Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo é unha universidade pública inserida dentro do Sistema Universitario de Galicia con sede na cidade de Vigo.[2] Conta con campus en tres cidades: Campus de Vigo, Campus de Pontevedra e Campus de Ourense.[2] No 2010 a Universidade de Vigo converteuse no centro do campus de excelencia internacional interuniversitario Campus do Mar, no cal participan as tres universidades galegas e varias portuguesas do norte, así como centros CSIC e IEOs.[3][4][5]

Dende o 2018 Manuel Reigosa, fisíologo vexetal, ocupa o cargo de reitor.[6][7]

Universidade de Vigo
LogoUniversidadeVigo
Logo da Universidade de Vigo
Datos xerais
LocalizaciónVigo/Ourense/Pontevedra
Datos actuais
ReitorManuel Reigosa
Alumnos21 235[1]
Datos de contacto
EnderezoCampus Universitario, Vigo (Pontevedra)
Páxina webuvigo.gal

Historia

O antecedente directo da institución foi o chamado Colexio Universitario de Vigo, creado tras a aprobación en 1972 da construción do citado no Monte das Lagoas, en Marcosende, e baixo o patrocinio da Caixa de Aforros de Vigo. No curso 1977-78 iniciáronse as clases nas titulacións que naquel entón se ofrecían: Ciencias Químicas e Biolóxicas, Económicas e Filoloxía. Dous anos despois do comezo da docencia na institución a Universidade de Compostela integrou os estudos impartidos en Vigo baixo a súa tutela administrativa e académica.[8]

A Lei 11/1989 de 20 de xullo de ordenación do sistema universitario de Galicia reordenou o panorama universitario da comunidade autónoma.[8] A Universidade de Vigo foi constituída como tal en 1990 tras a súa segregación da Universidade de Santiago de Compostela.[8] O primeiro reitor (1990-1994) foi o enxeñeiro químico Luís Espada Recarey que sería substituído no cargo polo profesor José Antonio Rodríguez Vázquez (1994-1998). Entre os anos 1998 e 2006 o posto estivo en mans do catedrático redondelán Domingo Docampo Amoedo, entre 2006 e 2010 Alberto Gago Rodríguez, e entre 2010 e 2018 Salustiano Mato.

A Universidade acadou o maior número de matrículas no curso 1999-2000 (29 000 alumnos/as), desde entón houbo un continuo descenso do alumnado. En 2006 contaba con 21 263 matriculados/as (12 820 no Campus de Vigo, 4 991 no de Ourense e 3 452 no de Pontevedra). No curso 2016-17 o número total de estudantes ascendía a 21 235.[1]

Campus

A Universidade de Vigo conta con tres campus en diversas poboacións do territorio galego: Vigo, Ourense e Pontevedra.

O Campus de Vigo atópase distribuído en diversas sedes sendo a principal a cidade universitaria das Lagoas-Marcosende situada na parroquia de Zamáns, non obstante, no centro da antedita sitúase a chamada Sede Cidade asentada nun edificio da década de 1930 deseñado polo arquitecto vigués Jenaro de la Fuente Álvarez. Este edificio está situado na rúa Conde de Torrecedeira, coñecido durante moito tempo como Escola de Peritos Industriais é hoxe parte da Escola de Enxeñaría Industrial da UVIGO.

O Campus de Pontevedra dispón de varios espazos dentro da cidade homónima. Posúe un campus central coñecido como A Xunqueira sito na zona norte da vila, alén de diversas facultades no centro da cidade. A sede do vicerreitorado está enclavada na Casa das Campás, un edificio histórico de propiedade municipal cedido para uso da Universidade de Vigo.

O Campus de Ourense atópase plenamente inserido no casco urbano da cidade.

Centros docentes

Campus de Vigo (As Lagoas-Marcosende)

ETSEIndustriais(UniversidadedeVigo)2
Escola de Enxeñaría Industrial.
FacultaddeCienciasEconómicas(UniversidadedeVigo)
Facultade de Ciencias Económicas (Campus Lagoas-Marcosende).
Filoloxíaetradución(UniversidadedeVigo)
Facultade Filoloxía e Tradución (campus Lagoas-Marcosende).

