Unión de Centro Democrático

Unión de Centro Democrático (UCD) foi un partido político español de centro dereita establecido por Adolfo Suárez, presidente do goberno, como unha coalición electoral formada en abril de 1977 de partidos liberais, democristiáns e socialdemócratas para concorrer ás primeiras eleccións lexislativas democráticas tras a morte de Franco previstas para xuño dese ano. UCD disolveuse o 18 de febreiro de 1983 tras a desfeita das eleccións xerais de 1982.

Unión de Centro Democrático (UCD)
Partido político de España
Union de Centro Democratico (logo)
Dirixentes e organización
LíderAdolfo Suárez
Historia
Fundación3 de maio de 1977 (coalición)
4 de agosto de 1977 (partido)
Disolución18 de febreiro de 1983
Posicións políticas
IdeoloxíaSocioliberalismo
Democracia cristiá
Monarquismo
Constitucionalismo
Progresismo
Liberalismo
Reformismo
Posición políticaCentrodereita
Outros datos
SedeRúa Cedaceros n.º 11, Madrid

Historia

A UCD formouse como un conglomerado de personalidades políticas que representaban siglas que apenas tiñan unha mínima estrutura, Fernando Álvarez de Miranda (PDC), Pío Cabanillas (PP), Gonzalo Casado (PSI), Manuel Clavero (PSLA), Francisco Fernández Ordóñez (PAD), Juan García Madariaga (PPL), Joaquín Garrigues (FPDL), Enrique Larroque (PL), José Ramón Lasuén (FSD), José Luis Meilán Gil (PGI), Lorenzo Olarte (UC), Eurico de la Peña (USDE), Antonio Pérez Crespo (UDM), Enrique Sánchez de León (AREX) e Ignacio Camuñas (PDP) baixo o liderato de Adolfo Suárez. Nas eleccións lexislativas de 1977 conseguiu o 34.44% dos votos e 166 escanos, a maioría relativa no Parlamento que elixiu Adolfo Suárez como presidente do goberno. O 4 de agosto a UCD transformouse nun partido político e con 3 dos 7 poñentes foi clave na elaboración da Constitución de 1978.

En 1978 celebrou o seu primeiro congreso nacional que elixiu como presidente a Adolfo Suárez e como secretario xeral a Rafael Arias Salgado. Nas eleccións de 1979 tivo o 34.84% dos votos e 168 escanos. O crecemento da UCD continuou ata 1981 pero a partir dese momento os conflitos internos e os problemas económicos deses anos acabaron por prexudicar seriamente ao partido, en xaneiro de 1981 Suárez renunciou á presidencia do goberno, substituíuno Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo e o intento de golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 cando se realizaba a votación de investidura do novo presidente agudizaron os problemas internos da UCD, Suárez deixou a UCD e formou en xuño o Centro Democrático y Social, Fernández Ordóñez e os socialdemócratas integráronse no PSOE, Miguel Herrero e outros tres deputados marcharon a Alianza Popular ao igual que os democristiáns de Óscar Alzaga, o grupo parlamentario centrista quedou reducido a 151 escanos e Calvo Sotelo tivo que convocar eleccións para o 28 de outubro de 1982 que gañaron por maioría absoluta os socialistas, a UCD presentou como candidato a Landelino Lavilla e resultou na desfeita electoral do partido que tivo o 6.77% dos votos e tan só 11 escanos (5 procedentes de Galicia), tras a disolución do partido, nos territorios onde mantivera unha certa forza deu orixe a partidos rexionalistas ou nacionalistas como foi o caso de Galicia onde a UCD local serviu de base para a formación de Coalición Galega pero no conxunto de España a base electoral e os militantes da UCD transferiuse a Alianza Popular e en menor medida ao PSOE.

Alianza Popular

Alianza Popular, coñecida tamén polas siglas AP, foi unha federación de pequenos partidos conservadores, liderados na súa maioría por ex ministros franquistas.

Antón Cañellas

Antón Cañellas Balcells, nado en Barcelona o 4 de outubro de 1923 e finado en Sant Cugat del Vallès o 27 de agosto de 2006, foi un político e xurista catalán.

