Unión Europea

A Unión Europea ( pronunciación ) (UE) é unha organización internacional constituída por 28 estados europeos. Moitos dos seus obxectivos herdáronse da CEE, en vigor dende a década de 1950, porén esta comunidade non adoptou o nome de UE até 1992 durante o Tratado da Unión Europea (normalmente coñecido como Tratado de Maastricht). As tres sedes principais da Unión Europea atópanse en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo. O 12 de outubro de 2012 a Unión foi galardoada co Premio Nobel da Paz pola súa "contribución ao avance da paz e reconciliación, democracia e dereitos humanos en Europa".

A Unión Europea ten moitas actividades, entre as que destacan a creación dun mercado europeo único (ou sexa unha unión aduaneira), dunha moeda única (adoptada por 16 dos 28 estados membros) e dunha política agrícola, pesqueira, comercial e de transportes común. A Unión Europea desenvolve tamén varias iniciativas para a coordinación das actividades xudiciais e de defensa dos Estados Membros, así como trata de equiparar o desenvolvemento das diversas rexións mediante compensacións económicas, e de fortalecer a propia unión creando vínculos culturais e de cooperación por medio de programas específicos de mantemento de proxectos a escala europea e intercambio de persoas.

O Tratado de París (1951), establecendo a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), e o Tratado de Roma (1957), instituíndo a Comunidade Económica Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica ou Euratom, foron asinados por seis membros fundadores: Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e Países Baixos. Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo acordaran anteriormente formar o chamado Benelux.

Despois disto, a UE realizou seis ampliacións sucesivas: en 1973 Dinamarca, Irlanda e Reino Unido; en 1981 Grecia; en 1986 España e Portugal; en 1995 Austria, Finlandia e Suecia; o 1 de maio de 2004, República Checa, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta e Polonia; o 1 de xaneiro de 2007, Bulgaria e Romanía; o 1 de xullo de 2013 Croacia.

En 1972 e 1994, Noruega asinou tamén tratados de adhesión á Unión Europea. Porén e sempre a través de referendos, a poboación norueguesa rexeitou a adhesión do seu país. Macedonia do Norte, Islandia, Montenegro e Turquía son candidatos a adhesión á UE. As negociacións con Turquía, e Macedonia aínda non se iniciaron formalmente e por tanto aínda non hai unha data definida para a súa incorporación.

Bandeira da Unión Europea

Bandeira
Lema: In varietate concordia
(Latín: Unida na diversidade)
Himno: Himno de Europa
 
Situación de Unión Europea
 
Capital Bruxelas
Idioma oficial
Forma de goberno Comunitario (Unión supranacional)
Donald Tusk
Jean-Claude Juncker
Antonio Tajani
Fundación
 • T. París
 • T. Roma
 • T. Bruxelas
 • A.U. Europea
 • T. Maastricht
 • T. Ámsterd.
 • T. Niza
 • T. Lisboa

18 de abril de 1951
25 de marzo de 1957
1 de xullo de 1967
1 de xullo de 1987
1 de novembro de 1993
1 de maio de 1999
1 de febreiro de 2003
1 de decembro de 2009
Membros
Superficie
 • Total
 • % agua

4.324.782 km²
3,08%
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 3º
501.259.840 (2010)
114 hab/km²
PIB (nominal)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita

US$ 18.493.009 millóns
US$ 37.194
PIB (PPA)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita

US$ 15.282.118 millóns
US$ 30.136
IDH (2007) 0,937 (27º) – Alto
Moeda Euro2 (€, EUR)
Xentilicio Europeo, europea
Internet .eu
Sitio web europa.eu
Membro de: OMC, G8, G20, OCDE, BERD

1 Linguas oficiais da Unión, non na Unión. Os Estados membros definen as líguas oficiais nos seus respectivos territorios.
2 Algúns dos Estados da Unión conservan a súa moeda nacional.

Historia

Orixes da Unión Europea

Artigo principal: Historia da Unión Europea.

9 de maio de 1950: naceu Europa

ECSC52
Países fundadores da CECA.

O século xx estivo marcado pola ascensión e caída das ideoloxías totalitarias. Na primavera de 1950 Europa atópase á beira do abismo. A guerra fría fai pesar a ameaza dun conflito entre as partes do Leste e Oeste do continente. Cinco anos despois da fin da segunda guerra mundial, os antigos adversarios de ámbalas beiras están lonxe da reconciliación. Procurouse evitar repetir os erros do pasado e crear condicións para unha paz duradeira entre inimigos tan recentes.

O miolo do problema era a relación entre Francia e Alemaña. Era preciso crear unha relación forte entre estes dous países e reunir ao seu redor todos os países libres de Europa a fin de construír conxuntamente unha comunidade cun destino común. Jean Monnet, coa súa experiencia única como negociador e construtor da paz, propón ao Ministro de Asuntos Exteriores francés, Robert Schuman, e ao Chanceler alemán Konrad Adenauer centrar as súas políticas nun interese común entre ámbolos países: a xestión sobre o control dunha autoridade independente do mercado do carbón e do aceiro. A proposta é formulada oficialmente o 9 de maio de 1950 por Francia e recibe unha fervorosa acollida en Alemaña, Italia, Países Baixos, Bélxica e Luxemburgo.

O Tratado que constituíu a primeira Comunidade Europea, a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), será asinado en abril de 1951, abrindo as portas das realizacións concretas a Europa. Seguiron outras realizacións, ata chegar á Unión Europea actual, que se está abrindo ao leste dun continente do que estivo demasiado tempo separada.

25 de marzo de 1957: a Comunidade Económica Europea

O plan Schuman dera orixe a unha Comunidade especializada en dous dominios decisivos, mais limitados: o carbón e o aceiro. Baixo a presión da guerra fría, leváronse a cabo diversas medidas nos dominios da defensa e da unión política para as que a opinión pública non estaba aínda preparada. Os seis Estados-membros da CECA escolleron por tanto unha nova área de integración no dominio económico: a creación dun mercado único.

O Tratado de Roma de 25 de marzo de 1957, que institúe a Comunidade Económica Europea (CEE), crea instrucións e mecanismos de toma de decisión que permiten dar expresión tanto aos intereses nacionais como a unha visión comunitaria. A Comunidade Europea constitúe de aí en diante o eixe principal en torno do cal se vai organizar a construción europea.

De 1958 a 1970, a abolición dos dereitos aduaneiros ten repercusións espectaculares: o comercio intracomunitario é multiplicado por seis, ao paso que os intercambios comerciais da CEE co resto do mundo son multiplicados por tres. No mesmo período, o produto nacional bruto medio da CEE aumenta un 70%. Seguindo o padrón dos grandes mercados continentais, como o dos Estados Unidos de América, os axentes económicos europeos saben tirar proveito da dinamización resultante da abertura das fronteiras. Os consumidores habitúanse a que lles sexa proposta unha gama cada vez máis variada de produtos importados. A dimensión europea tórnase unha realidade. En 1986, a sinatura da Acta Única permitirá abolir as outras restricións, de orde regulamentar e fiscal, que atrasaban aínda a creación dun mercado interno xenuíno, totalmente unificado.