Campus de Vigo (Centro)

Centros adscritos

  • EU de Enfermaría (Meixoeiro)
  • EU de Enfermaría (Povisa)
  • EU de Maxisterio "María Sedes Sapientiae"
  • Escola de Negocios Afundación

Campus de Pontevedra

Centros adscritos

Campus de Ourense

  • Escola Superior de Enxeñaría Informática
  • Facultade de Ciencias
  • Facultade de Ciencias da Educación
  • Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Historia
  • Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
  • Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI)

Centros Adscritos

  • Escola Universitaria de Enfermaría

Estrutura de goberno

O 20 de maio de 2010 celebráronse eleccións ao reitorado con dúas candidaturas: Nova Universidade, liderada por Jaime Cabeza Pereiro, e Alternativa Universitaria, liderada por Salustiano Mato. Esta última resultou a vencedora na cita electoral acadando o 52,6 % dos votos[10]. No ano 2014, Mato presentou a súa candidatura por Nova Universidade e obtivo a reelección por 751 votos nuns comicios aos que acudía como único candidato. Desde o 4 de xullo de 2014 ata o 2018 a xunta de goberno da universidade estivo composta por:

  • Reitor: Salustiano Mato de la Iglesia
  • Vicerreitoría de Planificación e Economía: José Manuel García Vázquez
  • Vicerreitoría de Investigación e Transferencia: María Asunción Longo González
  • Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado: Ana María Graña Rodríguez
  • Vicerreitoría de Estudantes: Dolores González Álvarez
  • Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais: Manuel Fernández Iglesias
  • Vicerreitoría do Campus de Ourense: Virxilio Rodríguez Vázquez
  • Vicerreitoría do Campus de Pontevedra: Juan Manuel Corbacho Valencia
  • Secretaría Xeral: Gloria Pena Uris

Graos, mestrados, estudantado e outros datos de interese

Desde a súa segregación da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo foi pouco a pouco incrementando tanto o número de titulacións como a cantidade de profesorado e alumnado.

A universidade ten nos seus tres campos 22 centros universitarios propios, 7 centros adscritos e 5 centros tecnolóxicos, e que cobren 140 áreas do coñecemento. Neles predomina as titulacións en ciencias sociais e xurídicas e as enxeñarías[1] En 2017 a universidade formaba a 21 235 estudantes: 17237 cursando graos, 2048 mestrados e 1365 doutoramentos.[1] Así mesmo, tiña a 1376 persoas adicadas a investigación e docencia, 434 investigadores en formación ou técnicos e 484 persoas vencelladas a proxectos. O persoal de administración e de servizos foron 702 persoas.[1] Ademais, pasou dun investimento en investigación de 0,51 millóns de euros no ano 1991 a 5,23 millóns no 2001. O orzamento total da institución para 2016 ascende a 160.586.524 €[11]. A meirande parte do gasto corresponde a gasto de persoal e gastos correntes e distribuído na súa maioría nos grupos de investigación tecnolóxica e xurídica e social.[1]

Galería de imaxes

Reitorado (As Lagoas-Marcosende).
Reitorado (As Lagoas-Marcosende). 
Edificio Miralles (As Lagoas-Marcosende).
Edificio Miralles (As Lagoas-Marcosende).
 
Xerencia e servizos centrais (As Lagoas-Marcosende).
Xerencia e servizos centrais (As Lagoas-Marcosende). 
Xerencia e servizos centrais (As Lagoas-Marcosende).
Xerencia e servizos centrais (As Lagoas-Marcosende).
 
Facultade de económicas (As Lagoas-Marcosende).
Facultade de económicas (As Lagoas-Marcosende).
 
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (As Lagoas-Marcosende).
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (As Lagoas-Marcosende). 
Edificio de Ferro: Facultade de Historia e Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Ourense).
Edificio de Ferro: Facultade de Historia e Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Ourense).
 
Facultade de Dereito (Campus de Ourense).
Facultade de Dereito (Campus de Ourense).
 
Biblioteca Central de Ourense (Campus de Ourense).
Biblioteca Central de Ourense (Campus de Ourense).
 
Edificio de Despachos (Campus de Ourense).
Edificio de Despachos (Campus de Ourense).
 
Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Forestal (Campus de Pontevedra).
Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Forestal (Campus de Pontevedra). 

