Unión Internacional para a Conservación da Natureza

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), (en inglés: International Union for Conservation of Nature and Natural Resources, IUCN), é unha organización internacional dedicada á conservación dos recursos naturais.

Fundada en 1948, ten a súa sede en Gland (Suíza). A IUCN reúne 78 estados, 112 axencias de goberno, 735 ONGs e miles de expertos e científicos de 181 países.

A misión da IUCN é influenciar, estimular e asistir sociedades en todo o mundo na conservación da integridade e biodiversidade da natureza, e asegurar que calquera uso dos recursos naturais sexa equitativo e ecoloxicamente sustentábel.

As Categorías de Áreas de Manexo Protexido que existen son as seguintes:

  • Ia - Reserva Estrita da Natureza
Área de terra e/ou mar que posúe algún ecosistema, aspecto e/ou tipo xeolóxico ou fisiolóxico, importante ou representativo, dispoñíbel primariamente para investigación científica e/ou monitoramento ambiental.
  • Ib - Área Salvaxe
Grande área de terra e/ou mar non modificada ou pouco modificada, que mantén o seu carácter e influencia naturais, sen habitación permanente ou significativa, que é protexida e manexada de modo a preservar a súa condición natural.
  • II - Parque Nacional
Área natural de terra e/ou mar, destinada a:
  1. protexer a integridade ecolóxica dun ou máis ecosistemas para a xeración actual e as futuras;
  2. excluír a exploración ou ocupación inimiga dos propósitos indicados para a área;
  3. fornecer unha base para oportunidades espirituais, científicas, educativas, recreativas e de visita, que deben ser todas ambiental e culturalmente compatíbeis.
  • III - Monumento Natural
Área contendo unha, ou máis, características naturais ou culturais que son de valor significativo ou único debido á súa rareza, calidades representativas ou estéticas, ou significado cultural inherente.
  • IV - Área de Manexo de Hábitat/Especie
Área de terra e/ou mar suxeita a intervención activa co propósito de manexo para garantir a manutención de hábitats e/ou satisfacer as necesidades de especies específicas.
  • V - Paisaxe/Costa Protexida
Área de terra ligada á costa e ao mar, onde a interacción entre persoas e natureza ao longo do tempo produciu unha área de carácter distinto con valor estético, ecolóxico e/ou cultural significativo, xeralmente con grande diversidade biolóxica. Salvagardar a integridade desta interacción tradicional é vital para a protección, manutención e evolución de tal área.
  • VI - Área Protexida de Manexo de Recursos
Área que contén predominantemente sistemas naturais non modificados, manexada para garantir protección e manutención a longo prazo da diversidade biolóxica, aínda que suplindo ao mesmo tempo un fluxo sustentábel de produtos naturais e servizos para satisfacer as necesidades da comunidade.
IUCN-Headquarters
Sede da IUCN en Gland, na Suíza

Véxase tamén

Ligazón externa

Albatros

Os albatros ou diomedeidos (Diomedeidae) son unha familia de aves mariñas de grandes dimensións que, xunto cos procelaríidos, hidrobátidos e pelecanoides forman a orde Procellariiformes. Distribúense por case toda a extensión do océano Antártico e o norte do océano Pacífico. Están entre as aves voadoras de maiores dimensións. Os grandes albatros (xénero Diomedea) teñen a maior envergadura alar de calquera especie existente na actualidade. Distribúense tradicionalmente en catro xéneros, aínda que existe desacordo en canto ao número de especies.

Os albatros móvense de xeito moi eficiente no aire e empregando o planeo dinámico cobren grandes distancias con pouco esforzo. Aliméntanse de luras, peixes e krill, ben recollendo animais mortos ou capturando o seu alimento vivo na superficie da auga ou mergullandose. Son aves coloniais e a maioría aniña en illas oceánicas remotas, a miúdo compartindo o seu territorio de nidificación con outras especies. Establecen unha relación monogámica que dura toda a súa vida.

