Universidade da Coruña

A Universidade da Coruña é unha institución pública que ten como finalidade esencial a xeración, xestión e difusión de cultura e de coñecemento científico, tecnolóxico e profesional a través do desenvolvemento da investigación e da docencia. Foi creada en 1989 coa lei de ordenación do sistema universitario de Galicia. Encóntrase estruturada territorialmente en Campus da Coruña (A Maestranza, Riazor, Elviña, A Zapateira, Bastiagueiro, Oleiros e Oza) e de Ferrol (Esteiro e Serantes).

A Universidade da Coruña posúe titulacións únicas en Galicia e no norte de España como Arquitectura, Arquitectura Técnica, Enxeñería Técnica en Deseño Industrial, Enxeñería Naval e Oceánica ou Socioloxía.

Universidade da Coruña
A Coruña - Universidade da Coruña
Entrada do reitorado da Universidade da Coruña, na Maestranza
Datos xerais
LocalizaciónA Coruña / Oleiros / Ferrol
Datos actuais
ReitorXulio Abalde
Alumnos21.136 (Curso 2010-2011)[1]
Datos de contacto
EnderezoRúa da Maestranza, s/n. 15001 A Coruña Galicia Galicia
Páxina webwww.udc.gal

Historia

Logo udc
Logotipo da UDC coa lenda Hac Luce ('Aquí, a luz').

A Universidade da Coruña foi creada o 20 de xullo de 1989 coa aprobación da Lei 11/1989 do 20 de xullo. O seu claustro constituínte aprobou en 1992 os estatutos e o primeiro programa universitario.[2][3].

Alumnado

Desde o seu comezo a Universidade da Coruña mantivo nos seus campus e centros adscritos un número de alumnos superior ou próximo aos vinte mil, chegando ao máximo nos inicios dos anos 2000.[4] Desde a década de 2010 o alumnado foi diminuíndo.[5]. A evolución do alumnado foi a seguinte:[5][6]

Facultades e escolas

Centros na Coruña

Véxase tamén: Campus da Universidade da Coruña.

Centros propios

Centros adscritos

  • Escola Universitaria de Relacións Laborais
  • Escola Universitaria de Enfermaría
  • Escola Universitaria de Turismo

Outros centros

  • Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE)

Centros en Ferrol

Véxase tamén: Campus da Universidade da Coruña.

Centros propios

  • Escola Politécnica Superior
  • Escola Universitaria de Enfermaría e Podoloxía
  • Escola Universitaria de Deseño Industrial
  • Escola Universitaria Politécnica
  • Facultade de Ciencias do Traballo
  • Facultade de Humanidades e Documentación

Bibliotecas

A rede de bibliotecas da Universidade da Coruña conta con 17 espazos repartidos entre os campus ferrolás e coruñeses e un servizo central no Edificio Xoana Capdevielle no Campus de Elviña.[7][8] Ten unha biblioteca dixital e o repositorio da Universidade da Coruña, que foi aberto en 2005 e no hai catalogado obras producidas na universidade e dixitalizados.[9]

Campus de Ferrol

  • Biblioteca da Escola Politécnica Superior
  • Biblioteca da Escola Universitaria Politécnica
  • Biblioteca do Campus de Esteiro - Casa do Patín

Campus da Coruña

  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura
  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos
  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  • Biblioteca da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Saúde
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física
  • Biblioteca da Facultade de Dereito
  • Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa
  • Biblioteca da Facultade de Filoloxía
  • Biblioteca da Facultade de Informática
  • Biblioteca da Facultade de Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Biblioteca Casa do Patin Campus de Esteiro Universidade da Coruña

Biblioteca Casa do Patín, Campus de Esteiro

Biblioteca filoloxia

Biblioteca da Facultade de Filoloxía, onde se atopa a Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor

Biblioteca educacion

Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación

Administración

Reitor

O reitor é a máxima autoridade da Universidade da Coruña. Ostenta a súa representación, exerce a súa dirección, coordina a xestión tanto académica como administrativa, preside o Claustro Universitario e mais a Xunta de Goberno, executa os acordos do Consello Social, do Claustro Universitario e da Xunta de Goberno e responde da súa xestión perante o Claustro.

