Unión del Pueblo Navarro

A Unión del Pueblo Navarro (UPN) (en éuscaro Nafar Herriaren Batasuna) é un partido rexionalista situado á dereita do arco político. É o aliado do PP en Navarra xa que dende 1982 concorren conxuntamente ás eleccións. Ten uns 7.000 afiliados.

Unión del Pueblo Navarro
Partido político de Navarra
MocidadesJuventudes Navarras
Historia
Fundación3 de xaneiro de 1979
Posicións políticas
IdeoloxíaDereita, rexionalismo navarro
Representación
Representación2 deputados (de 350) no Congreso dos Deputados
22 deputados (de 50) no Parlamento de Navarra
Outros datos
SedePamplona
PublicaciónPor Navarra
Páxina webwww.upn.org

Historia

Este partido político de ideoloxía conservadora fundouse o 3 de xaneiro de 1979 por Jesús Aizpún Tuero, José Ángel Zubiaur Alegre, María Isabel Berian Luri, Ignacio Javier Gómara Granada, Ramón Echeverría Burce, Feliciano Aramendía Echenique e José Javier Chourraut Burguete. Dous meses despois celebráronse as Eleccións Xerais de 1979, eleccións nas que obtivo 28.248 votos (un 0,16%) e un escano no Parlamento, ocupado por Jesús Aizpún Tuero. Un mes despois, nas eleccións forais acadaron 40.764 votos e 13 escanos (de 70) e 3 alcaldes e 46 concelleiros.

O ideario de UPN autodefínese como navarrismo (se ben este termo só fai referencia á Navarra española e non á francesa) e caracterízase pola súa radical oposición á incorporación da parte de Navarra que actualmente pertence ó estado español á Comunidade Autónoma Vasca.

En 1983 coa desaparición de UCD ingresan dúas terceiras partes dos órganos directivos deste partido en UPN. En 1987 obtén a alcaldía de Pamplona por primeira vez. En 1991 firma un pacto de colaboración institucional co Partido Popular.

En 1995 o ata entón presidente do partido Juan Cruz Alli Aranguren abandona o partido e crea un propio co que forma o tripartito PSN-CDN-EA que conta co apoio de Esquerda Unida e logra formar Goberno, aínda que ó ano seguinte, Javier Otano Cid, presidente socialista, se ve involucrado no caso Urralburu e Miguel Sanz é investido presidente.

Dende entón, a UPN preséntase ás eleccións xerais e forais coligado co Partido Popular sendo sempre esta coalición o partido ou coalición mais votado.

Dende fai anos manifestaron intencións de querer modificar a Constitución para derogar a disposición número 4 relativa a unha posible unificación co País Vasco que ó parecer segundo as enquisas é apoiada por unha ampla maioría da sociedade navarra.

O 22 de outubro de 2008 o PP anunciou que se suspendía o pacto de colaboración institucional de ambos partidos, alegando que a dirección de UPN defendía a abstención na votación dos Orzamentos Xerais do Estado de 2009, cando o PP pretendía votar en contra da súa aprobación. Nesta votación un dos diputados de UPN, Carlos Salvador, seguiu as directrices acordadas por UPN, absténdose; mentres que o outro, Santiago Cervera, votou en contra, seguindo as consignas do grupo parlamentar popular na que ambos estaban adscritos.

O 28 de outubro de 2008, o Partido Popular anuncia a ruptura do pacto de 1991 que unían a UPN e PP, e os populares anuncian a súa intención de refunda-lo partido en Navarra.

Resultados electorais

Ano Votos porcentaxe escanos
1979 28.248 11,17% 1
1982 76.255 25,59% 2 (UPN-AP-PDP)
1986 80.922 29,63% 2 (AP-PL-UPN)
1989 92.216 33,18% 3 (UPN-PP)
1993 112.228 36,13% 3 (UPN-PP)
1996 120.335 37,12% 2 (UPN-PP)
2000 150.995 49,89% 3 (UPN-PP)
2004 127.653 37,60% 2 (UPN-PP)
2008 131.618 39,29% 2 (UPN-PP)

Presidentes

  • D. Javier Gómara 1979-?
  • D. Jesús Aizpún Tuero ?-1997
  • D. Miguel Sanz Sesma 1997-actualidade

Véxase tamén

Ligazóns externas

3 de xaneiro

O 3 de xaneiro é o 3º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 362 días para finalizar o ano, 363 nos anos bisestos.