Das 22 especies recoñecidas pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), 8 son vulnerables, 6 corren perigo de extinción e 4 atópanse en perigo crítico de extinción.

Batrachochytrium dendrobatidis

Batrachochytrium dendrobatidis, tamén coñecido como Bd ou o fungo quítrido dos anfibios, é un fungo quítrido que ameaza a poboación mundial de anfibios, ós que causa a doenza denominada quitridiomicose. Trátase dun fungo dulceacuícola. Ataca a pel dos anfibios, a cal é imprescindible para a súa homeostase hídrica e gasosa e defensa inmunolóxica, danando a capa de queratina. Está incluída na lista 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Dado que a pandemia de quitridiomicose sucede dende a década dos 80, discutiuse o posible papel humano na difusión do fungo. Hoxe asúmese que Xenopus laevis, unha ra empregada para efectuar o test de embarazo, puido actuar como vector propagador do fungo por todo o mundo, aínda que esta técnica empezou a difundirse en 1930 e até hai pouco máis de vinte anos non se recruou a doenza. De feito, hai investigadores que opinan que o fungo sempre estivo en contacto coas poboacións de anfibios e que só agora, cando están inmunodeprimidas por efecto do impacto humano nos ecosistemas, a súa micose faise máis patente.

Bradypus torquatus

Bradypus torquatus é unha especie de mamífero placentario da orde dos pilosos, suborde dos folívoros e familia dos bradipódidos, unha das catro que integran o seu único xénero, Bradypus.É unha especie endémica do leste do Brasil (Estados de Bahia, Espírito Santo e o Río de Xaneiro), que se acha en perigo de extinción; segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) o seu estatua actual é de VU (vulnerábel).Non se recoñecen subespecies, aínda que para algúns autores a poboación setentrional (no sur da Bahia) podería considerarse unha subespecie separada), aínda que indistinguíbel das otras na morfoloxía externa.

Caimán común

O caimán común (Caimán crocodilus) é un réptil crocodilio pertencente á familia dos aligatóridos, nativo de América central e do norte de América do Sur.

Cancro do castiñeiro

O cancro do castiñeiro é unha enfermidade fúnxica causada polo ascomiceto Cryphonectria parasitica. Este fungo, patóxeno de feridas, non é quen de invadir tecidos corticais sans, penetrando no hóspede a través de feridas de distinta natureza (poda, fendas, cicatrices etc.). Está incluída na lista 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

O síntoma máis característico consiste na presenza de cancros sobre o toro, pólas e rebentos, os cales provocan un anelamento impedindo así a circulación do zume, dando coma resultado a muerte de gomos e pólas por riba da lesión, podendo observarse nas árbores afectadas franzas secas a agromar de pés vizosos.

Os métodos de loita para o control deste patóxeno foron evoluíndo. Porén, non se coñece no momento actual un realmente eficaz. Ás veces plántanse ou enxértanse especies de castiñeiros foráneos resistentes.

Cisne

Un cisne (Cygnus olor) é unha ave palmípede da familia dos anátidos, de plumaxe branca (tamén pode ser doutras cores), cabeza pequena, caracterizada por un pescozo moi longo que lle dá elegancia.

Dendrobates auratus

Dendrobates auratus é unha especie colorida e rechamante de ra orixinaria de América Central e zonas setentrionais de América do Sur. Esta especie tamén foi introducida en Hawai. É unha das máis variables especies de tódalas clases de ras velenosas, moi achegada á Dendrobates tinctorius e a algunhas especies de Oophaga. Está considerada unha especie non ameazada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Dendrocopos

Dendrocopos é un xénero de aves da familia dos petos (Picidae). Inclúe a varias especies de paxaros carpinteiros de Eurasia e do norte de África.