É elixido polo Claustro Universitario de entre os catedráticos de universidade e nomeado polo órgano competente da Xunta de Galicia. O seu mandato ten unha duración de catro anos con posibilidade de reelección.

Vicerreitorías

Os Vicerreitores coordinan e dirixen as actividades no seu ámbito funcional ou xeográfico, baixo a autoridade do reitor. A Universidade da Coruña conta na actualidade coas seguintes vicerreitorías:

  • Vicerreitoría de Estudiantes, Deportes e Cultura
  • Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas
  • Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social
  • Vicerreitoría de Profesorado e Planificación Docente
  • Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías
  • Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación
  • Vicerreitoría de Investigación e Transferencia
  • Secretaría Xeral

Normalización lingüística

En decembro de 2007, o Consello de Goberno da UDC aprobou o Plano de normalización lingüística da Universidade, en que se recolle o compromiso da institución a prol da normalización da lingua galega tal e como establecen os seus estatutos. A través deste plano, a UDC vai pór os recursos necesarios para aumentar o uso do galego dentro da institución: cómpre lembrar que, segundo a Análise sociolingüística da Universidade da Coruña (2005), o galego é usado polo profesorado en apenas o 9% das aulas desta institución coruñesa. Entre outras medidas que se recollen no plano están a valoración do dominio oral e escrito do galego en todos os concursos para o acceso ao profesorado, o Servizo de Publicacións editará en breve cando menos a metade das súas publicacións en galego e as concesións de servizos e actividades de organismos xestionados pola UDC incluirán cláusulas lingüísticas. Ademais, os planos de formación continua do persoal de administración e servizos serán integramente en galego. No que lle toca ás materias, a UDC quere chegar a que un terzo das materias obrigatorias e troncais sexan impartidas en galego.

O Plano de normalización veu completar o Regulamento de uso do galego desta institución, con que contaba desde o 2005.

Notas

  1. Avance de la Estadística de Estudiantes Universitarios (Versión revisada). Curso 2010-11
  2. Universidade da Coruña (eds.). "Sobre da UDC".
  3. "Universidade da Coruña. Universia". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2014. Consultado o 20 de setembro de 2014.
  4. La Opinión de A Coruña (eds.). "La UDC llega a su primer cuarto de siglo con un 26% menos de alumnos que en 1999".
  5. 5,0 5,1 Reitorado. Universidade da Coruña, eds. "Memorias de xestión. (Informes do reitor para o Claustro desde 2014 a 2016)".
  6. Desde o curso académico 07/08 contáronse os matriculados en graos e titulación non adaptadas ao EEES, en posgraos e en programas de doutoramento.
  7. Universidade da Coruña, eds. (22/05/2008). "Regulamento de organización e funcionamento do servizo de biblioteca da UDC (Aprobado no Consello de Goberno do 22 de maio de 2008)". Arquivado dende o orixinal o 08/11/2017. Consultado o 08/11/2017.
  8. Biblioteca da UDC (eds.). "Información xeral".
  9. Galicia Confidencial (07/04/2017). "Guía de bibliotecas dixitais en Galicia para as Humanidades". Santiago de Compostela.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Adolfo Suárez

Adolfo Suárez González, nado en Cebreros (provincia de Ávila) o 25 de setembro de 1932 e finado en Madrid o 23 de marzo de 2014, foi un político español, presidente do Goberno español entre 1976 e 1981. No ano 1981 o Rei concedeulle o título de Duque de Suárez.

Apeadoiro de Elviña-Universidade

Elviña-Universidade é un apeadoiro de tren de Adif situada na parroquia de Elviña, no concello da Coruña. Dá servizo á propia localidade e ao campus da Universidade da Coruña.

Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. No ano 2008, daba servizo a 6000 pasaxeiros, é dicir, este apeadoiro é usado por unha media diaria de 18 persoas. Porén, logo de 2017, os datos de Renfe Operadora indicaban que menos dun milleiro de persoas empregaban este servizo anualmente.

Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.