Licenciado en Dereito, participou na resistencia no franquismo no Front Universitari de Catalunya e foi cofundador das Xuventudes Democráticas de Cataluña en 1947. Destacou no seu labor na Lexislatura Constituínte de España en 1977 como deputado de Centristes de Catalunya, aliada con Unión de Centro Democrático. Foi escolleito de novo deputado no Congreso en 1979, participando activamente na elaboración do Estatuto de Autonomía de Cataluña de aquel ano.

Máis tarde foi deputado no Parlamento de Cataluña e senador designado pola comunidade autónoma en 1984. Elixido Síndico de Agravios, ocupou o posto desde 1993 a 2004 e foi nomeado presidente do Instituto Europeo Ombudsman de 2000 a 2002.

Estaba en posesión do Premio Creu de Sant Jordi e da Orde da Lexión de Honra francesa.

Circunscrición electoral de Almería

A Circunscrición electoral de Almería é unha das 52 circunscricións (distrito electoral) utilizados para elixir aos representantes no Congreso dos Deputados. A de Almería é unha das oito circunscricións electorais de Andalucía. A cidade máis poboada é Almería, seguida de El Ejido e Roquetas de Mar.

Circunscrición electoral de Lugo

A Circunscrición electoral de Lugo é unha das 52 circunscricións (distrito electoral) utilizados para elixir aos representantes no Congreso dos Deputados. O de Lugo é un dos catro distritos que corresponden ás provincias galegas. Dentro da circunscrición, a cidade de Lugo é a máis grande e a única con máis de 75.000 votantes.

Circunscrición electoral de Madrid

A Circunscrición electoral de Madrid é unha das 52 circunscricións (distrito electoral) utilizados para elixir aos representantes no Congreso dos Deputados. A de Madrid é a máis grande de todas as circunscricións electorais de España. A cidade máis poboada é Madrid, seguida de Móstoles, Leganés e Alcalá de Henares cunha poboación por riba dos 100.000 habitantes

Eleccións ao Parlamento de Galicia 1981

As eleccións ao Parlamento de Galicia de 1981 celebráronse o 20 de outubro. Cun censo de 2 174 246 electores, os votantes foron 1 006 222 (46,3%) e 1 168 024 as abstencións (57,3%). Foi a porcentaxe de abstención máis alta nunhas eleccións autonómicas. Alianza Popular foi a forza máis votada, seguida moi de cerca pola UCD. Grazas a un compromiso entre as dúas forzas máis votadas Gerardo Fernández Albor (AP) foi nomeado primeiro presidente da Xunta de Galicia. As forzas galeguistas e de esquerda lograron unha representación moi exigua. Pola súa banda, os deputados do BNPG decidiron non acatar a constitución, polo que foron expulsados do Parlamento.

Eleccións municipais en Ourense

Corporacións democráticas en Ourense desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Luis López Iglesias — UCDAos primeiros comicios democráticos presentáronse oito forzas políticas. A vencedora foi a Unión de Centro Democrático, cun 32,22% dos votos, e 9 concelleiros. Á fronte deles estaba o enxeñeiro José Luis López Iglesias, que acabaría sendo o alcalde, e como número 5 ía Victorino Núñez. En segunda posición quedou a Coalición Democrática, cun 20,34% dos votos e 5 concelleiros. A candidatura popular estaba encabezada polo home de prol local Celso Vázquez-Gulías, e nela figuraba tamén, como número 5, Ángel Villanueva Cendón. En terceira posición figurou o Partido Socialista Obrero Español, co 17,98% dos votos e tamén 5 concelleiros. A candidatura estaba liderada polo mestre Manuel Sueiro e como número 3 figuraba Manuel Veiga Pombo..

Tamén foron elixidos concelleiros do Partido Comunista de Galicia, do BNPG e dunha candidatura de independentes, chamada Independientes Saa-Carvajales. O PCG obtivo un 9,08% dos votos e dous concelleiros, liderados polo médico Manuel Peña Rey. A candidatura nacionalista obtivo o 8,99% dos votos e 2 concelleiros, e estaba encabezada por Norberto Tabarés. O líder dos independentes (6,86% e 2 concelleiros) era Adolfo Saa, mestre, e foi a única candidatura que apoiou a investidura de López Iglesias.