En perigo crítico

A denominación "en perigo crítico" (abreviada CR, do inglés critically endangered) é a utilizada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) para un dos status de conservación dunha especie cando se considera que esta está enfrontándose a un grave risco de extinción na natureza. É a categoría de maior risco asignada pola IUCN na súa Lista vermella para unha especie en estado silvestre. No sistema de categorías da UICN é o nivel de risco inmediatamente superior a "en perigo" (EN) e anterior a "extinta en estado silvestre" (EW).

En 2014, había 2 464 especies animais e 2 104 de plantas con esta valoración, o que supón un aumento con respecto ao ano 1998, cando había 854 e 909, respectivamente.Como na Lista vermella da IUCN non se considera extinta unha especie ata que se fan exames específicos e extensos sobre a súa situación na natureza, as especies que posiblemente están xa extintas pero para as que non se realizaron estes estudos son colocadas polo momento como en perigo crítico. A IUCN ten unha lista de especies "posiblemente extintas" CR(PE) e "posiblemente extintas na natureza" CR(PEW), modeladas nas categorías usadas pola BirdLife International par categorizar estes taxons.

Estado de conservación

Estado de conservación fai referencia á dinámica das poboacións de determinada especie, ou taxon superior, dun ser vivo.

Xeralmente, a ameaza ás especies débese na actualidade á acción antrópica, sexa pola agricultura intensiva, a construción de cidades ou de estradas, centrais hidroeléctricas e outras obras.

O estudo das poboacións permite coñecer o seu estado de conservación, aínda que a protección delas depende de medidas de preservación que son tomadas polos poderes públicos ou, ás veces, por particulares.

Extinción

En bioloxía, extinción é a desaparición de todos os individuos dunha especie ou xénero. Pode considérase unha especie como extinta unha especie a partir do intre en que morre o seu último individuo, inda que de facto pode estalo desde que a comunidade perdeu a capacidade de reprodución ou recuperación.

Debido a que o seu rango de distribución potencial pode ser moi grande, determinar ese momento pode non ser doado, polo que decote faise en retrospectiva. Estas dificultades poden conducir a fenómenos como o taxon Lazarus, no que unha especie que se presumía extinta reaparece tras un período de aparente ausencia. No caso de especies que se reproducen sexualmente, a extinción é xeralmente inevitábel cando só queda un individuo da especie ou unicamente individuos do mesmo sexo.

Segundo datos da Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (IUCN) no planeta hai 17 mil especies de animais e plantas ameazadas de extinción incluíndo un terzo dos anfibios, máis dunha de cada oito especies de aves e preto dun cuarto dos mamíferos.

Goura común

A goura común (Goura cristata) é unha especie de paxaro columbiforme da familia Columbidae. Un dos meirandes membros da familia das pombas, a goura común é endémica da selva das terras baixas da illa de Nova Guinea.

É cazada para aproveitar a súa carne e as súas plumas e só segue a ser común nas áreas máis illadas. A goura común é avaliada por Unión Internacional para a Conservación da Natureza como unha especie vulnerable na súa Lista Vermella.

Handbook of the Mammals of the World

Handbook of the Mammals of the World (HMW) é unha serie de libros da editorial Lynx Edicions. Iniciada súa publicación en 2009 está previsto que conste de nove volumes. Cada familia de mamíferos é avaliada nunha introdución ampla, e inclúe fotografías e o mapa da área de distribución de cada unha das súas especies.

Este é o segundo proxecto importante e Lynx Edicions desde o lanzamento do Handbook of the Birds of the World (Manual das aves do mundo) en 1992.

Os editores principais son Russell Mittermeier e Don E. Wilson en asociación Conservation International, a Texas A&M University e a IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais. Don E. Wilson é tamén un dos dous editores da obra de referencia Mammal Species of the World.

Lista Vermella da IUCN

A Lista Vermella da IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) é unha lista de especies, subespecies, variedades ou mesmo poboacións de seres vivos ameazados de extinción, en graos variados, organizada hai corenta anos. É o inventario máis completo das especies animais e vexetais a nivel mundial.

Pola súa solidez científica, a Lista Vermella da UICN está considerada como a relación de maior autoridade sobre o estado da diversidade biolóxica.