Alianza Foral Navarra

A Alianza Foral Navarra foi un partido político de Navarra, que se definía como foralista e contrario a calquera forma de integración de Navarra na Comunidade Autónoma Vasca e defensor da tradición católica. Rexistrado o 7 de marzo de 1977, propugnou o non á Constitución española de 1978 por considerala atea, marxista e perigosa para a unidade de España. Trala formación da Unión del Pueblo Navarro en 1979 gran parte dos seus militantes integráronse nela.

Nas eleccións xerais de 1977 tivo 21.900 votos (8,49%)

Caparroso

Caparroso é un municipio español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Olite, na comarca da Ribeira Arga-Aragón e a 56 km da capital da comunidade, Pamplona.

A súa poboación en 2014 era de 2 794 habitantes (INE).

Coalición Popular

Coalición Popular (CP, AP-PDL-UL) foi a marca electoral do pacto entre varios partidos para concorrer xuntos ás eleccións municipais de 1983 e eleccións xerais de 1986. A coalición formábana os seguintes partidos:

Alianza Popular,

o Partido Demócrata Popular

e Unión Liberal, posteriormente fusionado co Partido Liberal,Tamén se integraron os partidos de carácter autonómico:

Unió Valenciana,

Unión del Pueblo Navarro,

Partido Aragonés Regionalista

e Centristas de Galicia.Presentou como candidato á Presidencia do Goberno a Manuel Fraga Iribarne.

Coalición Popular obtivo 5 247 677 votos (o 25,97%) e 105 deputados.

Despois destas eleccións, o Partido Demócrata Popular abandonou a coalición. Logo de concorrer en solitario nas eleccións locais de 1987 ó obter un mal resultado, pasou a denominarse Democracia Cristiana e, liderado por Javier Rupérez, integrouse en 1990 no Partido Popular.

Eleccións municipais de España de 2011

De acordo co establecido pola Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG), o 22 de maio de 2011 (cuarto domingo de maio), celebráronse en España eleccións municipais. O 29 de marzo foi publicado no BOE o Decreto de convocatoria.Por outra parte, na mesma xornada, tamén se celebraron eleccións en trece das dezasete comunidades autónomas españolas (Asturias, Cantabria, Navarra, Castela e León, A Rioxa, Comunidade Valenciana, Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha, Rexión de Murcia, Canarias, Illas Baleares, Aragón e Estremadura) e nas dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla); ás Xuntas Xerais do País Vasco; aos Cabidos Insulares canarios; aos Consellos Insulares de Baleares; ao Consello Xeral de Arán; aos concellos de Navarra; e ás entidades de ámbito territorial inferior ao municipio.

En 35 municipios e en 110 entidades menores houbo que repetir as eleccións o 20 de novembro do mesmo ano (coincidindo coas Eleccións a Cortes Xerais), ben por defectos no reconto dalgunha mesa, por defectos na comunicación de resultados, ou pola falta de candidatos.

Eleccións xerais de España de 2011

As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.

Eleccións xerais de España de 2016

O domingo 26 de xuño de 2016 celebráronse eleccións xerais en España. Foron as décimo terceiras desde a transición á democracia e as segundas con Felipe VI como Rei. Estas eleccións deron comezo á XII lexislatura das Cortes Xerais.

O luns 2 de maio de 2016 ás 23:59 horas, as Cortes quedaron automaticamente disoltas tras non lograr ningún candidato a confianza do congreso nos dous meses posteriores á primeira votación de investidura, dando fin á XI lexislatura, a máis curta da historia recente de España, e dando paso a unhas novas eleccións xerais.Os cidadáns con dereito ao voto, residentes no país e no estranxeiro, foron chamados a decidir a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado.