Ademais, presentáronse o Partido Socialista Obrero Español (Histórico), encabezado polo líder veciñal Manuel Villar, que obtivo un 3,76% e mais o Movemento Comunista de Galicia, do profesor Enrique Pujales, que obtivo o 0,77% dos sufraxios. Ningunha destas formacións conseguiu representación.

Modelo:Ourense 1979

1983 Alcalde: Antonio Caride-Tabarés Castro — CPModelo:Ourense 1983

1987 Alcalde: Jorge Bermello Fernández — AP ; Manuel Veiga Pombo (1987-1991) PSdeG-PSOE ; José Luis Mondelo García (1991) IG.Modelo:Ourense 1987

1991 Alcalde: Manuel Veiga Pombo — PSdeG-PSOEModelo:Ourense 1991

1995 Alcalde: Manuel Jaime Cabezas Enríquez — PPdeGModelo:Ourense 1995

1999 Alcalde: Manuel Jaime Cabezas Enríquez — PPdeGModelo:Ourense 1999

2003 Alcalde: Manuel Jaime Cabezas Enríquez — PPdeG ; Enrique Nóvoa López (2007)

2007 Alcalde: Francisco Rodríguez Fernández — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Francisco Rodríguez Fernández — PSdeG-PSOE ; Marga Martín - PSdeG-PSOE (en funcións) ; Agustín Fernández Gallego PSdeG-PSOE

2015 Alcalde: Xesús Vázquez Abad — PPdeGCandidatos: Xesús Vázquez Abad (PP), Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensana), José Ángel Vázquez Barquero (PSdeG-PSOE), Miguel Doval Garza (Ourense en Común), Susana María García Rodríguez (BNG), Aurelio Prado Rodríguez (ANOVA), José Mosquera Casero (CxG-CCTT), Alexandra González Ferreiro (PACMA), Olga María Fabello García (UPyD), Luis Fernando José Riobó Izquierdo (Movimiento RED) e Fernando Alonso Lorenzo (Coalición Galega).

2019 Alcalde: Gonzalo Pérez Jácome

Eleccións xerais de España de 1977

As eleccións xerais en España de 1977 tiveron lugar o 15 de xuño dese ano. Os españois e españolas maiores de idade foron chamados ás urnas corenta e un anos dende as últimas eleccións celebradas en democracia.

Nestas eleccións o Presidente do Goberno, Adolfo Suárez, nomeado polo Rei en 1976, chega ao Centro Democrático y Social, para lideralo e así crear a Unión de Centro Democrático, que gaña as eleccións quedando a poucos escanos da maioría absoluta.

Eleccións xerais en Galicia

Eleccións xerais en Galicia desde 1977. No período comprendido entre 1977 e 2016 o número de representantes de Galicia no Congreso dos deputados diminuíu de 27 a 23.

Extremadura Unida

Extremadura Unida (EU) é un partido rexionalista estremeño de centro dereita. Fundado en 1980 por Pedro Cañada Castillo foi o primeiro partido rexionalista de Extremadura. Pedro Cañada Castillo foi tamén fundador de Acción Regional Extremeña, un dos partidos que se integrou en Unión de Centro Democrático ao inicio da Transición e que foi, até 1979, senador pola UCD. Obtivo representación no Parlamento de Extremadura nas eleccións de 1983 e 1987. En 1989 formou parte da candidatura presentada pola Federación de Partidos Rexionais nas eleccións ao Parlamento Europeo, sen conseguir a coalición representación. No 2005 propuxo a celebración dun referendum en toda España para que o pobo español se definise sobre o Plan Ibarretxe. No ano 2006 asinou un acordo para presentar listas conxuntas co Partido Popular nas eleccións municipais e autonómicas de 2007.EU obtivo un deputado autonómico, Juan Pedro Domínguez, nas listas da coalición co PP.

Presentouse en solitario ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2009, obtendo 5.007 votos (0,03% dos votos). En Estremadura obtivo 1.720 votos (0,38% do total da comunidade).O logotipo de Extremadura Unida é a silueta da rexión estremeña, con fondo da bandeira de Estremadura e sobre a franxa branca o nome do partido. Pódense atopar dentro do partido actitudes favorables cara ao estremeño, publicando en 2004 unha tradución de Pedro Cañada da Constitución Española chamada La Cohtitución Ehpañola en Ehtremeñu.

