Universidade de Salamanca

A Universidade de Salamanca (en latín Universitas Studii Salmanticensis) encóntrase emprazada na cidade de Salamanca, na comunidade autónoma de Castela e León. É a universidade máis antiga de España e unha das catro máis antigas de Europa que seguen abertas, tras as de Boloña, Oxford e París (hoxe A Sorbona).

O Studium Generale, xerme da universidade, instituído en 1218, era nese momento o segundo máis antigo de España, tras o studium de Palencia (fundado entre 1208 e 1214), e ademais foi a primeira institución educativa europea que obtivo o título de Universidade por unha bula de Alexandre IV no ano 1255.[1]

No curso 2011-2012 o seu número de alumnos era de 32.406.[2]

Universidad de Salamanca
Fachada de la Universidad de Salamanca
Patio das Escolas da Universidade.
Datos xerais
LocalizaciónSalamanca, Ávila, Béjar e Zamora
Datos actuais
ReitorRicardo Rivero Ortega
Alumnos32.406
Datos de contacto
EnderezoPatio de Escuelas nº 1
37008 - Salamanca, España España
Páxina webwww.usal.es

Notas

  1. Universidad de Salamanca. Historia.
  2. Salamanca 24 horas[Ligazón morta]
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Ana Pastor Julián

Ana María Pastor Julián, nada o 11 de novembro de 1957 en Cubillos, provincia de Zamora, é unha médica e política española que realizou a maioría da súa vida profesional en Galicia.

Dende xullo de 2016 é presidenta do Congreso dos Deputados. Anteriormente foi ministra de Sanidade e Consumo do Goberno de España entre os anos 2002 e 2004 e ministra de Fomento entre 2011 e 2016.

Antonio de Nebrija

Antonio Martínez de Cala e Hinojosa, coñecido como Elio Antonio de Nebrija, nado en Lebrija en 1441 e finado en Alcalá de Henares o 5 de xullo de 1522, foi un humanista castelán do século XV.

Antón Costa Rico

Antón Costa Rico, nado en Castellar de la Frontera (provincia de Cádiz) o 28 de setembro de 1952, é un pedagogo galego de orixe andaluza.

Azorín

José Augusto Trinidad Martínez Ruiz, nado en Monòver o 8 de xuño de 1873 e finado en Madrid o 2 de marzo de 1967, foi un escritor español, máis coñecido polo seu pseudónimo de Azorín. Ademais de novelista e ensaísta, foi o crítico literario español máis importante do seu tempo.

Bartolomé de las Casas

Bartolomé de las Casas, nado en Sevilla o 24 de agosto de 1484 e finado en Madrid o 17 de xullo de 1566, foi un historiador, reformador social e frade dominicano español. Foi o primeiro bispo de Chiapas, e o primeiro en ser oficialmente nomeado "Protector dos Indios". Escribiu numerosas obras, as máis famosas foron Brevísima relación de la destrucción de las Indias e Historia de las Indias, crónica das primeiras décadas da colonización española nas Antillas e centrado especialmente nas atrocidades cometidas polos colonizadores contra os pobos indíxenas. Las Casas está considerado un dos primeiros defensores dos dereitos humanos.

Benito Xerónimo Feijoo

Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, nado en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar), o 8 de outubro de 1676 e finado en Oviedo o 26 de setembro de 1764, foi un relixioso bieito, escritor e pensador galego. Xunto co valenciano Gregorio Mayans constitúe a figura máis destacada da primeira Ilustración española. Está soterrado na igrexa de Santa María de la Corte (Oviedo). Escribiu unha serie de ensaios baixo o título de Teatro crítico universal (1726-1764), considerados como a obra cume da Ilustración en lingua castelá.

Carmen Martín Gaite

Carmen Martín Gaite, nada en Salamanca, o 8 de decembro de 1925 e falecida en Madrid o 23 de xullo de 2000, foi unha escritora española. Recibiu, entre outros, o Premio Nadal e o Premio Príncipe de Asturias das Letras.

Celia Recarey

Celia Recarey Rendo, nada en Dodro en 1977, é unha tradutora galega.

Fernando de Rojas

Fernando de Rojas, nado en La Puebla de Montalbán cara a 1470 e finado en Talavera de la Reina en abril de 1541, foi un dramaturgo castelán.

Gonzalo Jiménez de Quesada

Gonzalo Jiménez de Quesada y Rivera, tamén escrito De Quezada e Ximénez, nado en 1496, outras fontes sinalan os anos 1506 ou 1509, e finado en Suesca, Cundinamarca, o 16 de febreiro de 1579, foi un explorador e conquistador español do norte de América do Sur, nos territorios que hoxe se coñecen como Colombia. Sendo un avogado ben instruído, foi un dos planificadores intelectuais da conquista española. Foi un efectivo líder e organizador, deseñou a primeira lexislación para o goberno da área e foi o seu historiador. En 1569, levou a cabo exploracións cara ó leste, na busca do lendario El Dorado, pero a expedición foi un fracasou e regresou a Nova Granada en 1573. Suxeriuse que puido ser un posible modelo para o Don Quixote da Mancha de Miguel de Cervantes.

