo desde a morte do pai, o 30 de xuño de 1109, até o 8 de marzo de 1126. Era filla de Afonso VI e da súa terceira dona Constanza de Borgoña.

Urraca de Galiza, León e Castela
UrracaRegina TumboA
Urraca presidindo a corte,
Catedral de Santiago de Compostela
Raíña de Galiza, León, Castela e Toledo
1109-1126
PredecesorAfonso VI
SucesorAfonso VII

Coroación1108
NacementoAbril, 1079
Burgos
Falecemento8 de marzo de 1126
Saldaña, no Río Carrión, na Terra de Campos
SepulturaMosteiro de San Isidoro, León, España
Cónxuxe/sRaimundo de Borgoña
Afonso I de Aragón (anulado)
DescendenciaAfonso VII O Emperador
Sancha Raimúndez
Fernando Pérez Furtado (co seu amante Pedro González de Lara)
Elvira Pérez de Lara (co seu amante Pedro González de Lara)
ProxenitoresAfonso VI de León
Constanza de Borgoña

Sinatura-de-Urraca,-imperatriz-de-toda-a-Galiza

Traxectoria

Antes da morte do seu pai, gobernou o Reino de Galicia a modo de tenza feudal, sendo nomeado o seu marido, Raimundo de Borgoña, Conde de Galiza. Foi nai de Afonso Raimúndez, proclamado rei en 1111 -co obxecto de preservar os seus dereitos ao trono e, en todo caso, ao reino galego-, e futuro Afonso VII. O reinado de Dona Urraca constituíu un momento de encrucillada decisivo para o futuro dos reinos cristiáns occidentais.

Despois de enviuvar en 1107 casou en segundas nupcias con Afonso I de Aragón, parente seu afastado, unha vez que ambos eran bisnetos de Sancho III de Navarra. Isto provocou a anulación do matrimonio polo papa Pascual II, mais eles permaneceron xuntos até 1114. (Porén, a mediados de 1110, fíxose amante do conde Pedro González de Lara, que se converteu nunha das figuras máis influentes do reino, e a quen Urraca deu dous fillos: Elvira Pérez de Lara e Fernando Pérez Furtado, así chamado porque se lle privou da herdanza por ser bastardo. Elvira casou con Bertrán de Risnel, conforme ao disposto polo seu medio irmán Afonso VII).[1]

Ademais, a propia nobreza de León e Castela opúxose ao matrimonio, xerándose un clima de guerra civil no reino. En fin, tivo tamén que facer fronte ao propio fillo, tornado rei de Galiza, para poder manter o trono. Cando Urraca morreu, foi o seu fillo quen a sucedeu á fronte dos destinos do país.

Goberno de Galicia

Urracasign
Sinatura de Urraca en 1097

En 1093, aos 12 anos, casa con Raimundo de Borgoña membro da familia condal de Borgoña e vén a Galicia para compartir con el o seu goberno. Sempre leais ao monarca leonés, non renunciaron á dignidade do seu cargo. Así, en documentos de 1095 e 1105, referidos á concesión de dereitos aos burgueses composteláns, asina coa expresión Urraca regina.

A súa condición de muller non foi obstáculo para reafirmar a súa autoridade trala morte do seu primeiro home en 1107, momento en que asina como totius Gallecie imperatrix.

Entre outras residencias galegas, parece ser que viviron no casal de Fente (Monterroso), aínda que os labores de goberno obrigárona a pasar tempadas noutras localidades como Santiago de Compostela ou Caldas de Reis.

Ela e o seu home exerceron xustiza, formaron exércitos, concederon privilexios e recadaron tributos con plena autonomía. Isto permitiu pacificar un reino que dende a prisión de García de Galicia fora foco de inestabilidade nobiliar e eclesiástica (rebelión de Rodrigo Ovéquiz e destitución do bispo Diego Páez).

Do bo entendemento coa nobreza eclesiástica é testemuño o bautismo do seu fillo Afonso Raimundez polo bispo Diego Xelmírez; da harmonía coa nobreza autóctona fala a encomenda da educación deste ao poderoso conde Pedro Froilaz de Trava.