20 de xullo de 1963: Iaundé, os indicios dun papel internacional

Representation Europeenne Paris
Bandeiras da Unión Europea en París.

Cos seus destinos a unírense no continente, os Estados fundadores da Comunidade Europea asinan coas súas antigas colonias africanas, en 1963, unha convención que garante a estas últimas certas vantaxes comerciais e axudas financeiras. A Convención de Lomé, que se seguiu á de Iaundé, aplícase actualmente a 70 países de África, do Caribe e do Pacífico, tornándose a Unión Europea na maior fonte de axuda pública ao desenvolvemento. A cooperación estendeuse igualmente, baixo outras formas, á maior parte dos países de Asia e de América Latina.

O 28 de novembro de 1995, os 15 países da Unión Europea e 12 países do sur do Mediterráneo estabelecen unha parcela que deberá conducir á creación dunha zona de comercio libre, combinada con acordos de cooperación nos dominios social, cultural e humano.

No século XXI espérase á afirmación da Europa como potencia de paz, dende que a Unión promova a estabilidade e o desenvolvemento nos grandes grupos rexionais que a envolven. Grazas ao papel que desempeña nos intercambios comerciais mundiais e ao seu peso económico, a Unión é xa un participante respectado nas grandes instancias internacionais, tales como a Organización Mundial do Comercio ou a ONU.

Progresivamente, a Unión apóiase no seu potencial económico para desenvolver a súa influencia política e afirmarse cunha soa voz. O Tratado da Unión Europea, de 1992, fixa o obxectivo e as modalidades dunha Política Externa e de Seguridade Común (PESC), que inclúe, a prazo fixo, a definición dunha política de defensa común. Mais os europeos deberán aínda facer numerosos esforzos para harmonizar a súa diplomacia e a súa política de seguridade. É ese o prezo, que presupón unha vontade política real dos Estados-membros, para que a Unión poida defender os seus intereses e contribuír á creación dun mundo de paz e de xustiza.

1 de xaneiro de 1973: primeira ampliación da Comunidade Europea

A Unión Europea atópase aberta a todos os países europeos que a ela pretenden adherirse e que respecten os compromisos asumidos nos Tratados da fundación e subscriban os mesmos obxectivos fundamentais. Existen dúas condicións que determinan a aceptación dunha candidatura á adhesión: a localización no continente europeo e a práctica de todos os procedementos democráticos que caracterizan o Estado de dereito.

Así, Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido adhírense á Comunidade o 1 de xaneiro de 1973. A estas adhesións seguiulle unha ampliación ao Sur do continente, durante os anos 80, con Grecia, España e Portugal, tras a súa afirmación democrática. A terceira onda de adhesións, que tivo lugar en 1995, traduce a vontade dos países da Europa escandinava e central de se xuntar a unha Unión que ten vindo a consolidar o seu mercado interno e se afirma como o único pólo de estabilidade no continente, ademais da desagregación do bloque soviético.

De seis a nove, de doce a quince membros, a Europa comunitaria vai gañando influencia e prestixio. Debe manter un modo de decisión eficaz, capaz de xestionar o interese común en proveito de todos os seus membros, preservando simultaneamente as identidades e as especificidades nacionais e rexionais que constitúen a súa riqueza. O maior desafío para o que se preparan actualmente os europeos consiste en acoller os xa adheridos países da Europa central, balcánica, mediterránea e báltica. De cara ao futuro, os retos eran atopar os recursos necesarios para que os novos países atinxisen o nivel económico e estrutural dos países da UE no máis breve prazo, e doutra banda adaptar as institucións para que estas puidesen continuar a cumprir as súas misións en beneficio dunha Unión de máis de 25 Estados-membros.

7-10 de xuño de 1979: primeiras eleccións directas do Parlamento Europeo por sufraxio universal

O Parlamento Europeo desempeña un papel fundamental no equilibrio institucional da Comunidade: representa os pobos de Europa e caracteriza a natureza democrática do proxecto europeo. Dende a súa creación, dotado de poderes de control do ramo executivo, o Parlamento Europeo dispón igualmente de poder lexislativo, na forma dun dereito de ser consultado sobre os principais textos comunitarios, poder que se foi ampliando progresivamente para se transformar nun verdadeiro dereito de co-decisión lexislativa. O Parlamento comparte, ademais diso, co Consello da Unión Europea o poder orzamentario.

Ata 1979, os membros do Parlamento Europeo eran membros dos parlamentos nacionais, que os nomeaban para representalos en Estrasburgo. A partir de 1979, pasaron a ser elixidos por sufraxio universal directo en cada un dos países da Unión, por mandatos de cinco anos. Os cidadáns escollen así os deputados que terán asento, non en delegacións nacionais, mais en grupos parlamentarios transnacionais, representativos das grandes correntes de pensamento político existentes no continente.

A ambición de crear entre os Estados-membros unha relación especial, que lles permita xestionar os seus intereses e as súas diferencias segundo as mesmas regras de dereito e os mesmos procedementos de arbitraxe que unen os cidadáns dun Estado democrático, é totalmente revolucionaria na práctica das relacións internacionais. "Nós non ligamos Estados, nós unimos ás persoas", escribía Jean Monnet. Deste xeito, as institucións europeas, articulando e conciliando permanentemente os intereses dos cidadáns en canto tales, deben ser fortes e equilibradas. A dialéctica sutil que funciona dende hai preto de cincuenta anos entre o Consello da Unión Europea, o Parlamento Europeo, a Comisión Europea e o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, representa indubidabelmente unha adquisición fundamental da construción europea, sendo a chave do seu éxito.

17 de febreiro de 1986: sinatura do Acto Único Europeo

O obxectivo do Tratado de Roma de crear un mercado común foi parcialmente realizado nos anos sesenta, grazas á supresión dos dereitos aduaneiros internos e das restricións cuantitativas ós tratos comerciais. Mais os autores do Tratado subestimaron todo un conxunto doutros obstáculos ós acordos comerciais, obstáculos sofisticados e camuflados na forma de regulamentacións diversas, que constituían barreiras frecuentemente intranspasábeis.

A Comisión tomou por tanto, unha iniciativa audaz que levou á adopción da Acta Única. Fixou o 1 de xaneiro de 1993 como a data límite para a plena realización do mercado interno e, grazas á ampliación da votación por maioría, propiciou ás institucións europeas os medios para adoptaren as 300 directivas que eran necesarias.

Ó obxectivo do gran mercado interno, a Acta Única asocia estreitamente outro de importancia tan fundamental como o primeiro: o da cohesión económica e social. Europa crea así políticas estruturais en beneficio das rexións con atrasos de desenvolvemento ou que se viron afectadas por mudanzas tecnolóxicas e industriais. Promove igualmente a cooperación en materia de investigación e de desenvolvemento. Finalmente, toma en consideración a dimensión social do mercado interno: no espírito dos gobernantes da Unión, o bo funcionamento do mercado interno e unha concorrencia sa entre as empresas son indisociábeis do obxectivo constante que consiste na melloría das condicións de vida e de traballo dos cidadáns europeos.