Enrique Maya

Enrique Maya Miranda, nado en Montevideo en 1960, é un político navarro. Foi alcalde do concello de Pamplona por Unión del Pueblo Navarro, cargo que ocupou entre o 2011 e 2015.

Joseba Asirón

Joseba Asirón Sáez, nado en Pamplona o 14 de abril de 1962, é un historiador, profesor de ikastola e político navarro, alcalde de Pamplona pola coalición Euskal Herria Bildu dende o 13 de xuño de 2015.

La pelota vasca, la piel contra la piedra

La pelota vasca, la piel contra la piedra é un filme documental dirixido por Julio Medem e estreado no 2003. Trata acerca da situación do País Vasco e Navarra, na que relata a situación do éuscaro, a historia de Euskadi Ta Askatasuna (ETA) e os Grupos Antiterroristas de Liberación (GAL), a situación dos presos de ETA, e as vítimas e ameazados do terrorismo, ademais de aspectos da historia do País Vasco e Navarra (cunha visión sobre os 7 territorios do País Vasco), desde as Guerras Carlistas, pasando polo bombardeo de Guernica ata a presentación do Plan Ibarretxe.

Los Arcos

Los Arcos é unha vila e un municipio español situado na Comunidade Foral de Navarra, na comarca de Estella Oriental e a 62 km da capital da comunidade, Pamplona. A poboación do municipio en 2013 era de 31.029 habitantes

Nafarroa Bai

Nafarroa Bai ("Navarra Si" en éuscaro) foi unha candidatura conxunta de partidos vasquistas, vinculados na súa maioría ó nacionalismo vasco (Aralar, Eusko Alkartasuna, Batzarre e EAJ-PNV), de Navarra e un sector notable de independentes ligados a sectores progresistas de Navarra.

Parlamento de Navarra

O Parlamento Foral de Navarra ou Cortes de Navarra (en éuscaro: Nafarroako Parlamentua) é o órgano legislativo da Comunidade Foral de Navarra. O Parlamento foi creado polo Melloramento de 1982, supuxo a democratización das institucións existentes ata entón.

Partidos politicos de España inscritos de 1976 a 1980

Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1976 a 1980.

País Vasco (rexión histórica)

O País Vasco (en éuscaro: Euskal Herria, en galego literalmente: Pobo Vasco ou País do éuscaro) é unha nación con trazos culturais e históricos comúns ben definidos (entre eles a presenza da lingua vasca), pero que non representan unha unidade administrativa única.

Comprende os territorios que corresponden aproximadamente á área lingüística vasca en tempos históricos. No presente, estes territorios están divididos entre os estados español e francés, gardando niveis de autonomía moi diferentes. A unión destes territorios é defendida por sectores nacionalistas e independentistas da sociedade, e a maioría deles empregan o termo Euskal Herria en oposición ao termo Euskadi, que, segundo eles, abrangue só os territorios da Comunidade Autónoma Vasca e que é un neoloxismo utilizado no ámbito oficial que ten a súa orixe en Sabino Arana.

Este territorio ocupa unha superficie de 20.664 km² no vértice occidental dos Pireneos, no Mar Cantábrico (Golfo de Biscaia). Ten a súa propia lingua, o éuscaro (minorizada fronte ao francés e o castelán), e unha poboación de preto de tres millóns de habitantes, habitando dous millóns e medio deles no estado español e o resto no francés. Intégrano sete provincias (en éuscaro: herrialdeak): Áraba, Biscaia, Guipúscoa (País Vasco), Navarra, que conforman o Hegoalde; e Baixa Navarra, Lapurdi e Zuberoa, que conforman o Iparralde.

A lingua vasca hogano é falada habitualmente nalgunhas rexións, sobre todo en Guipúscoa, no leste de Biscaia e no terzo norte de Navarra. Noutras, o éuscaro foi substituído polo castelán e/ou polo francés. Hogano, o éuscaro ten categoría de lingua oficial na Comunidade Autónoma Vasca e na zona vascófona navarra, mais non ten recoñecemento oficial na rexión so administración francesa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.