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Universidade de Vigo (eds.). "Informes e estatísticas: Universidade de Vigo en cifras".
  2. 2,0 2,1 Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Secretaría Xeral de Universidades, Xunta de Galicia (2010). GALIGRAF GALICIA, eds. Guía do sistema universitario de Galicia. ISBN 978-84-693-9727-5.
  3. "Sobre Campus do Mar". Campus do Mar. Consultado o 26/4/2018.
  4. Ángel Paniagua (14/01/2010). "El campus del mar de Vigo ya es un proyecto de toda Galicia". La Voz de Galicia.
  5. Primitivo Carbajo (7/11/2010). "Entrevista: SALUSTIANO MATO Rector de la Universidad de Vigo - "El Campus do Mar revolucionará todo el tejido económico"". El País.
  6. "Eleccións 2018". Universidade de Vigo. Consultado o 26/4/2018.
  7. Marcos Pérez Pena (23/04/2018). "Antonio López e Manuel Reigosa, novos reitores das universidades de Santiago e Vigo". Praza.gal. Consultado o 26/04/2018.
  8. 8,0 8,1 8,2 Organización institucional, Universidade de Vigo. "Historia da Universidade de Vigo".
  9. Facultade á que de xeito común se lle chamada "Sede Cidade" como se pode ler en Facultade de Enxeñaría Industrial
  10. "Salustiano Mato será o reitor da Universidade de Vigo", artigo en Vieiros, 21 de maio de 2010.
  11. Universidade de Vigo (21/12/2015). "O Consello de Goberno aproba un orzamento de 160,6 millóns de euros para 2016".

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Abel Caballero

Abel Ramón Caballero Álvarez, nado en Ponteareas o 2 de setembro de 1946, é un político, economista e escritor galego. Desde 2007 é alcalde de Vigo polo PSdeG-PSOE.

Apeadoiro de Pontevedra-Universidade

Pontevedra-Universidade é un apeadoiro ferroviario de Adif na cidade de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo, dando servizo ao campus universitario da Universidade de Vigo.

Assembleia de Estudantes Galeg@s Antifascistas

Assembleia de Estudantes Galeg@s Antifascistas (AEGA) foi unha organización estudantil de ideoloxía independentista e socialista que existiu na Universidade de Vigo de 1998 a 2001.

Biblioteca de tradución galega

A Bibilioteca de tradución galega, coñecida tamén co acrónimo BiTraGa, dependente do grupo de traballo composto por docentes da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, contén a referencia bibliográfica dos textos literarios traducidos doutra linguas á galega e da galega cara á outras linguas. Nun primeiro momento, o arquivo recolle as traducións literarias publicadas dende 1980. Trátase dun proxecto aberto e colaborativo.

En 2016 a súa responsable era a profesora Ana Luna Alonso. Ademais dun equipo formado polas profesoras Iolanda Galanes, Áurea Fernández Rodríguez e Silvia Montero Küpper, tamén conta con achegas de diversos colaboradores, tales que Raquel Alonso Araujo, Alejandro Alonso Martínez, Silvia Duarte Collazo, Óscar Ferreiro Vázquez, Elizabete Manterola Agirrezabalaga, Iolanda Mato Creo, Liliana Valado Fernández, Bárbara Álvarez Fernández ou Paz Orois.

Biólogo

Un biólogo ou unha bióloga é un científico dedicado á bioloxía. Os biólogos estudan os organismos vivos e a súa relación coa súa contorna. Os biólogos involucrados na investigación de base tentan descubrir os mecanismos que gobernan o funcionamento dos organismos vivos. Os biólogos que se dedican á investigación aplicada tentan desenvolver ou mellorar procesos médicos, industriais ou agrícolas. Algúns biólogos traballan en postos directivos coordinando ou supervisando a investigación. Os técnicos levan a cabo tarefas especializadas utilizando equipamento de laboratorio.

Casa de Fernando Carreras

A Casa de Fernando Carreras é un inmoble de estilo ecléctico localizado na cidade de Vigo. A casa foi unha das primeiras grandes residencias da cidade olívica. Na súa época tivo tanta sona que moitos vigueses percorrían longas distancias para ver a casa.O edificio atópase na esquina entre a rúa da cidade do Porto coa rúa Areal, e é o único edificio que mantén unha aliñación distinta na rúa Areal, como consecuencia de cambios no proxecto inicial da edificación da rúa.

Gonzalo Navaza

Gonzalo Ramón Navaza Blanco, nado en Lalín o 28 de febreiro de 1957, é un escritor galego, tradutor, estudoso da toponimia, actor de teatro e profesor titular de literatura na Universidade de Vigo. Actualmente vive en Peitieiros (Gondomar).