1 de novembro de 1993: a Unión Europea

Ao entrar en vigor, o 1 de novembro de 1993, o Tratado da Unión Europea, asinado o 7 de febreiro de 1992 en Maastricht, confire unha nova dimensión á construción europea. A Comunidade Europea (o Tratado de Maastricht substituíu ó nome Comunidade Económica Europea), fundamentalmente económica nas súas aspiracións e na súa teoría, pasa a estar integrada na Unión Europea baseada, de agora en diante, en tres piares.

O piar comunitario (a Comunidade Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica), rexido polos procedementos institucionais clásicos, fai intervir a Comisión, o Parlamento, o Consello e o Tribunal de Xustiza; toca esencialmente o mercado interno e as políticas comúns.

Os outros dous piares envolven os Estados-membros en dominios caracterizados ata entón como sendo da competencia exclusivamente nacional: a política externa e de seguridade, por un lado, e os asuntos internos, tales como a política de inmigración e de asilo, a policía e a xustiza, por outro. Trátase dun progreso importante, na medida na que os Estados-membros consideran que é do seu interese cooperar máis estreitamente nestes dominios como xeito de afirmar a identidade europea no mundo e de asegurar unha mellor protección dos seus cidadáns contra a criminalidade organizada e o tráfico de drogas.

Mais o que os cidadáns recordarán do Tratado de Maastricht será probabelmente a decisión que terá maior impacto práctico na súa vida cotiá: a realización da Unión Económica e Monetaria. A partir do 1 de xaneiro de 1999, a UEM reunirá todos os países que cumpren un determinado número de criterios económicos destinados a garantir a súa boa xestión financeira e a asegurar a estabilidade futura da moeda única: o euro.

A derradeira etapa lóxica da realización do mercado interno, a introdución da moeda única, polas repercusións persoais que terá para cada cidadán e polas consecuencias económicas e sociais de que se revestirá, terá un alcance eminentemente político. Poderá mesmo considerarse que o euro será futuramente o símbolo máis concreto da Unión Europea. Esta moeda forte, capaz de concorrer coas grandes moedas de reserva internacionais, constituirá o signo distintivo da pertenza común a un continente que se está a unir e a afirmar.

Estados membros

Artigos principais: Alongamento da Unión Europea e Estado membro da Unión Europea.

A Unión Europea está composta de 28 países soberanos independentes que se coñecen como os Estados membros: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Romanía, Reino Unido, República Checa e Suecia.[1]

Hai dous países candidatos oficiais, Macedonia do Norte e Serbia, mentres que Montenegro e Turquía están en negociacións. O resto de países dos Balcáns occidentais, Albania, Bosnia e Hercegovina e Kosovo, son recoñecidos oficialmente como candidatos potenciais.[2] Kosovo é tamén considerado pola Comisión Europea como un potencial candidato, mais esta institución non o lista como un país independente, porque non todos os Estados membros recoñéceno como un país separado de Serbia.[3]

Para unirse á UE, un país debe satisfacer os criterios de Copenhaguen, definidos en 1993 no Consello Europeo de Copenhaguen. Estes esixen unha democracia estable que respecte os dereitos humanos e o Estado de Dereito; unha economía de mercado viable capaz de competir dentro da UE, e a aceptación das obrigacións da adhesión, incluída a lexislación da UE. A avaliación do cumprimento dos criterios por parte dun país é a responsabilidade do Consello Europeo.[4] O marco actual non especifica como un país pode saír da Unión (aínda que Groenlandia, territorio de Dinamarca, retirouse en 1985), pero o proxecto de Tratado de Lisboa contén un procedemento formal para a retirada.

Catro países da Europa occidental que optaron por non adherirse á UE comprometéronse en parte coa economía da UE e os seus regulamentos: Islandia, Liechtenstein, e Noruega son unha parte do mercado común a través do Espazo Económico Europeo, e Suíza ten vencellos semellantes a través de tratados bilaterais.[5][6] As relacións entre a Unión Europea e microestados como Andorra, Mónaco, San Marino e Cidade do Vaticano inclúen o uso do euro e outras cooperacións.[7]

Xeografía

Artigo principal: Xeografía da Unión Europea.
Dôme du Goûter depuis la gare des glaciers
Mont Blanc nos Alpes é o cumio máis alto da UE.

O territorio da UE consiste no conxunto de territorios dos seus 28 Estados membros con algunhas excepcións que se expoñen seguidamente. O territorio da UE non é o mesmo có de Europa, pois hai países do continente fóra da UE, tales como Islandia, Suíza, Noruega, e Rusia. Algunhas partes dos Estados membros non forman parte da UE, malia que forman parte do continente europeo (por exemplo as Illas da Canle e as Illas Feroe). Varios territorios de ultramar vinculados aos Estados membros que están fóra de Europa xeográfica non son tampouco parte da UE (por exemplo, Groenlandia, Aruba, as Antillas Neerlandesas, e de todos os territorios non europeos asociados co Reino Unido).

Bay of Balos
O clima da UE está influenciado polos seu 65.993 km de costa (Creta).

Algúns territorios de ultramar son parte da UE, ata se non son xeograficamente parte de Europa, como as Azores, as Illas Canarias, Ceuta, Güiana Francesa, Guadalupe, Madeira, Martinica, Melilla, e Reunión.[8][9][10]

A superficie combinada dos Estados membros da UE abrangue unha área de 4.324.782 km². A paisaxe, o clima, e a economía da UE vense influídas polas súas costas, que suman 69.342 km de longo. A UE ten a segunda costa máis longa do mundo despois do Canadá. A combinación dos Estados membros comparten fronteiras terrestres con 21 estados non membros para un total de 12.441 km, a quinta fronteira máis longa do mundo.[11][12][13]

Incluíndo os territorios de ultramar dos Estados membros, a UE experimenta a maioría dos tipos de clima, de ártico ao tropical, polo que as medias meteorolóxicas da UE no seu conxunto carecen de sentido. Na práctica, a maioría da poboación vive xa sexa nas zonas cun clima mediterráneo (o sur de Europa), un clima oceánico temperán (Europa Occidental), ou un cálido verán continental (Europa oriental).[14]

Demografía

Artigo principal: Demografía da Unión Europea.
Véxase tamén: Demografía de Europa.
Poboación das 5 maiores cidades da UE[15]
Cidade Límites da cidade
(2006)
Densidade
/km²
(límites da cidade)
Área urbana
(2005)
Alemaña Berlín 3.410.000 3.815 3.761.000
Flag of the United Kingdom.svg Londres 7.512.400 4.761 9.332.000
España Madrid 3.228.359 5.198 4.990.000
Francia París 2.153.600 24.672 9.928.000
Italia Roma 2.708.395 2.105 2.867.000

Cunha poboación no ano 2010 de 501.259.840 habitantes a UE abarca países con diferenciais de poboación importante, por exemplo os 82 millóns de habitantes de Alemaña e os escasos 400.000 de Malta. Estes números dan unha densidade total de 114 hab./km², cabe dicir que esta densidade non é homoxénea; existen grandes baleiros demográficos no interior das penínsulas Ibérica e Helénica, ao mesmo tempo hai zonas como a dorsal europea (SE de Gran Bretaña ó NO de Italia) cuxas densidades superan a media da Unión.

