Unidade Galega (coalición)

Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)
Elecciones generales 1979 Distrito electoral de Pontevedra. Diputados. Unidade Galega
Papeleta de Unidade Galega no Distrito electoral de Pontevedra nas Eleccións xerais de 1979.
Unidade Galega (UG)
Coalición do PSG, Partido Galeguista e o Partido Obreiro Galego (Galiza)
Unidade Galega
Dirixentes e organización
LíderFrancisco Fernández del Riego, Camilo Nogueira e Avelino Pousa Antelo
Historia
Fundación1978
Disolución1980
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo galego
Socialismo
Federalismo

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.

A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.

As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.

Unidade

Unidade de medida dunha magnitude: Referencia para expresar o valor do resultado dunha medición, como son as unidades do Sistema Internacional.

Unidade astronómica: É unha unidade de distancia aproximadamente igual á distancia media (xa que as órbitas son elípticas) entre a Terra e mailo Sol.

Unidade de Procesado Gráfico: Microprocesador (ou acelerador gráfico) para computadores persoais, videoconsolas e outros dispositivos que requiran de gran cantidade de imaxes xeradas por computador

Unidades de masa atómica: Patrón de masa para cantidades moi pequenas de materia.

Unidade aritmético-lóxica: Unidade encargada de efectuar os cálculos nun ordenador.

Unidade imaxinaria: A unidade do conxunto dos números imaxinarios.

Unidade Galega: coalición de partidos políticos galegos.

Unidade Galega: Partido político galego (Séc. XX).

Unidade 101:Unidade de forzas especias do exército israelí.

Unidade Galega (partido)

Para a coalición formada en 1979, vexa Unidade Galega (coalición)Unidade Galega foi un partido político galego nacionalista de esquerdas formado en 1991 herdeiro do PSG-EG e liderado por Camilo Nogueira. Nas eleccións autonómicas de 1993 foi en coalición con Esquerda Unida que resultou nun fracaso ao non obter representación parlamentaria e no ano 1994 integrouse no BNG. No seu V Congreso Nacional que se celebrou o 20 de setembro de 2003 decidiu autodisolverse como partido político e constituírse en corrente de opinión dentro do BNG.

Partidos políticos
Sindicatos
Organizacións armadas
Asociacións xuvenís e de estudantes
Movementos sociais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.