Universidade das Illas Baleares

A Universidade das Illas Baleares, abreviado UIB (en catalán: Universitat de les Illes Balears), é unha universidade pública das Illas Baleares con sede en Palma de Mallorca. Conta ademais con campus en Alaior e Eivisa.

Universitat de les Illes Balears
Guillem Colom
Datos xerais
LocalizaciónPalma, Eivisa e Alaior
Fundación1978
Datos actuais
ReitorLlorenç Huguet
Alumnos14.203
Datos de contacto
EnderezoCra. de Valldemossa, km 7.5
Palma de Mallorca España
Páxina webhttp://www.uib.cat/

Centros

  • Facultade de Ciencias
  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Educación
  • Facultade de Economía e Empresa
  • Facultade de Filosofía e Letras
  • Facultade de Psicoloxía
  • Escola Politécnica Superior
  • Escola Universitaria de Enfermaría e Fisioterapia
  • Escola de Turismo

Campus

A universidade conta con catro sedes:

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aina Calvo

Aina Calvo Sastre, nada en Palma en 1969, é unha política mallorquina pertencente ao Partido Socialista Obreiro Español.

Alaior

Alaior é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 110 km² onde no ano 2017 vivían 9.097 habitantes, sendo o terceiro concello máis poboado da illa.

As súas principais actividades son o turismo, a industria de calzado, os queixos e os materiais de construción. En Alaior atópase tamén o campus menorquino da Universidade das Illas Baleares.

Baltasar Darder Sansó

Baltasar Darder Sansó, nado en Ariany o 16 de abril de 1948 e finado en Palma o 6 de abril de 1991, foi un filólogo, mestre e promotor sociocultural mallorquín.

Club 15-15

O Club 15-15 é un equipo de voleibol que procede do antigo Icaro Volleyball Club (Club Voleibol Ícaro) de Palma (Illas Baleares). Durante a tempada 2008-09 foi o equipo feminino do Club Voleibol Portol, e dende a 2009-10 compite na Superliga baixo o nome de Oxidoc Palma.

Eduardo Carrero Santamaría

Eduardo Carrero Santamaría, nado en Madrid en 1967, é un historiador da arte vinculado ás universidades Autònoma de Barcelona e de Oviedo.

Fento negro

O fento negro (Asplenium adiantum-nigrum L. 1753) é un fento da familia botánica Aspleniaceae. Aparece en Galiza.

Filoloxía catalá

A filoloxía catalá é a rama da filoloxía que se ocupa do estudo da lingua catalá. Esta titulación fornece un ensino literario e lingüístico relacionada co contexto catalán. Impártese en Cataluña, Illas Baleares, Comunidade Valenciana e Andorra. A Universidade de Perpiñán (Universitat de Perpinyà Via Domícia), a través do Institut Franco-Català Transfronterer (IFCT) ofrece un grao de lingua catalá e mais un máster de estudos cataláns que ofrecen estudos de lingua e literatura xunto con outros de historia, economía e xeografía do territorios de fala catalá. Ademais existe oferta de lingua catalá, minors e graos de estudos cataláns en universidades de ámbito estatal e internacional. En Galiza no grao de Filoloxía galega da Universidade de Santiago de Compostela, inclúese a área de coñecemento de filoloxía catalá.

Lingua catalá

O catalán é unha lingua románica falada polo pobo catalán nalgúns territorios de España, Francia e Italia, así como tamén en Andorra, feito que propicia a denominación destes territorios como Países Cataláns, dada a súa unidade lingüística e cultural. Cómpre sinalar por outra banda que na Comunidade Valenciana o catalán recibe o nome de valenciano.

É lingua oficial de Andorra, cooficial en Cataluña, País Valenciano e as Illas Baleares xunto ó castelán, e carece de oficialidade na Franxa de Aragón, na Cataluña do Norte (Francia), na cidade sarda de L'Alguer e na zona de El Carche (Murcia). É a lingua habitual duns 4,4 millóns de persoas; ademais, son capaces de falalo uns 7,7 millóns e é comprendido por preto de 10,5 millóns de persoas.

Mateu Isern

Mateu Isern Estela, nado en Sineu o 4 de abril de 1959, é un político balear.

Onomasioloxía

A onomasioloxía é unha disciplina lingüística, a medio cabalo entre a semántica e a lexicoloxía, que trata sobre a análise do léxico dunha lingua partindo do significado.

A agrupación non se centra só en restras de sinónimos, senón en abranguer o campo semántico en toda a súa extensión de cada palabra importante dentro da lingua. Normalmente son obras de perspectiva onomasiolóxica os dicionarios conceptuais, os dicionarios analóxicos, os dicionarios ideolóxicos e algúns dos chamados dicionarios inversos (non todos, pois o mesmo termo se usa tamén para os dicionarios de rimas ou morfolóxicos).

Palmeira de abano

A palmeira de abano (Trachycarpus fortunei) é unha especie da familia das Arecaceae (palmeiras) orixinaria da China central e oriental, mais con fins ornamentais en todas as zonas temperadas, cunha alta presenza nos países mediterráneos, pola súa boa resistencia ao frío e ás altas temperaturas. É común atopala en xardíns costeiros de Galiza.

Pilar Pallarés

Pilar Pallarés García, nada en Culleredo o 29 de abril de 1957, é unha poeta galega.

Premios Mestre Mateo 2012

Os Premios Mestre Mateo 2012 galardoaron ás producións audiovisuais de Galicia de 2012 e celebrouse o 6 de abril de 2013. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 25 categorías. A cerimonia celebrouse no Palacio da Ópera de A Coruña. A presentadora foi Cristina Castaño.

O venres 15 de febreiro de 2013, nun acto celebrado no Salón Teatro de Santiago de Compostela, os actores Luís Tosar e Camila Bossa deron a coñecer os finalistas.

Ricardo Galli

Ricardo Adolfo Galli Granada, nado o 15 de agosto de 1965, é un activista do software libre arxentino, tamén coñecido polo seu alcume de Gallir.

É doutor en informática pola Universidade das Illas Baleares (UIB), onde imparte docencia. Tras levar a cabo un proxecto universitario para controlar o aparcadoiro das aeronaves no aeroporto de Palma, radicou na illa de Mallorca. En 2008 impartiu clases de Sistemas Operativos na UIB. É membro da Free Software Foundation (FSF) e foi presidente do grupo de usuarios de software libre BULMA.

Ruth Mateu Vinent

Ruth Mateu Vinent, nada en Ciutadella o 26 de febreiro de 1976, foi conselleira de Transparencia, Cultura e Participación do Goberno das Illas Baleares. Graduouse en dereito na UIB. Accedeu ó cargo logo da renuncia da anterior conselleira Esperança Camps. Antes diso, xa fora secretaria xeral de Participación, Transparencia e Cultura.

Sebastià Alzamora

Sebastià Alzamora i Martín, nado o 6 de marzo de 1972 en Llucmajor, é un escritor crítico literario e xestor cultural de Mallorca. Membro do auto proclamado grupo poético chamado ′Imparables′. Como xornalista, traballaba nos xornais Avui e Ara.

Universidade de Barcelona

A Universidade de Barcelona (en catalán e oficialmente: Universitat de Barcelona) é unha institución académica pública con sede en Barcelona, Cataluña. As súas facultades están distribuídas entre varios campus repartidos pola cidade e arredores: os campus de praza Universitat, el Raval, Diagonal, Bellvitge, Torribera, Mundet, Sants e Hospital Clínic.

Álex Calvo-Sotelo

Alejandro Calvo-Sotelo, Álex, nado en Madrid en 1959, é un director, guionista e produtor de cine español.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.