Unidades periféricas de Grecia

As 74 unidades periféricas ou unidades rexionais (grego: περιφερειακές ενότητες, perifereiakés enóti̱tes, sing. περιφερειακή ενότητα, perifereiakí̱ enóti̱ta) son divisións administrativas descentralizadas de Grecia. Son as subdivisións das 13 periferias do país, subdivididos en municipios. Foron introducidos como parte da reforma administrativa Kallikratis do 1 de xaneiro de 2011[1] e son comparables en tamaño e, na parte continental, lindeiras coas prefecturas de Grecia pre-"Kallikratis".

Kallikratis dioikisi
División administrativa de Grecia logo da reforma "Kallikratis": cada cor indica unha rexión, as unidades rexionais divídense en negro, e os municipios en branco.

Unidades periféricas de Grecia

Periferia Unidade periférica Prefectura coa que se corresponde Capital
Ática Atenas Septentrional Prefectura de Atenas (parte) Kallithea
Ática Atenas Occidental Prefectura de Atenas (parte) Peristeri
Ática Atenas Central Prefectura de Atenas (parte) Atenas
Ática Atenas Meridional Prefectura de Atenas (parte) Kifisiá
Ática Ática Oriental Ática Oriental Pallini
Ática Unidad periférica de O Pireo Prefectura de O Pireo (parte) El Pireo
Ática Unidad periférica das Illas Prefectura de O Pireo (parte) Egina
Ática Ática Occidental Ática Occidental Eleusis
Grecia Central Beocia Prefectura de Beocia Lebadea
Grecia Central Unidade periférica de Eubea Prefectura de Eubea Calcidia
Grecia Central Euritania Euritania Karpenisio
Grecia Central Fócida Fócida Ámfisa
Grecia Central Ftiótide Ftiótide Lamía
Macedonia Central Emacia Emacia Veria
Macedonia Central Unidade periférica de Tesalónica Prefectura de Tesalónica Salónica
Macedonia Central Unidade periférica de Kilkís Prefectura de Kilkís Kilkís
Macedonia Central Unidade periférica de Pella Prefectura de Pella Édesa
Macedonia Central Piería Piería Katerini
Macedonia Central Unidade periférica de Serres Prefectura de Serres Serres
Macedonia Central Calcídica Calcídica Polígiros
Creta Unidade periférica de Chania Prefectura de Chania Chania
Creta Unidade periférica de Heraclión Prefectura de Heraclión Heraclión
Creta Lasithi Prefectura de Lasithi San Nicolás
Creta Unidade periférica de Rétino Prefectura de Rétino Rétino
Macedonia Oriental e Tracia Unidade periférica de Drama Prefectura de Drama Drama
Macedonia Oriental e Tracia Unidade periférica de Evros Prefectura de Evros Alejandrópolis
Macedonia Oriental e Tracia Tasos (unidade periférica) Prefectura de Kavala (parte) Tasos
Macedonia Oriental e Tracia Unidade periférica de Kavala Prefectura de Kavala (parte) Kavala
Macedonia Oriental e Tracia Unidade periférica de Xánthi Prefectura de Xánthi Xánthi
Macedonia Oriental e Tracia Unidade periférica de Ródope Prefectura de Ródope Komotiní