Coa morte de Raimundo, Urraca procura que na curia plena reunida en León (1107) se lle aseguren ao seu fillo os seus dereitos sobre o Reino de Galicia, ante as perspectivas do competidor Sancho, fillo e herdeiro do rei Afonso VI. Paradoxalmente, isto volveríase na súa contra máis tarde: a morte do herdeiro de León en Uclés no ano 1108, colócaa a ela como depositaria dos dereitos sucesorios á coroa.

Raíña de León

Trala morte de Afonso VI, Urraca coróase como raíña de León. Resulta ser así a primeira raíña titular da historia de España. Nin Elvira Menéndez, nai de tres reis, nin a súa avoa Sancha, de quen Fernando I de León recibe a lexitimidade leonesa, poden ser consideradas como tales.

Urraca busca alianzas para consolidar o seu poder. Casa co monarca navarro-aragonés Afonso o Batallador. Con este matrimonio pretende contar cos exércitos conquistadores do emirato de Zaragoza malia que contase coa oposición do conde de Henrique de Borgoña, de Pedro Froilaz de Trava e da Igrexa. A pesar de todo, Afonso o Batallador consegue o dominio máis ou menos voluntario de Castela e León pero, ao non ser a súa autoridade recoñecida polos magnates galegos laicos e eclesiásticos nin polos influentes monxes de Sahagún, iníciase un período bélico e inestable coa seguinte situación:

  • Castela e León baixo o dominio de Afonso o Batallador.
  • Galicia apiñada ao redor dos dereitos do fillo de Urraca.
  • Portugal consolidando a súa autonomía con Tareixa de Portugal autodenominándose regina dun espazo territorial concreto.

O rei neno

Diego Xelmírez e Pedro Froilaz, non tardan en reaccionar e coroan o fillo de Urraca, Afonso Raimúndez, o 17 de setembro de 1111 en Santiago de Compostela. Pretenden defender os dereitos deste, cando menos sobre o reino de Galicia. Isto desata unha guerra aberta na que o rei navarro-aragonés non consegue o dominio de Galicia pero impide a coroación de Afonso en León. Xa en 1112 o neno reúnese coa súa nai (tras ser feito prisioneiro), quen afianza as súas relacións cos nobres galegos e volta confiar seu fillo a Froilaz de Trava.

As desavinzas entre Urraca e o seu novo home acaban conducindo a aquela a un entendemento con Xelmírez. Precisaba do apoio das tropas galegas para desaloxar a Afonso o Batallador de Castela e León. A partir dese momento, prodúcese unha situación de cogoberno co seu fillo do que son testemuño certas crónicas como a Historia Compostelá e decenas de documentos asinados conxuntamente como reis, especialmente en Galicia. Nalgúns destes confirman ou outorgan dereitos e bens a prol de Xelmírez e de Pedro Froilaz.

Afianzamento do seu reinado

En 1115, roto xa o matrimonio con Afonso o Batallador e expulsado este dos seus reinos, Urraca exerce plenamente as funcións rexias. No que atinxe a Galicia, acada un acordo con bispo de Compostela no que é recoñecida como raíña, sen prexuízo da condición real do seu fillo, a quen se lle asigna o goberno do reino de Toledo. O levantamento dos burgueses de Santiago, que chegan a aldraxar a raíña na praza pública e a poñer en fuga o arcebispo, propiciaron o entendemento.

Tamén contribuíron ao acordo as arelas de Tareixa de Portugal a unha maior autonomía da coroa de León, así como as súas incursións ao norte do río Miño. Deste xeito, en 1121 un exército galaico-leonés ao mando de Urraca e Xelmírez puxo sitio a Tareixa no castelo de Lanhoso e impuxo a súa autoridade alén do río Douro.

Urraca morreu de parto no ano 1126. Afonso Raimundez era, finalmente, coroado en León co nome de Afonso VII.