Ignacio Ribas Marqués

Ignacio Ribas Marqués, nado en Palma de Mallorca o 12 de abril de 1901 e finado en Santiago de Compostela en 1996, foi un químico español, catedrático de Química Orgánica das universidades de Salamanca, Valencia e Santiago, esta última desde 1942 até a súa xublilación en 1971.

É coñecido sobre todo polos seus traballos sobre as substancias naturais, especialmente polos alcaloides vexetais, dos que descubriu dous novos para a ciencia, e pola fundación da Escola Compostelá de Produtos Naturais, famosa a nivel internacional.

José María Gil Robles

José María Gil Robles y Quiñones de León, nado en Salamanca o 22 de novembro de 1898 e finado en Madrid o 14 de setembro de 1980, foi un avogado e político español.

Lleida

Lleida (en catalán: Lleida, [ˈʎɛjðə], pronunciación local: [ˈʎejðɛ]) é un municipio e cidade do oeste de Cataluña, capital da provincia de Lleida e da comarca do Segrià. Está situada no curso do río Segre, arredor dun outeiro coroado pola antiga catedral, a Seu Vella. Con 139.809 habitantes en 2013 é a segunda capital catalá e a sexta cidade máis poboada da comunidade.

Existen probas de asentamentos na área da cidade de Lleida polo menos dende a Idade de Bronce. Dende o século VI a.C. e ata a conquista romana converteuse na principal cidade dos ilerxetes, un pobo ibero que a denominou Iltirta. A cidade, que os romanos denominaron Ilerda, no século VIII foi invadida polos musulmáns e reconquistada en 1149 polas tropas de Ramon Berenguer IV e Ermengol VI. En 1297 Xaime II fundou o Estudo Xeral, que sería a primeira universidade de Cataluña e da antiga Coroa de Aragón, así como a segunda de España tras a Universidade de Salamanca (cuxo antecedente sitúase na Universidade de Palencia).

Martín Sarmiento

Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como frei Martín Sarmiento, nado en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695 e finado en Madrid o 7 de decembro de 1772, foi un relixioso beneditino e escritor galego. É un dos pais da filoloxía románica en xeral e da galega en particular. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002.

Pedro Calderón de la Barca

Pedro Calderón de la Barca, nado en Madrid en 1600 e finado na mesma cidade en 1681, foi un poeta e dramaturgo español.

Pilar Vázquez Cuesta

Pilar Vázquez Cuesta, nada en Chantada o 25 de abril de 1926 e falecida en Santiago de Compostela o 6 de marzo de 2019, foi unha escritora e filóloga galega.

Salamanca

Salamanca é unha cidade española, capital da provincia homónima, na Comunidade Autónoma de Castela e León. Está situada na comarca do Campo de Salamanca, xunto ao río Tormes, e forma parte da rexión histórica do Reino de León.

Tiña unha poboación de 154.462 habitantes, e a súa área metropolitana acadaba os 213.399 (datos de 2010), sendo a segunda área máis poboada da comunidade, tras Valladolid. Un estudo demográfico realizado no 2005 dicía que era a quinta capital de provincia máis densamente poboada por km² de España.

Salamanca é famosa sobre todo por dous motivos: por posuír unha das universidades máis antigas e prestixiosas de España (de aí o refrán "O que a natureza non dá, Salamanca non presta", "Quod natura non dat, Salamantica non prestat") e polo seu espléndido patrimonio histórico-artístico, intrinsecamente ligado á cálida e áurea pedra arenita de Villamayor.

A Universidade de Salamanca, é a universidade, en activo, máis antiga de España, fundada en 1218 por Afonso IX de León, e foi a primeira de Europa que ostentou o título de Universidade polo edicto de 1253 de Afonso X o Sabio e a bula do Papa Alexandre IV en 1255.

En 1988 a cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Dentro do patrimonio arquitectónico destacan as súas dúas catedrais, a Catedral Vella e a Nova, a Casa das Cunchas, a Praza Maior, o Convento de San Esteban e as Escolas Maiores. Desde o 2003, a Semana Santa en Salamanca está declarada de Interese Turístico Internacional. No 2002 foi Capital Europea da Cultura. No 2005 acolleu a celebración do XV Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno.

Pola súa parte, o sector servizos (co turismo cultural e a Universidade) é a principal fonte de ingresos da cidade. É especialmente relevante a actividade educativa durante o verán, xa que conta cunha grande afluencia de estudantes procedentes de moitos países, que na súa maioría veñen para aprender ben o castelán e asistir a diversos cursos estivais.

Xesús Alonso Montero

Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928, é un ensaísta, membro do CCG e da RAG, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.