Épiro Unidade periférica de Arta Prefectura de Arta Arta
Épiro Unidade periférica de Ioánina Prefectura de Ioánina Ioánina
Épiro Unidade periférica de Préveza Préveza Préveza
Épiro Tesprotia Tesprotia Igumenitsa
Illas Xónicas Unidade periférica de Corfú Prefectura de Corfú Corfú
Illas Xónicas Ítaca Prefectura de Cefalonia (parte) Vathi
Illas Xónicas Cefalonia Prefectura de Cefalonia (parte) Argostoli
Illas Xónicas Unidade periférica de Léucade Prefectura de Léucade Lefkada
Illas Xónicas Zante Zante Zante
EXeo Setentrional Unidad periférica de Quíos Quíos (unidade periférica) Quíos
Exeo Setentrional Icaria Prefectura de Samos (parte) Agios Kirykos
Exeo Setentrional Lemnos Prefectura de Lesbos (parte) Mirina
Exeo Setentrional Lesbos Prefectura de Lesbos (parte) Mitilene
Exeo Setentrional Samos Prefectura de Samos (parte) Vathí
Peloponeso Arcadia Arcadia Trípoli
Peloponeso Argólida (unidade periférica) Argólida Nauplia
Peloponeso Corintia (unidade periférica) Corintia Corinto
Peloponeso Laconia (unidade periférica) Laconia Esparta
Peloponeso Mesenia (unidade periférica) Mesenia Calamata
Exeo Meridional Andros Prefectura das Cícladas (parte) Andros
Exeo Meridional Kálimnos Prefectura do Dodecaneso (parte) Pothia
Exeo Meridional Unidade periférica de Karditsa Prefectura do Dodecaneso (parte) Kárpatos
Exeo Meridional Unidade periférica de Ceos-Citnos Prefectura das Cícladas (parte) Ceos
Exeo Meridional Cos Prefectura do Dodecaneso (parte) Cos
Exeo Meridional Milos Prefectura das Cícladas (parte) Milos
Exeo Meridional Míkonos Prefectura das Cícladas (parte) Míconos
Exeo Meridional Naxos Prefectura das Cícladas (parte) Naxos
Exeo Meridional Paros Prefectura das Cícladas (parte) Paros
Exeo Meridional Rodas Prefectura de Dodecaneso (parte) Rodas
Exeo Meridional Siros Prefectura das Cícladas (parte) Hermópolis
Exeo Meridional Santorini Prefectura das Cícladas (parte) Fira
Exeo Meridional Tinos Prefectura das Cícladas (parte) Tinos
Tesalia Unidade periférica de Karditsa Prefectura de Karditsa Karditsa
Tesalia Unidade periférica de Larisa Prefectura de Lárisa Lárisa
Tesalia Unidade periférica de Magnesia Prefectura de Magnesia (parte) Volos
Tesalia Espóradas Prefectura de Magnesia (parte) Scíathos
Tesalia Unidade periférica de Tríkala Prefectura de Tríkala Tríkala
Grecia Occidental Acaya Acaya Patras
Grecia Occidental Etolia-Acarnania Etolia-Acarnania Mesolongi
Grecia Occidental Élide Élide Pirgos
Macedonia Occidental Unidade periférica de Flórina Prefectura de Flórina Flórina
Macedonia Occidental Unidade periférica de Grevená Grevená Grevená
Macedonia Occidental Unidade periférica de Kastoriá Prefectura de Kastoriá Kastoriá
Macedonia Occidental Unidade periférica de Kozani Prefectura de Kozani Kozani