Urraca de León
Dinastía Ximena
Nacemento: 24 de xuño de 1081 Falecemento: 8 de marzo de 1126
Títulos Reais
Precedido por
Afonso VI
Raíña de Galicia
1109–1111
Sucedido  por
Afonso VII
Raíña de León
1109–1126
Raíña de Castela
1109–1126
Raíña de Toledo
1109–1126
Títulos Honoríficos
Precedido por
Raimundo de Borgoña
Emperatriz de toda Galicia
1109–1126
Sucedido  por
Descoñecido
Precedido por
Afonso VI
Emperatriz de toda Hispania
1109–1126
Sucedido  por
Descoñecido
Outros títulos Nobiliarios
Precedido por
Rodrigo Ovéquiz
Condesa de Galicia
1087–1109
(con Raimundo de Borgoña)
Sucedido  por
Pedro Froilaz de Trava
Precedido por
Berta de Italia
Raíña consorte de Navarra
1109–1114
Sucedido  por
Marguerida de l'Aigle
Raíña consorte de Aragon
1109–1114
Sucedido  por
Agne de Aquitania

Notas

  1. Barton, Simon (1977): The Aristocracy in Twelfth-century León and Castile. Cambridge: Cambridge University Press, p. 51.

Véxase tamén

Bibliografía

  • La Reina Doña Urraca, Cancillería y colección Diplomática Irene Ruíz Albi, Centro de estudios e Investigaciones San Isidoro ISBN 84-87667-62-7
  • La Reina Urraca Mª del Carmen Pallares y Ermelindo Portela
  • Colección Diplomática de la Reina Urraca de Castilla, 1109-1126, Cristina Monterde Albiac, Zaragoza 1996
  • Cabana, Darío Xohán (2006). Mulleres en Lugo, un paseo pola cidade (maquetado para impresión). Concello de Lugo.

Ligazóns externas

8 de marzo

O 8 de marzo é o 67º día do ano do calendario gregoriano e o 68º nos anos bisestos. Quedan 298 días para finalizar o ano.

Afonso I de Aragón

Afonso I de Aragón, o Batallador, nado en 1073 e finado en Poleñino (provincia de Huesca) o 7 de setembro de 1134, foi un nobre aragonés, rei de Rei de Aragón e Pamplona entre 1104 e 1134.

Afonso VII de León

Afonso Raimúndez, o Emperador, nado en Caldas de Reis o 1 de marzo de 1105 e falecido en Fresneda (quizais El Viso del Marqués) o 21 de agosto de 1157, foi rei de Galiza, León e Castela, o primeiro da dinastía de Borgoña. Foi fillo de dona Urraca (filla á súa vez de Afonso VI) e do seu primeiro marido, o conde Raimundo de Borgoña.

Afonso VII integrou na monarquía leonesa aquel sector da nobreza galega rebelde que representaba a Casa de Traba. Pero tamén foi o rei que inauguraba a política de apoio á Igrexa, e polo tanto foi o primeiro que aplicou un certo criterio de centralización política.

Antonio Rodríguez Fraiz

Salvador Antonio Rodríguez Fraíz, nado en Tomonde (Cerdedo-Cotobade) o 30 de novembro de 1912 e finado en Campañó (Pontevedra) o 9 de xuño de 1995, foi un relixioso e investigador galego.

Chronicon Compostellanum

O Chronicon Compostellanum ou, en galego, Cronicón compostelán é unha crónica narrativa en latín medieval sobre a historia da Península Ibérica, desde o asentamento dos visigodos no século V até a morte de Urraca de León o 8 de marzo de 1126. Probablemente foi escrita pouco despois daquela data, e seguramente en Galiza.

Constanza de Borgoña

Constanza de Borgoña, nada o 8 de maio de 1046 e finada o ano 1093, foi unha nobre borgoñoa, que foi raíña consorte de León e de Castela polo seu matrimonio con Afonso VI de León.

Era filla do duque Roberto I de Borgoña e de Hélie de Samur, e tía dos duques Hugo I e Eudes I de Borgoña. Era neta do rei Roberto II de Francia, segundo monarca francés da dinastía dos Capetos.

Foi a nai de Urraca de León, quen sucedeu ao seu pai, Afonso VI, no trono castelán-leonés.

Década de 1080

A década de 1080 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1080 e remata o 31 de decembro de 1089.