Con respecto ao crecemento natural da UE hai que destacar o escaso incremento, debido á baixa natalidade e mortalidade; sendo este ás veces negativo. As maiores taxas de crecemento danse en países como Irlanda e as máis baixas en países do sur como España . Con todo, estados como o español conseguen medrar grazas ao saldo migratorio.

A esperanza de vida da UE aproxímase aos 80 nos homes e elévase por enriba desta cifra nas mulleres, sendo unha das máis altas do planeta.

A estrutura demográfica dá unha perspectiva da UE como unha poboación envellecida. A Unión Europea caracterízase por unha grande importancia do sector terciario o que nos leva a un proceso de urbanización importante no que máis do 77 % da poboación vive en cidades. Estes núcleos na súa maioría son de tamaño pequeno e medio. Pero tamén se dan casos de grandes aglomeracións urbanas coma a de Londres ou Madrid.

A poboación da UE abrangue o 7,3 % da poboación total do mundo, e o 3 % da superficie da Terra, o que dá unha densidade media de 113 habitantes por km² facendo da UE unha das rexións máis densamente poboadas do mundo. Un terzo dos cidadáns da UE vive en cidades de máis dun millón de habitantes, cifra que sobe ao 80 % ao referirse a aqueles que habitan en áreas urbanas.[16] Na UE atópanse máis cidades globais cá ningunha outra rexión do mundo.[17] Na Unión Europea hai máis de 16 cidades con poboacións por riba do millón de habitantes.

Ademais das súas cidades, na UE existen numerosas rexións densamente poboadas resultantes da conexión de moitas áreas urbanas que conforman hoxe en día grandes áreas metropolitanas. As maiores son: Rin-Ruhr con 10,5 millóns de habitantes (Colonia, Dortmund, Düsseldorf etc.), Randstad aprox. 7 millóns (Ámsterdan, Rotterdam, A Haia, Utrecht etc.), Rexión Rin-Main aprox. 5,8 millóns (Frankfurt, Wiesbaden etc.), o Diamante flamengo aprox. 5,5 millóns (área urbana entre Antwerp, Bruxelas, Lovaina e Gante), a Rexión metropolitana de Silecia aprox. 3,5 millóns (Katowice, Sosnowiec etc.), e maila Rexión do Oresund aprox. 2,5 million (Copenhagen, Dinamarca e Malmö, Suecia).[18]

Linguas

Artigo principal: Linguas da Unión Europea.
Linguas da UE (na UE-25)
Lingua Falantes nativos Total
Flag of the United Kingdom.svg Inglés 13% 51%
Alemaña Alemán 18% 32%
Francia Francés 12% 26%
Italia Italiano 13% 16%
España Castelán 9% 15%
Polonia Polaco 9% 10%
Flag of the Netherlands.svg Holandés 5% 6%
Grecia Grego 3% 3%
República Checa Checo 2% 3%
Flag of Sweden.svg Sueco 2% 3%
Hungría Húngaro 2% 2%
Flag of Portugal.svg Portugués 2% 2%
Cataluña Catalán 1% 2%
Eslovaquia Eslovaco 1% 2%
Dinamarca Dinamarqués 1% 1%
Finlandia Finés 1% 1%
Flag of Lithuania.svg Lituano 1% 1%
Flag of Slovenia.svg Esloveno 1% 1%
Galicia Galego <1% <1%
Nativa: Lingua nativa[19]

Total: Cidadáns da UE capaces de seguir unha conversa nesa lingua[20]

Na Unión Europea empréganse 24 linguas oficiais: alemán, búlgaro, castelán, checo, croata, dinamarqués, eslovaco, esloveno, estoniano, finlandés, francés, grego, holandés, húngaro, inglés, italiano, irlandés, letón, lituano, maltés, polaco, portugués, romanés e sueco.[21] Importantes documentos, como a lexislación, son traducidas a tódalas linguas oficiais. Asemade, o Parlamento Europeo traduce tódolos documentos e sesións de xeito automático ás linguas oficiais.[22] Algunhas institucións empregan só unhas poucas linguas como lingua de traballo, normalmente o inglés, o alemán e mailo francés.[23] A política lingüística é reponsabilidade dos países membros, porén, as institucións da UE promoven a aprendizaxe doutras linguas.[24][25]

O alemán é a lingua nai máis falada da UE (88,7  millóns de falantes no 2006), seguida polo inglés, o italiano e mailo francés. O inglés, falado por máis da metade (51%) dos habitantes da Unión, é de lonxe a lingua estranxeira máis espallada e falada, seguida polo alemán e o francés. O 56% dos europeos son quen de manter unha conversa nunha lingua que non sexa a súa lingua nai.[26] A meirande parte das linguas oficiais da UE pertencen á familia das linguas indoeuropeas, agás o estoniano, o finlandés, e mailo húngaro, as cales pertencen á familia das linguas ugrofinesas, e o maltés, pertencente á familia das linguas semíticas. A meirande parte das linguas oficiais da UE escríbense no alfabeto latino agás o búlgaro, escrito no alfabeto cirílico, e o grego, escrito no alfabeto grego.[27]

Xunto as 24 linguas oficiais, na UE fálanse 150 linguas rexionais e minoritarias, faladas por uns 50 millóns de habitantes.[27] Destas, só o catalán/valenciano, o éuscaro, o galego, o gaélico escocés e mailo galés[28] poden ser empregadas polos cidadáns para comunicarse coas principais institucións europeas.[29] Malia seren protexidas e apoiadas por programas da UE, a protección dos dereitos lingüísticos das linguas rexionais, atinxe a cada país membro.

Amais das linguas nativas dos estados da UE, fálanse tamén centos de linguas de tódolos recunchos da terra faladas nas comunidades estranxeiras que moran nos estados membros. Destacan o turco, o árabe magrebí, o ruso, o urdu, o bengalí, o hindi, o támil, o ucraíno, o punjabi e mailas linguas dos Balcáns. As linguas dos inmigrantes non teñen status formal ou recoñecemento nin nas institucións da UE nin nos países membros da UE

Relixión

Artigo principal: Relixión na Unión Europea.

A Unión Europea é un corpo secular sen conexións formais coa relixión.[9] Nas discusións sobre os bosquexos dos textos da Constitución Europea e o Tratado de Lisboa propúxose citar á cristiandade ou a deus no preámbulo do texto, mais a idea foi rexeitada e desbotada.[30][31]

A énfase no cristianismo parte de ser esta a relixión dominante no continente europeo, e polo tanto da UE. O cristianismo divídese en varias pólas: o catolicismo, un amplo abano de igrexas protestantes (especialmente na Europa do norte) e o cristianismo ortodoxo (no sur da Europa oriental). Outras relixións coma o islam e mailo xudaísmo atópanse presentes na UE.

