Universidade de Alcalá

A Universidade de Alcalá (UAH, en castelán: Universidad de Alcalá) é unha universidade pública española con sede en Alcalá de Henares, na Comunidade de Madrid. Tamén ten campus en Guadalaxara.

As súas orixes atópanse na histórica universidade de Alcalá, a Universidade Cisneriana, fundada polo Cardeal Cisneros en 1499. A universidade pechouse en 1836 e os seus estudos trasladáronse a Madrid. A actual universidade de Alcalá fundouse en 1977.

Universidad de Alcalá
Universidad de Alcalá de Henares. Fachada
Datos xerais
LocalizaciónAlcalá de Henares, Comunidade de Madrid Madrid
Fundación1293/1499/1977
Datos actuais
ReitorFernando Galván
Alumnos28.950
Datos de contacto
EnderezoPlaza de San Diego, s/n
Alcalá de Henares España
Páxina webhttp://www.uah.es/

Centros

  • Escola de Arquitectura
  • Escola Politécnica Superior
  • Facultade de Bioloxía, Ciencias Ambientais e Química
  • Facultade de Ciencias Económicas, Empresariais e Turismo
  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Educación
  • Facultade de Farmacia
  • Facultade de Filosofía e Letras
  • Facultade de Medicina e Ciencias da Saúde

Véxase tamén

Ligazóns externas

Almazán

Álmazán é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 5.861 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 166,53 km².

Ambrosio de Morales

Ambrosio de Morales, nado en Córdoba en 1513, e finado ibídem o 21 de setembro de 1591, foi un humanista, historiador e arqueólogo español.

Carlos Alvar

Carlos Alvar é especialista na literatura romance da época medieval. Catedrático de Filoloxía Románica, dedicou a maior parte da súa actividade investigadora á Literatura medieval do occidente europeo, con obras literarias en castelán, francés, galego-portugués, italiano e provenzal. Publicou diversos estudos sobre a poesía épica, os trobadores e sobre a materia artúrica.

Cándido Nocedal

Cándido Manuel Nocedal Rodríguez de la Flor, nado na Coruña o 11 de marzo de 1821 e finado en Madrid o 18 de xullo de 1885, foi un político, xornalista e avogado galego.

Estrixiformes

A orde das estrixiformes ou aves rapaces nocturnas comprende á familia Tytonidae (curuxas) e a familia Strigidae que inclúe bufos, curuxas, mouchos, tecolotes, mouchos de orellas, avelaionas, ñacurutús e chunchos, entre outras. Atópanse en todo o mundo, agás na Antártica, a meirande parte de Groenlandia e nalgunhas illas remotas. Son grandes cazadores, de hábitos nocturnos e solitarios. Aliméntanse xeralmente de pequenos mamíferos, insectos e outras aves, aínda que algunhas especies especialízanse na pesca.

Francisco de Quevedo

Francisco Gómez de Quevedo y Santibáñez Villegas, nado en Madrid o 14 de setembro de 1580 e finado en Villanueva de los Infantes (Cidade Real) o 8 de setembro de 1645, foi un escritor do Século de Ouro español.

Hospital Universitario Ramón y Cajal

O Hospital Universitario Ramón y Cajal é un hospital da cidade de Madrid que foi inaugurado en outubro de 1977 polo entón ministro de Sanidade Enrique Sánchez de León (pertencente a UCD).

Joaquín Almunia

José Joaquín Almunia Amann, nado o 7 de xuño de 1948 en Bilbao, é un político español ligado ao PSOE.

José Manuel Pedrosa

José Manuel Pedrosa Bartolomé, nado en 1965 en Madrid, é un filólogo e folclorista, profesor titular de teoría da literatura e literatura comparada da Universidade de Alcalá. Ten publicado unha vintena de libros e uns douscentos artigos científicos e codirixe a revista electrónica Culturas populares.O enfoque más característico de Pedrosa consiste en seleccionar algunha mostra da tradición culta ou popular e situala nun contexto mais amplo que axude a súa comprensión, recorrendo para iso aos seus coñecementos sobre folclore e literatura.

