Universidade de Madrid

Universidade de Madrid ou Universidade Central foron os nomes que tomou a Universidade de Madrid cando se pechou a Universidade de Alcalá, e os seus estudos foron trasladados á cidade de Madrid, a mediados do século XIX. Mediante Real Orde da Raíña Rexente de 29 de outubro de 1836, decretouse o comezo do traslado a Madrid dos estudos. A universidade de Madrid denominouse nun principio Universidade Literaria e en 1851, Universidade Central.

Universidad Central e Instituto Cardenal Cisneros
Edificios da antiga Universidade Central de Madrid e do Instituto Cardenal Cisneros. Rúa de San Bernardo, 7 e 49. A primeira fase construíuse entre 1842 e 1844, e a segunda en 1847

Historia e características

A Universidade Central ten a súa orixe na mentalidade renovadora liberal que pretendía dar fin aos ensinos tradicionais nas universidades do Antigo Réxime. Nun primeiro momento instálase no edificio do Seminario de Nobres da rúa Princesa, pasando posteriormente ao Convento das Salesas nuevas na rúa de San Bernardo. En 1842 confírmase o antigo Noviciado de Xesuítas como o asentamento definitivo da Universidade Central de Madrid; na actualidade, este edificio alberga ao Instituto de España, o organismo que reúne ás Reais Academias. O primeiro proxecto de adaptación do Noviciado ao seu novo uso como Universidade Central é de Francisco Javier Mariategui; tras a súa morte foi substituído por Narciso Pascual y Colomer, a quen se debe a realización do Paraninfo, construído en 1852 aproveitando os muros da antiga igrexa das xesuítas.

Dende a lei Moyano (1857) esta universidade foi a única autorizada en España para dar o título de doutor, ata que en 1954, foi concedida esta potestade á Universidade de Salamanca, tras a celebración do seu VII centenario, e posteriormente ao resto das universidades españolas da época.

En 1973, a Escola Técnicas de Grao Superior e de Grao Medio de Arquitectura e Enxeñaría desta universidade xunto con outros centros superiores dependentes dos ministerios de Defensa, Industria e Obras Públicas uníronse para formar a Universidade Politécnica de Madrid.

Estando a súa orixe na desmantelación da Universidade de Alcalá de Henares e o traslado dos seus estudos a Madrid daríaselle, oficiosamente durante o franquismo, o nome de Universidade Complutense de Madrid e legalmente máis tarde, cando se fundou, cara a 1968, a Universidade Autónoma de Madrid.

Véxase tamén

Outros artigos

2 de outubro

O 2 de outubro é o 275º día do ano do calendario gregoriano (276ºnos anos bisestos). Quedan 90 días para finalizar o ano.

Alfonso Molina

Alfonso Molina Brandao, nado na Coruña o 15 de maio de 1907 e finado en Río de Xaneiro o 25 de novembro de 1958, foi alcalde da Coruña entre 1947 e 1958.

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Carlos Baliñas Fernández

Carlos-Amable Baliñas Fernández, nado en Vilarchán (Quireza, Cerdedo-Cotobade) o 16 de decembro de 1930, é un profesor e filósofo galego. É pai do historiador Carlos Baliñas Pérez.

Casimiro Torres Rodríguez

Casimiro Torres Rodríguez, nado en Santa Cruz de los Cuérragos (Zamora), o 10 de agosto de 1900 e finado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1989, foi un estudoso da Historia antiga e da Alta Idade Media de Galicia.

Dámaso Alonso

Dámaso Alonso Fernández de las Redondas, nado en Madrid o 22 de outubro de 1898 de pai de Ribadeo e nai de Castropol, e finado o 25 de xaneiro de 1990, foi un escritor, crítico literario e filólogo español. Membro da xeración do 27 e Premio Miguel de Cervantes 1978.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Enrique Vidal Abascal

Enrique Vidal Abascal, nado en Oviedo o 12 de outubro de 1908 e finado en Santiago de Compostela o 31 de outubro de 1994, foi un matemático, astrónomo e pintor galego.

Iberia

Este artigo trata sobre a Península Ibérica en tempos dos gregos, para outros usos da palabra, véxase Iberia (homónimos).