O obxectivo da Lista Vermella é transmitir a urxencia e magnitude dos problemas de conservación a toda a sociedade e ás autoridades, motivando así á comunidade mundial para tratar de reducir a extinción das especies animais e vexetais. A Lista Vermella actualízase cada 4 ou 5 anos e está dispoñíbel en internet.

Lyriothemis acigastra

Lyriothemis acigastra é unha especie de libélula da familia Libellulidae presente na India. A Unión Internacional para a Conservación da Natureza tamén cita capturas moi antigas desta especie en Birmania, China e Tíbet.O xénero Lyriothemis comprende 15 especies e está moi estendido por Asia. Tres especies deste xénero están presentes na India: L. cleis, L. tricolor e L. acigastra. Críase que as tres estaban restrinxidas á rexión noroeste do país, nos estados de Assam e Bengala Occidental, pero en 2013, L. acigastra foi rexistrada no estado meridional de Kerala. Pouco se sabe sobre a ecoloxía ou hábitat desta especie, o cal en boa medida se debe á súa rareza e natureza reservada. Os espécimes rexistrados en 2013 atopáronse en arbustos preto de pantanos de auga doce e regatos. Os individuos xeralmente son máis activos polo serán e pola mañá. Os machos descansan a unha altura de arredor de 8 a 10 m do chan, e depredan bolboretas Hesperiidae e avelaíñas.A especie lembra moito á especie de Sri Lanka L. defonsekai, descrita en 2009.

Priodontes maximus

Priodontes maximus, coñecido vulgarmente como armadillo xigante, é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos e subfamilia dos tolipeutinos, a única incluída no xénero Priodontes.É o armadillo actual de maior tamaño. Hai anos encontrabáse amplamente distribuído nas selvas tropicais do leste de Suramérica. Hoxe a súa poboación diminuíu moito, e por iso a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o seu status como VU (vunerable); aínda así, estendéndose en variados hábitats até o norte da Arxentina.A especie vese ameazada pola caza e a deforestación do seu hábitat e a captura ilegal para a súa posterior venda de forma clandestina a coleccionistas de animais.

Rata negra

A rata negra (Rattus rattus) é unha especie de roedor miomorfo da familia dos múridos (Muridae), orixinaria de Asia tropical que está presente en Europa desde o século VIII, e que desde aí dispersouse polo resto do mundo, adaptándose a case todos os hábitats, aínda que predomina nos ambientes cálidos.

Está incluída na lista das "100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo", confeccionada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Rato doméstico

O rato doméstico ou rato caseiro (Mus musculus) é unha especie de roedor miomorfo da familia Muridae. É a especie máis frecuente de rato. Crese que é a segunda especie de mamíferos con maior número de individuos, despois de Homo sapiens. Habita sempre preto do home, co que mantén unha relación de comensalismo. O rato de laboratorio pertence a esta especie, polo que é tamén o mamífero máis utilizado en experimentos de laboratorio como organismo modelo e existen multitude de variantes transxénicas que simulan doenzas xenéticas humanas. Está incluído na lista das 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Tolypeutes tricinctus

Tolypeutes tricinctus é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos e subfamilia dos tolipeutinos, unha das dúas que integran o xénero Tolypeutes, que comprende os chamados armadillos de tres bandas, os úncos armadillos que son capaces de enrolarse en bóla para defendérense (o outro é Tolypeutes matacus).

Chamado tatu-bola-da-caatinga no Brasil, é endémico deste país, onde a especie está en perigo de extinción debido á caza e a deforestación e críase que estaba definitivamente extingudo cando foi redescuberto en 1988.

Catalogado como vulnerable (VU) pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), este armadillo é extremadamente raro e difícil de ser observados, coñecénsose moi pouco sobre o seu modo de vida.En 2014, foi elixido como a mascota do campionato Mundial de Fútbol Brasil 2014, co nome de Fuleco.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.