EU belief in god
Porcetaxe dos europeos que cren "nun Deus"

No ano 2006, a UE tiña unha poboación musulmá estimada nuns 16 millóns de persoas,[32] cifra que baixa ata o millón no tocante aos xudeus.[33]

As enquisas Eurobarómetro de opinión pública do Eurostat amosan que a maioría dos cidadáns da UE cren nalgúnha forma de crenza, aínda que só o 21% consideran que é importante. En anos recentes a maioría dos países europeos experimentou unha diminución no número de persoas que atende os servizos relixiosos e no número de persoas pertencentes a unha confesión.[34] O Eurobarómetro do ano 2005 amosou que o 52% dos cidadáns europeos (dos 25 estados membros naquel tempo), crían nun deus, o 27% nalgunha forma de espírito ou forza e o 18% non tiñan ningún tipo de crenza. Os países onde menos xente declarou ser crente foron a República Checa (19%) e Estonia (16%),[35] Os países máis relixiosos foron Malta (95%), Chipre e Romanía (90%). Ao longo da UE, as mulleres amosaron ser máis crentes cós homes, cifra que medra coa idade, naquelas persoas con educación relixiosa, nas persoas con educación básica, e naquelas que "se posicionan á dereita na escala política (57%)."[35]

Outras relixións con significante presenza nos territorios da UE son o budismo, o sikhism e mailo hinduísmo tendo as dúas derradeiras importantes comunidades no Reino Unido.[36]

Tratados

European Union as a single entity
Unión Europea 2013

A actual Unión Europea fundaméntase xuridicamente en 4 Tratados[37]: O Tratado da Unión Europea e os tres Tratados que se previamente se instituíran á:

  1. Tratado da CECA, en París, o 18 de abril de 1951, foi asinado o tratado que institúe a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro. Este tratado caducou en 2001, dado que fora asinado por un período de 50 anos.
  2. Tratado de Roma, en Roma, o 25 de marzo de 1957, foi asinado o tratado que institúe a Comunidade Económica Europea.
  3. Tratado da Euratom, o tratado que institúe a Comunidade Europea da Enerxía Atómica.
  4. Tratado de Maastricht (ou Tratado da Unión Europea), en Maastricht, o 7 de febreiro de 1992, foi asinado o tratado que institúe a Unión Europea.

O Tratado da Unión Europea (TUE) creou unha nova entidade - a Unión Europea - fundada nas Comunidades anteriormente existentes e que se mantén. No ámbito da Unión, o TUE contén disposicións relativas á política externa e de seguridade, e á cooperación nos dominios da xustiza e dos asuntos internos. Ademais diso, o TUE introduciu alteracións na redacción dos Tratados CECA, CEEA e, especialmente, do Tratado CEE. A anterior Comunidade Económica Europea (CEE) pasou a designarse Comunidade Europea (CE).

Os Tratados de Ámsterdam, de 1997, e de Niza, de 2001, alteraron tanto o texto do Tratado da Unión Europea como o do Tratado de Roma e de EURATOM. O Tratado de Lisboa asinado en decembro de 2007 pretende actualizar a estrutura política e legal da Unión.

Política

Lingüística

O Consello de Europa elaborou a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, texto legal que recolle o compromiso dos estados co desenvolvemento das linguas minorizadas, e declarou 2001 o Ano Europeo das Linguas Non Normalizadas.

Conservación ambiental

E-112 Egeln feb2005
Enerxía eólica en Saxonia-Anhalt

Os países da Unión Europea no seu conxunto, constitúen a principal potencia mundial no que ao desenvolvemento e aplicación de enerxías renovables se refire. A promoción das enerxías renovables ten un papel moi importante, tanto no que se refire a reducir a dependencia exterior da UE no seu abastecemento enerxético, como nas accións que deben adoptarse en relación coa paliación do actual cambio climático. Con todo Alemaña é o único membro da UE que está en camiño de acadar os obxectivos establecidos no Protocolo de Kyoto sobre o cambio climático que vai rematar no 2012.

O Consello Europeo de marzo de 2007 en Bruxelas aprobou un plan enerxético obrigatorio que inclúe un recorte do 20% das súas emisións de dióxido de carbono antes do ano 2020 e consumir máis enerxías renovables para que representen o 20% do consumo total da UE (contra o 7% no 2006).[38] O acordo recoñeceu indirectamente o papel da enerxía nuclear na redución da emisión de gas de efecto invernadoiro, correspondendo a cada Estado membro decidir se recorrerá ou non a esta tecnoloxía.

Por outra banda estableceuse o compromiso de lograr unha cota mínima dun 10% de biocombustibles no consumo total de gasolina e gasóleo de transporte no ano 2020.

O futuro repartimento do esforzo desa porcentaxe do 20% terá en conta as especificidades enerxéticas de cada estado. Ademais, a UE comprométese a chegar ata un 30% na redución de gases de efecto invernadoiro no caso de compromiso internacional que involucre tanto a outras potencias como aos novos países industrializados.

Artigos principais: Enerxías renovables na Unión Europea e Axencia Europea de Ambiente.

A moeda única, o Euro

Euro symbol black
Icona do Euro.

Un dos grandes logros da UE foi a consecución e logro da moeda única, o Euro. O Euro é a moeda da Eurozona, a cal abarca a 19 dos 28 países membros da UE. Estes son: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal. Como moeda única trae consigo unha serie de consecuencias favorables para a eurozona:

  • Elimina o risco de tipo de cambio.
  • Elimina dos custos de investimento.
  • Permite que os mercados financeiros poidan ser máis profundos, proporcionando flexibilidade e liquidez aos mercados.