De cara ás eleccións xerais de 2011, presentouse en coalición co Partido Popular.

José Luis Meilán Gil

José Luis Meilán Gil, nado na Coruña o 6 de xullo de 1933 e finado na mesma cidade o 26 de xuño de 2018, foi un xurista e político galego. Catedrático de Dereito Administrativo dende 1968, foi fundador do Partido Gallego Independiente, presidente do Instituto de Reforma y Desarrollo Agrario, deputado de Unión de Centro Democrático pola provincia da Coruña na lexislatura constituínte de 1977 e na primeira lexislatura de 1979. Tamén foi reitor da Universidade da Coruña.

Partido Demócrata Popular

O Partido Demócrata Popular foi un partido español de centro dereita, de inspiración democristiá, que se fundou en 1977 e que axiña quedou integrado na UCD, en 1982 antes das eleccións xerais os antigos dirixentes deixaron a UCD e refundaron o partido que se presentou ás eleccións en coalición con Alianza Popular.

Formou xunto a Alianza Popular e o Partido Liberal a Coalición Popular entre 1982 y 1986.

En 1986 o PDP rompeu os acordos con AP e o seu presidente Óscar Alzaga renunciou ao seu escano, presentouse en solitario ás eleccións municipais de 1987 conseguindo 319.519 votos e 1.520 concelleiros. Nas eleccións europeas tivo 170.866 votos. En 1989 dirixido por Javier Rupérez incorporouse ao Partido Popular.

Entre os seus principais dirixentes, ademais de Óscar Alzaga, atopábanse Jaime Mayor Oreja, Javier Arenas, José María Álvarez del Manzano e Jaime Ignacio del Burgo.

Partido Popular (1976)

O Partido Popular foi un partido político español fundado por Pío Cabanillas e José María de Areilza en novembro de 1976. A súa ideoloxía era de centrodereita e proviña dun núcleo de personalidades moi diversas, entre as que destacaban reformistas do réxime agrupado en torno ao grupo Tácito.

No momento do nacemento do partido, en novembro de 1976, José María de Areilza e Pío Cabanillas, ámbolos dous ex-altos funcionarios franquistas, eran ministros do gabinete de Adolfo Suárez. O congreso do Partido Popular celebrado en Madrid en febreiro de 1977, tivo unha gran envergadura, comparable á do congreso do PSOE do decembro anterior; en dito congreso Areilza amosouse como a súa figura máis sobranceira. Arredor do partido organizouse unha coalición denominada Centro Democrático, que serviu de embrión para a creación da Unión de Centro Democrático, que acabaría sendo liderada polo presidente Adolfo Suárez ao desembarcar nela co seu goberno. Suárez puxo como condición previa a saída de Areilza, para evitar rivalidades, e o partido accedeu a esta petición.

Areilza abandonou a UCD e aliouse máis tarde con Manuel Fraga, a través do partido Acción Cidadá Liberal, entrando só na UCD xa no final da historia deste partido, cando moitos dos seus membros o abandonaran. Pío Cabanillas sería un dos principais dirixentes da UCD e ministro tanto con Suárez como con Leopoldo Calvo-Sotelo.

Rodolfo Martín Villa

Rodolfo Martín Villa, nado en Santa María del Páramo, León o 3 de outubro de 1934, é un político español.

Victor Cucurull

Victor Cucurull Miralles, nado en Rubí, Barcelona, é un pseudohistoriador catalán, membro do secretariado da Assemblea Nacional Catalana (ANC), membro do Institut Nova Història e Presidente da Fundación Sociedad y Cultura. En 1980, foi candidato ó parlamento de Cataluña pola circunscrición de Barcelona, ocupando o Nº 17 na lista do partido Unión de Centro Democrático, baixo o nome de "Centristas por Cataluña". Posteriormente foi xirando cara a unha ideoloxía máis catalanista. Como membro da ANC, foi o ideólogo da manifestación masiva do 11 de setembro de 2014 na que se formou unha V en Barcelona, reclamando a independencia de Cataluña.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.