Illa de Toralla

Toralla é unha pequena illa situada na costa sur da ría de Vigo, a uns 200 metros da praia do Vao. Pertence ao concello de Vigo. Segundo o IGE, en 2013 tiña 142 habitantes (76 homes e 66 mulleres).

Luís Espada Recarey

Luís Espada Recarey, nado na Coruña en 1940, é un enxeñeiro e profesor galego.

Manuel Forcadela

Manuel Santiago Fernández Álvarez, máis coñecido polo pseudónimo de Manuel Forcadela, nado en Forcadela, Tomiño, o 25 de xullo de 1958, é un escritor galego.

Pierre-Gilles de Gennes

Pierre-Gilles de Gennes, nado en París o 24 de outubro de 1932 e finado en Orsay o 18 de maio de 2007, foi un físico francés.

Povisa

A clínica Povisa (acrónimo de Policlínico de Vigo) é un centro médico concertado no centro urbano de Vigo. Atende pacientes do sur da provincia de Pontevedra. Como centro privado que é, non pertence ó Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, senón que é propiedade do grupo Nosa Terra de Xosé Silveira, que o adquiriu en 1997. Con todo, alberga tamén unha área de docencia para a Escola Universitaria de Enfermaría da Universidade de Vigo. Está provisto, xunto co Centro Oncolóxico de Galicia da Coruña e o Hospital Policlínico Universitario da USC, de dotación radioterápica.

O hospital está ben instalado na memoria colectiva dos vigueses: estivo nos comezos de profesionais como Jesús Vázquez Almuíña ou Emilio Rolán, así como nos derradeiros momentos de persoeiros da vida viguesa, entre os cales o coñecido futbolista vigués Joaquín Fernández Santomé "Quinocho" ou o arquitecto Xosé Henrique Rodríguez Peña.

Teresa Portela

María Teresa Portela Rivas, nada en Aldán (Cangas) o 5 de maio de 1982, é unha piragüista galega. É unha das figuras máis importantes deste deporte a nivel internacional.

Universidade

Unha universidade é un centro de ensino superior e investigación, constituído xeralmente por facultades, que outorga graos académicos e títulos profesionais. Para aloxamento dos estudantes ten Colexios Maiores (Colexios Universitarios) e Residencias.

A primeira universidade da historia creouse no ano 340 en Constantinopla.

Vigo Rugby Club

O Vigo Rugby Club é unha entidade deportiva da cidade de Vigo, en Galicia, fundada en 1988, cuxo primeiro equipo sénior masculino competiu catro tempadas na División de Honra, a máxima categoría da liga española de rugby. Dende 2015 recibe oficialmente a denominación comercial de Blusens Networks Universidade de Vigo por razóns de patrocinio.Na tempada 2010/11 pasou á historia do rugby galego como o primeiro equipo da nosa comunidade que acadaba o ascenso á máxima categoría do rugby nacional, na que permaceu ate a tempada 2014/15. Os seus 15 títulos na Copa Xunta desmostran o carácter dominador do Vigo Rugby Club no marco do rugby galego.

A cor tradicional do club é o azul mariño, malia que tamén emprega as raias horizontais brancas e vermellas de xeito secundario.

Xaime Isla Couto

Xaime Isla Couto, tamén coñecido como Xaime Illa Couto, nado en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 1915 e finado en Vigo o 25 de abril de 2012, foi un intelectual e economista galego.

Xentilicio

O xentilicio é un adxectivo relativo, sobre todo, ó lugar de nacemento e, en menor medida, á liñaxe ou raza á que alguén pertence (estes serían etnónimos).

En Galicia existe tradicionalmente unha tendencia ó uso de xentilicios hipocorísticos para entidades menores, non derivados do nome do lugar e si de características e alcumes, normalmente despectivos. Na actualidade, a linguaxe xornalística está a crear e inventalos para moitas pequenas poboacións galegas, con moi desigual calidade.

Xosé-Henrique Costas

Para ver artigos doutras persoas chamadas Quique Costas, acuda á páxina de homónimos correspondenteXosé-Henrique Costas González, nado en Sárdoma (Vigo) o 11 de agosto de 1962, é un lingüista galego director de Normalización lingüística desde 2010.

Xosé Ramón Pena

Xosé Ramón Pena Sánchez, nado en Betanzos o 27 de setembro de 1956, é un profesor e escritor en lingua galega.

De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.