Notas

  1. [1]
  2. "European Commission - Enlargement - Candidate and Potential Candidate Countries". Europa (web portal). Consultado o 1 de xaneiro de 2009.
  3. "Enlargement Newsletter". Europa (web portal). Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2008. Consultado o 1 de xaneiro de 2009..
  4. "Accession criteria (Copenhagen criteria)". Europa (web portal). Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2007. Consultado o 1 de xaneiro de 2009.
  5. European Commission. "The European Economic Area (EEA)". Europa (web portal). Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2008. Consultado o 1 de xaneiro de 2009.
  6. "The EU's relations with Switzerland". Europa (web portal). Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2008. Consultado o 1 de xaneiro de 2009.
  7. European Commission. "Use of the euro in the world". The euro outside the euro area. Europa (web portal). Consultado o 1 de aneiro de 2009.
  8. EUR-Lex: Official Journal. "Treaty of Amsterdam". Europa (web portal). Consultado o 1 de xaneiro de 2009.
  9. 9,0 9,1 EUR-Lex. "Consolidated Treaties on European Union and establishing the European Community". Europa (web portal). Consultado o 1 de xaneiro de 2009.
  10. "Where is the euro legal tender?". European Central Bank. 2006. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de outubro de 2008. Consultado o 1 de xaneiro de 2009.
  11. "European countries". Europa (web portal). 2007. Consultado o 1 de xaneiro de 2009.
  12. "European Union". The World Factbook. Central Intelligence Agency. Consultado o 1 de xaneiro de 2009.
  13. "Countries of the Earth". home.comcast.net. 2006. Consultado o 1 de xaneiro de 2009.
  14. "Humid Continental Climate". The physical environment. University of Wisconsin-Stevens Point. 2007. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2007. Consultado o 1 de xaneiro de 2009.
  15. LUZ 2004 "Data that can be accessed". Urban Audit. European Commission, Directorate-General Regional Policy, Unit D2 Urban Actions. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2011. Consultado o 31 July 2008.
    Urban areas: all figures for 2005 (est.): "Pays, villes d'Europe et du monde". InsInstitut National de la Statistiqueet des Études Économiques. Consultado o 6 February 2008.
    City limits figures:
    London as at 1 July 2006: "Mid-2006 Population Estimates". Office for National Statistics. Arquivado dende o orixinal (CSV) o 11 de maio de 2011. Consultado o 6 February 2008.
    Berlin as at September 2007: "Bevölkerung Berlin". Statistische Ämter des Bundes und der Länder (German statistics office). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2009. Consultado o 6 February 2008.
    Madrid as at 1 january 2007: "Cifras de población". Instituto Nacional de Estadística (Spanish national statistics office). Consultado o 6 February 2008.
    Paris as at 1 July 2005: "Résultats des enquêtes annuelles de recensement de 2004 à 2007 pour les grandes villes". Institut National de la Statistique et des Études Économiques (French national institute for statistics). Consultado o 6 February 2008.
    Rome as at 31 December 2007 "Bilancio demografico Anno 2007". ISTAT (Italian national statistics office). Consultado o 6 February 2008.
  16. "A densely populated area". Telsat Guide. Consultado o 4 xuño 2009.
  17. Loughborough University (ed.). "The World According to GaWC". Consultado o 29 xuño 2007.
  18. Eurostat. "Indicators for larger urban zones 1999 - 2003". Europa web portal. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2007. Consultado o 25 January 2007.
  19. European Commission (2006). Europa (web portal), ed. "Europeans and their Languages" (PDF). Special Eurobarometer 243. pp. 141–143. Consultado o 19 de novembro de 2008.
  20. European Commission (2006). Europa (web portal), ed. "Europeans and their Languages" (PDF). Special Eurobarometer 243. pp. 152–154. Consultado o 19 de novembro de 2008.
  21. EUR-Lex. Europa web portal, ed. "Council Regulation (EC) No 1791/2006 of 20 November 2006". Official Journal of the European Union. Consultado o 2 febreiro 2007.
  22. "europarltv, official webtv of the European Parliament, is also available in all UE languages". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2009. Consultado o 03 de xuño de 2009.
  23. Europa web portal, ed. (2004). "Languages and Europe. FAQ: Is every document generated by the EU translated into all the official languages?". Consultado o 3 febreiro 2007.
  24. EUR-Lex (2004). Europa web portal, ed. "Consolidated version of the Treaty establishing the European Community, Articles 149 to 150". Official Journal of the European Union. Consultado o 1 febreiro 2007.
  25. European Parliament (2004). Europa web portal, ed. "European Parliament Fact Sheets: 4.16.3. Language policy". Consultado o 3 February 2007.
  26. European Commission (2006). Europa web portal, ed. "Special Eurobarometer 243: Europeans and their Languages (Survey)" (PDF). Consultado o 3 febreiro 2007.
    European Commission (2006). Europa web portal, ed. "Special Eurobarometer 243: Europeans and their Languages (Executive Summary)" (PDF). Consultado o 3 febreiro 2007.
  27. 27,0 27,1 European Commission (2004). Europa web portal, ed. "Many tongues, one family. Languages in the European Union" (PDF). Consultado o 3 febreiro 2007.
  28. Rory Watson. The Times, ed. "Welsh and Gaelic are official EU tongues". Arquivado dende o orixinal o 5 xullo 2008. Consultado o 13 marzo 2009.
  29. Mercator Central, ed. (2006). "Mercator Newsletter - n. 29". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2011. Consultado o 1 febreiro 2007.
  30. Castle, Stephen. The Independent, ed. "EU celebrates 50th birthday-with a row about religion". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2008. Consultado o 4 marzo 2008.
  31. European Commission (2005). Europa (web portal), ed. "Social values, Science and Technology" (PDF). Special Eurobarometer 225. p. 9. Consultado o 19 de maio de 2009.
  32. Islam.de (ed.). "In Europa leben gegenwärtig knapp 53 millionen Muslime". Consultado o 21 July 2007.
  33. Jewish population figures may be unreliable. Sergio DellaPergola. The Jewish Agency for Israel, ed. "World Jewish Population (2002)". American Jewish Year Book. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2004. Consultado o 3 de maio de 2007.
  34. Ford, Peter. USA Today, ed. "What place for God in Europe". Consultado o 4 de marzo de 2008.
  35. 35,0 35,1 Eurostat (2005). Europa web portal, ed. "Eurobarometer 225: Social values, Science & Technology" (PDF). Consultado o 21 xullo 2007.
  36. Censo 2001 Reino Unido
  37. "http://europa.eu.int/eur-lex/pt/search/treaties_founding.html". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2004. Consultado o 29 de novembro de 2004. Ligazón externa en |title= (Axuda)
  38. "Accord historique sur a protection climatique". EU2007.DE (en francés). 2007. Arquivado dende o orixinal o 02/07/2007. Consultado o 24/06/2007.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • EUABC - online dictionary on the EU, includes "Reader-friendly EU Constititution" (in European languages, you may contribute too)
  • EUobserver - observing the EU, news, comments, sources, newsletter by e-mail (english)
.eu

.eu é o dominio de nivel superior xeográfico para a Unión Europea. É administrado pola entidade sen ánimo de lucro EURid.

O seu rexistro en fase Sunrise (o pre-rexistro) foi aberto o 7 de decembro de 2005 e a fase Land Rush (aberto ao público) o 7 de abril de 2006. Durante a primeira fase, o EURid recibiu máis de 346 000 solicitudes de rexistro, aprobou máis de 54 000 e activou máis de 26 000 dominios. Na primeira semana do rexistro aberto rexistráronse máis de 1'5 millóns de dominios.

Esperase ademais un importante número de rexistros en Portugal e Galiza, xa que eu é un pronome persoal de primeira persoa a igual que en Romanía.

Antes da creación do dominio .eu, as institucións da Unión Europea utilizaban o subdominio .eu.int para as súas webs, pero está previsto que os dous dominios convivan durante un ano e o antigo sea eliminado por completo dende entón.

Algunhas webs do País Vasco e Galicia tamén están usando este dominio como propio, como pontevedra.eu que é a web do Concello de Pontevedra.

Asociación de Transporte Aéreo Internacional

A Asociación de Transporte Aéreo Internacional, (en inglés International Air Transport Association ou IATA) é un grupo comercial internacional de aeroliñas que ten como misión representar, dirixir e servir ás compañías deste sector. Fundouse na Habana en 1945 e ten a súa sede en Montreal, ao igual que a Organización de Aviación Civil Internacional. As oficinas executivas atópanse no aeroporto de Xenebra.