Jules Mazarin

Jules Mazarin, Giulio Mazarini, Mazzarini ou Mazarino, nado en Pescina (Abruzos) o 14 de xullo de 1602 e finado en Vincennes o 9 de marzo de 1661, foi un diplomático, cardeal e político italiano, primeiro ao servizo do papa e despois ao servizo do reino de Francia. Foi o sucesor do cardeal Richelieu como primeiro ministro.

Mazarin, que non era sacerdote, obtivo o nomeamento como cardeal a proposta do rei Luís XIII, polos servizos prestados á monarquía.

Lope de Vega

Félix Lope de Vega Carpio, nado en Madrid o 25 de novembro de 1562 e finado o 27 de agosto de 1635, foi un escritor español, considerado un dos máis importantes poetas e dramaturgos do Século de Ouro. Pola extensión da súa obra pódeselle considerar coma un dos autores máis prolíficos da literatura universal.

O chamado Fénix dos enxeños, Poeta do ceo e da terra e Monstro da Natureza (por Miguel de Cervantes) renovou as fórmulas do teatro español nun momento no que o teatro comezaba a ser un fenómeno cultural de masas. Máximo expoñente, xunto a Tirso de Molina e Calderón da Barca, do teatro barroco español, as súas obras seguen representándose na actualidade e constitúen unha das máis altas cotas alcanzadas na literatura e as artes españolas. Foi tamén un dos grandes líricos da lingua castelá e autor de varias novelas e obras narrativas longas en prosa e en verso.

Atribúenselle uns 3000 sonetos, tres novelas, catro novelas curtas, nove epopeas, tres poemas didácticos, e varios centenares de comedias (1800 segundo Juan Pérez de Montalbán). Amigo de Francisco de Quevedo e de Juan Ruiz de Alarcón, posto a mal con Luis de Góngora e en longa rivalidade con Cervantes, a súa vida foi tan extrema como a súa obra. Foi pai da tamén dramaturga sor Marcela de San Félix.

Mariam Budia

Mariam Budia González, nada en Logroño o 14 de marzo de 1970, é unha dramaturga e escritora española.

Nicomedes Pastor Díaz

Nicomedes Pastor Díaz Corbelle, nado en Viveiro o 15 de setembro de 1811 e finado en Madrid o 22 de marzo de 1863, foi un escritor, xornalista e político galego do Romanticismo.

Premio Miguel de Cervantes

O Premio Cervantes, foi instituído en 1975 e é concedido anualmente polo Ministerio de Cultura de España.

Trátase do Premio Nacional de Literatura. Está recoñecido coma o galardón literario máis importante en lingua castelá e destinado a distinguir a obra dun autor en lingua castelá cuxa contribución ó patrimonio cultural hispánico fora decisiva. Xeralmente premiase a un español e a un latinoamericano, aproximadamente en forma alternativa, dando así o número de máis da metade de premiados a escritores moitas veces descoñecidos a nivel mundial do país que outorga o premio, e o resto repartido a grandes escritores de América.

Actualmente está dotado con 90.450 euros e toma o seu nome do autor Miguel de Cervantes, autor da que se considera a máxima obra da literatura castelá, Don Quixote da Mancha.

Tomé de Villanueva

Tomé de Villanueva, nado en Fuenllana (actual Cidade Real), en 1488 e finado en Valencia o 9 de setembro de 1555, foi un relixioso católico español.

Tristana Moraleja

Tristana Moraleja Gómez, nada en 1971 en Lugo, é unha política galega do PPdeG.

Universidade Complutense de Madrid

A Universidade Complutense de Madrid, coñecida tamén polo acrónimo UCM, é unha universidade pública española localizada na Cidade Universitaria de Madrid e mais no Campus de Somosaguas, en Pozuelo de Alarcón, na mesma comunidade.

Universidade de Madrid

Universidade de Madrid ou Universidade Central foron os nomes que tomou a Universidade de Madrid cando se pechou a Universidade de Alcalá, e os seus estudos foron trasladados á cidade de Madrid, a mediados do século XIX. Mediante Real Orde da Raíña Rexente de 29 de outubro de 1836, decretouse o comezo do traslado a Madrid dos estudos. A universidade de Madrid denominouse nun principio Universidade Literaria e en 1851, Universidade Central.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.