Estefanía de Borgoña

Estefanía de Borgoña, nada contra o ano 1040 e finada despois de 1088, foi unha nobre borgoñoa de filiación non documentada.

Fente, Monterroso

San Martiño de Fente é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 38 habitantes, deles 19 eran homes e 19 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Na Idade Media, concretamente no século XII, Fente foi un dos lugares de residencia do Conde de Galicia, Raimundo de Borgoña, e súa muller, a futura raíña Urraca de León, ata que no ano 1155 o rei Afonso VII lle doou estas terras ao mosteiro de Sobrado.

Fernando Pérez de Traba

Fernan Peres de Trava (como se escribía na época) foi un nobre galego do século XII, Conde de Traba e de Trastámara. Foi líder da nobreza galaico-portuguesa e titor de Fernando II de León e Galicia.

Henrique de Borgoña

Henrique de Borgoña, nado no 1066 en Dijon e finado o 24 de abril de 1112 en Astorga, foi un nobre de orixe francesa, conde de Portugal desde 1093 ata a súa morte e pai do primeiro Rei de Portugal, Afonso Henríques.

Fillo de Henrique de Borgoña (1035-1066), último dos fillos do duque Roberto I de Borgoña, Roberto o Vello, e de Sibila de Barcelona, era neto do rei de Francia Roberto II o Piadoso. Foi irmán de Hugo I de Borgoña, duque de Borgoña, e de Eudes I de Borgoña, así mesmo duque de Borgoña.Tamén era parente de Raimundo de Borgoña, e do papa Calisto II.

Monterroso

Monterroso é un concello da provincia de Lugo, capital da Comarca da Ulloa. Segundo o INE en 2015 tiña 3778 habitantes (1880 homes e 1898 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é monterrosino.

Panteón de reis de Santo Isidoro de León

O panteón dos reis de León, que se atopa ós pés da basílica de Santo Isidoro de León, é o lugar no que durante a Idade Media recibiron sepultura a maioría dos reis e raíñas do reino de León.

É un espazo rectangular con pórtico, de arredor de oito metros de lado, con dous robustas columnas sobre as que se apoian sete arcos que dividen o espazo en tres naves. O ciclo pictórico que adorna os seus muros está considerado unha das obras cume do Románico español.

Tareixa, condesa de Portugal

Tareixa de León, nada cara a 1080 e finada o 11 de novembro de 1130, foi a primeira condesa de Portugal.

Torre de San Sadurniño

A Torre de San Sadurniño encóntrase nunha pequena illa con forma de triángulo irregular (San Tomé do Mar) fronte á actual zona urbana de Cambados na provincia de Pontevedra.

Urraca

Urraca foi un antropónimo feminino moi común na Península Ibérica ao longo da Idade Media. Aínda que a súa orixe sexa incerta, crese que tiña orixe xermánica, e desempeñe a función de hipocorístico (nome cariñoso) para designar a Virxe María. Pode referirse a:

Urraca de León e Castela, esposa de Raimundo de Borgoña e mais tarde de Afonso I de Aragón, e filla de Afonso VI de León e Castela (1082 - 1129).

Urraca de Castela, raíña de Navarra, esposa de García IV de Navarra e filla de Afonso VII de Castela (m. 1163).

Urraca de Portugal, esposa de Fernando II de León e filla de Afonso I de Portugal (1151 - 1188);

Urraca de Castela, raíña de Portugal, esposa de Afonso II de Portugal e filla de Afonso VIII de Castela (1186 - 1220);

Urraca de Zamora, filla primoxénita de Fernando I de León, señora de Zamora (ca. 1033 – 1101).

Urraca Afonso, filla bastarda de Afonso Henriques e señora de Aveiro (n. 1130);

Urraca Afonso, filla bastarda de Afonso IX de León e de Inés Iniguez de Mendonza (n. 1190);

Álbum de Mulleres

O Álbum de Mulleres é un centro de documentación dixital en liña do Consello da Cultura Galega, que botou a andar en decembro do ano 2005.

Reis suevos
Reis visigodos
Señores territoriais
Reis desde Oviedo
Reis desde León
Reis de Galicia e León

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.