A IATA representa a unhas 243 aeroliñas, que supoñen o 93% do tráfico aéreo internacional. O seu director xeral e conselleiro delegado é Tony Tyler dende o 1 de xullo de 2011. Actualmente a IATA está presente en 150 países, cubertos por 101 oficinas espalladas por todo o mundo.

Bandeira

Unha bandeira é unha peza de tea, normalmente rectangular, aínda que pode adoptar formas moi variadas, que se suxeita por un dos seus lados a unha hasta, ou se pendura dunha driza, e que se emprega para identificar unha persoa (guión, estandarte, bandeira persoal, bandeira de rango etc.), ou grupo de persoas (bandeira nacional, Nacións Unidas, a Unión Europea, a OTAN e a Cruz Vermella, por citar uns exemplos).

Tamén se emprega para transmitir sinais (como un semáforo), especialmente na navegación marítima. O estudo das bandeiras coñécese como vexiloloxía.

Bruxelas

A Cidade de Bruxelas (Ville de Bruxelles en francés, Stad Brussel en neerlandés, Stadt Brüssel en alemán) é a capital oficial de Bélxica e funciona na práctica como capital da Unión Europea.

Comisión Europea

Institución politicamente independente que representa e defende os intereses da Unión Europea no seu conxunto, propón a lexislación, políticas e programas de acción e é responsable de aplicar as decisións do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea.

A Comisión actúa seguindo o método dun gabinete do goberno, con 28 comisarios. Hai un Comisario por cada Estado membro, con todo os comisarios están obrigados a representar os intereses da UE no seu conxunto en lugar do seu Estado de orixe. Un dos 28 é o Presidente da Comisión (na actualidade, José Manuel Durão Barroso) nomeado polo Consello Europeo coa aprobación do Parlamento Europeo. A presente Comisión Barroso tomou posesión do seu cargo a finais de 2004 e está a cumprir un mandato de cinco anos.

O termo «Comisión» pode significar tanto o Colexio de Comisarios como se mencionou anteriormente, ou a institución máis grande, incluíndo o órgano administrativo duns 25.000 funcionarios europeos repartidos nos departamentos chamados Direccións Xerais. Baséase fundamentalmente no edificio Berlaymont de Bruxelas e as súas linguas de traballo internas son inglés, francés e alemán.

Comunidade Económica Europea

A Comunidade Económica Europea (CEE) foi unha organización internacional creada por un dos dous Tratados de Roma de 1957 (en vigor dende 1958), coa finalidade de crear un mercado común europeo. Os Estados signatarios foron Francia, Italia, Alemaña (por aquel entón, só a República Federal Alemá, non a República Democrática Alemá) e os tres países do Benelux (Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo). O tratado establecía un mercado e aranceis externos comúns, unha política conxunta para a agricultura, políticas comúns para o movemento da man de obra e dos transportes, e fundaba institucións comúns para e desenvolvemento económico. Estas institucións, posteriormente, no ano 1965, fusionáronse coas institucións da CECA e das do EURATOM, grazas ao Tratado de fusión (ou Tratado de Bruxelas).

A CEE foi a máis famosa das tres Comunidades Europeas, e despois do Tratado de Maastricht (o TUE, onde se creou oficialmente a Unión Europea) cambióuselle o nome polo de Comunidade Europea (CE). Trala creación da Unión Europea, a CE (antiga CEE) pasou a formar parte do primeiro dos tres piares da Unión Europea (v. cadro á dereita).

Euro

O euro (EUR ou €) ( pronunciación ) é a moeda empregada na eurozona e algúns outros países fóra da Unión Europea. O euro aspira a converterse na moeda oficial de toda a Unión Europea. A introdución do euro en lugar das divisas estatais foi a reforma monetaria máis importante en Europa na época moderna.

O euro é administrado polo Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC), composto polo Banco Central Europeo (BCE) e os bancos nacionais dos países membros da euro-zona. O Banco Central, situado en Frankfurt, Alemaña, é o único con autoridade para desenvolver a política monetaria.

Fauna Europaea

Fauna Europaea é unha base de datos en liña de nomes científicos e áreas dedistribución de todos os animais pluricelulares terrestres e de auga doce europeos.

A súa construción foi inicialmente promovida pola Unión Europea (2000-2004). O proxecto está coordinado pola Universidade de Ámsterdam.

Frankfurt

Para a outra cidade chamada Frankfurt vexa Frankfurt do Oder.

Frankfurt (en alemán: Frankfurt am Main; para a distinguir de Frankfurt do Oder) é a cidade máis importante do Estado federado de Hesse (Alemaña), aínda que a capital administrativa é Wiesbaden.

Frankfurt forma o núcleo urbano da rexión Rin-Meno.

Himno de Europa

O Himno de Europa é a obra do compositor Ludwig van Beethoven Oda á alegría (en alemán: "Ode an die Freude"), e é o himno da Unión Europea e do Consello de Europa. Está baseado no movemento final da obra, composta en 1823, e é interpretada en momentos especiais de ambas organizacións.

Lingua alemá

O alemán (Deutsch, en alemán) é unha lingua indoeuropea pertencente ao grupo das linguas xermánicas occidentais. É tamén a lingua que máis falantes nativos ten na Unión Europea. É a lingua máis falada e a lingua (co-) oficial de Alemaña, Austria, Suíza, Tirol do Sur (Italia), a comunidade xermánica de Bélxica e Liechtenstein. É tamén unha das tres linguas oficiais de Luxemburgo. As linguas máis semellantes ó alemán son outros membros da póla de linguas xermánicas occidentais: o afrikaans, o neerlandés, o inglés, o frisón, o baixo alemán, o luxemburgués e o yiddish. O alemán é a segunda lingua xermánica máis falada, despois do inglés.

Unha das meirandes linguas do mundo, o alemán é a primeira lingua de arredor de 95 millóns de persoas en todo o mundo e a lingua nativa máis falada da Unión Europea. O alemán tamén é a cuarta lingua máis estendida (excluíndo o inglés) nos Estados Unidos de América (despois do castelán, o francés e a lingua de sinais americana) e a terceira da Unión Europea (despois do inglés e o francés; como segunda lingua), a segunda lingua máis común no eido científico así como a cuarta máis empregada nas páxinas web (despois do inglés, do ruso e do xaponés). Os países de fala alemá están clasificados no quinto posto en termos de publicacións anuais de libros, cunha décima parte de tódolos libros (incluíndo libros electrónicos) do mundo sendo publicados en lingua alemá.A maioría do vocabulario do alemán deriva da antiga póla xermánica da familia lingüística indoeuropea. Unha parte das palabras alemás derivan do latín e do grego, e só unhas poucas proveñen do francés e do inglés. Conta con diferentes variantes estandarizadas (de Alemaña, de Austria e Suíza), e é unha lingua pluricéntrica. Ó igual que o inglés, o alemán salienta polo seu amplo espectro dialectal, con moitas variantes existentes en Europa e tamén noutras partes do mundo. Por mor a limitada intelixibilidade entre certas variedades e o alemán estándar, así como pola falta dunha diferenza científica e sen disputa entre "dialecto" e "lingua", algunhas variedades ou grupos dialectais do alemán (véxase baixo alemán ou plautdietsch) son coñecidas alternativamente como "linguas" e "dialectos".

