Uro (automoción)

URO é unha compañía galega construtora de camións e vehículos militares con sede en Santiago de Compostela. A compañía matriz de Uro, UROVESA (URO Vehículos Especiales S.A.), naceu en 1981 da man de ex-empregados da marca galega IPV.

A empresa debe o seu nome ao uro, antigo touro europeo (bos taurus primigenius), especie da que proceden practicamente todas as razas domésticas de gando bovino actuais. Similar ao touro de lidia pero de maiores dimensións (ata 1.300 kg. de peso), o uro extinguiuse en 1627 en Polonia.

Uro
Urovesa logo URO
Urovesa Santiago de Compostela Spain
Urovesa Polígono do Tambre.
TipoSociedade Anónima
Fundación1981
MatrizURO, Vehículos Especiales, S.A.
LocalizaciónPolígono Industrial do Tambre Vía Edison 17 Santiago de Compostela, A Coruña, Galiza Galiza
IndustriaAutomoción
ProdutosAutomóbiles
Camións
Vehículos militares
Carretillas elevadoras
Beneficio56.257.020 € (en 2016)[1]
Número de empregados99 (en 2017)
Páxina webwww.urovesa.com
Uro Pesoz
Camión motobomba no monte galego.
URO MAT-18.16
URO MAT-18.16 do Exército de Terra Español.
URO M3-24.14 UME
Motobomba BFP 40-106 J-1884 sobre URO M3-24.14 da UME.

Traxectoria

Para 1983 conseguiron situarse como líderes do sector de automóbiles 4x4 para a loita contra o lume en contornas rurais, grazas aos seus camións TT URO, tamén grazas a estes convertéronse nun dos principais construtores españois de camións.

Desde 1984 son fornecedores oficiais do Exército Español, logo de gañar o concurso "Declaración de Necesaria Uniformidade". Actualmente, as FFAA de España dispoñen de máis dun milleiro de vehículos desta marca, destacando entre eles o VAMTAC (Vehículo de Alta Mobilidade Táctico), equipado cun motor diésel de 190 CV Steyr, aínda que a maioría dos vehículos URO utilizan motores Iveco.

Desde 1991, unha subsidiaria de UROVESA, UROMAC, fabrica en Castropol (Asturias, España) carretillas elevadoras e dumper. As carretillas mecánicas especiais son usadas igualmente polo Exército Español, aínda que permitiron á empresa abrirse ao sector da industria, o que lles reportou maiores beneficios.

O final da primeira década do século XXI foi para UROVESA uns anos de gran baixada de beneficios debido á diminución do seu volume de negocio sumado a un fallo nas homologacións.[2][3]

En 2014, tras recuperar en parte o volume de vendas no ano 2013, UROVESA informou a comezos de febreiro a súa intención de ampliar o seu chan industrial para aumentar o seu volume de produción, liderando a recuperación económica do sector na zona.[4]

Os VAMTACs do Exército Español foron despregados en diferentes zonas de conflito coma Iraq, Afganistán e o Líbano.

O Exército Real de Marrocos ten encargados 1200 VAMTACs e 800 camións Iveco por un valor total de 200 millóns de euros.

Desde 1991 unha filial de Urovesa, Uromac, fabrica en Castropol pequenos vehículos todoterreo para o Exército Español.

Modelos actuais

Cada modelo de UROVESA ten multitude de derivados a parte do modelo oficial que se vende, o exemplo máis destacado é o do Vamtac militar, que ten 8 configuracións oficiais, pero a gama de modelos oficiais (sen configuración) é a seguinte.

Gama civil

Coches

  • Vamtac S3

Camións

  • K3-24.14&16
  • K5-25.14&16
  • K5-30.14&16

Gama militar

Gama industrial

Uromac ten sede no Polígono Industrial De Barres, Castropol.

  • UROMAC
  • Dumpers
  • Carretillas elevadoras

Notas

  1. "Uro Vehiculos Especiales Sa".
  2. "Referencias sectoriales Galicia - Sistema productivo: Automoción y equipo (2009)" (PDF) (en español). Ardan. Consultado o 5 de marzo de 2014.
  3. Rodríguez, Julián (16 de xuño de 2008). "La industria gallega de defensa vende 600 millones en cuatro continentes". El País (en español). A Coruña. Consultado o 5 de marzo de 2014.
  4. Méndez, Manuel (2 de febreiro de 2014). "Los empresarios y el Concello de Valga planifican la salida del túnel de la crisis". Faro de Vigo (en español). Valga. Consultado o 5 de marzo de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

IPV

IPV (Investigación y Proyectos de Vehículos Especiales SA) foi unha marca galega de camións 4x4 con sede na Pontenova, provincia de Lugo.

José Barro (automoción)

José Barro foi unha fábrica de automóbiles galega, creada en 1905 polo empresario galego José Barro González en Chavín (Viveiro). Foi a primeira fábrica de automóbiles de Galicia. Construíu carrozarías que logo montaba en chasis que importaba de Francia.

Este empresario de Viloalle (Mondoñedo) era un apaixonado por todo o que levase algún tipo de motor, hélice ou turbina. Chegou a Chavin en 1895 con só 22 anos e comezou a súa carreira empresarial coa construción dunha pequena central eléctrica. Ao mesmo tempo, adquiriu un antigo taller de teares, que pouco a pouco se converteu nunha das fábricas de automóbiles máis avanzadas do seu tempo.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros
Industria do motor en España
Fabricantes de vehículos
Bicicletas e motos
Maquinaria
Compoñentes
Fábricas en España
Compañías pechadas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.