Biólogo

Un biólogo ou unha bióloga é un científico dedicado á bioloxía. Os biólogos estudan os organismos vivos e a súa relación coa súa contorna. Os biólogos involucrados na investigación de base tentan descubrir os mecanismos que gobernan o funcionamento dos organismos vivos. Os biólogos que se dedican á investigación aplicada tentan desenvolver ou mellorar procesos médicos, industriais ou agrícolas. Algúns biólogos traballan en postos directivos coordinando ou supervisando a investigación. Os técnicos levan a cabo tarefas especializadas utilizando equipamento de laboratorio.

Carmela Arias

Carmela Arias Díaz de Rábago, nada na Coruña o 20 de febreiro de 1920 e falecida na mesma cidade o 27 de outubro de 2009, foi unha empresaria galega, presidenta da Fundación Barrié de la Maza.

Castro de Elviña

O Castro de Elviña é un castro galaico, posteriormente romanizado pertencente á coñecida como Cultura castrexa do noroeste peninsular. Está situado na parroquia de San Vicenzo de Elviña, próximo ao actual Campus de Elviña da Universidade da Coruña, nunha pequena elevación que domina as terras dos vales de Elviña e Mesoiro, no concello da Coruña.

Domingo García-Sabell

Domingo García-Sabell Rivas, nado en Santiago de Compostela o 8 de outubro de 1909 e finado na Coruña o 5 de agosto de 2003, foi un médico, escritor, político e académico galego.

Emilio González López

Emilio González López, nado na Coruña o 13 de novembro de 1903 e falecido en Nova York o 10 de decembro de 1991, foi un historiador e político galego.

Fernando González Laxe

Fernando González Laxe, nado na Coruña o 6 de setembro de 1952, é un político galego que foi Presidente da Xunta de Galicia co goberno tripartito, entre o 28 de setembro de 1987 e o 2 de febreiro de 1990.

Inés Rey

Inés Rey García, nada na Coruña o 11 de xullo de 1982, é unha avogada e política galega militante do PSdeG. Dende o 15 de xuño de 2019 é a alcaldesa da Coruña, sendo a primeira muller na democracia que ostenta ese cargo.

Isaac Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012, foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos.

Isabel Aguirre

Isabel Aguirre de Úrcola, nada en Vilagarcía de Arousa en 1937, é unha arquitecta e paisaxista galega.

John Rutherford

John David Rutherford, nado en St Albans (Hertfordshire, Inglaterra) o 1 de xuño de 1941, é un galicianista e hispanista inglés, profesor de lingua e literatura española e lingua e literatura galega, tradutor ao inglés destas linguas, novelista e académico, destacado por ter promovido o coñecemento da cultura galega, especialmente da súa literatura.

Xubilado no 2008, é Profesor Emérito (Emeritus Fellow) de lingua e literatura españolas no Queen's College da Universidade de Oxford.

Ten fonda relación con Ribadeo, de onde dixo 'eu entrei na vida de verdade en Ribadeo'.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Santiago Rey Fernández-Latorre

Santiago Rey Fernández-Latorre, nado na Coruña en 1938, é un empresario galego, propietario do xornal La Voz de Galicia.

Seamus Heaney

Seamus Heaney, nado o 13 de abril de 1939 en Derry, Irlanda do Norte, e finado en Dublín o 30 de agosto de 2013 foi un escritor irlandés. En 1995 foi galardoado co Premio Nobel de Literatura.

Universidade

Unha universidade é un centro de ensino superior e investigación, constituído xeralmente por facultades, que outorga graos académicos e títulos profesionais. Para aloxamento dos estudantes ten Colexios Maiores (Colexios Universitarios) e Residencias.

A primeira universidade da historia creouse no ano 340 en Constantinopla.

Universidade da Coruña FG

O Universidade da Coruña FG é un equipo de fútbol gaélico da cidade da Coruña con afiliación os Fillos de Breogán. Foi fundado no ano 2015 co apoio da Universidade da Coruña.

Xulio Ferreiro

Xulio Xosé Ferreiro Baamonde, nado na Coruña o 18 de outubro de 1974, é un xuíz, profesor e político galego. Foi o alcalde da cidade da Coruña entre 2015 e 2019.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.