Lituania

Lituania ( pronunciación ) (en lituano: Lietuva, [ˈliɛtʊvaː] (AFI)), oficialmente República de Lituania ( pronunciación ) (en lituano: Lietuvos Respublika), é un país da Europa do norte localizado na rexión dos chamados países bálticos. Lituania atópase na beira sueste do mar Báltico, comparte fronteira con Letonia (453 km) polo norte, Belarús (502 km) polo sueste, Polonia (91 km), e o enclave ruso de Kaliningrado (227 km) polo suroeste. Lituania é membro da OTAN e da Unión Europea dende o 2004, ten unha poboación aproximada de 3,4 millóns de habitantes, a súa capital e cidade maior é Vilnius.

Durante o século XIII, Gran Ducado de Lituania constituía o maior país do continente europeo, estando formado polas actuais Belarús, Ucraína e partes de Polonia e Rusia. Coa Unión de Lublin de 1569 Polonia e Lituania formaron un novo país, a República das Dúas Nacións. A República existíu durante máis de dous séculos, ata que os seus países veciños se repartisen os seus territorios entre 1772 e 1795, quedando o Imperio Ruso coa maior parte das terras que hoxe forman Lituania. Co estourido da I Guerra Mundial Lituania asinou a súa acta de independencia o 16 de febreiro de 1918 volvendo a ser unha nación independente. A comezos da década de 1940, Lituania foi ocupada primeiro pola Unión Soviética e logo pola Alemaña Nazi. A finais da II Guerra Mundial , coa retirada dos alemáns en 1944 os soviéticos volveron ocupar o país. O 11 de marzo de 1990, Lituania converteuse na primeira das repúblicas bálticas en declarar de novo a súa independencia.

Actualmente Lituania presenta un dos maiores crecementos da Unión Europea, sendo alcumada o Tigre báltico, emulando ao Tigre céltico irlandés. Lituania converteuse nun membro do acordo Schengen o 21 de decembro de 2007. No ano 2009, Lituania vai celebrar os mil anos da existencia do seu nome.

RAI

Para a moeda de pedra da Micronesia denominada "rai" véxase: Moeda de pedra.

RAI ou Radiotelevisione Italiana, coñecida ata 1954 como Radio Audizioni Italiane, é a empresa de radiodifusión pública de Italia. É a maior empresa de televisión de Italia, e compite coas cadeas privadas de empresas como Mediaset, Telecom Italia Media ou Sky Italia. A RAI opera varias canles de radio e de televisión, emitindo no sistema analóxico terrestre ata o 2013, vía televisión dixital e por satélite. Foi un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión no ano 1950.

Debido á súa proximidade xeográfica con Italia, o sinal da RAI tamén se pode recibir en países como Albania, Suíza, Mónaco, Malta, San Marino, a Cidade do Vaticano, Eslovenia ou Croacia.

Rexión Autónoma de Madeira

A Rexión Autónoma de Madeira (en portugués: Região Autónoma da Madeira) é unha das rexións autónomas de Portugal, correspondendo territorialmente ó arquipélago de Madeira, sendo o seu veciño marítimo máis achegado o arquipélago español das Illas Canarias, situado a carón de Marrocos, en África. A Rexión está dotada de autonomía política e administrativa a través do Estatuto Político Administrativo da Rexión Autónoma de Madeira, previsto na Constitución da República Portuguesa. A Rexión Autónoma de Madeira forma parte integral da Unión Europea como o estatuto de rexión ultraperiférica do territorio da Unión, conforme ó estabelecido no artigo 299º-2 do Tratado da Unión Europea.

Riga

Riga (en letón: Rīga, [riːɡa] (AFI), escoitar) é a capital de Letonia, está situada na costa do Mar Báltico nas ribeiras da desembocadura do río Daugava. Riga é a segunda maior cidade dos Países Bálticos. O centro histórico de Riga está declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, a cidade caracterízase pola súa arquitectura Art Nouveau, comparable a de cidades como Viena, San Petersburgo ou Barcelona.

Televisión Española

Televisión Española (TVE) é a cadea de televisión máis antiga de España. Iniciou as súas emisións regulares o 28 de outubro de 1956 e pertence á Corporación Radiotelevisión Española desde o 1 de xaneiro de 2007. Ademais está asociada á Unión Europea de Radiodifusión.

TVE ten a súa sede nos estudios de Prado del Rey, en Pozuelo de Alarcón (Madrid).

Desde o 1 de xaneiro de 2010 finánciase a través de subvencións públicas e impostos directos sobre os operadores privados de televisión e telefonía, abandonando o mercado publicitario. España é un dos poucos países da Unión Europea onde os cidadáns non pagan un canon para subvencionar de xeito parcial ou total a radiotelevisión pública.

Unión Europea de Radiodifusión

A Unión Europea de Radiodifusión, EBU-UER (en inglés: European Broadcasting Union e en francés: Union européenne de radio-télévision) é unha confederación de 75 empresas de radiotelevisión de 56 países, e 43 empresas asociadas doutros 25. Non ten relación ningunha coa Unión Europea. Os membros son empresas de radio e televisión, moitas das cales son públicas ou privadas de emisión pública. Os membros activos son na súa maioría europeos aínda que tamén os hai do norte de África ou Asia. Os membros asociados non están limitados á zona europea-mediterránea se non que inclúen empresas do Canadá, o Xapón, México, a India e Hong Kong, así coma moitos outros máis.

Vilnius

Vilnius (en polonés Wilno, en belaruso Vilnia) é a capital e cidade maior de Lituania cunha poboación de 553.904 habitantes, situada na provincia de Vilnius. O seu centro histórico foi considerado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1994. No 2009 foi Capital Europea da Cultura, título compartido coa cidade austríaca de Linz.

World Register of Marine Species

O World Register of Marine Species (WoRMS, en galego Rexistro Mundial de Especies Mariñas) é unha base de datos que inclúe unha exhaustiva lista de nomes de organismos mariños. O contido do rexistro é editado e mantido por científicos especialistas en cada grupo de organismos. Estes taxonomistas controlan a calidade da información, que é reunida desde varias bases de datos rexionais ou específicas por taxon. WoRMS mostra os nomes válidos de tódolos organismos mariños coñecidos, pero tamén contén información sobre sinónimos e nomes incorrectos.

WoRMS foi fundada en 2008, recibindo fondos principalmente da Unión Europea. Manter ao día a base de datos é unha tarefa inxente, non só pola cantidade de información, senón porque constantemente novas especies son descubertas e descritas. Para o ano 2010 esperábase ter a base de datos completamente actualizada.En novembro do 2011, WoRMS tiña 212.633 especies mariñas válidas, das cales 191.155 estaban revisadas. O seu obxectivo é conseguir os datos das 240.000 especies mariñas estimadas no mundo.

Laureados co Premio Nobel da Paz
1901–1925
1926–1950
1951–1975
1976–2000
2001–2017
Linguas oficiais da Unión Europea

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.