Referencias

  1. "Text of Greek Law 3852/2010: Kallikratis reform" (PDF) (en grego). 11 de agosto de 2010.

Véxase tamén

Outros artigos

Prefecturas de Grecia

As prefecturas, tamén denominadas nomos (en grego νομός, nomós; pl. νομοί, nomoí), foron a principal división administrativa de Grecia entre 1833 e 1836, e de novo entre 1845 e 2010, cando fueron abolidas polo plan Calícrates e substituídas polas unidades periféricas.

Son denominadas departamentos segundo a norma ISO 3166-2:GR e o Grupo de expertos en nomes xeográficos das Nacións Unidas.As prefecturas eran a división administrativa de segundo grao do goberno local e estaban agrupadas en 13 periferias ou (antes de 1987) 10 departamentos xeográficos, e á súa vez divididas en provincias, municipios e comunidades.

Convertéronse en entes autónomos en 1994, cando tiveron lugar as primeiras eleccións prefecturais. Anteriormente, os prefectos eran nomeados polo Goberno. En 2010 o seu número era de 51 e, ao comprender a prefectura de Atenas máis dun terzo da poboación do país, subdividiuse en catro "divisións prefecturais" (en grego νομαρχία nomarquía, pl. νομαρχίες nomarquíes). Ademais, creáronse tres "superprefecturas" (en grego υπερνομαρχία, hipernomarquía; pl. υπερνομαρχίες hipernomarquíes) que controlaban dúas ou máis prefecturas.

Coa entrada en vigor do plan Calícrates o 1 de xaneiro de 2011, as prefecturas abolíronse. Moitas, especialmente as do continente, mantiveron a mesma extensión ao seren convertidas en unidades periféricas (en grego περιφερειακή ενότητα, perifereiaké enóteta; pl. περιφερειακές ενότητες perifereiakés enótetes), e mantivéronse dentro das mesmas periferias, ás que se traspasaron boa parte dos poderes das antigas prefecturas.

Programa Kallikratis

O Programa Kallikratis, Plan Calícrates ou Programa Calícrates (en grego Πρόγραμμα Καλλικράτης, Prógramma Kallikrátis), cuxo nome completo é Nova arquitectura das Autonomías e da Administración Descentralizada - Programa Kallíkratis (en grego Νέα Αρχιτεκτονική της Αυτοδιοίκησης και της Αποκεντρωμένης Διοίκησης - Πρόγραμμα Καλλικράτης, Nea Arkhitektonikí tis Aftodioíkisis kai tis Apokendroménis Dioíkisis - Prógramma Kallikrátis), é unha lei grega que reformou a división administrativa de Grecia no ano 2010. Ademais, concretou os límites das unidades autónomas, como o procedemento de elección dos distintos órganos e as competencias destes.

O plan votouse no Parlamento grego en maio de 2010 e parte del foi publicado no Boletín do Estado do 7 de xullo de 2010 para que puidese aplicarse ás eleccións autonómicas gregas do ano 2010. Entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2010. Tanto a elaboración da lei como tamén ao entrar en vigor provocaron reaccións violentas e manifestacións en toda Grecia, e ata unha folga de fame. Entre os principais motivos destas reaccións están as fusións e os recortes en certos servizos sociais, como en centros educativos e de saúde.

Vergina

Vergina (grego: Βεργίνα, Vergína) é unha pequena cidade do norte de Grecia, parte do concello de Veroia en Emacia, Macedonia Central. Vergina fundouse en 1922 como consecuencia dos intercambios de poboacións despois do Tratado de Lausanne e foi un municipio separado ata 2011, cando fusionouse con Veroia baixo o Plan Kallikratis. Agora é unha unidade municipal dentro de Veroia, cunha superficie de 69´047 km².Vergina é máis coñecido como o antigo sitio de Aigai' (Αἰγαί, Aigaí, latinizado: Aegae ou Egas), a primeira capital de Macedonia. Foi alí cando no 336 a.C. Filipo II foi asasinado no teatro e Alexandre o Grande proclamouse rei. O antigo sitio descubríuse en 1976 e escavado baixo a dirección do arqueólogo Manolis Andronikos. A escavación desenterrou os lugares das sepulturas de moitos reis de Macedonia, incluíndo a tumba de Filipo II de Macedonia, pai de Alexandre o Grande, que, a diferenza de tantas outras tumbas, non fora espoliada ou saqueada. Tamén é o sitio dun extenso palacio real. O museo arqueolóxico de Vergina construíuse para albergar todos os artefactos atopados no lugar e é un dos museos máis importantes de Grecia.

Aigai recibiu o status de Patrimonio da Humanidade da UNESCO como "un testemuño excepcional dun desenvolvemento significativo na civilización europea, na transición da cidade-estado clásica á estrutura imperial dos períodos helenísticos e romano".

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.