Iberia é o nome polo cal os gregos coñecian desde tempos remotos o que hoxe chamamos Península Ibérica. O historiador grego Heródoto cita o topónimo Iberia para designar á península, que é coñecida en todo o mundo grego.

O termo Iberia é grego e o termo Hispania é latino.

Isidro Parga Pondal

Isidro Parga Pondal, nado en Laxe o 17 de decembro de 1900 e falecido na Coruña o 4 de maio de 1986, foi un químico galego especializado en xeoloxía. Destacou polos seus estudos en diversos eidos, que foron desde os da xeoquímica de rochas e minerais raros galegos, os areais galegos, o neovolcanismo da península Ibérica e o cartografado xeolóxico.

José Luis Garci

José Luis García Muñoz, máis coñecido como José Luis Garci, nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1944, é un produtor, crítico, presentador de televisión, autor literario, guionista e director de cine español.

José Luis Puente Domínguez

José Luis Puente Domínguez, nado o 31 de marzo de 1918 en Santiago de Compostela e falecido na mesma cidade o 12 de febreiro de 2006, foi un médico galego, especializado en anatomía e patoloxía cirúrxica.

Manuel Díaz Díaz

Manuel Cecilio Díaz y Díaz, nado en Mugardos o 14 de agosto de 1924 e finado en Santiago de Compostela o 4 de febreiro de 2008 foi un latinista e medievalista galego.

Marcelino Menéndez Pelayo

Marcelino Menéndez Pelayo, nado en Santander o 3 de novembro de 1856 e finado na mesma cidade o 19 de maio de 1912, foi un escritor, político e erudito español, consagrado fundamentalmente á historia das ideas, a crítica e historia da literatura española e hispanoamericana e a filoloxía hispánica en xeral, aínda que tamén cultivou a poesía, a tradución e a filosofía, irmán do escritor Enrique Menéndez Pelayo.

Nicolás Salmerón

Nicolás Salmerón Alonso, nado en Alhama de Almería o 10 de abril de 1838 e finado en Pau (Francia) o 20 de setembro de 1908, foi un político e filósofo español, que chegou a Presidente do Poder Executivo da Primeira República Española durante un mes e medio no ano 1873. Dimitiu do seu cargo por negarse a asinar unha pena de morte. Foi catedrático de Historia Universal na Universidade de Oviedo e de Metafísica na Universidade de Madrid. Estudou as teorías de Krause, que inspiraron á Institución Libre de Ensino.

Ramón María Aller

Ramón María Aller Ulloa, nado no pazo de Filgueiroa de Donramiro (Lalín) o 3 de febreiro de 1878 e finado na vila de Lalín o 28 de marzo de 1966, foi un astrónomo galego, ademais de sacerdote e matemático.

Ramón Villar Ponte

Ramón Villar Ponte,

(tamén coñecido como Ramón Vilar Ponte) nado en Viveiro o 10 de xullo de 1890 e finado na Coruña o 14 de setembro de 1953, foi un dos máis importantes ensaístas das Irmandades da Fala, xunto ao seu irmán Antón.

Xesús Alonso Montero

Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928, é un ensaísta, membro do CCG e da RAG, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017.

Ángeles Alvariño

María de los Ángeles Alvariño González, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (San Diego) o 29 de maio de 2005 e coñecida como Ángeles Alvariño, foi unha zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo a investigación oceanográfica global. Destacou por describir 22 novas especies de zooplancto mariño, o seu coñecemento dos quetognatos e por crear novos indicadores das condicións mariñas. Comezou a súa carreira de investigación no Instituto Español de Oceanografía en Madrid e Vigo. A súa seguinte estadía foi a Laboratorio Mariño de Plymouth. Alí converteuse na primeira muller que participou como científica nunha expedición oceanográfica mundial, pois en 1953-1954 participou como investigadora na expedición do buque británico Sarsia. Desde 1956 ata o remate da súa carreira continuou a súa investigación nos Estados Unidos no Instituto Oceanográfico Scripps e no centro de investigación en pesca da NOAA.Ángeles Alvariño recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1993 e foi a figura que escolleu a Real Academia Galega de Ciencias para conmemorar o día 1 de xuño, o Día da Ciencia en Galicia, do 2015. O Instituto Español de Oceanografía botou un buque en 2012 que leva o seu nome.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.